7, Setembro 2024

Como digo no titular son veciño de Maside na zona da rua Ourense, en concreto das casas que están por detrás do lavadeiro de coches. En relación os comentarios que se están vertendo en relación as obras da rua Ourense so vou comentar un par de cousas a maiores que considero salientables.

En primeiro lugar e antes de ninguén quite conclusións equivocadas sobre mín, dicir que o Sr. Argimiro non é santo da miña devoción, e non sei se é certo ou non que a rua Ourense sexa titularidade do concello do Carballiño no treito que lle pertence grazas a él e a cambio de nada. A cambio de nada ou de algo, non o sei, o que parece claro é que ese treito é do concello, polo tanto é libre para actuar nel, iso non vale moito, vale moítisimo. A libertade que che da que algo sexa dun para actuar nelo non ten prezo.E coma cando compras unha finca lindeira, o mellor pagas o que non vale ou o que non pagaría ninguén, pero finalmente estás a gañar porque pra ti significa máis. Eu non díria que Celso foi máis listo, diría que Celso fixo o que sempre fixo cos únicos que pagamos impostos na Fontela ou en Corzos, absolutamente nada. Ter a zona totalmente abandonada. Comparar as obras que se executaron recentemente a cargo da Xunta na zona de Maside cas que se están facendo en Carballiño non ten cabida. Chamar beirarruas a botar formigón e pulido a ras de carretera sen bordillos nen cambiar saneamento ou abastacemento, xa non digo nada da iluminación. O que fixeron foi unha zona de aparcamento que está a maior parte do tempo ocupada por coches, que van a panadería, a gasoliñeira, ou incluso veciños que viven alí. A obra está rematada e entregada, o asfaltado completo da rua non entraba na execución dese proxecto. Como non o faga Proyecon..... a empresa da Carrasca de Maside que foi quen fixo dita obra xa che digo eu que non.

Menos mal que agora non temos a Celso, agora temos o Cadavid, que vai camiño de facer bo o primeiro, según parece agora quere poñer un cruceiro na rotonda da Fontela antes que facer as beirarruas pra ir o Gadis. Con políticos que podemos pedir.

Xa de paso, vendo que hai consenso entre Carballiño e Maside, co polígono, ca auga.... digo eu non podía haber consenso entre eles para facer unha votación entre os veciños afectados e cambiar outra vez os límites entre Maside e Carballiño. E non facer a chapuza que se fixo no seu dia sendo Pachi e Benigno alcaldes cando partiron Corzos pola metade, e deixando unhas consecuencias urbanisticas lamentables. Eu proporía que o límite fose a estrada chamada o Eixo do Ribeiro. Entre os que pagamos impostos gañaría a opción de pasar a Carballiño.

 

Saudos.

7, Setembro 2024

Bo día querido copernauta, eu non ninguen oficial pero hai varias cousas que sei e gustariame aclararche a ti e quen poida estar interesado.

 

1 Coincido contigo con que Proyecon non está a facer Unha execucion moi aceitada, bastante lentitude, e pouco personal nas obras, e o das sinais en fin....

2 A obra e entre o Alcampo, no límite con Maside e a rotonda do Fisaude, a parte de arriba da rua quedará para outra ocasión, porque tamen lle compre, Ainda que o seu estado non e tan malo como o resto da rua Ourense.

3 A obra non incluye a parte de Maside, porque esa parte e da Xunta de Galicia ( ou-202), e para entender o asunto hay que remontarse ata finais do 2014 cando o señor Argimiro Marnotes quixo que a Xunta lle transferirá a parte do Carballiño o Concello( a cambio de nada, a rua xa estaba en mal estado de aquela ) ademáis de supor un maior gasto para o Concello.

En Maside, Celso daquela alcalde foi mais listo e non quixo o pedazo que está en Maside, polo que ese sigue siendo da Xunta.

O ano pasado Concello de Maside e Xunta de Galicia chegaron a un acordó, polo que a Xunta lle arranxaba ese pedazo e despois pasaría a ser do Concello de Maside, de eito xa se fixeron as beirarruas, e agora falta asfaltalo.

Si o señor Marnotes fixera as cousas ben, esa obra todo haberia feito a Xunta de Galicia en ambos concellos. Agora xa está feito e o pasado non se pode cambiar .

Agora esperemos que quede ben alomenos e as molestias valgan a pena, pero os aparcamientos van cambiar en varias zonas e tamen algunha arbore pasará pola motoserra.

 

6, Setembro 2024

Xa se sabía, e agora o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) ven de acreditalo cunha enquisa entre a poboación española na que se elixe ao prato máis representativo da gastronomía de cada Comunidade Autónoma.

Definitivamente, os galegos téñeno moi claro, o 53% dos preguntados polo CIS optaron polo patro que se fixo famoso desde O Carballiño, o pulpo á feira que de xeneración en xeneración foron popularizando en feiras e festas as pulpeiras de Arcos.

A moita distancia do pulpo á feira, aparece o marisco (en xeral), que acadou o 27,9% das respostas deste estudo, co 11% aparece o cocido galego, co 4,8% o peixe (en xeral) e finalmente, co 3% os callos.

O CIS esqueceu, á hora de preguntar,  outros pratos tamén moi populares en Galicia, como son os pementos de Padrón ou a empanada.

6, Setembro 2024

Son veciño e polo tanto tamén usuario a cotio da rua Ourense. Chegado a este punto das obras, non vou entrar en grandes polémicas sobre as mesmas, somentes que a imaxe que está dando a empresa que executa as obras é lamentable. Ninguén é profeta na sua terra, pero o que están a facer os de Proyecon, que ten tantos socios na emrpesa do Carballiño deberialles caer a cara de vergonza. 

A estas alturas das obras, e que se vai empezar a colocación dos bordillos, a ver canto tarda en aparecer a seguinte denuncia pola colocación dos mesmos. Vendo os ferros espetados no chan, a máis dun non lle vai gustar as zonas de aparcamento.

O que non me queda nada claro, é que a reforma vaia chegar ata o cruce de Otero Pedrayo e Conde Vallellano que é onde comeza a Rua Ourense. 

O que si teño claro é que a reforma vai parar na entrada o Alcampo e non vai chegar a rotonda da Fontela onde está o Casa Arsenio.

Non vale que me digan que ise tramo está en Maside, agora que nos levamos tan ben co concello de Maside pola ampliación do polígono ou co tema da auga. A rua tiña que ser arranxada na sua totalidade, dende a rotonda ata onde comeza Conde Vallellano. E mais cando quen paga a obra é a Confederación Hidrográfica na sua totalidade. Un organismo estatal traballa por todolos españois, sexan do Carballiño ou de Maside.

Non sei quen son máis inútiles, os do concello de Carballiño ou os de Maside. A realidade é que o tramo do Alcampo o Arsenio vai quedar como está. Todo unha merda.

P.D.: Como remate o esperpento que montan cada día os de Proyecon coa colaboración do Concello do Carballiño, vese que o presuposto de 1,7 millón de euros vai xustiño é non da para sinais de tráfico. Xa que teñen case a diario o da grua municipal levándolle sinais do Concello para a obra. O que fai a obra será o que ten que poñer os medios precisos para executala e non empregar as do concello e moito menos facer perder tempo a un empregado do concello que está para atender as cousas do concello e dos seus empregados.

 

 

5, Setembro 2024

Esta nova tempada do Cine Club adiándase un pouco este ano, e comezamos xa as nosas actividades a primeiros de setembro. Comezarán cun concerto ao aire libre do trío Caspervek, que porá música en directo á proxección dunha das películas míticas de Buster Keaton, El navegante. Será o 6 de setembro ás 22:45 horas dentro das actividades da Feira da Pepa Loba, coa que colaboramos este ano.

E ao día seguinte, o 7 de setembro, e tamén dentro da Pepa Loba, cine en 35 mm ao aire libre, coa proxección de dúas curtametraxes realizadas por Manuel Nanín e Pachi Baranda, Galiza e Lentura. Contaremos coa presenza dos directores e tamén de parte do elenco artístico. Será tamén ás 22:45 horas.

O día 12 de setembro, ás 20:00 horas, no auditorio Manuel María temos a preestrea do documentalVidas irrenovables, en colaboración con Afiandoovento, que reflicte o que moitas veces non nos queren amosar cando se fala de enerxías renovables. Conteremos ese día con Francisco Vaquero, director do documental, que estará uns días por Galicia presentado a súa producción antes da súa estrea comercial.

E continuamos xa os día 13, 14 e 15 de setembro con dous ciclos, un deles adicado aos máis cativos, aínda que non só, con tres películas prantexadas non só para nenos senón tamén para o público en xeral: Buenos días mundo, un canto á natureza feita con dibuxos en papel maché animados mediante a técnica de stop motion, un filme dunha grande beleza; Ponyo en el acantilado, dirixida aos máis pequenos, e tamén aos fieis do animador xaponés Miyazaki (estivo nominada ao León de Ouro no Festival de Venecia e hoxe está considerada un dos grandes clásicos da animación do sçeculo XX); e ¿Dónde está Anne Frank?, do israelí Ari Folman, dirixida a todos os públicos e non só aos pequenos da casa. As películas deste ciclo serán todas ás 18:00 horas e o custo da entrada é de 2 euros, xa que entra dentro da nosa programación de Filmoteca.

E eses mesmos días, 13, 14 e 15 de setembro, ás 20:00 e ás 22;30 horas temos un ciclo de 3 películas do cinema español máis recente: La casa, adaptación da novela gráfica de Paco Roca dirixida por Alex Montoya e protagonizada por David Verdaguer, Luis Callejo e Óscar de la Fuente, que destacan dentro cun conxunto coral de actores estupendos. No reciente Festival de Málaga gañou varios premios, entre eles os do público á Mellor película, o de mellor guión e mellor banda sonora. Tamén o premio Feroz da crítica. E dunha triunfadora en Málaga a outra, Segundo premio, de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez, que se alzou coa Biznaga de Ouro á Mellor película, dirección e montaxe. Sen dúbida unha das estreas máis esperadas deste ano. E rematamos o ciclo cunha pequena xoia, Mamífera, de Liliana Torres, unha estupenda reflexión sobre a maternidade (ou non). Continuamos a nosa programación xa coas nosas proxección habituais en venres en horario de 20:00 e 22:30 horas.

O día 20 de setembro teremos o documental Cristina García Rodero, la mirada oculta, colaborando co Arenteiro fotográfico. Película dirixida por Carlota Nelson, autora tamén do guión, que baixo a apariencia dun documental televisivo achéganos á obra e á personalidade dunha das fotógrafos máis importantes deste páis, que leva máis de cincuenta anos reflectindo os máis diversos temas a través da súa cámara. Unha buscadora infatigable que aos seus 74 anos segue a buscar a beleza para achegárnola a través da súa mirada. Unha auténtica institución que tivemos o pracer de ter aquí no Carballiño dando unha masterclass grazas ao traballo dos compañeiros do Potiños.

E o día 27 pechamos un setembro cheo de cine con outra das grandes películas da tempada, tamén de recente estrea: Siempre nos quedará mañana, da directora Paola Cortellesi. Mistura de comedia, drama e romance ambientada na Italia dos anos 40, é o gran éxito do cinema italiano deste ano, con 6 premios Donatello.

4, Setembro 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia de seguir impulsando o desenvolvemento económico da comunidade, destacando a posta en marcha de medio millón de metros cadrados de chan industrial a custo cero durante os primeiros oito anos de actividade nas parcelas de solo empresarial titularidade do Goberno autonómico.

“Mentres teñamos empresarios que queiran seguir apostando polas súas empresas e que queiran seguir medrando e consolidándose, dende a Xunta seguiremos intentando poñelo o máis sinxelo posible e axilizando ao máximo para que haxa solo industrial alí onde sexa necesario”, indicou. Así o sinalou durante a clausura da xornada técnica informativa do plan estruturante do parque empresarial do Carballiño-Maside, que suporá a ampliación do xa existente no concello carballiñés e se estenderá tamén polo de Maside.

En total, o novo parque empresarial terá un ámbito de actuación de máis de 1,2 millóns de metros cadrados. Unha actuación que, tal e como subliñou Rueda, responde á demanda crecente de solo industrial na zona debido a que o parque empresarial do Carballiño xa se atopa case ao 100% de ocupación. Nese sentido, destacou que esta ampliación non só contribuirá ao crecemento empresarial do concello, senón tamén da comarca e agradeceu tanto aos Concellos implicados como á Deputación de Ourense a súa vontade de colaboración no proxecto.

Así mesmo, dentro do compromiso do Goberno galego coa mellora da competitividade do tecido económico galego e a xeración de emprego de calidade, están en marcha outras medidas como a activación da Oficina Económica de Galicia, que xa atendeu preto de 5.500 consultas desde a súa posta en marcha en abril. Todo para contribuír a “esa Galicia potente que todos queremos e que pode seguir medrando”, tal e como apuntou Rueda.

3, Setembro 2024

O concello carballiñés procederá a demolición da casa das Barcias construída por un particular nos anos 90 do século pasado na Avenida do Arenteiro, no parque municipal.

Trátase dunha edificación que foi construida antes de que o concello do Carballiño acordase a recalificación urbanística da coñecida como "finca das Barcias", de preto de 3 hectáreas de extensión , pasando de solo urbán urbanizable a zona verde, o que levou consigo a expropiación da propiedade na que estaba contemplada a construcción de 40 chalets, do que tan so chegou a construirse tan so o que agora vai demolerse máis de 30 anos despóis.

O procedemento municipal iniciaráse a principios dos anos 90 do século pasado por parte dun goberno do Partido Popular, pero non concluíu ata o ano 2008 co socialista Carlos Montes na alcaldía. O acordo final pechárase do pago por parte do concello do Carballiño de 1,2 millóns de euros aos propietarios.

Agora, o concello licita cun importe base de 47.000 euros o proxecto de demolición e a recuperación medio ambiental da contorna, no parque municipal do Carballiño.

2, Setembro 2024

VENRES 13
20:30 Festival Feito no Carballiño Praza Maior
Sussi Q’s
Five Pipers
Os Kambotes

21:00 Inauguración alumeado Festas de San Cibrao

SABADO 14
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga CLK
18:00 2º pase Charanga CLK
19:30 a 22:30 Grupo Grease Rúa Calvo Sotelo
00:00 Gran Tirada de Fogo “Fixo e Voador”
00:30 Concerto grupo Gin Toni’s Praza Maior

Domingo 15
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga Dr.Anchoa
11:30 Pasarrúas da Agrupación Musical da Limia
12:00 Espectáculo itinerante de música e baile tradicional de Cantigas e Agarimos
13:00 Concerto da Agrupación Musical da Limia Asilo do Carballiño
18:00 2º pase Charanga Dr.Anchoa
22:30 Concerto de Guadi Galego Praza Maior

Luns 16

10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 Música na Feira con Serandeiros
18:00 Música tradicional na rúa
21:00 a 22:00 1º pase Orquestra Fórmula Praza Veracruz
23:00 Concerto Tributo Dire Straits Praza Maior
01:00 2º pase Orquestra Fórmula

Martes 17
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga castro Bello
11:00 Misa Solemne en honor a San Cibrán acompañada da Banda de Música de Boborás
12:30 Concerto da Banda de Música de Boborás
18:00 2º pase Charanga CastroBello
18:00 Festa Infantil e olimpiadas populares con Dj,Tibu con agasallos para tod@s. Praza Maior
22:00 1º pase Discomóbil A Gramola Praza da Veracruz
23:00 Orquestra Panorama Praza da Veracruz
02:00 2º pase discomóbil A Gramola

Mércores 18
Día do Neno nas atraccións

Xoves 19
Gran Romaría da Saleta

2, Setembro 2024

Si tan bien gobiernan támara y susana por que ya no aprobaron los presupuestos ya que tan tan tan tarantan son

1, Setembro 2024

Máis de 2.200 persoas pasan este verán nas Residencias de Tempo Libre da Xunta de Galicia no Carballiño e en Panxón (Nigrán). Case 1.300 persoas na primeira, e preto de 1.000 na segunda, o que supón un incremento con respecto ao ano pasado. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou ás familias que remataron a última quenda de agosto no Carballiño.

No marco do programa Vacacións en Familia, o Goberno galego ofrece un ano máis estadías de seis días no período estival a prezos económicos. En total, máis de 12.000 noites de aloxamento, entre os meses de xullo, agosto e setembro. As familias numerosas, monoparentais e acolledoras, así como as vítimas de violencia de xénero, teñen preferencia á hora de solicitar este programa.
Campamentos para persoas con discapacidade

As Residencias de Tempo Libre do Carballiño e Panxón, ademais do albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo), acollen tamén os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Este ano, a Xunta ofertou 250 prazas para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e con idades comprendidas entre os 11 e os 50 anos. Os campamentos desenvolveranse ata setembro nun total de 15 quendas de 10 días de duración.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS