
Espazo Común insiste en considerar que a alianza entre PSOE e PP no concello do Carballiño é un caso de transfuguismo polo que “o alcalde tería que pasar ao grupo mixto”, algo que “non é un tema menor para a organización do concello”, subliñou Pachi Vázquez nunha comparecencia esta mañá convocada para facer balance dos cen primeiros días de goberno municpal no concello carballiñés, tralo pacto entre socialistas e populares.
Un goberno “que é un fracaso total, o goberno das fotos, as sillas e as zancadillas no que cada un intenta matar ao outro”, ironizou Pachi Vázquez para definir ao actúal grupo de goberno integrado por PSOE e PP.
O líder de Espazo Común e concelleiro tamén avanzou que o seu grupo presentará no rexistro municipal a solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario da corporación para celebrar o debate sobre o estado do municipio “para debatir sobre o estado real do Carballiño e falar das cousas importantes”, dixo.
Escóitao aquí, no PODCCAST de COPE O Carballiño:

O alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, e actúal presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño aproveitou hoxe a súa intervención en COPE O Carballiño para lanzar unha chamada de socorro aos alcaldes da comarca para salvar a entidade comarcal.
Redondo defende a continuidade da Mancomunidade porque "se os concellos se involucran nun proxecto común sería viable e sería beneficioso para todos", pola contra na situación actúal e con so catro concellos mancomunados a súa viabilidade corre serio perigo.
Neste contexto, e tras reunirse dias atrás co presidente da Deputación Luis Menor, iniciou contactos cos responsables municipais do Carballiño, en concreto co alcalde Fumega, para buscar vias de colaboración co concello que obstenta a capitalidade comarcal xa que "sen o seu compromiso a Mancomunidade ten dificil poder seguir", dixo Redondo.
Escóitao aquí:
La inscripción para actividades en el Centro Sociocomunitario de O Carballiño se hizo por orden de espera a las puertas del local (entre 5 y 7 horas) es decir, que una persona interesada pero que no dispone de esas horas seguidas libres ( por motivos de salud, con dependientes a su cargo, motivos laborales u otros) nunca puede acceder a inscribirse en alguna actividad lo que debería hacerse como otros centros de la comunidad por sistema mixto(telemático/presencial) o por sorteo aleatorio. No hay límite de actividades por persona eso conlleva que actualmente hay personas partícipes en 4, 5 ó más actividades cuando en alguna actividad la lista de espera supera las 20 personas.
Este asunto se ha notificado al órgano competente para que analize y mejore este insolidario e injusto sistema de acceso a las actividades deportivas en el Centro Sociocomunitario de O Carballiño.

O proxecto ATLAS PALACIOS 2024-2026, a herencia gastronómica dos mosteiros, a biografía de Bernardo Pereira Valeiras Arrieiro da Raíña e tres ponencias sobre a viticultura no Ribeiro, conforman algún dos temas que serán expostos este domingo na última xornada do congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que se desenvolverá pola mañá en Cabanelas e pola tarde na Adega Pazo Tizón.
O colectivo investigador carballiñés porá un microbús a disposición das persoas interesadas en acudir a esta xornada de peche. Así, un sairá ás 10 da mañá da rúa Evaristo Vaamonde cara a Cabanelas, con regreso ás 13,45 h. E outro o fará pola tarde dende o mesmo lugar de saída pero ás 15,45 h cara aAdega Pazo Tizón de Moldes e regreso sobre as 21,00 h.
DOMINGO, 6
CASA DE BAXANCA-CABANELAS-O CARBALLIÑO
10,30 h. “A xurisdición da Encomenda de Pazos de Arenteiro no século XVI”. Autoría: Victor Rodríguez Muñiz e Ana María Gordín.
11,15 h. PRESENTACIÓN do Proxecto ATLAS PALACIOS 2024-2026. Autoría: José Manuel Mouriño. Investigador e documentalista.
12,00 h. “José Vázquez Senra, un innovador pedagóxico, da “Escuela activa”, autor dun método pioneiro de escritura-lectura en 1934”. Autoría: Alba Vázquez Paz.
13,00 h. “Sagra: a parroquia de San Martiño de Sagra. Historia, relixiosidade, arte”. Autoría: Juan J. Docampo.
13,45 h. Remate da xornada matinal.
ADEGA PAZO TIZÓN-MOLDES-BOBORÁS
16,00 h. “Bernardo Pereira Valeiras Arrieiro da Raiña”. Autoría: Carlos Montes.
17,00 h. “Herencia gastronómica de los monasterios de O Carballiño y O Ribeiro. Inventario de la repostería de la zona desde los ingredientes, las recetas y las prácticas de consumo”. Autoría: Carla Di Simone.
17,45 h. “ O viño da vida e da morte: o final do camiño no Ribeiro do Avia na Idade Moderna”. Autoría: Juan Manuel Rodríguez Rodríguez.
18,15 h. “O Ribeiro. Unha viticultura no Camiño de Santiago”.
Autoría: César Fernández Portal.
19,00 h. CONFERENCIA: “Novas estratexias para a optimización e o desenvolvemento sostible da colleita en viticultura”. Autoría: Javier Rodríguez Rajo.
20,00 h. Homenaxe a Xosé Manuel Cid, exdecano da Facultade de Educación e Traballo Social no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
20,30 h. Acto de clausura e entrega de diplomas.
21,00 h. Remate do congreso.

A crise política que afecta á gobernalidade do concello do Irixo, no que a alcaldesa Susana Iglesias está practicamente en soedade política na actúal corporación, acaparou boa parte da Tertulia dos Venres en COPE O Carballiño, na que participaron desta vez Manuel Nogueira, Fátima Gómez e Sebas Lamazares, baixo a moderación de Xan Pinal.
Como invitado, a Tertulia tivo a Luis Tosar, veciño do Irixo e Presidente da Fundación Insua dos Poetas.
A situación no Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño, o proxecto de creación dun poligono agroforestal no municipio do Carballiño, ou a polémica do camiño da rectoral en Anllo, foron os outros temas comentados nesta tertulia do venres dia 4 de outubro de 2024.
Escoita a tertulia no PODCAST de COPE O Carballiño:
Vai facer 3 meses do corte desta ponte, xa non vou falar dos numerosos problemas que trae o seu peche.
Para cando sera aberta? , unha fecha xa.
A oposicion de Leiro, que fai, esixe, informa, mira polos veciños ou e mais do mesmo, ou estan so para contar como se collen cogumelos...
Xa non é por querer compararse con Ourense, que ten varias e outras en execución, senón outras vilas de tamaño e poboación parecidos a nós teñen a súa ronda de circunvalación que desvía o tráfico das rúas urbanas. Aquí, entre a rotonda da Fontela e o cruce de Astureses, temos un gran volumen de vehículos que cruza toda a avenida 25 de Xullo sen ningunha outra saída ou opción. Xa vai sendo hora de que Carballiño se adapte aos novos tempos e se faga a súa dunha vez. De quen depende? Xunta? Goberno central? Hai que petar nas portas e conseguilo.
Gustariame que dende a Cope Carballiño, lle fixeran saber ó nóso Alcalde do Carballiño, de parte de unha veciña de Porto de Eguas, que temos varias farolas afundidas na nosa aldea, se fixera o favor cando poda que nos mande uns técnicos pa poñer bombillas novas. Moitas grazas.

Os responsables municipais do Carballiño, o alcalde Francisco Fumega, e o primeiro tenente alcalde Pepe Castro, veñen de entrevistarse coa Directora Xeral de AGADER, Inés Santé, para abordar o proxecto de creación dun polígono agrofestal nas parroquias do municipio que forman parte da Denominación de Orixe Ribeiro, que son as de Cabanelas, Banga e O Varón.
Asi o deu a coñecer no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño Pepe Castro, que tamén valorou como moi positiva a reunión que mantiñan onte co Conselleiro de Eduación Román Rodríguez, e no que se acordou a sinatura dun convenio de colaboración entre Xunta e concello para acometer obras de mellora nos centros educativos do Carballiño.
Podes escoitar a entrevista íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño:

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, o tenente alcalde Pepe Castro e a concelleira de educación Lorena Castro, e co obxetivo de analizar as necesidades en materia educativa do municipio carballiñés e avanzar nun convenio de colaboración.
O representante da Xunta de Galicia puxo en valor o traballo realizado no municipio do Carballiño nos últimos anos dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica 2021-2024, no que se realizaron obras de mellora por valor de máis de 2,5M€. Concretamente, levouse a cabo a ampliación do IES Manuel Chamoso Lamas, a substitución da cuberta de fibrocemento, a mellora da funcionalidade dos baños para infantil e a substitución da iluminación e colocación do falso teito do CEIP Calvo Sotelo, e a instalación fotovoltaica no IES Nº1. Ademais, durante o verán tamén se acometeron pequenas obras de mellora no colexio Calvo Sotelo e no instituto Nº1.
Durante a reunión, na que tamén estivo presente o secretario xeral técnico, Manuel Vila; acordaron a sinatura dun convenio de colaboración para levar a cabo melloras nos centros educativos do concello. “A colaboración entre Administracións é fundamental para acadar mellores servizos”, sinalou Román Rodríguez.
Neste sentido, e a través do futuro convenio entre Xunta e Concello, a Consellería de Educación comprométese a atender novas necesidades dos centros. Entre elas destaca a solicitude do Concello de acometer a obra do peche do pavillón do CEIP Calvo Sotelo, así como a construción de vestiarios, baños e gradas no mesmo recinto e poder abrir, deste xeito, a infraestrutura ao uso público. Ademais, tamén se valorará a posibilidade de facer un patio cuberto no mesmo colexio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »