4, Marzo 2020
4, Marzo 2020

O concelleiro socialista Manuel Sotelo, protagonista do episodio sinalado como machista acontecido no pleno da corporación carballiñesa deste pasado lúns cando interrumpíu á concelleira do BNG Sofía García, cando ésta estaba no uso da palabra, compareceu ante os medios para "pedirlle disculpas públicas á concelleira, ao resto da corporación e ao pobo do Carballiño".

Sotelo achacou o sucedido a "un pronto" e asegurou que non volvería repetirse, pero negou que a súa actitude e comentarios tivesen sentido machista algún "dixen aquelo de señorita ou señora porque non sei o seu estado civil".

Mentres, Sofía García lamentou que dous dias despóis deste incidente nin o alcade, nin o propio Sotelo, non se houbesen dirixido a ela persoalmente "cando no pleno pedín que constase en acta os termos nos que o concelleiro se dirixíu a min, tamén dixo que se fixera constar que pedía discupas", pero entende a concelleira do BNG que non se trata de pedir disculpas "que as acepto" senón de recoñecer e censurar unha actitude machista e totalmente inaceptable, dixo no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño.

E preguntou a concelleira do BNG "dirixiriáse o Sr. Sotelo a Chema Ferreiro, ou Pachi Vázquez ou Perea decíndolles señorito ou señor", concluindo que "estas actitudes, ou abandonar repentinamente o salón de actos dando portazos" ensucian a vida política.

Finalmente, Sofía Garíca agradeceu as mostras de solidariedade e apoio tanto do Partido Popular como de Espazo Común e lamentou o silencio que mantén o Partido Socialista.

3, Marzo 2020

O Concello de Punxín prepárase para acoller a 1ª Festa do xabarín e da caza cun completo programa de actividades que inclúe charlas, concursos, música, así como stands dedicados a este sector e a diferentes produtos da zona. A presentación deste evento tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o tenente de alcalde de Punxín, Manuel Vázquez e Eulogio González, respectivamente; os organizadores da empresa Mas Music, Carlos González e María Dolores Da Silva; e o presidente da asociación mesa galega pola caza, Manuel Martínez.

A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa que "da a coñecer o territorio e as súas potencialidades, dinamizando o rural e a economía local da zona", sinalou Rosendo Fernández. Neste mesmo sentido, o alcalde de Punxín, quen agradeceu o apoio da Deputación de Ourense, animou a todos a gozar desta celebración. Así mesmo, Eulogio González dixo que esta festa é "unha forma moi boa de situar a Punxín no mapa" e adiantou que desde o concello poñerán un stand tamén para promocionar o municipio.

A Festa, que se celebrará os días 7 e 8 de marzo, ten como obxectivo principal dinamizar a zona e dar a coñecer o potencial do sector da caza, ademais dos produtos locais e a súa contorna, explicou María Dolores Da Silva. Ademais da degustación e das actividades complementarias, Manuel Martínez lembrou que "a base de calquera actividade son a formación e a información" e que, por elo, desenvolveranse "xornadas formativas moi interesantes con relatores como o presidente da Asociación do Corzo Español, Florencio Laminja Markina", e ademais a programación inclúe unha exhibición de cans de caza.

As actividades da festa comezarán ambos días a partir das 10.00 horas. Na primeira xornada do sábado, 7 de marzo, haberá charlas sobre a caza e o xabarín, postos de artesanía e caza, tiro con arco, entrega de premios do concurso de carteis, actuacións do Grupo de música e baile tradicional Rebulir e da Charanga Os Támega. Ao día seguinte, o 8 de marzo, haberá unha exhibición de cans de caza, mercadillo, tiro con arco, animación, música, xogos para os máis cativos, entrega de premios de cans de caza, entre outras actividades. En ambas xornadas, os asistentes poderán degustar a carne de xabarín.

3, Marzo 2020

O BNG apela ao Partido Socialista a que tome medidas a respecto do concelleiro do Carballiño, Manuel Sotelo, polas actitudes "machistas e patriarcais" durante o pleno municipal. Noa Presas, responsábel nacional de Acción Feminista do BNG, sinalou que estas actitudes están ensuciando a política e a representación pública do Concello e que non se poden consentir.

Dende o BNG quixeron amosar o seu apoio á concelleira nacionalista no Concello do Carballiño, Sofía García, despois dos comentarios "machistas e reiterados" que recibiu por parte dun concelleiro socialista durante o pleno municipal.

Presas apelou tamén ao Partido Socialista a que tome medidas respecto do señor concelleiro, Manuel Sotelo, polas súas conductas "patriarcais, machistas, noxentas e maleducadas" durante a sesión plenaria posto que, dende a formación nacionalista, sinalaron que era "algo reiterado e que non se pode consentir na política deste país".

"Ser feminista é algo máis que poñer lazos lilás na chapela da chaqueta todos os 8M ou facer declaracións institucións baleiras de contido. Ser feminista é levalo tamén nas institucións e apoiar nelas un trato de igualdade, dignidade e xustiza coas mulleres que facemos parte dela" aclarou a responsábel de Acción Feminista.

Presas sinalou que se fose un concelleiro do BNG quen vertera este tipo de comentarios "non estaría xa na corporación" e apelou ao Partido Socialista para que tome medidas dalgún tipo. "Isto non pode ser algo reiterado. Está ensuxando a política e a representación pública no Concello do Carballiño" concluíu Presas.

3, Marzo 2020

Once establecementos de todos os sectores comerciais ofertarán nesta fin de semana os restos do remate da tempada de inverno, durante a 16 Feira do Stock, que organiza o Centro Comercial Aberto, e que foi presentada este mediodía pola concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e a xerente do CCA, Noelia Mares.

O evento celebrarase o venres 6, o sábado 7 e o domingo 8, nunha carpa instalada na Praza Maior, e será inaugurada o venres ás 17,00 h. Os horarios de apertura serán: venres, de 17,00 a 21,00 h, e sábado e domingo, de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 h. Como incentivo, haberá grandes descontos de ata un 90%, e a posibilidade de entrar nun sorteo de vales de compra por valor de 200 euros, en vinte vales de 10 euros.

Este sorteo terá lugar o domingo ás 21,00 h. Así mesmo, o sábado e o domingo pola tarde están programadas diversas actividades de animación infantil, que correrán a cargo de Tempo Libre Máxico. Na feira estará representada unha gran gama dos sectores comerciais, como moda infantil e xuvenil, moda home, moda muller, zapaterías, librerías, etc.

Unha gran carpa translúcida, que ocupa todo o espazo da parte central da Praza Maior, acollerá aos stands participantes, en previsión de que se podan producir chuvias durante a celebración do evento. Silvia Baranda dixo que o obxectivo da feira era incentivar as compras no comercio local, e que por eso animaba á veciñanza a visitar os stands.

Amosou unha vez máis o apoio do concello ao comercio da vila, e desexou o mesmo éxito que na última edición. Noelia Mares incidiu na importancia deste evento para o Centro Comercial Aberto, pois é a primeira as dúas feiras que celebran cada ano, e hai moito interese nos establecementos comerciais asociados para poder liquidar os restos da tempada de inverno.

Recalcou que haberá verdadeiras gangas, con ata o 90% de descontos nas mellores marcas, e que as compras poden obter premio no sorteo do domingo pola noite. Tamén se referiu ás actividades de animación infantil o sábado e o domingo pola tarde como alicientes para que as familias acudan a visitar os stands cos nenos e nenas.

2, Marzo 2020

O programa de actos con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que organiza a área de Igualdade do concello do Carballiño, comezará este sábado, 7 de marzo, coa representación no auditorio municipal, ás 20,00 h., da obra teatral “Bernarda”, da compañía Malasombra, que conta con cinco nominacións dos Premios María Casares deste ano, e que ten lugar en colaboración coa concellería de Cultura dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios (Agadic).

Os actos foron presentados esta mañá pola concelleira de Igualdade, Guadalupe Sobrado, que resaltou ademais a organización da IX Andaina “O Carballiño camiña cara á Igualdade”, que terá lugar o domingo, 8 de marzo, e que sairá da Praza Maior ás 10,00 h. As inscricións permanecen abertas ata o xoves e poden facerse na área de Servizos Sociais, no teléfono 988 531076 ou no correo electrónico cim@carballino.gal. A inscrición é gratuita pero haberá unha hucha para realizar donativos que irán íntegramente a Cáritas.

Asimesmo, o luns, 9 de marzo, ás 12,00 h., no salón de plenos do concello celebrarase un acto institucional presentado pola profesora do IES Chamoso Lamas e integrante do grupo de teatro Dar Trela, Clara Vázquez, ao que asistirán os centros educativos e asociacións, e no que se lerá una manifesto pola igualdade, e se interpretará un tema pola profesora do Conservatorio de Música Celia Salceda e Alba González.
O 15 de marzo, dentro do programa Apego, terá lugar no salón de plenos do concello unha sesión de contocontos co tema “Ernestina Otero: Semente de Igualdade, semente de Liberdade”.

E, finalmente, en colaboración coa área municipal de Educación e do Servizo de Normalización Lingüística, entregaranse aos centros educativos da vila uns lotes de libros da colección Mulleres Galegas, composta por cinco publicacións sobre cinco mulleres destacadas en diversos campos do saber, co obxectivo de que os profesores e profesoras realicen actividades encol destas obras.

1, Marzo 2020

Se a do ano pasado fora sen dúbida a mellor da súa historia, a 26ª Festa da Cachucha, a deste 2020 resultou a máis flouxa dos últimos anos.

Tan so á hora do xantar nos restaurantes carballiñeseses que servían o cocido de cachucha mantívose a afluencia de comensais, aínda que en menor número do ano pasado, e nalgún restaurante mesmo tiveron cancelación de reservas.

Tampouco o ambiente no desfile matinal foi o de outros anos, e eso que durante toda a mañá non houbo chuvias, pola tarde a celebración pasou practicamente desapercibida.

Sen dúbida, que o tempo condicionou negativamente a convocatoria, asi como a suspensión das actividades festivas da tarde, tanto o desfile de comparsas como a actuación da orquestra. Precisamente, algunhios hosteleiros non comparten a decisión de anunciar a suspensión das actividades con tanta antelación, fíxose na mañá do venres, o que tamén tería restado afluencia de visitantes.

29, Febreiro 2020

A Sociedade Proincasa, propietaria dos terreos, renuncia ao proxecto inicicial que tiña previsto a construcción de cinco novos bloques de vivendas, que deberían sumarse aos tres xa iniciados e paralizados na súa construcción dende fai anos.

No estudo de detalle tramitado ante o concello do Carballiño, e inicialmente aprobado pola Xunta de Goberno, contémplase a ordenación dos 10.290 m2 que tén de superficie a parcela, sita ao leste da estación de ferrocarril do Carballiño, e con fachada á Avenida 25 de Xullo e á explanada de acceso á estación.

O novo proxecto mantén a licenza para os tres bloques de vivendas xa iniciados, cun total de 81 vivendas, mentres que en substitución dos cinco bloques restantes, dispónse unha nova edificación para uso comercial, que ocupa 3.060 m2 e cunha superficie construída total no conxunto de dúas plantas de 6.120 m2.

Aínda que o proxecto foi tramitado a instancias da sociedade Proincasa, por ser a propietaria dos terreos, fontes consultadas por COPE O Carballiño apuntan á firma valenciana Mercadona como promotora da superficie comercial, e coa finalidade abrir un gran supermercado nesta ubicación.

O concello deberá agora someter o expediente a información pública durante o prazo dun mes para que as persoas ás que poida interesar poidan examinar o mesmo e, se é o caso, presentar as alegacións que consideren oportunas.

 

29, Febreiro 2020

No Grupo Municipal do Partido Socialista de LEIRO fáisenos difícil de entender a postura do BNG, polo rexeitamento dunha enmenda o cal era beneficiosa o conxunto da veciñanza do noso municipio e que coa única razón de que si o portavoz do BNG aprobaba a nosa enmenda o Grupo do Goberno do Partido Popular non votaba a favor de dita Moción a cal iba sobre a declaración do Concello libre de Glifosato, e por outro lado si aprobou este mismo portavoz a enmenda que presentou o Partido Popular coa única intención de que lle fora aprobada a moción “o mundo o revés”.

Os socialistas de Leiro queremos trasladar a opinión pública que a nosa enmenda tiña como propósito “Que o Concello de Leiro se responsabilice da protección da saude dos veciños do noso Concello e do seu patrimonio natural tal e como recomenda o Real Decreto 1311/2012 prohibindo a aplicación de herbicidas químicos para todos os usos agrarios nos espacios de uso público, estradas ou redes de servicio na totalidade do noso termo municipal”.

O noso portavoz lles explicou no Pleno que había outros métodos alternativos.

Como o uso de desbrozadoras, xa sexan de laser, descargas eléctricas, microondas. Polo cal este procedemento supon un enorme potencial para crear emprego.

Uso de herbicidas a base de ingredientes (naturais)no nocivos, como o hidroxifosfato natural, os aceites esencias, a fariña de millo o vinagre de madeira.

Mediante acolchados(con pallas, virutas, serrin) enareados (con area e pedras) ou con cultivos tapizantes ( se pode sustituir o césped por a vexetación natural, controlable mediante sega).

28, Febreiro 2020

Debido á previsión de chuvia para este domingo, 1 de marzo, e "tendo en conta que hai unha certa probabilidade de que escampe entre as 12,00 e as 18,00 h., o concello tomou a decisión de manter o desfile e animación de rúa do mediodía, coas charangas, folións e entroido de Amoeiro, e suspender o desfile da tarde co resto das comparsas, así como a actuación da orquestra D´Moda", confirman dende o concello do Carballiño.

Tanto os folións como as charangas animarán a rúa do Paseo tamén pola tarde e debaixo da carpa instalada na Praza Maior.

Este cambio no programa -comunican dende o concello do Carballiño- non afecta ao xantar da cachucha e cocido do entroido nos establecementos hostaleiros, que a día de hoxe contan cun número elevado de reservas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS