2, Abril 2020

Espazo Común sitúa a súa proposta no contexto "desta situación de excepcionalidade que se está a vivir por causa da crise do COVID-19, non é allea ao noso pobo que está a padecer os rigores dunha nova realidade que ven de mudar de xeito ostensible o noso modo de vida".

A incertidume con respecto á duración deste confinamento sanitario e a conseguinte paralización de case toda a actividade económica son lousas moi pesadas que fan ver o futuro con moitísima preocupación a un inmenso número de familias e empresas, remarcan.

E por esto mesmo dende Espazo Común non teñen dúbida de que "son as administracións públicas as que teñen que dar resposta áxil e concreta para que esta preocupación non se transforme en angustia e todos aqueles que están vendo mermados os seus ingresos e, incluso, temen pola continuidade dos seus negocios ou postos de traballo, albisquen posibilidades reais de saír vivos desta desagradable situación".

Consideran que o Concello do Carballiño, como administración máis cercana á cidadanía ten unha obriga ineludible para dar unha cobertura axeitada a todas estas problemáticas.

Espazo Común fai referencia expresa á "existencia dun remanente de 4.000.000 de € anunciado polo alcalde Fumega en varias ocasións, ofrece unha posibilidade de osíxeno para tódolos afectados polo que dende o grupo de traballo constituído en Espazo Común para elaborar as nosas propostas, consideramos que cunha achega da metade destes recursos municipais (2.000.000 €) debera ser suficiente para garantir a protección social e sanitaria da veciñanza e dinamizar o futuro do pequeno comercio, hostalería, autónomos e demáis pemes".

O plan “O Carballiño CON-VIDA 20” proposto por Espazo Común divídese en catro apartados que son :

1. Medidas para a saúde pública durante o confinamento

2. Plans de protección social

3. Adaptación de impostos municipais

4. Reactivación do tecido económico local

Nos vindeiros días, anuncian dende Espazo Común que irán rematando propostas concretas que serán postas en coñecemento do goberno municipal e da cidadanía para a súa valoración e posible posta en marcha.

Finalmente, recalcan que están abertos ás posibles aportacións ques se desexe facer a este proxecto por parte de calquer veciño ou veciño, para o que se poden empregar as redes sociais de ESCO ou o teléfono 68870 71 21.

2, Abril 2020

O grupo popular no concello calcula no Carballiñi "unhas 1500 situacións de emerxencia socioeconómica que inclúe maioritariamente a autónomos e comerciantes, son os casos nos que o Concello ten que facer un esforzo maiúsculo para atender as precariedades de forma puntual para axudar a paliar os efectos da COVID-19, sen esquecer o relacionado cos alugueiros, toda vez que un porcentaxe elevado de negocios está neste réxime pero tamén son moitos os que viven da renda que producen, polo que, compre unha especial dedicación por parte do concello para que as axudas sexan acertadas", subliñan.

E para elo e por elo o Partido Popular manifest que "o concello ten que habilitar unha partida orzamentaria vía subvención directa, para axudar a paliar os gastos das cuotas, impostos e alugueiros, dos autónomos, comerciantes, agrarios afectados, e familias vulnerables. E tamén axudar aos pequenos arrendadores afectados que viven de eses ingresos".

Respecto das situacións que se produzan de precariedade nas persoas e unidades familiares estas deben de ser atendidas pola ordenanza de emerxencia social que aínda está pendente de aprobación definitiva e que ten que ser fortemente reforzada no seu orzamento, para axudar a cubrir as necesidades básicas que teñan,propoñen os populares.

Finalmente, avenzan que o portavoz do Grupo Popular, Ricardo Perea, reunirase co Alcalde para poder avanzar na forma máis idónea para chegar ás mellores solucións e no menor tempo posible e espera que sexan todos os grupos políticos con representación no concello.

2, Abril 2020

Magnífica la idea del Ayuntamiento de darle las felicidades a los más pequeños del pueblo, pero lo que es una buena idea, sería una actividad loable siempre que no apareciese ningún político para dar estas felicidades, pues hoy pudimos ver al señor Dacal y al señor Diego en el centro de la "operación cumpleaños", por lo que parecía más la necesidad de protagonismo propio que de otra cosa. Esto no es un circo es un estado de alarma. 
Asique, señores Dacal, Diego y otros concejales que puedan estar pensando en hacer lo mismo, quédense en casa que hay que obedecer a las normas, medidas tomadas por el estado y a las fuerzas de seguridad del estado. 

2, Abril 2020

Os bombeiros do parque intercomarcal O Carballiño-O Ribeiro, dependente do Consorcio Provincial, súmanse aos traballos de desinfección seguindo as directrices marcadas dende o mando único da Xunta na provincia de Ourense para a xestión da crise do coronavirus.

Esta mañá, realizaron labores de desinfección nas dependencias da Residencia de Maiores Irmáns Prieto do Carballiño, e mañá levarán a cabo esta mesma función nas dúas residencias de maiores do Cornuval, según avanzou nesta emisora de radio o alcalde Francisco Fumega que, ademáis, confirmou que ningunha das catro residencias de maiores do municipio do Carballiño rexistran contaxios, nin entre as persoas residentes -preto das duascentas- como entre o persoal que traballa nestas intalacións.

2, Abril 2020

Unha muller de 84 anos convertese na primeira persoa que deu positivo na PCR no municipio do Irixo. O resto da súa familia, coa que convive esta muller no seu domicilio do Irixo non tivo nin ten ningún dos síntomas do coronavirus.

Doutra parte, e tal como xa lles avanzabamos este pasado martes dende COPE O Carballiño, confírmase o primiro caso de contaxio no concello de San Amaro, un home de 68 anos. Permanece en cuarentena no seu domicilio.

2, Abril 2020

Record de contaxios nun dia na Área Sanitaria de Ourense, tras os datos actualizados pola Xunta este mediodia, 101 novos casos no transcurso das últimas 24 horas, que eleva a cifra total de positivos en COVID-19 na provincia a 660 persoas.

En todo caso, Galicia continúa coa taxa de letalide máis baixa de todas as comunidades autónomas de España, cun 2,32% respecto da media do estado que é dun 8,86 %. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla teñen unha taxa inferior, cun 1,96% e 1,61% respectivamente. A taxa de letalidade reflicte a porcentaxe de falecidos respecto dos contaxiados.

No referido aos últimos datos, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.379, deles 954 son da área da Coruña, 520 da de Lugo, 660 da de Ourense, 393 da de Pontevedra, 1.018 da área de Vigo, 591 da de Santiago, e 243 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 165 permanecen en UCI, 819 están en unidades de hospitalización e 3.395 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 333 altas de pacientes e 130 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 21.360.

1, Abril 2020

O Centro Comercial Aberto do Carballiño pon de manifesto que "o estado de alarma polo coronavirus está xerando unha situación insostible para a gran maioría dos establecementos comerciais e hostaleiros do Carballliño, polo que o Centro Comercial Aberto solicita a axuda dos arrendadores de locais así como do concello, co obxectivo de evitar o peche de establecementos ao remate desta crise sanitaria, que conleva tamén unha grave crise económica".

Por isto, ao tempo que o CCA amosa todo o seu apoio ao sector comercial e hostaleiro, autónomos e pemes, solicita aos arrendadores a flexibilidade tanto para deixar de cobrar a mensualidade correspondente ao tempo de peche obrigado polo estado de alarma (que xa se ten producido nalgúns casos, o que é de agradecer) como para dar facilidades aos arrendatarios no pagamento destes alugueres.

Dende o CCA, e así lle lo transmitiron moitos asociados, consideran que de non producirse esta flexibilidade, moitos establecementos terán que pechar as súas portas, deixando estes locais valeiros e con escasas posibilidades de voltar a ser alugados.

Por outra parte, o CCA, que está en contacto co concello, considera que resulta de vital importancia crear unha comisión municipal de apoio ao comercio e á hostalería. Esta comisión deberá estudiar medidas de axuda, tales como a flexibilidade no pagamento de taxas e impostos municipais relativas ao sector, e outro tipo de medidas que contribúan a paliar a inactividade durante este período, así como o relanzamento económico e comercial posterior.

O CCA solicita a colaboración de todo o pobo, porque o sector comercial e hostaleiro, autónomos e pemes, supoñen un eslabón moi importante na economía e desenvolvemento do Carballiño, e ante esta situación prolongada de inactividade, resulta inviable asumir os custes derivados da mesma.

1, Abril 2020

A Xunta de Galicia pon en marcha o blog A escola infantil na casa que achega contidos e actividades ás familias con nenas e nenos máis pequenos. Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento.

A escola infantil na casa contará con contidos desenvoltos polos profesionais educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social, para que as familias teñan á súa disposición materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe siga máis alá das propias aulas.

Calquera familia pode acceder a este blog creado pola Consellería de Política Social. Polo tanto, ten un dobre obxectivo, ademais de avanzar no proceso educativos das nenas e nenos de 0 a 3 anos, serve para que as nais e pais coñezan de primeira man o traballo que se desenvolve durante o curso nas escolas infantís da Xunta de Galicia.

O blog A escola infantil na casa contará cun banco de recursos divididos en tres epígrafes: recursos para os nenos, acompañamento ás familias e compartindo estratexias cos equipos. Desta maneira, segundo as necesidades e interese do momento poderase botar man de diferentes ferramentas. Ademais, tamén terá unha canle de Youtube, onde se poderán seguir as diferentes tarefas a través dun vídeo explicativo

1, Abril 2020

Do total de 6352 afilidados que ten a  Seguridade Social na Comarca do Carballiño, unhos 1600 -aproximadamente- continúan nos seus postos de traballo dende que o estado de alerta ordenou o peche de todas as actividades e sectores industrias considerados non esencias. Ou o que é o mesmo, arredor do 25% da masa laboral da comarca sigue traballando a diario.

Xa estaban pechados dende o inicio do estado de alerta a hostelería e o comercio, sectores de moito peso na comarca, e sobre todo no Carballiño, pero continuaban activas as empresas con máis masa laboral, que desde principios desta semana están pechadas polo Real Decreto do pasado domingo.

Na zona industrial do Carballiño, no polígono da Uceira e o parque empresarial, con 1.050 traballadores, apenas o 15% manteñen a súa actividade, según o cálculo que nos achega o presidente da asociación de empresarios da Área Industrial do Carballiño, Manuel Carballeda.

Aínda que por medio dunha Órden Ministerial deste pasado lúns se autorizou a actividade aos autónomos, o certo é que a maioria permanecen sen desenvolver actividade "para que imos abrir, se os posibles clientes non poden sair da casa nin traballar", contaba a COPE O Carballiño Roberto Ucha, de "Motoserras Ucha".

A excepción ao parón que se vive en todos os concellos da comarca é a que se da en Piñor, onde dos 345 afiliados que ten a seguridade social neste concello, a maioria, arredor dunhos 300 según calcula o seu alcalde José Luis González siguen traballando, xa que todos eles pertencen a actividades consideradas como esenciais, concretamente a fabricación de ataudes e os aserradeiros de madeira que abastecen a este sector que, ademáis, estáse vendo obrigado a aumentar a súa produción pola demanda extra provocada pola crise do coronavirus.

1, Abril 2020

O concello do Carballiño súmase a esta iniciativa que xa está levándose a cabo noutros numerosos concellos.

Debido ao estado de alarma polo coronavirus, que implica o confinamento nas casas, entre outras medidas de prevención para evitar os contaxios; e de que os nenos e nenas padecen esa situación de enclaustramento en gran medida, o concello toma a iniciativa de felicitar a todos os nenos e nenas de 1 a 11 anos polos seus cumpleanos.

Así, coa precaución de cumplir coas medidas establecidas para evitar calquera posible contaxio, tómase a iniciativa a partir de hoxe de felicitar os cumpleanos aos nenos e nenas de 1 a 11 anos.

Esta inciativa consiste en emitir a través da megafonía dun automóbil diante da casa do neno e nena que cumpla anos, unha canción, acompañada dun texto grabado, alusivos a esta efeméride. Para isto, o concello conta coa colaboración desinteresada da empresa carballiñesa de eventos Inforsonic, así como da locutora de radio Maiti Grande.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS