
E con estas temperaturas, e con todo tan seco, e co conseguinte risco de incendio, hainos que lles da por encender a fogata para acompañar o botellón. En pleno paseo do parque municipal, Para quen lle corresponda tomar nota, envio foto.
Quen decidiu o da festa do pulpo? O concelleiro de turno? Por q non creo q sexa virologo! O que si entende dentro da corporacion municipal é Pachi Vazquez. Tiveron a ben falar con el? Penso q agora mesmo os colores son o de menos. Digo eu
SORPRENDENTE LA NOTICIA SOBRE LA CELEBRACIÓN DE LA FIESTA DEL PULPO.ME GUSTARIA SABER SI EN ESTE CONCELLO HAY ALGUIEN QUE TENGA DOS DEDOS DE FRENTE. SUPONGO ESTARA DACAL CUBRIENDO EL PARQUE MUNICIPAL METRO EN MANO Y DIEGO PORTANDO PALANGANA Y JABON PARA EL LAVADO DE MANOS DE LOS VISITANTES. EN FIN...CEREBROS....

O Partido Popular considera que o "concello do Carballiño, segue a dar bandazos na súa liña de soltar ideas ao aire sen ter feito un mínimo traballo que garanta as propostas que fai".
Refírese ao anuncio feito este pasado sábado sobre a celebración da festa do pulpo para este ano, según o PP, "facendo un dano importante á Festa do Pulpo e por conseguinte ao pobo do Carballiño pois é dunha irresponsabilidade total, falar da Festa do Pulpo na edición do 2020, cando non existe un plan de actividades posibles que contemplen un primeiro informe sanitario, de seguridade e que incluso fale de posibles variables".
Non entenden no Partido Popular que se se avance a celebración da festa e a súa dedicatoria ao personal sanitario precisamente "os criterio sanitarios e de seguridade depende dos mesmos concelleir@s que estiveron repartindo mascarillas porta a porta poñendo en risco a veciñanza ou depende de quen a estas alturas non dan posto en orden as dependencias municipais que garantan un traballo seguro aos empregados, ou daqueles que seguen sen ser capaces de garantir unha convivencia ordenada entre terrazas e viandantes".
E engaden nas súas consideracións que "o Concello do Carballiño, está a dar largas a moitas iniciativas que se lle están propoñendo dende diversas asociacións culturáis para uso de instalacións como o auditorio, porque según lles din, simplemente non poden garantir unha limpeza exhaustiva tal como é obrigatorio, e sen embargo nos avanzan que a Festa do Pulpo se porá facer".
Os populares manifestan a súa incredulidade co anuncio do concello sobre a festa do pulpo para o mes de agosto cando antes "deberíase de concretar que se vai a facer con actividades que se viñan facendo no mes de Xullo, como pode ser o carnaval de verán, a Festa da Liorta, plantexar unha apertura segura e inmediata das piscinas, ou fixar un protocolo claro de utilización das pallozas e do cámping con persoas procedentes de calquera lugar e tamén fixar un criterio para calquera tipo de actividade que se lle propoña. Incluso, debería de ter un criterio concreto para o caso de que se decidise por parte da Xunta a organización da Festa do Maiores ou por parte de Special Olimpics a súa celebración anual".
Recoñecendo que non sempre é doado acertar, ao mesmo tempo engaden que "a improvisación nun momento como o que estamos a vivir é a peor ferramenta".
Finalmente, dende o Grupo Popular,trasladan ao Grupo de Goberno municipal, "que non se esconda na súa maioría absoluta, e neste senso, seguimos reclamando e así o faremos cada vez que se solten propostas ao aire sen traballo previo, que se constituía a comisión municipal do COVID19 para que con expertos designados xunto cos partidos con representación no concello, se poida ter un mellor acerto na toma de decisións e non facelo por impulsos".

A Consellería do Medio Rural continúa avanzando no desenvolvemento dos proxectos de aldeas modelo en diferentes puntos de Galicia. Estas iniciativas teñen por obxectivo principal xerar actividade agrogandeira arredor dos núcleos rurais, co fin de recuperar e poñer en valor a terra agraria e, ao tempo, anticiparse aos incendios forestais, creando unha devasa natural fronte a eles.
Así se está a facer, por exemplo, nas aldeas modelo de Penedo de Xuvencos, en Boborás, e de Trabazón, no Irixo.
Precisamente os alcaldes de ambos concellos da comarca do Carballiño, Patricia Torres e Manuel Cerdeira, respectivamente, mantiveron un encontro de traballo con técnicos da Consellería e con promotores de proxectos produtivos para ambos núcleos, co obxectivo de impulsar estes proxectos.
No caso do Penedo de Xuvencos(Boborás), vaise desenvolver actividade gandeira de porcino autóctono ecolóxico. Aproveitaranse as terras para a cría en extensivo destes animais, así como para cultivos ecolóxicos que servirán para alimentalos.
En Trabazón (O Irixo) farase algo semellante, pero con produción aviar, de galiña piñeira, tanto para ovos como para carne. Tamén neste caso aproveitarase o terreo para a súa cría ao aire libre e para plantacións en ecolóxico que servirán para alimentar as aves. Co fin de acondicionar as superficies obxecto de actuación, o seguinte paso será redactar, de acordo cos promotores, os correspondentes proxectos de obras. Serán actuacións tales como a construción de peches para o gando, a instalación de comedeiros e bebedeiros ou a mellora de infraestruturas de acceso, entre outras.
A aldea modelo de Penedo, en Boborás, conta cun total de 675 parcelas correspondentes a 132 propietarios, cunha superficie de 23,5 hectáreas. A de Trabazón, no Irixo, consta de 220 parcelas de 30 propietarios, cunha superficie de 6 hectáreas. Estes núcleos forman parte das 11 aldeas modelo xa declaradas en Galicia.

Estes sofás levan dende o mercores desta semana o lado do colector do lixo na Avenida 25 de Xullo, a quen os tirou deberían de cobrarlle a recollida e un plus por incívico

José Francisco González Ferreiro "Chiquilín" e "Chiqui" para os seus amigos, faleceu este sábado no CHUO, onde ingresou fai unhos dias despóis dun empeoramento da enfermidade.
Sen dúbida, o traballador municipal en activo máis popular, querido e respectado do concello do Carballiño, dende que a principios da década dos anos oitenta do século pasado tomara o relevo do seu pai como varredor municipal.
"Xa perdín a memoría de cantos alcaldes tiven" dixo na súa última entrevista en COPE O Carballiño", e é que non era doado levar a conta, estivo con Argimiro Marnotes Rodríguez, José Luis García, Marquina, Pachi Vázquez, Carlos Montes, Argimiro Marnotes Fernández, e Francisco Fumega.
Durante case corenta anos era o primeiro traballador en iniciar a súa xornada laboral, que remataba sen mirar o reloxio, e asi ata que fai tres anos tivo que coller a baixa laboral obrigado pola enfermidade, no mes de outubro do ano pasado pedíu a alta voluntaria para incorporarse novamente ao seu posto de traballo no concello do Carballiño, onde continuou ata que a saúde llo permitíu.
"Chiquilín" era un deses traballadores que calquera empresario gustaríalle ter na súa empresa, responsable, bo compañeiro, entusiasta no seu traballo, para él o máis importante era que as rúas do Carballiño lucisen limpas, ver a "Chiqui" a primeira hora da mañá transmitía ánimo, vitalidade, optimismo, alegría.
O Carballiño vaite botar de menos "Chiqui". Descanse en Paz.

O concello do Carballiño quere render unha homenaxe ao persoal de sanidade e emerxencias que estivo na primeira línea da loita contra o Covid-19, e por eso lle dedica a próxima Festa do Pulpo.
Ademáis destes colectivos, o concello quere recoñecer tamén o esforzo realizado polo persoal farmacéutico, forzas de seguridade estatal e autonómica, Exército, Policía Local, Protección Civil, Grumir, coidadores e coidadoras de residencias de maiores e de axuda no fogar, transportistas, empregadas e empregados dos supermercados e de todo o sector da alimentación e, en xeral, aos traballadores e traballadoras que estiveron nos seus postos de traballo durante o período de confinamento.
A 58 Festa do Pulpo, que se celebra o domingo 9 de agosto, non terá o carácter de festa gastronómica multitudinaria como se veu celebrando habitualmente, senón que nesta ocasión, por causa do coronavirus, será unha festa moito máis reducida, na que se tomarán todas as medidas establecidas para evitar posibles contaxios por Covid-19, e que estará a expensas da evolución da pandemia durante os meses de xuño e xullo.
Na medida do posible, intentarase manter na semana do 1 ao 9 de agosto un programa de actos de pequeno e mediano formato, que terán lugar nas prazas do Carballiño respectando a normativa establecida para eventos culturais ao aire libre.
E o domingo 9 de agosto, o propio día da festa, no que o gran protagonista é o pulpo á feira, así como os pulpeiros e as pulpeiras, establecerase un sistema que permita poder celebrar a festa entre o parque municipal e os establecementos hostaleiros do casco urbano, evitando posibles aglomeracións e respectando sempre as normas de separación e de prevención establecidas polas autoridades para garantir a máxima seguridade ante calquera risco de contaxio.
En todo caso, o formato da festa será establecido nas próximas semanas, unha vez que se comprobe a evolución e o control da pandemia, e se coñezan polo miúdo as normas marcadas para os eventos culturais, festivos e gastronómicos, como é o caso da Festa do Pulpo do Carballiño.

O PSdeG-PSOE ven de presentar unha serie de preguntas con respecto as medidas ou protocolo de actuación con respecto o COVID-19 na praia fluvial as marxenes do Rio Avia o seu paso polo noso Concello de Leiro con respecto a crise sanitaria polo COVID-19.
Con estas preguntas, os socialistas amosan "o seu apoio á veciñanza xa que ai bastante desinformación con respecto si o Concello esta a levar algún tipo de medida ante a crise sanitaria".
O voceiro socialista, Manuel Rodríguez pregunta no seu escrito ao Concello "si desde o Grupo de Goberno hai un Protocolo de actuación para a zoña de baño da praia fluvial de Leiro, xa que se debería regular o acceso ou aforo tendo en conta os metros entre bañistas, así como facer unha limpeza e desinfección da zona de baño, asi como dotar de carteis na zona, advertindo as medidas de hixiene e prevención o COVID-19".
Engade o concelleiro socialita que "este tipo de cuestións a veciñanza e a ciudadania en xeral tennas que saber e estar debidamente informada, porque poden correr o risco de contaxio, por este motivo o Grupo Municipal Socialista quere que desde o Consistorio se nos informe que tipo de medidas se están a tomar na zona de baño da praia fluvial , e de non adoptalas lle exiximos que se adopten coa máxima urxencia, xa que se esta poñendo en risco a saude das persoas que alí acuden".
Segue sen desbrozarse e a maleza invade as aceras, non deixando camiñar con seguridade por elas obrigando en moitas ocasions a andar pola rua, co perigo que eso supon.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 350
- 351
- 352
- 353
- 354
- 355
- 356
- 357
- 358
- …
- seguinte ›
- última »