18, Setembro 2024

A Deputación inicia a campaña Ourense sobre rODaS!, que achegará os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a concellos e centros educativos da provincia, no marco do proxecto OU DS Axenda 2030 – financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

O deputado provincial de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, acompañado do alcalde do Carbaliño Francisco Fumega e outros representantes do goberno municipal, participaron no inicio da campaña de difusión do proxecto que tivo lugar no Carballiño, onde a través dunha caseta deuse a coñecer entre os visitantes os detalles do proxecto e os temas vinculados aos ODS en materia de saúde, educación, igualdade, deporte, entre outras.

Esta campaña permitirá achegar os ODS a 12 concellos e 18 centros escolares, difundindo e sensibilizando á poboación ourensá co desenvolvemento sostible. Nos centros escolares dos 18 concellos participantes haberá actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria e, entre os maiores, promoverase a importancia de coidar o medio ambiente e a natureza, temas asociados ás metas 13, 14 e 15 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, mentres que os máis pequenos poderán gozar de fantásticos conta contos.

17, Setembro 2024

Unha procesión do patrón polas rúas do Carballiño este ano con sol e con temperaturas de verán, e con numeroso público que logo encheu o Templo da Veracruz na celebración da misa solemne de San Cibrán.

A banda de música de Boborás, que acompañou a procesión, ofreceu posteriormente un concerto na propia Veracruz.

Ademáis, anima este festivo local no Carballiño coa súa música de rúa a Charanga Castro Bello. As seis da tarde ten lugar unha gran festa infantil na Praza Maior conducida polo DJ Tibu.

E xa pola noite, na verbena na praza da Veracruz, desde as 10 da noite ás 3 da madrugada alternarán a Macro Disco Móbil A Gramola e a orquestra Panorama, que actuará nun concerto de 3 horas de duración, entre as 11 da noite e as 2 da madrugada.

16, Setembro 2024

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou o regulamento do novo programa de termalismo, dirixido ás persoas afectadas por lesión medular así como aquelas persoas que sufriran accidentes cerebro vasculares (ACV ) ou sofren enfermidades dexenerativas.

Dotado cun orzamento total de 25.000 euros, no programa participan os balnearios de O Carballiño, Arnoia, Laias, Lobios, Cortegada, Caldas de Partovia, Berán e Allariz, en cuxas instalacións ofreceranse os tratamentos e servizos que se subvencionarán aos beneficiarios do plan.

Estas axudas serán do 50% no prezo sinalado para cada sesión, subvencionándose como máximo unha sesión por semana e persoa cun prezo máximo de 25 euros por usuario. A achega máxima que poderá obter cada beneficiario será de 1.000 euros ao longo do programa, e sempre entre o 1 de febreiro e o 30 de novembro.

As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación das bases do programa no BOP, que será simultánea a súa publicación na base de datos nacional de subvencións.

O programa implica o acceso a unha terapia termal individual que será definida polo establecemento balneario baixo criterios sanitarios. En todos os casos inclúese consulta médica á chegada do beneficiario ao balneario, que necesariamente ten que autorizar a persoa solicitante do programa o acceso a unha terapia de este tipo, que terá unha duración máxima de 10 meses.

Este programa enmárcase no labor que a Deputación de Ourense desenvolve desde hai mais de dez anos, xunto cos balnearios da provincia, para promover o benestar persoal e social e unha vida mais saudable das persoas.

O colectivo de persoas afectadas por lesións medulares, accidentes cerebro vasculares e enfermidades dexenerativas, teñen unha alta potencialidade de ver limitada a súa capacidade de realizar actividades de vida cotiá, sendo unha das actividades recomendadas a rehabilitación ou estimulación a través da hidroterapia, dado que se trata dun recurso terapéutico con múltiples áreas de actuación.

14, Setembro 2024

Coa apertura das atraccións festivas e o festival "Feito no Carballiño" comezou este pasado venres a programación das Festas do Setembro 2024. Unhas festas que este ano estarán acompañadas de bo tempo, con previsións de ceo despexado e temperaturas veraniegas para os próximos dias.

SABADO 14
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga CLK
13:30 Inauguración do Arenteiro Fotográfico
18:00 2º pase Charanga CLK
19:30 a 22:30 Grupo Grease Rúa Calvo Sotelo
00:00 Gran Tirada de Fogo “Fixo e Voador”
00:30 Concerto grupo Gin Toni’s Praza Maior

Domingo 15
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga Dr.Anchoa
11:30 Pasarrúas da Agrupación Musical da Limia
12:00 Espectáculo itinerante de música e baile tradicional de Cantigas e Agarimos
13:00 Concerto da Agrupación Musical da Limia no patio do Asilo do Carballiño
17:00 Exhibición de patinaxe artística do Club Aehde no patio do Asilo
17:30 Futbol da Primeira Federación en Espiñedo: CD Arenteiro-Bilbao Atletic
18:00 2º pase Charanga Dr.Anchoa
22:30 Concerto de Guadi Galego Praza Maior

Luns 16

10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 Música na Feira con Serandeiros
18:00 Música tradicional na rúa
21:00 a 22:00 1º pase Orquestra Fórmula Praza Veracruz
23:00 Concerto Tributo Dire Straits Praza Maior
01:00 2º pase Orquestra Fórmula

Martes 17
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga castro Bello
11:00 Misa Solemne en honor a San Cibrán acompañada da Banda de Música de Boborás
12:30 Concerto da Banda de Música de Boborás
18:00 2º pase Charanga Castro Bello
18:00 Festa Infantil e olimpiadas populares con Dj,Tibu con agasallos para tod@s. Praza Maior
22:00 1º pase Discomóbil A Gramola Praza da Veracruz
23:00 Orquestra Panorama Praza da Veracruz
02:00 2º pase discomóbil A Gramola

Mércores 18
Día do Neno nas atraccións

Xoves 19
Gran Romaría da Saleta

12, Setembro 2024

O alcalde Francisco Fumega pasou polos estudos de COPE O Carballiño para repasar a actualidade municipal e politica no concello carballiñés

Contestando á pregunta dun oínte, o rexedor carballiñés asegurou que o pacto de goberno co Partido Popular vaise cumprir, Fumega atendeu as peticións da audiencia desta emisora de radio e tivo tempo para referirse aos tres grandes proxectos que "van sentar as bases do Carballiño do futuro", que son a ampliación do parque empresarial, a construcción do novo Centro Integral de Saúde e o novo contrato para a xestión do ciclo da auga no municipio.

Escóitao no PODCAST de COPE O Carballiño:

11, Setembro 2024

O Itinerario Europeo das Farmacias Históricas e hortas mediciñais é un percorrido único que une lugares emblemáticos como boticas monásticas, boticas históricas e hortas botánicas e mediciñais, Itinerario Cultural que ven de conseguir a certificación do Consello de Europa.

A botica do mosteiro de Santa María A real de Oseira, no concello de Cea, e a antiga botica de Doade, no concello de Beariz, pasan a formar parte deste Itinerario Cultural Europeo.

No PODCAST de COPE O Carballiño, podes escoitar a entrevista a Tomás Sancho, concelleiro de Beariz, que explica a importancia para a comarca deste novo proxecto que pon en valor o patrimonio natural e cultural que promove o diálogo intercultural, a identidade, e o desenvolvemento humano sostible que representa "Aromas Itinerarium Salutis".

10, Setembro 2024

Os traballos de escavación terán continuidade no transcurso das dúas próximas semanas, e na terceira levaránse a cabo as labores de restauración.

Os arqueológos traballan a diario en horario de 8:00 a 15:00 horas, unhos traballos que son visitables, e que están destinados a escavar unha superficie total de 140 metros cadrados.

A iniciativa, que conta coa  colaboración da Xunta, está promovida pola asociación cultural Vive Avión e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xusto de Avión.

No PODCAST podes escoitar a entrevista ao director das escavacións, Jorge Lamas Bértolo.

9, Setembro 2024

Tras preguntarlle alguen o concelleiro Alberto Otero sobre as festas do San Cibrao, que fai xa moitos anos que parece que non convencen moito, fixo un bo analisis da preocupante situación das festas.

Cambios xeracionais

Maior custo de grupos musicais potentes

Falta dunha comisión de festas en condicions como se fai en moitas parroquias

( Eu engadiría tamén que o cadrar xa en setembro, son descafeinadas de por si, o non estar os emigrantes, ou os rapaces ter colexio)

Sendo a última a mais importante, xa que as cousas se non hai xente detras loitando e tirando por elas non saen, ben se ve, nalguns sitios mais pequenos onde os veciños estan implicados funcionan, e aqui non, non solo e cruzarse de brazos, senon que os veciños deberiamos implicarnos mais para que as festas volvan a resurxir,o que pasa e que a todos nos gustaria que viñese Jennefer Lopez ou quen sexa sen mover un dedo, e as cousas non funcionan así.

A ver se as cousas cambian e para ben algun dia.

8, Setembro 2024

Quería enviar unha queixa pola colocación de dúas sinais de carga e descarga, a altura da Cristalería Moisés e Pinturas Orcellón. En ningún momento se consultou coa veciñanza de dita rúa, na que por certo, xa é moi complicado aparcar de por si, se aínda por riba quitan máis aparcamentos, non sei onde teremos que aparcar os veciños de aquí. 

Xa está ben de privilexiar a uns cantos amigos, non son supermercados, e paréceme desmesurado que para dous establecementos que se quiten esos ocos de aparcamento, e máis todavía cando a "carga e descarga¨ é estar de palique en doble fila... os demáis se queremos ter o privilexio de que non nos aparquen fronte o portal,  é ¡¡PAGANDO VADO no Concello do Carballiño!!

Está claro que na Rúa Martínez Avellanosa, somos cidadáns de segunda ou terceira, unha das principais rúas do Carballiño e tamén das menos humanizadas (nin árbores urbanas, obras interminables interrupindo beirarrúas durante anos, arquetas de sumidoiros estragados, etc)

¿¿Cándo teñen pensado os gobernantes de esta vila mirar por esta rúa??

8, Setembro 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou aos participantes no campamento específico para persoas con discapacidade que organiza a Xunta na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e no que participaron 75 persoas con discapacidade este verán.

Posteriormente, a directora xeral reuniuse coa Asociación de familiares de persoas con discapacidade psíquica da comarca do Carballiño (Aspadisi), á que a Xunta destinou 655.000 euros para a construción da súa nova residencia inaugurada este ano e que xa comezou a recibir os seus primeiros usuarios, e agora tamén colaborará no financiamento de 15 prazas públicas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS