
O alcalde do Carballiño avanzou nunha intervención nesta emisora de radio que este martes dia 14 de Abril agarda que cheguen ao concello as 3.000 máscaras de protección que foron adquiridas pola institución municipal.
Fumega anuncio que esta mesma semana comezarán a distrubuírse porta a porta entre a veciñanza de máis idade, por ser a máis vulnerable ao contaxio do COVID-19.
Este reparto faráse con medios do propio concello e tamén podería ser "a través dos servizos dunha empresa de reparto domiciliario que poderiámos contratar", según informou en COPE O Carballiño o propio alcalde.
Ademáis, Fumega tamén comunicou que na mañá deste martes dia 14, de 7 a 9 da mañá, continuaráse o reparto por parte da Garda Civil e a Policia Local nos lugares de máis afluencia aos centros de traballo no Carballiño.

A nai, unha octoxenaria e o seu fillo, de 59 anos, naturais da aldea do Viñao, no concello de Punxín, faleceron no transcurso dos últimos dias vítimas do coronavirus en Madrid, onde residían ambos nun piso.
Faleceron nun pequeno intervalo de dias, primeiro a nai e despóis o fillo, éste último o pasado venres, ambos foran diagnosticados co COVID-19, a noticia causou fonda tristeza e pesar entre a veciñanza do Viñao, onde pasaban tempadas de vacacións.
Con estas dúas mortes, son xa 7 as vitimas por coronavirus entre persoas naturais da comarca do Carballiño dende que comezou a pandemia, todos eles residentes fora da comarca, 5 en Madrid, 1 en Vigo e 1 no Barco de Valdeorras, éste último nunha residencia de maiores.

A Policia Local do Carballiño suma xa a apertura de 90 expedientes sancionadores a veciños e veciñas do Carballiño por saltarse as normas do confinamento dende o inicio do esado de alarma.
Durante os últimos dias da fin de semana os axentes incoaron 20 expedientes de sanción, a maioria a persoas que paseaban pola zona de Corzos, o parque municipal e o paseo do río Arenteiro.
Contra os expedientes abertos poden presentarse alegacións, e no caso de que rematen en sanción, ésta podería ser aínda obxeto de recurso por parte do denunciado.

A Unidade Militar de Emerxencias distribuirá a primeira hora da mañá deste lúns dia 13 de Abril máscaras de protección na Área Industrial do Carballiño, na que traballan unhas 1.100 persoas, a maioria delas reincorporánse este lúns aos seus postos de traballo tras o paro decretado nas actividades non esenciais, desde o pasado 30 de marzo.
Tamén realizarán este mesmo reparto noutros centros de traballo do concello do Carballiño, non obstante na comunicación da Delegación do Goberno non se informa do número de unidades que se distribuirán.
Doutra parte, este domingo, soldados da UME levaron a cabo traballos de desinfección na Residencia Irmáns Prieto do Carballiño

O BNG de San Cristovo de Cea está favor "como non podía ser doutro xeito" de que o Concello se ocupe de aplicar todas as medidas posibles para protexer a saúde da poboación.
Tamén considera "loable a predisposición de persoas particulares, autónomos ou empresas para colaborar na elaboración de máscaras caseiras ou para voluntariamente axudar a enfrontar a grave situación na que nos atopamos".
O BNG de Cea Expresa o recoñecemento e agredecemento a todas as persoas que colaboran voluntariamente, "pero o hai situacións nas que a boa vontade non é suficiente, sendo necesario extremar as medidas e cumplir os protocolos establecidos", manifestan.
Non lles parece tan ben a forma de repartir mascariñas pobo a pobo "efectuada polos membros do goberno municipal, posto que distribuir material para previr o contaxio do virus non é o mesmo, nin pode efectuarse do mesmo xeito, que un simple reparto de papeletas para unha campaña electoral ordinaria".
Por eso, dende o BNG de Cea enumeran unha serie de medidas que deberían consideranse:
a) que se trata de material homologado e convintemente esterilizado,
b) que o reparto se axuste a un protocolo axeitado, supervisado por algún experto e coas instrucións oportunas sobre esterilización, modo de uso, tempos, etc.
c) que o persoal encargado de efectuar o reparto leve a protección axeitada, respetando os protocolos establecidos que garanta a prevención da epidemia, evitando neglixencias no reparto.
Asemade, indican que "o reparte en grupos ou sen utilizar guantes, mascariñas ou gardar as mínimas distancias parécenos unha irresponsabilidade que contrasta co estricto confinamento que ven observando a poboación. Non todo vale en calquer circunstancia.
Pareceríanos unha medida máis aséptica, tanto desde o punto de vista bacteriolóxico como político, que fose protección civil, debidamente equipada, quen se encargara de efectuar dito reparto".
Advirten que "hai que tomalo en serio posto que se están dirixindo ás persoas máis sensibles da sociedade, as que máis risco parecen correr (maiores de 65 anos, en xeral), polo que se deben extremar as precaucións, tratando de reducir as posibilidades de contaxiar ou contaxiarse durante o propio reparto. Non vaia ser que o remedio sexa peor que a enfemedade".
E finalmene, o BNG conclúe manifetando que síguese carecendo de datos sobre o número de afectados e a súa situación e "desde o Concello todo se sigue facendo de costas á Corporación, sin informala de nada, como se de unha cuestión partidaria se tratase. Sabido é que en Cea nunca se convoca á xunta de portavoces nin existen comisión sectoriais, de modo que seguimos a niveis predemocráticos".

A convocotoria foi feita no transcurso da semana a través do teléfono pol alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, coa idea de reunir aos alcaldes da comarca do Carballiño e intercambear experiencias, buscar a maneira de compartir medios e deseñar unha fronte intermunicipal para a xestión da crise do coronavirus.
Pero á hora fixada para a convocatoria, ás 12 do mediodia deste sábado, na casa do concello do Carballiño tan so compareceron os rexedores municipais de San Amaro e O Carballiño, ademáis do promotor da reunión, os tres alcaldes socialistas da comarca.
O alcalde de Maside lamentaba a ausencia do resto dos alcaldes, os seis restantes, todos do Partido Popular , e non disimulaba a súa decepción "é certo que algúns excusaron a súa presenza, pero dous nin xiquera me colleron o teléfono nin tampouco me constestaron despois as chamadas", asegurou.
Os tres alcaldes presentes coincidiron no deficit de material de prevención e protección, e analizaron a posiblidade de comprar conxuntamente este tipo de material, asi como a posibilidade de compartir servizos entre os concellos, optimizando da mellor maneira posible os recursos dispoñibles.

Ao presentar esta proposta desde ESCO volven reeditar as súas críticas sobre a polémica xerada polo repsrto de máscaras por parte do concello "namentras dende o grupo de goberno se adica a unha utilización totalmente lamentable dos recursos públicos cun reparto de mascarillas a capricho e outras accións só destinadas ao escaparatismo sen fondo algún, dende Espazo Común seguimos a traballar en medidas concretas e reais de apoio á cidadanía".
Inciden unha vez máis no feito de que entre "as máis grandes problemáticas que vai deixar tras de sí esta pandemia do COVID-19 é a difícil situación económica na que vai quedar gran parte do comercio, da hostalaría e, en xeral, dos autonómos". Por iso, anuncian que siguen a traballar en propostas que permitan paliar na medida do posible este complexo futuro que se presenta, tendo en conta que son sectores esencias no Carballiño.
Recordan como en días pasados, presentaaron unha proposta para que sexa debatida no pleno de aprobación definitiva dos orzamentos para o exercicio 2020 unha serie de alegacións que tería como obxetivo permutar 270.000 € das partidas de festexos e outras "que se fan menos necesarias ca nunca ás de apoio á economía local e Servizos Sociais".
Finalmente, dende Espazo Común informan que veñen de rexistrar unha nova iniciativa "para que pola vía da modificación de crédito, xa que só se pode facer despois da aprobación definitiva das contas, se trasvasen outros 360.000 € para liñas de apoio ao pequeno empresariado carballiñés".

Espazo Común acusou ao concelleiro socialista de protagonizar un reparto "caciquil e vergonzoso" de mascarillas de protección de forma discrecional sen ningún tipo de criterio sanitario e en base "á súa lista de amistades".
Consideraba como "moi grave" a actitude do concelleiro Manuel Dacal e mesmo pedía ao alcalde o "cese fulminante" do seu concelleiro.
Na sección "DENUNCIAS" desta mesma páxina Web podes ver íntegro o comunicado emitido por Espazo Común.
Pois ben, o PSOE cualifica as críticas de ESCO como "miserables" e defende a actuación do concelleiro socialista no reparto de mascarillas en base a unha lista do concello de persoas maiores de 80 anos ou que viven soas, afirman.
No arquivo adxunto podes acceder ao comunicado íntegro do PSOE do Carballiño.

A pesar de todos os esforzos do persoal, que mesmo chegou a confinarse nunha casa de turismo rural para protexer aos residentes, non pudo evitarse que se confirme o primeiro caso de positivo en coronavirus na residencia de maiores Quercus de Leiro, unha das residencias con máis prazas -78- no ámbito intercomarcal O Ribeiro-O Carballiño.
Nas últimas horas ven de confirmarse que unha muller residente neste centro ven de dar positivo, tras a proba realizada.
A muller viña dando síntomas de poder padecer a enfermidade dende facía algunhos dias, polo que permanecía illada na propia residencia, onde continúa. O resto das persoas coas que tiña relación máis directa deron negativo.
Trátase do segundo caso positivo confirmado com tal nas residencias de maiores nas comarcas O Carballiño-Ribeiro, xa que dias atrás unha traballadora da residencia Alvetus de Avión tamén foi diagnosticada co COVID-19.

Volve repuntar no número de contaxios na provincia de Ourense, tras contabilizarse 39 positivos en coronavirus na últimas 24 horas.
Como pode observarse na gráfica, a Área Sanitaria de Ourense está por riba da media tanto española como galega, ao superar os 325 contaxios por cada 100.000 habittantes, unha circustancia que é debido fundamentalmente aos casos de contaxios masivos en residencias de maiores, que son máis dun tercio do total de 1.041 persoas confirmadas co COVID 19.
A boa noticia está no número de pacientes nas UCIs do SERGAS, que sigue descendendo lentamente por sexto dia seguido, son en total 155 persoas ingresadas a dia de hoxe nas Unidades de Cuidados Intensivos, o que representa unha ocupación do 56% da capacidade total.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 365
- 366
- 367
- 368
- 369
- 370
- 371
- 372
- 373
- …
- seguinte ›
- última »