
Esta pasada noite levouse a cabo outra labor importante de desinfección de rúas e espazos públicos da vila, ampliando o ámbito do traballo ata as parroquias, como Señorín, Mesego e Arcos, así como en rúas de fóra do casco urbano.
Este proceso de desinfección realízase con moita efectividade gracias a dous tractores da zona do Ribeiro, mediante unha colaboración totalmente desinteresada, e tamén gracias á colaboración, por segunda semana, do tractorista “Peleteiro”, da Adega Casal de Armán.
O Concello do Carballiño agradece estas colaboracións, totalmente solidarias, que supoñen un gran avance nos traballos de desinfección de rúas e espazos públicos do Carballiño, enmarcados dentro das medidas preventivas polo coronavirus.

A Xunta de Galicia reserva a Residencia de Tempo Libre do Carballiño para hospitalización de pacientes no caso de que sexa preciso, e de maneira que chegado o momento se evite o posible colapso dos centros sanitarios durane a crise do coronavirus.
Esto so ocurriría no caso de desbordamento do número de pacientes tanto no CHUO como nos centros sanitarios privados ou concertados.
Dende a Consellería de Sanidade calculan que o pico de novos casos positivos de coronavirus chegará, e dependendo da evolución, no transcurso das próximas semanas.
Os datos actualizados pola Xunta nesata maña de venres dia 27 de Marzo elevan os contaxios en Galicia a 2.211 persoas, delas 302 na Área Sanitaria de Ourense, con 71 novos casos nas últimas 24 horas, o maior incremento nun único dia dende que comezou a pandemia.

O excalde de Cenlle, Gabriel Alén Castro, que gobernou este concello ribeirán durante nove anos e ata que no pasado mes de febreiro renunciou á alcaldía para incorporarse á candidtura do Partido Popular para as eleccións autonómicas, confirmou hoxe que é positivo no COVID 19.
Dende o pasado dia 13 de Marzo permanecía en cuarentena domiciliaria e encóntrase ben, igual que a súa familia.
Xa comunicou esta circustancia a todas aquelas persoas coas que mantivo contacto nos dias previos ao confinamento.
ESTOS DIAS ESTASE A DAR O LAVADO DE VEHICULOS NAS RUAS E EN PARTICULAR NAS RUAS PERIFERICAS COUSA QUE ESTA TOTALMENTE PROHIBIDO.

Para os roubos non hai cuarentena, e son dous os que se rexistraron en dous establementos do Carballiño durante a madrugada deste venres.
Dunha parte, os ladróns entraron no Estanco sito na Avda. Julio Rodríguez Soto, esquina coa rúa Venezuela, onde conseguiron levarse diversa mercancia, valorada en 1.000 euros.
Tamén lograron acceder ao interior da Parrilada Conde, na rúa Conde Vallellano, onde se apoderaron de diñeiro en efectivo.
A chamada dunha veciña alertou a Policia Local do Carballiño, que procedeu a detención dunha persoa como presunto autor deste roubo.

A Xunta de Galicia ven de designar aos tres aloxamentos para poñelos a disposición de traballadores desplazados, persoas sen fogar ou en exclusión social en situación de emerxencia, vítimas de violencia de xénero ou especialmente vulnerables, mentres dure o estado de alerta.
Son, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, o Pazo da Amuzara no concello de Boborás, o hotel Eurostars de San Clodio no concello de Leiro, e o camping municipal do Carballiño.
Con esta iniciativa, a Xunta ofrece unha alternativa polo peche de hoteis e establecementos turísticos decretado polo goberno central e que entra en vigor este xoves dia 26 de Marzo.
Para a xestión de reservas e demanda de aloxamento está dispoñible o teléfono 986 447 060.
Este servizo non poderá ser en ningún caso utilizado por persoas sen unha razón que esté amparada polo Real Decreto 463/2020

Confirmado o primeiro caso de positivo de coronavirus dun veciño no municipio de Punxín, un home de 50 anos, que non estivo fora de Galicia no transcurso dos útlimos meses.
Súmase á relación dos 231 casos que foron diagnosticados como positivos de COVI 19 na Área Sanitaria da Provincia de Ourense dende que comezou a pandemia.
Doutra parte, confírmase a segunda vítima mortal dun veciño da comarca como consecuencia da enfermidade, un home de avanzada idade que residía en Madrid, onde faleceu.
Era veciño natural da parroquia de Santa Mariña de Moreiras, no concello de Boborás.
A Estatística non falla.
O que pasa que hai que ser cautos xa que eses cálculos cómo se fixeron?
Xa que é diferente suponer que esa población se atopa vivindo en cidades ou ámbitos máis rurais. A ninguén se lle escapa que nas cidades o contaxio é máis doado. Dos 14000 habitantes de O Carballiño un 20% viven más parroquias. Imaximo que tamén influirá o clima e seguramente cando se coñeza máis sobre este virus tamén se poderá saber qué zonas son máis doadas para a transmisión do virus. Así e todo concordo en que haxa máis persoas contaxiadas por este virus, pero non sonó no Carballiño senón en todo Galicia

O ritual que se repite cada tarde cando o reloxio marca as 20 horas, a veciñanza do Carballiño agradece con aplausos dende ventás e balcóns, cancións e mesmo vitores o traballo de todo o persoal sanitario que loita contra a pandemia do coronavirus, e tamén das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, asi como do resto de profesionais que están garantindo o funcionamento dos servizos básicos durante o confinamento.
A Garda Civil e a Policia local corresponden patrullando as rúas do Carballiño facendo soar o sinal acústico dos seu vehículos.
Este aplauso unánime que se escoita en cada tarde carballiñesa está ademáis animado por actuacións musicais en directo por parte de algúns veciños, mentres que en moitas rúas escóitase o "Resistiréi" do Dúo Dinámico, a sintonia que COPE O Carballiño elixíu dende o primeiro dia do confinamento para dar ánimo a toda a súa audiencia.
Xuntos resistirémos mellor, xuntos somos máis fortes !!
Estes dias temos moitos controis por parte da Garda Civil e Policia local, o cal se agradece, pero a maioria da xente,(maioria),vai traballar, o super ou cecais a Farmacia.O que e indignante e a cantidade de xente que segue tratando o confinamento como un xogo.Xente paseando as suas anchas, ou cas suas mascotas pola entrada do Parque municipal e soltandos indo hacia abaixo, a sabendas que ningun organismo de policia vai tras eles, o mesmo pasa na parte vaixa do parque e todo o tramo hacia a ponte branca detras do centro de aspadisi porque sabemos que o choches non pasan e a PE non van,(PL e GC).E como teño visto so lles dan unha advertencia.Con esto pido mais controis para eses inconscientes que tratan isto en plan chulesco e algunha multa non lles viña mal,pois a maioria de nos "QUEDAMONOS NA CASA".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- 378
- …
- seguinte ›
- última »