26, Maio 2020

O responsable da Xefatura da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras admite que son numerosas as queixas e denuncias que sigue recibindo sobre a normativa de terrazas dende que se iniciou a fase 1 da desescalada e hostalaría local volveu instalálas na vía pública.

“O problema das terrazas no Carballiño témolo con coronavirus e sen coronavirus, existen conflictos de intereses os que temos que atender prácticamente a diario, e esto sucede porque algunhas persoas siguen ó milímetro o comportamento de outros”, dixo Valeiras nesta emisora de radio.

E neste contexto, o Xefe da Policia Local fai unha chamada á comprensión “abogo pola tolerancia, sen poñer en perigo a seguridade sanitaria das persoas, a xente necsita volver a vivir, todos deberíamos colaborar, os hostaleiros e comerciantes están entre as grandes vítimas desta situación, non concibo un pobo que ten que cuidar os servizos e o turismo sen un mínimo de tolerancia”, reflexionou.

“É certo que algunhos locais aínda están tramitando as solicitudes de licenza, pero tamén o é que ninguén podía prever o que pasou o 14 de Marzo”, e mesmo asegurou Valeiras que “en contra do que pensa unha parte da cidadanía, a maioria das terrazas cumplen a normativa, asi o acreditan os informes que realizamos”.

25, Maio 2020

A realidade económica e empresarial da comarca do Carballiño mostra poucas grandes empresas, xa que o panorama está dominado polos autónomos e as micro empresas, que son a maioria.

No ranking de empresas españolas publicado por "El Economista", que recolle datos de 2018, as cinco principales empresas da comarca lograron unha facturación de 95,6 millóns de euros.

Na primeira posición permanece outro ano máis GRI TOWERS GALICIA S.L, factoria que ten a súa sede social no parque empresarial do Carballiño, dedicada á fabricación de torres eólicas, tivo unha facturacion de 33.675.000 euros e empregou a 391 traballadores.

Tamén no mesmo parque empresarial carballiñés ten o seu domicilio social SOCIEDADE GALLEGA DE POLÍMEROS S.A.,a segunda mercantil da comarca en volumen de facturación, que comercializa polietileno e valorización de residuos industriales, facturou 26.730.000 euros, cunha plantilla de 63 traballadores.

A terceira empresa en facturación, e segunda da comarca en número de traballadores, volve ser MADERAS GÓMEZ S.L., a sociedade con sede en Loeda, no concello de Piñor, con 13.050.000 euros de facturación e 141 traballadores, dedicada á transformación da madeira.

Ata a cuarta posición desde ranking das primeiras empresas da comarca ascende FRIGORIFICOS ARCOS S.L., con domicilio no parque empresarial do Carballiño, que centra a súa actividade no elaborado, procesado e almacenaxe de polbo e frio industrial, acadou unha facturación de 11.199.278 euros.

E pecha este TOP-5 das empresas da comarca do Carballiño PACO CACHAROLO S..L., a empresa de San Cristovo de Cea dedicada ao comercio ao por maior de todo tipo de madeira, tivo unha facturación de 10.991.663 euros.

 

25, Maio 2020

Este martes 26 de Maio cúmplese un ano das eleccións municipais de 2019 que auparon a Francisco Fumega á alcaldía do Carballiño con maioria absoluta.

Espazo Común fai balance deste primeiro ano de mandato subliñando que "o ciclo xa comezou mal cando, sen anuncio previo, Fumega compuxo o goberno máis caro da historia do Carballiño. Catro concelleiros cobrando un soldo e outro máis percibindo un xeneroso salario de 41.000 € anuais da Deputación nunca antes ocorrera".

Afirman que da acción política deste goberno "tan só saen del iniciativas relacionadas coa organización de verbenas, propostas para dar pelotazos coa privatización de servizos públicos e, sobre todo, unha interminable ristra de enganos e mentiras".

E mesmo apuntan a "pelotazos que van deixar as políticas de Fumega para os vindeiros anos ascenden a máis de 30.950.000 de € nos que o Concello do Carballiño vai quedar hipotecado con diferentes empresas para que executen servizos públicos".

E para xustificar todas estas afirmacións, Espazo Comun fai unha relación de "enganos, mentiras e pelotazos":

•TOMADURA DE PELO AOS VECIÑOS DE ARCOS COA NON PARALIZACIÓN DOS SEUS RECIBOS DO LIXO DESPOIS DE TERLLO COMPROMETIDO
•ANUNCIO DA SINATURA DUN CONVENIO CON MASIDE PARA A AMPLIACIÓN DO CHAN INDUSTRIAL QUE RESULTOU SER FALSO
•CONFIRMACIÓN DA PERDA DA SUBVENCIÓN DE 330.000 € PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO DESPOIS DE NEGALO EN PLENO E NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. HOUBO QUE CHEGAR A UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA CLARIFICAR A VERDADE.
•NA OBRA DA ALAMEDA COMEZOUSE A OBRA EN MARZO, ANTES DAS ELECCIÓNS E TRAS VARIAS DATAS FALSAS REMATOUSE EN DECEMBRO CUN CUSTO INEXPLICABLE DE 170.000 €
•NEGARON O DESVÍO DE CARTOS DO ORZAMENTO DE EMPREGO AO DE FESTEXOS CANDO ESTÁ REFLEXADO EN DECRETOS DE ALCALDÍA E NA CONTABILIDADE MUNICIPAL
•NAS OBRAS DAS RÚAS QUE UNEN J.R. SOTO COA AVDA. DO BALNEARIO MENTIUSE SOBRE O PROXECTO E A CANALIZACIÓN DE AUGAS ADEMÁIS DE COS PRAZOS E O CUSTE DA OBRA
•CANCELACIÓN DE DÉBEDAS CO CONCELLO A ALGÚNS “AFORTUNADOS” QUE PRIMEIRO ERAN UNS POUCOS E XA VAI EN 70.000 €. SEGUIMOS AGARDANDO A QUE SE NOS FACILITE A DOCUMENTACIÓN
•IMPORTE DE 250.000€ ADICADO AO FÚTBOL EN 2019 TENDO QUE PAGAR OS NENOS DA ESCOLA MUNICIPAL OS DESPRAZAMENTOS DO SEU PETO
•CRITERIOS DE AMIGUISMO PARA O REPARTO DE MASCARILLAS
•FUMEGA AFIRMOU VARIAS VECES EN PLENO QUE LEVABA NO SEU PROGRAMA A PRIVATIZACIÓN DE TÓDOLOS SERVIZOS. QUEDOU DEMOSTRADO QUE É QUEN DE MENTIR SOBRE O SEU PROPIO PROGRAMA QUE ESTÁ ESCRITO.
•INCUMPRIMENTO DO ACORDO DE REMUNICIPALIZACIÓN DA RECADACIÓN : CUSTO EMPRESA = 1.250.000 €
•ANUNCIO DA PRIVATIZACIÓN DO LIXO POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA DO CARBALLIÑO: CUSTO EMPRESA = 11.000.000 €
•PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POLA PORTA DE ATRÁS SEN CONVERSAS CON OPOSICIÓN OU TRABALLADORAS. CUSTO EMPRESA = 4.700.000 €
•ANUNCIO DA PRIVATIZACIÓN DO PARQUE ETNOGRÁFICO
•ANUNCIO DA NON REMUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO DE AUGAS : CUSTO EMPRESA = 14.000.000 €
CUSTO TOTAL DA PRIVATIZACIÓN DESTES SERVIZOS= 30.950.000 €

Como balance da xestión de Fumega neste primeiro ano de mandato dende Espazo Común agardan "que esta situación mude de xeito urxente e o goberno comece a responsabilizarse das súas tarefas. Este pobo non pode permitirse o luxo de perder máis tempo nin regalar máis cartos a empresas",conclúen.

25, Maio 2020

Onte vin pasar a carabana de coches do concello con música por todo o pueblo, seica era a despedida dos cumpleanos. E eu preguntome, por qué se contratou un Dj e un técnico de sonido, habendo tecnico de sonido propio do concello

24, Maio 2020

José Hipólito Rodríguez Presas "muiñeiro e fillo de muiñeiros" como lle gustaba decir e que dixesen del, e alcalde durante 30 anos do concello de San Cristovo de Cea, faleceu aos 91 anos de idade.

Natural da aldea de Santrós, exerceu como alcalde de San Cristovo de Cea dende o 4 de Maio de 1960 ao 19 de agosto de 1991.

Nese mesmo ano, e tras gañar as últimas eleccións municipais nas que participara e tras exercer apenas dous meses, presentou a súa renuncia ao cargo de alcalde e abandonou a vida política.

O concello de San Cristovo de Cea decretou tres dias de loito oficial, na honra de quen durante tres décadas obstentou a alcadía do municipio.

23, Maio 2020

Onde está a Policía Local para controlar ós/ás imbéciles que se pasan polo forro as normas de seguridade, con terrazas cheas de xente sen mascarilla, sen gardar ningunha distancia e con mesas de ata 15 persoas xuntas.

De pouco vale estar 2 meses facendo sonar sirenas ás 20h se despois non se asegura que a xente manteña un mínimo de seguridade. 

Ou é qué non convén multar á xente das terrazas?? Ben sexa porque os "amiguetes" son os que están a incumplir as normas ou porque os "amiguetes" son os donos deses bares.

O que está pasando estos días neste pobo é VERGONZOSO!  

23, Maio 2020

O portavoz municipal no concello de Leiro, Manuel Rodríguez denuncia publicamente "a deixadez de funcións do Rexedor Municipal, xa que levamos esperando máis de 15 días que foi cando introducimos un escrito por rexistro, solicitando a limpeza das escaleiras que van entre a rúa Padre Eijan á altura do numero 17 e o Paseo Fluvial dentro do centro urbano de Leiro, debido á suciedade e a insalubridade da mesma xa que mesmo debido ao musgo que ten a mesma, por falta de limpeza, algún veciño mesmo xa estivo a piques de caerse nas mesmas".

Os socialistas lembrarlle ao rexedor municipal "que é deber seu de vixiar e velar pola integridade de todos e cada un dos veciños, para que non haxa que lamentar ningún tipo de desgraza, e nesta caso concreto é a integridade física das persoas".

22, Maio 2020

O Carballiño e toda Galicia avanzan na desescalada, ao promocionar o próximo lúns dia 25 de Maio á fase 2.

O Goberno central autorizará á comunidade autónoma a pasar á fase 2 do que o propio Executivo denomina “transición cara a unha nova normalidade", desta maneira amplianse as actividades xa contempladas na primeira fase, na agora mesmo continuamos.

Asi que da mesma que poden xa facer dende este venres en todos os municipios rurais, a partir do lúns tamén no Carballiño poderémons sentar dentro dos locais de hostalería, bares cafeterias e restaurantes, ou ir ao cine en Leiro ou ao auditorio, se fose o caso de que o Cine-Club reanudase a actividade -con aforos limitados a un terzo- e entrar un maior número de persoas en comercios.

Nesta fase, non haberá xa no Carballiño -como xa acontece no resto de municipios- franxas horarias para saír á rúa, aínda que si horarios preferentes para poboación vulnerable.

Ademais de abrir o interior de bares e restaurantes e ampliar o aforo do comercio a unha capacidade de ata ao 40% -sempre con distancia de dous metros entre clientes-, os cines e teatros volverán funcionar cun terzo das butacas.

Poderá haber “actos e espectáculos culturais” para menos de 50 persoas en lugares pechados (1/3 de aforo) e de menos de 400 ao aire libre, sempre co público sentado e mantendo a distancia.

Os hoteis abrirán as súas zonas comúns tamén a un terzo de capacidade.

En materia deportiva, permitiranse os adestramentos básicos en deportistas non profesionais.

22, Maio 2020

O Partido Popular manifesta que "toda empresa e como non, toda administración, está en fase de desescalada para que durante o mes de xuño, todo o persoal que non teña excusa, ocupe o seu posto de traballo e poda facer o mesmo de forma segura para el e para a veciñanza que por eles teña que ser atendida".

Aseguran os populares que veñen advertindo "o estado de preocupación por persoal do concello polo feito de que non teñen coñecemento de como será a reincorporación definitiva, pois moitos deles son conscientes de que non o poden facer nas mesmas condicións que o veñen facendo na actualidade, pois existen despachos pequenos de mais de 2 traballadores e que ademais atende ao público e esta circunstancia é a mais frecuente dentro do edificio do concello".

Engaden que con independencia de medidas que se deberían de tomar de control de acceso aos diversos centros de traballo titularidade do concello, como temperatura e desinfección, ou intensificar a limpeza diaria, tamén se deben de organizar os espazos de traballo garantindo as medidas de distanciamento e marcar a circulación de persoas para a súa seguridade.

Dende o grupo municipal do PP propoñen que se traslade a aula cemit as dependencias da casa da cultura, pois sendo que é máis axeitado, liberaría un espazo importante na planta segunda do concello que aliviaría moito a situación.

Tamén recordan a proposta feita no seu día polo grupo popular e aprobada por unanimidade "para realizar a cubrición e adecuación do patio traseiro para destinalo a dependencias de administración local, e que xa foi aprobado por unanimidade en pleno do 30 de marzo do 2017, pois si se consideraba unha proposta importante no seu día, hoxe recobra actualidade como unha solución idónea para a situación que nos toca vivir, pois habilitaría uns 70m2".

Dende o grupo popular, en todo caso, afirman, están en disposición, si así lle lo solicita o grupo de goberno, de ceder provisionalmente o local de utilidade do grupo popular, ubicado na segunda planta, para que sexa utilizado por persoal do concello e facilitar así as medidas de seguridade "pois estamos seguro, que sen mais espazo para poder ser utilizado, non se darán realizado as medidas correctoras necesarias".

Recordan, finalmente, que todos os espazos de titularidade municipal deben de estar adaptados en condicións óptimas para a actividade que desenvolven tanto para persoal propio como para a veciñanza.

22, Maio 2020

O BOE publicou esta mañá unha nova Orden Ministerial do Ministerio de Sanidade que entra en vigor dende hoxe mesmo, dia 22 de Maio, pola que se alivian algunhas restriccións do estado de alarma para os municipios de menos de 10.000 habitantes, é dicir, de aplicación en todos os municipios das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, coa única excepción do Carballiño.

Asi, no apartdo de hostelería e restauración, para os bares, cafeterias e restaurantes, dende hoxe os clientes xa poden cunsumir no interior dos locais, aínda que tendo en conta sempre as medidas de distancia entre persoas.

Ademáis,  a Orden Ministerial flexibiliza dende hoxe a asistencia a velorios, enterros e funerais en todas as parroquias destes concellos rurais.

Desaparece a norma de que un so adulto pode sair a pasear con ata 3 menores de 14 anos, pode facelo toda a unidade de convivencia.

Finalmente, para realizar exercio físico e deporte os residentes neste municipios poden xa desplazarse a outros concellos colindantes ata un máximo de 5 quilómetros.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS