11, Xuño 2020

Dende o pasado luns toda Galicia esta en fase 3 e mentres noutras localidades van recuperando todalas frecuencias que habia antes da declaracion do estado de alarma, aqui no Carballiño, onde senon, deixannos con un misero tren de ida e outro de volta con Ourense, cando antes tiñamos tres por sentido. Parece que RENFE volve as andadas na sua intencion de desmantelar o servizo ferroviario na nosa vila. Non o podemos consentir e hai que loitar porque nos devolvan o que tiñamos antes.

11, Xuño 2020

A área municipal de Turismo, que dirixe o concelleiro Manuel Dacal, procede estes días ao remate do acondicionamento da Oficina de Turismo da Alameda, co obxectivo de que poda estar aberta en breve.

A oficina está sendo decorada con fotografías dos monumentos, lugares e eventos máis característicos do Carballiño, como son o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, o Gran Balneario, o Balneario das Caldas, o Parque Etnográfico do Arenteiro e a Festa do Pulpo, entre outros.

Trátase de sintentizar en imaxes os principais atractivos turísticos do Carballiño, ao tempo que se mellora o aspecto xeral da oficina, que hai tempo que non se renovaba e que é o principal centro de información turística da vila e comarca durante o verán.
Nos próximos días completarase a instalación do mobiliario interior e procederase a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para poder contratar a dúas persoas, axentes turísticos, que se farán cargo da atención ao público e visitantes durante a tempada de verán.

A previsión é que antes de final de mes se poda abrir a oficina, que estará aberta todos os días en horario de mañá e tarde, incluidas as fins de semana e días festivos, ata o mes de setembro.

A raíz da construcción do no novo parque infantil, que precisou ampliar o espazo que ocupaba anteriormente, esta oficina tivo que desprazarse uns metros, e aproveitouse esta circunstancia para renovar a súa imaxe, que a partir de agora resultará máis consubstancial coa función que desempeña.

11, Xuño 2020

A Asociación Fotográfica O´Potiños, en colaboración co concello do Carballiño, convoca unha nova edición da iniciativa “Pon unha foto na rúa”, que terá lugar o domingo, 28 de xuño, na Praza Maior.

Trátase de convidar aos veciños da vila a participar activamente nesta experiencia que se celebra a nivel mundial, como un acto de promoción da fotografía, deixándose fotografiar polos integrantes da asociación.

Este evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente do colectivo fotográfico, Manuel Blanco, no salón de plenos do concello, que se desinfectou previamente, tal e como se leva a cabo antes de cada reunión.

Diego Fernández amosou a súa satisfacción por ser a primeira actividade cultural que se programa e se presenta durante o covid 19, e por eso expresou o seu agradecemento e felicitación ao colectivo O´Potiños.

“Teñen a valentía de facer unha actividade cultural, que marca a entrada na nova normalidade, e que se realizará con todas as garantías de prevención e seguridade”, según dixo.

Así mesmo, destacou que “falar de fotografía no Carballiño e en Galicia, é facelo da asociación O´Potiños”, polo que recoñeceu o valor de dar un paso adiante”.

Manuel Blanco tamén amosou a súa alegría por poder dar un puco de vida ao pobo. Dixo que durante estes meses o colectivo estivo parado, pero que estaban moi orgullosos por poder realizar a primeira actividade cultural no Carballiño tras o confinamento polo covid 19. Ao respecto dixo que era o momento de comezar a andar de novo, ainda que tomando todas as medidas de prevención e seguridade requeridas.

A edición de “Pon unha foto na rúa 2020” terá a novidade de que durante a semana anterior vanse colocar na Praza Maior uns mupis con 16 fotografías de gran formato sobre personaxes do Carballiño.

E o propio día 28 de xuño, colocarase un set para fotografíar ás familias e persoas que o desexen, e sempre mantendo as normas de prevención, desinfectando o set constantemente tras cada uso. Para a montaxe deste set, o colectivo contará coa colaboración dunha empresa especializada en decoración. Oito fotógrafos da asociación encargaranse de realizar as fotografías, que serán expostas posteriormente e que se lles entregarán aos seus protagonistas.

Manuel Blanco asegurou que esta actividade sempre tivo moito éxito no Carballiño, e que esperaba que esta edición fose tamén moi participativa pese ás circunstancias.

Finalmente, dixo que en total teñen previsto tomar unas cen fotografías ede familias, grupos e persoas.

NOVAS INICIATIVAS

Así mesmo, Manuel Blanco anunciou que o colectivo ten previsto desenvolver máis actividades ao longo deste ano, e que as darán a coñecer próximamente.

11, Xuño 2020

Son socio do Arenteiro hai moitos anos e estou preocupado polo que esta pasando estos dias

A marcha da directiva que solo leva un ano é unha mala noticia pero o que se fala na calle da situacion economica non pode ser certo, seria horrible para o noso club se e verdade

A suspension da asamblea pillounos a todos por sorpresa e penso que alguen da directiva ten que explicar o que pasa e tranquilizar a aficion

11, Xuño 2020

Espazo Común resalta como fundamental e máis aínda no novo contexto xerado pola crise "que os concellos coma o noso non deixer escapar unha soa oportunidade de xerar e atraer empresas que poidan garantir estabilidade laboral".

Destacan o "importante osíxeno" que para a economia local do Carballiño suoñen a presenza no parque empresarial de empresas como GRI, DIZNAR ou SOGAPOL.

Non obstante, manifestan, "o problema radica en que a día de hoxe, de chegar algún proxecto deste tipo non tería no Carballiño oco para poder instalarse ante a carencia case que total de chan industrial".

Continúa na súa análise Espazo Común, manifestando que "moito se leva falado, incluso prometido e anunciado por parte do alcalde Fumega sobre a xeración de novos terreos para este fin, pero, para variar, todo era mentira e, a día de hoxe, despois de 5 anos non deu un só paso certo".

"Ante este despropósito que perxudica seriamente o futuro da nosa vila" Espazo Común vai propoñer en pleno a creación dunha comisión de traballo composta polos diferentes grupos municipais, a asociación empresarial do polígono, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense co obxectivo de optimizar as propostas e axilizar a creación de novo chan industrial.

Demandarán que esta comisión designe a un equipo redactor urbanístico, que avalíe as posibles ubicacións dentro do noso concello para que a corporación ou o goberno municipal tome a decisión definitiva.

E finalmente, que esta comisión elabore un calendario de actuacións realistas, que contemple ubicación, redacción de proxecto, modificacións urbanísticas necesarias, dotación económica, concurso e execución, ca fin de coñecer exactamente cal é o prazo no que o Concello do Carballiño poderá contar con novo chan industrial.

11, Xuño 2020

Buenos dias llevan bastantes dias haciendo vida durmiendo comiendo 3 o 4 personas delante de la entrada del Auditorio en Carballiño por aki pasan todos los cuerpos de seguridad y nadie para y le pregunta por su situacion yo entiendo que el ayuntamiento asuntos sociales tendria que hacer algo Gracias

10, Xuño 2020

O párroco do Carballiño, José Benito Sieiro González, leva vintesete anos á fronte da parroquia e por eso o concello quere promover unha homenaxe en recoñecemento do seu labor pastoral e social durante este tempo.

De feito, no concello téñense recibido algunhas propostas ao respecto e de aí que se emprenda esta iniciativa, á que se lle dará forma nas próximas semanas.

José Benito Sieiro neceu en Lebosende (Leiro), onde oficiou a primeira misa en decembro de 1960. Leva exercendo de sacerdote sesenta anos, os últimos vintesete no Carballiño.

Foi párroco de As Caldas, no barrio ourensán de A Ponte, e en 1968 estivo destinado en Santa Comba de Bande, onde comezou a oficiar a misa en galego.

10, Xuño 2020

Clientes de Abanca en Boborás e O Irixo manifestaron a través desta emisora de radio as súas queixas polo que consideran é unha situación de desatención en ambas as dúas sucursais, que a dia de hoxe continúan -igual que dende que se declarou o estado de alarma- atendendo ao público en horario reducido tan so dous dias á semana.

"Parece que esto da desescalada non vai con Abanca", subliñaba un oínte en COPE O Carballiño.

Esta situación está provocando que se formen colas ás portas das entidades bancarias "en Boborás para pagar un recibo so atenden ata as 10 da mañá, hoxe tiven que volverme para a casa, despois de facer cola máis dunha hora", queixabase outra veciña.

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, trasladou aos responsables da xestión institucional cos concellos de Abanca a súa preocupación por esta situación e agarda que se resolva pronto "a postura do concello é clara, imos defender os intereses dos veciños, xa lle trasladei a nosa preocupación, deben entender que o rural ten que ter un trato diferencial respecto ás cidades", declarou.

10, Xuño 2020

A Vicepresidencia da Xunta confirmou ao concello de Maside unha achega de 48.000 euros para a mellora da zona de ocio infantil da Alameda de Maside.

Desta maneira, o concello ultima o proxecto que dotará a este parque infantil de novos actrativos para os cativos, instalaráse unha tirolina, taboleiros para tenis de mesa, xadrez e outros elementos de xogo.

O concello de Maside conta con 250 nenos menores de 14 anos, según se desprende dos datos do padrón municipal de habitantes.

10, Xuño 2020

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS