10, Xuño 2020
9, Xuño 2020

Un total de 800 persoas residentes nos nove concellos da comarca do Carballiño, seleccionadas aleatoriamente polo Instituto Galego de Estatística, están chamadas para participar nesta segunda quenda do estudo de Seroprevalencia que realiza o Sergas para coñecer a circulación do virus entre a poboación galega.

Os test comezaron a facerse dende este pasado lúns, e unha vez que remate esta segunda parte do estudo, o 5,8% do total da poboación comarcal terá participado voluntariamente neste estudo, xa que ás 800 persoas que o fan agora, hai que sumar as 755 que xa o fixeron anteriormente no pasado mes de Maio.

Nesta segunda quenda, do total das 800 persoas seleccionadas, 461 residen no municipio do Carballiño, 207 viven nos concellos de Punxín, San Amaro, Maside, O Irixo, Boborás e Beariz, e finalmente, 132 persoas son veciñas dos municipios de Piñor e San Cristovo de Cea.

Na primeira parte deste estudo epidemiolóxico 10 persoas das que participaron deron resultado positivo na comarca do Carballiño.

9, Xuño 2020

A localidade de Partovia xa conta cunha nova marquesiña, que se instalou na praza da fonte, no centro do pobo, ao pé da estrada OU 208.

Dita instalación "ven a cubrir a necesidade dun servizo que se viña solicitando por parte dos veciños dende hai tempo, pois os escolares e os propios veciños debían agardar polo transporte á intemperie", subliñan dende o concello.

Aclaran, ademáis que trátase "dunha colaboración entre a concellería de Medio Rural, que coordina Rosa Fuentes, e a Xunta de Galicia, e que suporá a instalación doutras dúas marquesiñas, unha en Godás do Río, na N 541, e outra en Costoia, ao pé da estrada OU 401 O Reino-O Carballiño".

Esta iniciativa -remarcan dende o concello- forma parte do plan de mellora de servizos nas aldeas e parroquias por parte da área municipal de Medio Rural.

9, Xuño 2020

O grupo municipal de Espazo Común recurre ao diccionario da RAG, según o que "o nepotismo consiste na práctica de quen abusa da influencia ou poder que ten, para dar cargos, prebendas etc., a familiares e amigos".

Afirman dende esta  formación politica que se trata dunha definición que "encaixa á perfección co que está a acontecer no Concello do Carballiño, onde o grupo de goberno está a facer unha máis que dúbidosa utilización dos recursos públicos".

Tras recordar outras críticas ao alcalde Fumega "polo incompresible costume de convidar a empresas de fora para facer obras ou mercar productos que poderían comprarse no Carballiño en negocios doutras localidades" engaden agora que "cando acorda mercar no pobo faino con criterios máis ca sospeitosos". 

Apuntan o caso "dunha tenda propiedade dunha persoa que concurriu na lista do PSOE ás pasadas municipais facturou case 1.500 € ao Concello, entre outros conceptos, pola compra dos caramelos da Cabalgata de Reis. Curiosamente, existen varios negocios máis do mesmo sector no pobo e non nos consta que tan sequera se lles pedira orzamento", aseguran.

O segundo exemplo ao  que fan referencia dede ESCO é "o de membros da devandita lista que son empregados muncipais tamén se viron xenerosamente recompensados no reparto de cartos por produtividade e gratificiacións extraordinarias durante o ano 2019. Máis de 5.000 € recibiu nestes conceptos unha traballadora do Concello que concurriu na lista de Fumega no pasado mes de maio e arredor de 2.300 € o familiar directo dunha ex-concelleira que tamén formou parte da mesma candidatura. A media do resto de empregados municipais está moitísimo por baixo desas cifras", subliñan. 

E rematan emplazando ao alcalde manifestando que "se quere premiar aos seus acólitos, que o faga con recursos propios ou do seu partido pero que non empregue cartos municipais para repartir agasallos".

9, Xuño 2020

O concello do Carballiño abre este mércores, 10 de xuño, o prazo para solicitar permiso de acceso ao barrio de Flores en vehículo.

As licenzas otorgaranse a aquelas persoas que sexan residentes, que posean algunha praza de garaxe, negocio ou finca, ou calquera outra circunstancia que acredite que teña que acceder en vehículo ao barrio.

A solicitude de licencia deberase tramitar na Policía Local, e irá acompañada dunha certificación ou documento que xustifique ao acceso en vehículo a Flores.

En canto se tramite un número suficiente de licencias comezarase a aplicar o novo sistema de acceso.

8, Xuño 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo núcleo do Reino, no Concello de Piñor.

O contrato foi adxudicado á empresa Hordescón S.L. por un importe de preto de 100.000 euros.

Os traballos para acometer o acondicionamento desta vía autonómica, que inclúen a reposición de servizos, disporán dun prazo de execución duns tres meses aproximadamente.

A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, para incrementar a seguridade viaria na contorna.

Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.

Tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme neste tramo, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada.

Ademais, o proxecto incluirá a mellora da iluminación mediante a substitución dos puntos de luz por novas farolas con luminarias led.

8, Xuño 2020

O concello de Avión ven de comunicar o acordo de suspender a edición 2020 da Festa Mexicana, que debería celebrarse o vindeiro dia 7 de Agosto.

Faino "ante a situación tan inusual que se está a vivir a nivel global, provocada pola pandemia de COVID-19". O Concello de Avión toma "a difícil e triste decisión de suspender oficialmente a Festa Mexicana 2020, que tradicionalmente se celebra no primeiro venres do mes de Agosto".

Manifestan ademáis que "toca tomar una posición de responsabilidade e sentido común, pola que esperamos a comprensión da cidadanía",  tal como subliñou en COPE O Carballiño o alcalde de Avión, Antonio Montero

E engadíu "a nosa prioridade é en todo momento, velar pola seguridade e a saúde de todos e cada un dos nosos veciños, así como de todos aqueles visitantes que nos honran cada ano coa súa presenza na Festa Mexicana".

8, Xuño 2020

Tras a incorporación da totalidade do persoal municipal aos seus postos de traballo presenciais, según comunica o concello do Carballiño, e en cumprimento da normativa de seguridade e prevención polo covid-19, o concello instaura o sistema de cita previa telefónica como modelo obrigatorio para poder realizar calquera xestión municipal, agás no que respecta ao Rexistro ou á Policía Local, se ben neste último caso, sempre que se poda, é aconsellable facelo por teléfono.

Nos próximos días tamén se poderá solicitar cita previa telemáticamente, a través da páxina web do concello, que se anunciará cando o sistema estea dispoñible.

Así, para calquera xestión, consulta ou entrevista cun departamento, funcionario/a ou concelleiro/a, deberase solicitar previamente a cita chamando por teléfono ao número 988 530007.

Unha vez efectuada a chamada, é preciso indicar a extensión do servizo co que se quere falar, que se fará marcando a tecla “almohadilla” e a continuación o número da extensión que corresponda, e que se facilita de modo automático.

As solicitudes deberán facerse para o horario de 09,30 a 13,30 h., de luns a venres, agás días festivos.

Para o Catastro, as citas serán de 12,00 a 13,30 h., de luns a venres, agás festivos.

No tocante aos Servizos Sociais, o número ao que se debe chamar para solicitar cita previa é o 988531076.

Así mesmo, está previsto instalar unha conserxería á entrada do concello, para informar e facilitar ao acceso ás dependencias municipais, mantendo a máxima seguridade no cumprimento das normas polo covid-19.

7, Xuño 2020

A subdelegación do Goberno informa de que durante este mes de xuño reactiváronse os labores de cambio de frecuencia de emisión dalgúns múltiples de televisión nos municipios da provincia de Ourense, con motivo do proceso de liberación do Segundo Dividendo Dixital, un procedemento que afecta directamente a varios concellos das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

Estes procesos retomáronse tras a paralización derivada da crise sanitaria do COVID-19.

A Xefatura Provincial de Telecomunicacións está a trasladarse semanalmente información a todos os concellos afectados, indicando datas estimadas, emisores e canles que se reorganizan.

Os cámbeos programados cambios afectarán aos seguintes concellos:

Semana do 8 ao 14 de xuño: A Arnoia, O Carballiño, Cenlle, Cortegada, Esgos, Gomesende, Leiro, Melón, A Mezquita, Padrenda, Piñor, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, Rubiá, San Amaro, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo.

Semana do 15 ao 21 de xuño: Amoeiro, Avión, Boborás, A Gudiña, Leiro, A Mezquita, Vilardevós, Vilariño de Conso.

QUE TEN QUE FACER A CIDADANÍA?

No caso de tratarse de edificios de tamaño medio ou grande que están equipados con sistemas de antena colectiva baseados en monocanales ou centrais programables, que non adaptasen a súa antena colectiva anteriormente, deberán contactar canto antes cunha empresa instaladora para adaptar a súa instalación de recepción de televisión.

No caso das vivendas unifamiliares non se necesita ningún tipo de adaptación máis aló da resintonización do seu televisor desde o mando a distancia.

AXUDAS PÚBLICAS

Para minimizar o impacto deste proceso sobre a cidadanía, o Consello de Ministros aprobou mediante Real Decreto o pasado 21 de xuño de 2019 a concesión directa de subvencións ás comunidades de propietarios afectadas, por un valor total de 145 millóns de euros, xestionadas pola empresa pública Red.es. A contía da subvención oscila entre 104,3 € e 677,95 € por edificación, en función da infraestrutura previamente instalada no edificio.

As solicitudes de axudas poderanse presentar online ata o 30 de setembro de 2020, tras realizar previamente a adaptación das instalacións de recepción do sinal de TDT. Será necesario presentar a documentación xustificativa, incluíndo a factura e o boletín de instalación. Só poderanse solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras do Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.

SEGUNDO DIVIDENDO DIXITAL

O cambio de frecuencias da TDT prodúcese como consecuencia do chamado Segundo Dividendo Dixital, polo que se debe liberar antes do 30 de xuño de 2020, por mandato europeo, a banda de 700 MHz do espectro radioeléctrico para permitir o despregamento de futuras redes de telecomunicacións 5 G. Desta maneira, faise un uso máis eficiente do espectro radioeléctrico para que, en menor espazo, mantéñanse os mesmos servizos e liberar parte para a chegada doutros novos. Mantense así a aposta por situar a España entre os países líderes no desenvolvemento da tecnoloxía 5 G, que impulsará a competitividade do tecido empresarial e facilitará a aparición de innovacións disruptivas.

CANLES DE INFORMACIÓN Á CIDADANÍA

Os cidadáns e cidadás poderán consultar todas as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 e 910 889 879.

7, Xuño 2020

O candidato de Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes pola provincia de Ourense para as eleccións autonómicas, Fran Fraga e o voceiro de Espazo Común no Carballiño, Adolfo Nogueira, mantiveron unha reunión cun importante número de traballadores da Residencia do Tempo Libre.

Nesta reunión púxose enriba da mesa "a posbilidade moi real de retroceder todo o que se avanzou hai uns anos para acadar que as instalacións permaneceran abertas o maior tempo posible", manifestan.

Por iso, o Grupo Municipal de Espazo Común no concello do Carballiño anuncia que levará ao vindeiro pleno unha moción para que o Concello "se poña a traballar coas diferentes administracións para garantir unha apertura rápida da Residencia e garanta que nos vindeiros anos, esta será de polo menos, dez meses por ano".

Consideran que "ofrecería algo de estabilidade aos traballadores e garantiría a inxección económica que a visita dos usuarios supón para a nosa vila".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS