18, Abril 2020

Os dous faros do cazavelutinas deberon iluminar a súa psique e agora determina vostede de quén foi ou non unha boa idea. Non, non me enfada a súa ridícula defensa da pataleta infantil do voceito do partido podre de Maside.  Ë máis, se vostede quere pode identificarse e tamén o farei eu, e debatimos sobre este persoeiro porque é digno de debate.

Adiántolle algunhas perlas sobre o persoeiro: Diante miña, con testigos, utilizou un sepelio pra invitar a persoas a unha paparota na que asistiría Feijóo (non lle digo o restaurante pra non dar publicidade). Empregar un sepelio pra facer política é o acto máis miserable que teño visto na política, é una burla aos familiares do finado, e mesmo a quen é convidado a esa vergoñenta paparota do PP.

Continúo... di vostede que a idea das actucións conxuntas non foi do alcalde de Maside ¿De quén foi se non? Aclárese porque lendo o ridículo da súa contestación é capaz de pensar que a idea foi do da pataleta, que por certo, créese a mamá de tarzán. O que si é certo é que o persoeiro ten moitas ideas e unha imaxinación prodixiosa e ata é capaz de imaxinar que a igrexa de Dacón é do século XIII e soltalo con escaso decoro e moita solemnidade. É unha mágoa que o seu proxecto da revista do PP de Maside decaese porque daría moito xogo.

Non vou perder moito o tempo porque a súa ridícula defensa da enésima metedura de gamba do persoeiro non merece máis, pero plantéxolle un desafío: Identifíquese vostede pra verificar que vostede non é nin o persoeiro nin un dos seus escasos mariachis, e eu farei o porpio pra que vostede vexa que nin sou un familiar nin un escriba do Concello. Recolle o guante????

Mentras tanto non lle merco esa burra bella que quere vender.

Saúdos meu.

17, Abril 2020

Vamos ver iluminad@ . 

A idea non foi do alcalde, o que pasa é que el xa de por sí é moi fanfarrón, sempre o foi, antes de escribir aínda q penso que eres un esbirr@ do concello familia ou da corporación hay q informarse aínda q o tema da propaganda levadelo no sangue xa non é de agora 

Como decía Pemán boas noites é ata mañan 

PD: non se me enfade se che parece mal o que escribo é se lle parece mal é por que é verdade o que digo 

 

 

17, Abril 2020

Quero dicir en primeiro lugar que me parece correcto que dun xeito espontáneo os corpos de seguridade fagan o peche nas casas máis agradable os máis novos. Do mesmo xeito que os cidadáns saimos a aplaudir cada tarde ós medicos e demáis profesionais ós que non lles queda outra que sair cada día a rúa para coidar da nosa saude, seguridade e alimentación. Trátase dunha manifestación de coordialidade, solidaridade e apoio mutuo moi necesario nos tempos que corren.

O que non creo que sexa considerado un servicio público é o circo. Explícome. Agora que parece que se confirma polo menos un positivo entre os traballadores do concello, teño inda máis dúbidas sobre o feito de que dous concelleiros se adicasen a pasear as rúas para felicitar cumpleanos e festas varias, en lugar de facerse cargo de tomar as medidas urxentes que teñen que tomar dentro desta situación de emerxencia santiaria e economica na que nos atopamos. E si non teñen nada que facer, pois coido que deberían de terse quedado como todos nas súas casas. Do mesmo xeito, os concelleiros que porta por porta foron entregando mascarillas no carballiño son uns irresponsables, e si se confirma que existe un foco no concello, os vecoiños non olvidaremos ós politicos de terceira que coa súa irresponsabilidade puxeron en perigo a nosa saude, e a dos nosos maiores. 

17, Abril 2020

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega dixo en declaracións a COPE O Carballiño que o concello vai maner invariable a aportación municipal fixada no orzamento deste ano 2020 para a organización da Festa do Polbo, pero mostra serias dúbidas sobre a súa celebración este próximo verán, debido a crise sanitaria.

O rexedor confirmou que "por prudencia imos manter a partida da festa do pulpo que temos no orzamento do concello, porque entendemos que a mellor maneira de axuda á hostalaría, e asi nolo fixeron chegar, é celebrar e mesmo potenciar a festa do pulpo, pero haberá que ver que vai pasar coas grandes concentracións para este verán".

De todos os xeitos, Fumega ten claro que "non sería unha festa de participación masiva, tal como a coñecemos" e apelou á prudencia, e mesmo á utilización dos recursos por parte do concello "porque non sabemos neste momento ata que se saiba da racadación do IVE a aportación que imos ter do Estado e do Fondo de Cooperación, o que imos recibir das outras administraccións, dende a FEGAMP xa nos advertiron que haberá recortes de fondos, aínda que os concellos terémos que seguir atendendo necesidades básicas", subliñou.

O alcalde fixo estas manifestacións tras ser preguntado por oíntes desta emisora de radio sobre a súa opinión pola "viabilidade da festa do pulpo para este ano".

17, Abril 2020

Crise pandémica a nivel mundial, decenas de miles de mortos ós que, moitos deles, nin se quera se lles pode despedir.

Miles de parados, familias enteiras coa incertidume de cal será do seu substento vital no futuro.

E, no Carballiño, varios "políticos" xogando ó xogo das vellas rencillas, do ti mais e de accións que nada teñen que ver co presente que vivimos.

Hai que espertar e quen non sexa capaz de arrimar o hombro para apoiar, o que solo esté a pensar en votos e en eleccións venideiras debe quedarse na casa (como está a facer o 99% da poboación). Non voltar á política nunca mais.

16, Abril 2020

Os datos correspóndense ao 31 de Marzo, e polo tanto xa reflicten os efectos da primeira quincena do estado de alarma na evolución da afiliación á Seguridade Social na comarca do Carballiño.

O concello do Carballiño perde durante os primeiros quince dias da crise un total de 137 cotizantes á Seguridade Social, 127 no rexime xeral e 10 no rexime de autónomos.

Tamén perde afiliados o concello de Piñor (-27) a pesar do incremento de producción nas fábricas de ataudes, e tamén descendes os traballadores activos en Maside (-12) San Cristovo de Cea (-6) San Amaro (-4) O irixo (-2) Boborás (-1) e Beariz (-1).

A única excepción é a do municipio de Punxín, no que se rexistra un incremento de 5 afiliacións.

Se facemos a comparativa interanual, entre Marzo de 2019 a Marzo de 2020, a caída e de 390 afiliados no conxunto da comarca,  a maioria no concello do Carballiño (-329) o que representa un descenso de case un 8% na capitalidade comarcal no tracurso do último ano.

16, Abril 2020

Os dous concellos con máis poboación da comarca, despois do Carballiño, que son os de Maside e Boborás deciden comprar máscaras de autoprotección para repartir entre a súa veciñanza.

O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, comunicou que este concello acaba de recibir un total de 1.500 máscaras que xa se están distribuíndo por parte dos responsables municipais entre a poboación masidá.

No caso de Boborás,  o reparto organizaráse a través dos voluntarios de Protección Civil e seguindo os criterios do propio concello, según deu a coñecer a alcaldesa Patrica Torres.

Mentres, en Beariz púxose en marcha unha iniciativa solidaria para reunir fondos cos que adquirir equipos de protección para a veciñanza do municipio. O escritor bearicense José Balboa achegou a esta iniciativa solidaria a doazón dun lote de libros da súa autoría, coa idea de que a recadación que se consiga se destine a esta finalidade.

16, Abril 2020

Todas as dependencias que albergan os distintos servizos administrativos municipais, alcaldía, salón de actos e oficinas da casa do concello foron obxecto de traballos de desinfección no transcurso desta mañá, unha labor que tamén se extende aos locais de servizos sociais na rúa Faustino Santalices.

O alcalde ordenou con carácter urxente a desinfección tras confirmarse un caso de positivo en coronavirus por parte dun traballador do persoal municipal que ten o seu posto de traballo na casa do concello.

Atá o próximo lúns, e por este motivo, toda a actividade administrativa e de atención ao público está paralizada.

16, Abril 2020

https://www.lavanguardia.com/economia/20200406/48339735115/autonomos-ayuda-prestacion-coronavirus-generalitat-cataluna.https://www.radiohuesca.com/huesca/comienza-el-plan-re-activa-para-autonomos-y-microempresas-12042020-137949.html.                                                                                                                    Moitas Sr Presidente por ser sempre o pioneiro 

15, Abril 2020

Así ven de confirmálo o concello do Carballiño mediante un comunicado difundido na noite deste mércores, tanto a casa do concello como as dependencias do departamento de servizos sociais, na rúa Faustino Santalices, permanecerán pechadas ata o próximo lúns dia 20 de Abril.

O motivo desta decisión é que "un traballador do concello do Carballiño deu positivo no test por Covid-19", e para facilitar "a desinfección total das instalacións" que levará a cabo unha empresa especializada, según se informa neste comunicado.

Durante este tempo so permanecerá operativa a Policia Local, que so atenderá a través da comunicación telefónica.

A partir da reapertura a partir do lúns da semana que ven, todas aquelas persoas que accedan ás dependencias municipais deberán ir provistas de máscara de protección e luvas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS