28, Febreiro 2020

Cine para todos os gustos e idades, ata cinco películas ofrece para estes dias e ata o xoves da semana entrante o Novocine de Leiro.

Os horarios de proxección son os que podes ver nesta carteleira.

 

27, Febreiro 2020

O Consello da Xunta de Galicia aprobou un acordo polo que se autoriza a tramitación do expediente do gasto relativo á contratación administrattiva para o servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia na Residencia pública do Carballiño.

Ademáis, o centro incrementará o seu número de prazas para persoas dependentes, que pasará das 25 actúais ás 50 que terá co novo contrato. A

principal novidade na licitación que sairá agora a concurso público ven dada polo incremento de prazas en relación ao contrato en vigor que remata o vindeiro dia 3 de Maio.

O importe da licitación ata final deste ano 2020 ascende aos 605.000 euros, dos que a Xunta achegará o 80% (484.000 euros)

Ademáis o contrato contemplará a posiblidade de que poida seguir en vigor ata o ano 2025, cun valor estimado de cinco millóns douscentos sesenta e sete mil euros.

27, Febreiro 2020

O Consello da Xunta celebrado este xoves dia 27 de Febreiro ven de aprobar a declaración de "Festa de Interese Turistico Galego" para a Festa da Vendima de Leiro.

Este acontecemento festivo celébrase o derradeiro domingo de Agosto nesta vila ribeirán, e a súa singularidade radica no desfile de carrozas, con motivos aos traballos nas viñas e as adegas do ribeiro, e todo aquelo que ten relación co mundo do viño, un dos motores económicos da comarca ribeirán.

Esta declaración como "Festa de Interese Turístico Galego" vai permitirlle ao concello de Leiro o acceso a mellores subvencións para promover este evento, asi como unha mellor difusión  nas guias festivas.

27, Febreiro 2020

Asi se desprende dos datos oficiais do INE, recollidos a través do último Padrón de habitantes, e que converten a O Carballiño no núcleo poboacional número 17 de toda Galicia.

Por diante do Carballiño (11.338 habitantes), e a maiores das sete grandes cidades, figuran os núcleos de Narón (32.655) Vilagarcía (19.742) Carballo (19.002) Monforte (16.043) Marín (15.935) Ribeira (13.545) Milladoiro (13.149) Arteixo (12.656) e Ponteareas (11.494).

Completan a poboación municipal carballiñesa as 2.689 persoas que están empadronadas no conxunto das 15 parroquias do rural, e que dan o número total de habitantes do municipio no último Padrón, 14.027 persoas.

Non obstante, o alcalde do Carballiño Francisco Fumega asegurou no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño que a dia de hoxe, e tendo en conta o Padrón contínuo, o número de habitantes empadronados supera xa as 14.300 persoas. 

Tamén subliñou o rexedor municipal que dos datos que manexa o concello "a poboación do Carballiño achégase aos 18.000 habitantes, se temos en conta a gran cantidade de veciños que viven no Carballiño e están empadronados noutros concellos da Comarca".

26, Febreiro 2020

A concellería de Igualdade e o Centro de Información da Muller organizan a IX Andaina solidaria “O Carballiño Camiña pola Igualdade”, que se celebrará o domingo 8 de marzo e que terá un recorrido de 15,7 km, cun trazado dun gran interese paisaxístico e histórico, pois transcurre polo sendeiro do Arenteiro ata Castro Cavadoso e regreso pola Reguenga, Miomás e o parque municipal.

A inscrición é gratuita e pode realizarse ata o próximo dia 5 de marzo no CIM, no correo: cim@carballino.gal ou no telf. 988531076. È absolutamente indispensable cubrir a folla de inscrición co nome, apelido, nº DNI e teléfono, pois a organización contratou un seguro colectivo, e é preciso aportar estes datos.

Ainda que a inscrición é gratuita, por tratarse dunha andaina solidaria a prol de Cáritas, os donativos irán destinados a esta entidade benéfica.

Nesta andaina, que partirá ás 10,00 h da Praza Maior, colaboran a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, Ministerio de Presidencia, Asdifica, Cruz Vermella, Policía Local e os supermercados Gadis e Eroski, que facilitan o avituallamento.

26, Febreiro 2020

Eso pretende do entroido no carballiño, seica. Un entroido que termina con calles vacias, igual que os negocios que esperaban estas fechas como unha axuda para afrontar o ano neste concello sin vida economica, negocios morrendo, sen traballo e conactividades repititivas ano tras ano que non funcionan. Un martes de entroido pola tarde con xente non e referente de nada. Moita foto-cartel pero promocionar o carballiño nada. Para a xente que apostamos fai anos por vivir e emprender actividades economicas aqui xa estamos fartos pola pasividad que hay.Xa somos moitos q opinamos igual.

Non se pode confundir REFERENTE con DECADENTE. eso xa e mais creible e triste. 

Saludos e paciencia moita paciencia 

26, Febreiro 2020

Alcalde de Piñor entre 2003 e 2015, vicepresidente executivo da FEGAMP entre 2007 e 2011 ao que suma a portavocía do Grupo Socialista na Deputación de Ourense, Francisco Fraga "pode presumir de ter sido un dos rexedores máis novos de Galicia e de ter loitado a brazo partido dende este posto contra a inercia negativa dos concellos pequenos desta provincia", destacan dende Espazo Común, que xunto a Recortes Cero e Os verdes preséntanse a estas próximas eleccións autonómicas coa marca electoral "Ourense decide".

E poñen en valor os avances que baixo a súa xestión experimentou o concello de Piñor "conseguiu un enlace coa autovía Ourense-Santiago que evitou o illamento deste concello; creou servizos daquela case inéditos para a atención das persoas maiores coma o de lavandería ou xantar a domicilio; puxo en marcha servizos de conciliación para fixar a poboación máis nova, impulsou a compostaxe doméstica e conseguiu que Piñor fose un referente en Galicia en materia de medidas de apoio á poboación rural".

Fran Fraga afronta o reto cunha tremenda ilusión e consciente "das dificultades que conleva levar a unha coalición de pequenos partidos a pelexar por un posto no parlamento galego cos grandes partidos tradicionais e o seu poderío". Non obstante, afirma ter a certeza de que “desta volta, Ourense espertará e fará valer a súa voz para dicir basta”.

Fraga cifra en 10.000 votos os necesarios para que a provincia de poida contar á fin con representación propia e exclusiva en Santiago.

“É necesario que alguén defenda a Ourense sen ter que render contas a Madrid, Santiago ou Vigo. Nesas ecuacións sempre saimos perdendo. Os datos e a involución de tódolos indicadores socioeconómicos falan por si mesmos”,subliña.

Confía en elaborar unha lista "o máis representativa posible das comarcas, das problemáticas e das realidades de cada recuncho da xeografía provincial para que a cidadanía teña cada vez máis claro que de querelo así e apoiar a súa candidatura", conseguir desa maneira que á fin “Ourense decide”.

26, Febreiro 2020

Bo día a tod@s!!

Dame mágoa ter que facer unha crítica polo Entroido. É un momento de lecer e alegría para toda a comarca. Pero non podo evitar decir o que é unha inxustiza clamorosa. 
Esta inxustiza é algo que as peñas de este ano e os anteriores saben que está a acontecer ca ruta dos mil. Non vou entrar en qué factores desencadean a inxustiza, se é polo sistema de votaciòn xa que os bares poden ser imparciais por amistade etc que é normal etc. o que está claro e que é inxusto que gañasen outros anos unha peña aproveitando os disfraces de unha comparsa de anos anteriores, pero olé por eles por facelo así se se podía facer. Ahora ben, este ano gañar 1000 euros por levar unhas fundas de animais etc dos chinos vendo outras peñas que levaban percusiòn con coreografía,, disfraces feitos a man en maior ou menor medida, vehículos,etc. 

Queda na conciencia dos que organizan este evento se lles parece normal chegar a esto. Mientras tanto a xente toma nota, este ano houbo moitos menos participantes e para o ano menos ainda creo eu, ò mellor solo a comparsa gañadora de este ano, así que propoño que para o ano se chame A RUTA DOS DE DACÒN!!

A pesar de estes disgustos, Que     VIVA     O     E N T R O I D O!!!!

25, Febreiro 2020

O Xurado estivo integrado por un representante de cada unha das comparsas participantes no concurso e acordou outorgar o primeiro premio á comparsa "Amor á Mexicana" dos Arrieiriños de Dacón, que dous anos despóis volven gañar neste desfile do martes de entroido organizado polo concello do Carballiño.

A comparsa daconense lévase 1.300 euros, cos que estaba dotado este primeiro premio do entroido carballiñés.

O segundo premio foi para a comparsa da asociación Lumareda do Carballiño e seu "Orgullo Galego", inspirado na tradición pulpeira, que se leva mil euros.

A Asociación Entroula e a Ampa do Colexio da Uceira conseguiron o terceiro premio deste concurso, correspóndenlle 800 euros.

Os cuarto, quinto e sexto premio, que reciben 400, 350 e 300 foron respectivamente  paras as comparsas Fantasía de Partovia, Os Azucarados de Maside e Fantasía Boreal da asociación O Castro de San Amaro.

Completan a relación de premiados, séptimo e octavo, Aspadisi e Os Nevadinos, que reciben 250 e 200 euros, respectivamente, e recibindo accésits de 120 euros, o resto das comparsas participantes.

O desfile foi seguido por un numeroso público ao seu paso polas rúas do Carballiño, sobre todo a altura de Conde Vallellano, Rotonda da Alameda, primeiro tramo de Julio Rodríguez Soto, Rúa do Paseo e Praza Maior.

 

24, Febreiro 2020

O Concurso do Martes de Entroido congregará a unha vintena de comparsas e a máis de mil persoas, que fesfilarán polas rúas céntricas da vila a partir das 5 da tarde.

O desfile partirá da rúa Otero Pedrayo e transcorrerá polas rúas Conde Vallellano, Xullo R. Soto, Calvo Sotelo e Rúa do Paseo.

Máis de 6.000 euros en premios serán entregados ao remate do desfile, no escenario da orquestra La OcaBand, que animará a verbena a partir das 7 da tarde na Praza Maior.

Ademais das comparsas que optan ao premios, desfilarán como invitadas dúas das comparsas máis representativas da provincia de Pontevedra, e que cada ano sorprenden polas súas escenografías, como son Os 100 Tolos e Os da Caña.

Pola mañá haberá animación de rúa a cargo deo grupo de música tradicional Feitizo de Pau, e ás 12,30 h., haberá exhibición de baile pola Escola Municipal de Danza.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS