El responsable d la fiesta de "sirenas" como usted dice es el agradecimiento, la solidaridad, la empatia, la comprensión, la esperanza de futuro, y unas cuantas cosas mas.
Entiendo que para un opinador online como es usted, estos conceptos le resulten extraños e incluso le fatiguen la mente y que por ello solamente escuche ruido y eche números del combustible gastado; evidencia clara de que usted confunde las solemnidad y el respeto con la goma de mascar para que lengua y saliba también hacen su trabajo; típico esto de quien tiene por costumbre la afirmación temeraria disfrazada de opinión chabacanera.
Un saludo

O obxetivo é que o empresariado local poida saír vivo desta crise sen precedentes co apoio da institución municipal.
Espazo Común considera que con empregar a metade doscatro millóns de euros dos que supostamente dispón o concello coma remanente de tesoureiría e recordan que tal "como anunciou o alcalde do Carballiño" sería suficiente para dar osíxeno á economia do pobo.
Dentro do Plan "O Carballiño CON-VIDA 20", Espazo Común propón esta batería de medidas:
1.Recuperación da suprimida liña de axuda ao emprendemento para axuda a pemes de menos de catro anos de antigüidade en gastos de aluguer e equipamento informático. Convocatoria de 20 subvencións por importe de 1.500 €.
IMPACTO ECONÓMICO : 30.000 €
2.Implantación da liña de axudas O Carballiño Con-Vida 20 para a reactivación de autónomos, comercios, locais de hostalaría e outras pemes que acrediten unha baixada de ingresos superior ao 25 % con respecto ao período anterior á crise.
IMPACTO ECONÓMICO : 1.000.000 €
3. Que o Concello do Carballiño, asuma ao través dunha liña de sinxela tramitación o custo das cotas de autonómos non suprimidas polo Goberno Central, dos meses de marzo e abril.
IMPACTO ECONÓMICO: 500.000 €
4.Posta en marcha, con persoal municipal, dun servizo de asesoramento para pequenos empresarios co gaio de apoialos coa solicitude e tramitación de calquera axuda convocada por outras administracións relacionada co seu negocio.
5.Axilizar o pagamento de facturas pendentes no Concello cos proveedores para facilitarlles liquidez nestes momentos tan delicados.
6.Compromiso absoluto de contratación de obras e servizos e de compra no comercio e nas empresas locais.
7.Creación dunha plataforma dixital municipal para aloxar produtos para a súa venta online e realizar campañas promocionais do comercio local.
IMPACTO ECONÓMICO 10.000 €
8. Implementación dunha liña municipal de axudas á tecnoloxización do pequeno comercio e das empresas que lles permita a adaptación para participan na plataforma local de e-commerce e promoción do comercio local no caso das primeiras e adaptarse ás necesidades do teletraballo no caso das segundas. 25 axudas a 2.000 € cada unha.
IMPACTO ECONÓMICO : 50.000 €
9.Aumento da subvención concedida ao Centro Comercial Aberto ata os 25.000 € para facilitarlles a execución de campañas de promoción e dinamización do comercio local.
IMPACTO ECONÓMICO : 18.800 €
10.Creación dunha Mesa de Seguimento do Comercio Local con reunións mensuais para o fomento de iniciativas para darlle pulo a este sector.
11. Posta en marcha dun programa urxente para a activación do proxecto de ampliación do chan industrial dispoñible no Carballiño co fín de tentar captar empresas xeradoras de emprego nun futuro inmediato.
No transcruso da vindeira semana Espazo Común agardater rematada xa a parte de protección social para as familias e as medidas sanitarias para poder presentar a proposta e que sexa debatida en pleno para a súa aprobación se se consegue o apoio maioritario da corporación.
Cada tarde mi hijo espera con ilusión las sirenas. Para aplaudir a rabiar y preguntar : por qué aplaudimos?
Sabe que es porque personas trabajan mucho y bien para que estemos seguros y a salvo. Y cada día pregunta si mañana vuelven y se le iluminan los ojos.
Al ver tantos coches y camiones de bomberos la ilusión fue indescriptible.
No hay nada que pague est felicidad momentanea que le regalan en estos tiempos difíciles y más si cabe para ellos, los más pequeños.
Volverán mañana? Espero que si.
No me lo puedo creer, leer la denuncia de las sirenas, es inexplicable, señor o señora , usted no se da cuenta que en eses 30 minutos esas sirenas hacen felices a cientos de niños, que salen a las ventanas y aplauden con alegria. Niños que están encerrados desde hace 21 días, y que tienen unos minutos de gloria viendo esas sirenas y esos coches. Hay gente bien quisquillosa que le molesta un ruido de una sirena, es impresionante. Gracias a toda la policías, protección civil, bomberos y guardia civil que hace a los niños felices, deberían estar orgullosos , de quitar una sonrisa en estos momentos tan difíciles!!!
quién es el responsable de esta fiesta de sirenas ?
media hora dando vueltas y haciendo ruido espero que sepa quién lo ha organizado para ponerle una denuncia !
por si no lo sabe han muerto más de 10000 personas en este país y merecen respeto y solemnidad no que unos están haciendo ruido,perdiendo el tiempo y gastando combustible!

O mercado carballiñés trata de adaptarse a este tempo de confinamento domiciliario e pon en marcha un novo servizo de encargo e reparto a domicilio, e tanto no casco urbano como na zona rural.
Ademáis, os prceiros recordan que a Praza de Abastos abre todos os días de luns a sábados, de 08,30 a 14,30 h, excepto domingos e festivos.
Os encargos poden realizarse chamando aos seguintes números de teléfono:
CARNE Carnicería Eligio González (Quini): 636909230 Carnicería Esther: 690846249 Carnicería Conchi: 645427440 Carnicería Pérez: 678225604 – 660757487 Carnicería Hermanos Ferradás: 607240458 Carnicería Manuel Fernández Carballo: 652795936 Carnicería Martín: 622183491 – 660200551 – 607961647 Carnicería Ana María: 639905427 Carnicería Fina: 648830034
POLOS Polos Viñal: 675626226 – 677603792 Polos Lucena: 680868883 – 662632889
PEIXE Peixaría Crego: 629945869 Peixaría Lois: 678561882
FROITARÍAS Frutería Bellavista: 988272973 (Mary) Froitas e Verduras Concha: 988275235
VARIOS: QUEIXOS Geilán: 607551162 CHURRERÍA Ducias: 661570326 (Jose) ASADO AO VACÍO Iván: 636842041 - 634459459

"Decídese neste caso que sexa entregada esta cantidade á agrupación de Voluntarios de Protección civil do Carballiño, que nestes días están a facer un gran esforzo de forma altruísta e para que poidan facer fronte a gastos que se lles xere dentro da propia agrupación e como xesto de agradecemento cara a eles",remarcan dende o Partido Popular.
A cantidade, que ascende a 1.425 euros, será entregada nestes días para que poidan dispoñer dela sen ter que esperar a que sexa pagado por parte do Concello aos membros do Grupo Municipal Popular.
Indican que "fasie coa estimación de 2 plenos, e 2 comisións informativas que sería o lóxico en 2 meses, máis co correspondente a 2 mensualidades da asignación ao Grupo municipal, e eses serán os recursos cos que se pretende por parte de todos e cada un dos concelleiros e concelleira do grupo municipal, ter un xesto de solidariedade nunha situación transcendental no social e no económico do noso pobo".

Asi ven de anunciálo o alcalde Manuel Cerdeira, unha medida que será efectiva con carácter inmediato.
O concello do Irixo, que se converte asi no primeiro da comarca en adoptar esta medida, vai axudar directamente a "todos os autónomos con domicilio fiscal ou que estan empadronados no municipio do Irixo, terán unha axuda do concello correspondente á contía da cuota de autónomos do mes de Marzo".
O concello do Irixo conta con 84 autónomos, tras experimentar un incremento interanual de 22 novos autónomos, a maioria deles nos últimos meses, xente moza que se deu de alta a través dos programas de empredemento xoven apoiados dende o concello e a deputación provincial.

Quince dias despóis do seu ingreso, ven de recibir a alta hospitalaria a carballiñesa de 69 anos de idade que fora ingresada no CHOU despois de dar positivo en coronavirus, e tras regresar a O Carballiño dunha viaxe de lecer fora de Galicia.
A muller, veciña da parroquia de Seoane, xa se encontra no seu domicilio.
Según os datos actualizados esta mañá pola Conselllería de Sanidade, outras 34 persoas deron positivo no COVI 19 na Área Sanitaria de Ourense nas últimas 24 horas, que elevan a cifra total a 694 persoas contaxiadas no ámbito provincial. En Galicia xa son 4.635 casos recoñecidos oficialmente.

Os grupos políticos da oposición municipal continuan dando a coñecer distintas propostas e medidas que apoiarán no concello do Carballiño dentro do "escudo social e económico" que debería xa poñer en marcha a institución municipal.
A concellleira do Bloque Nacionalista Galego, Sofía García, deu a coñecer esta mañá un documento no que se fixan as prioridades para esta formación politica, e que son as seguintes:
Medidas de información e comunicación
•Crear un apartado no web municipal “CORONAVIRUS” no que se informe de todas as novas, medidas e recomendacións relativas ao coronavirus.
•Actualizar e difundir por todos os medios do Concello a información coas recomendacións, teléfonos de contacto, resolucións da comisión de seguimento, información sanitaria, etc.
•Informar á corporación de todas as medidas que se tomen para poder aportar as melloras que se poida.
Medidas con voluntariado
•Posta en marcha, dende a Concellería de Servizos Sociais, dun programa de acompañamento telefónico ás persoas da terceira idade e a aquelas que son máis vulnerables, para evitar os efectos do illamento, coñecer de primeira man o seu estado e poder facer seguimentos diarios.
•Creación dun rexistro de voluntarios e voluntarias con perfís persoais e profesionais que poidan ser útiles neste momento (psicólog@s, traballadores e traballadoras sociais, estudantes ou profesionais de ramas sanitarias, etc.) e Creación dun rexistro de ofertas voluntarias e demandas de bens e subministros que poidan ser de utilidade nestes momentos.
Medidas Sociais
•Implementar axudas de emerxencia ás familias para afrontar as necesidades dos e das menores, familias desfavorecidas e afectadas polo impacto da situación socioeconómica do coronavirus.
•Atención ás persoas sen fogar, adoptando as medidas necesarias para que se garanta o seu dereito á saúde.
•Esixir da Xunta de Galiza a atención ás residencias de persoas maiores, que garantan a saúde das persoas residentes e dos traballadores e traballadoras.
•Coordinar coas outras administracións un protocolo de atención e seguimento a vítimas de violencia machista durante o periodo de confinamento.
Medidas do Servizo de Limpeza
•Reforzar a desinfección e fumigación dos espazos públicos, especialmente aqueles de maior concentración de persoas e nos días de maior tránsito de veciños e veciñas: Centro de saúde, supermercados, farmacias, etc. Para a realización dos mesmos deberán traballar coordinados os voluntarios de Protección Civil e os integrantes da U.M.E. desprazados na contorna.
•Establecer un protocolo de “Recollida de lixo porta a porta”, baixo petición de persoas vulnerables.
•Establecer un protocolo de recollida de lixo a domicilio para posibeis doentes positivos por coronavirus.
Medidas para o Persoal e servizos de titularidade municipal
•Dotar de equipas de protección individual a todas as persoas que desenvolvan labores en contacto co público. Asegurar o cumprimento dos protocolos de prevención en todos os servizos de titularidade municipal.
•Impulso do teletraballo e da atención telefónica e/ou telemática, reducindo a atención presencial ao imprescindíbel.
Medidas fiscais
•Facer un plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación, (ata onde a lexislación permita) dos impostos, recibos e taxas en función das situacións concretas de cada persoa ou empresa.
•Iniciar o estudo para a posta en marcha, pasado o período de emerxencia sanitaria, dun Plan de reactivación económica naquelas cuestións de competencia municipal.
•Reforzar as Axudas de Emerxencia Social para evitarmos situacións de exclusión. Polo tanto deberá incrementarse no necesario, a partida orzamentaria adicada para estes fins.
•Demandar a eliminación urxente da regra de gasto, xa que restrinxe a capacidade de investimento, de reforzamento dos servizos municipais e de contratación de persoal por parte das institucións locais, limitando enormemente a súa capacidade de resposta á crise.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 367
- 368
- 369
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- 375
- …
- seguinte ›
- última »