Bo día a tod@s!!
Dame mágoa ter que facer unha crítica polo Entroido. É un momento de lecer e alegría para toda a comarca. Pero non podo evitar decir o que é unha inxustiza clamorosa.
Esta inxustiza é algo que as peñas de este ano e os anteriores saben que está a acontecer ca ruta dos mil. Non vou entrar en qué factores desencadean a inxustiza, se é polo sistema de votaciòn xa que os bares poden ser imparciais por amistade etc que é normal etc. o que está claro e que é inxusto que gañasen outros anos unha peña aproveitando os disfraces de unha comparsa de anos anteriores, pero olé por eles por facelo así se se podía facer. Ahora ben, este ano gañar 1000 euros por levar unhas fundas de animais etc dos chinos vendo outras peñas que levaban percusiòn con coreografía,, disfraces feitos a man en maior ou menor medida, vehículos,etc.
Queda na conciencia dos que organizan este evento se lles parece normal chegar a esto. Mientras tanto a xente toma nota, este ano houbo moitos menos participantes e para o ano menos ainda creo eu, ò mellor solo a comparsa gañadora de este ano, así que propoño que para o ano se chame A RUTA DOS DE DACÒN!!
A pesar de estes disgustos, Que VIVA O E N T R O I D O!!!!
O Xurado estivo integrado por un representante de cada unha das comparsas participantes no concurso e acordou outorgar o primeiro premio á comparsa "Amor á Mexicana" dos Arrieiriños de Dacón, que dous anos despóis volven gañar neste desfile do martes de entroido organizado polo concello do Carballiño.
A comparsa daconense lévase 1.300 euros, cos que estaba dotado este primeiro premio do entroido carballiñés.
O segundo premio foi para a comparsa da asociación Lumareda do Carballiño e seu "Orgullo Galego", inspirado na tradición pulpeira, que se leva mil euros.
A Asociación Entroula e a Ampa do Colexio da Uceira conseguiron o terceiro premio deste concurso, correspóndenlle 800 euros.
Os cuarto, quinto e sexto premio, que reciben 400, 350 e 300 foron respectivamente paras as comparsas Fantasía de Partovia, Os Azucarados de Maside e Fantasía Boreal da asociación O Castro de San Amaro.
Completan a relación de premiados, séptimo e octavo, Aspadisi e Os Nevadinos, que reciben 250 e 200 euros, respectivamente, e recibindo accésits de 120 euros, o resto das comparsas participantes.
O desfile foi seguido por un numeroso público ao seu paso polas rúas do Carballiño, sobre todo a altura de Conde Vallellano, Rotonda da Alameda, primeiro tramo de Julio Rodríguez Soto, Rúa do Paseo e Praza Maior.

O Concurso do Martes de Entroido congregará a unha vintena de comparsas e a máis de mil persoas, que fesfilarán polas rúas céntricas da vila a partir das 5 da tarde.
O desfile partirá da rúa Otero Pedrayo e transcorrerá polas rúas Conde Vallellano, Xullo R. Soto, Calvo Sotelo e Rúa do Paseo.
Máis de 6.000 euros en premios serán entregados ao remate do desfile, no escenario da orquestra La OcaBand, que animará a verbena a partir das 7 da tarde na Praza Maior.
Ademais das comparsas que optan ao premios, desfilarán como invitadas dúas das comparsas máis representativas da provincia de Pontevedra, e que cada ano sorprenden polas súas escenografías, como son Os 100 Tolos e Os da Caña.
Pola mañá haberá animación de rúa a cargo deo grupo de música tradicional Feitizo de Pau, e ás 12,30 h., haberá exhibición de baile pola Escola Municipal de Danza.
A mostra de arte colectiva AR(T)ENTEIRO, que organiza o Centro de Estudios Chamoso Lamas coa colaboración do Concello do Carballiño, inaugurouse esta tarde na sala de exposicións do auditorio municipal Manuel María, onde permanecerá aberta ata o 21 de marzo, cos seguintes horarios de visita: de martes a venres: 18:00 - 21:00 horas; sábados, domingos e festivos: 12:00 - 14:00 horas
A exposición, que contén 49 obras de pintura, fotografía e escultura, de 41 artistas, 29 homes e 12 mulleres, foi inaugurada polo presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, xunto cos comisarios da mostra, Juan Manuel Rodríguez e Óscar Gónfer, así como os integrantes do colectivo cultural, autoridades municipais e artistas.

O primeiro dos accidentes rexistrábase ás 7:30 horas da mañá deste sábado cando un tráiler saíuse da via e remotou envorcado contra a mediana da Autovia de Santiago, no quilómetro 81 á altura do municipio de Punxín, nas inmediacións do viaducto do Viiñao. Non houbo que lamentar danos personais
A conscecuencia do accidente, o vehículo ardeu parcialmente ata que os Bombeiros do Carballiño conseguiron apagar as lapas, aínda que o fume dificultou a circulación nese tramo da autovía, logo restableceuse a normalidade.
Para os traballos de retirada do tráiler solicitouse a intervención dun camión-guindastre, contra él colidoron dous turismos ás 12:15 horas.
Neste segundo accidente, unha das persoas quedou atrapada no interior do vehículo, á que tieveron que excarcerar os Bombeiros do Carballiño.
Debido á gravidade das lesións sufridas por esta persoa, o equipo sanitario mobilizou á aeronave medicalizada con base no Complexo Hospitalario de Ourense, a onde foi trasladadas dúas perosas involucradas nese segundo accidente.
A Garda Civil de Tráfico montou un operativo desviando o tráfico da autovía en dirección Ourense á altura do enlace de Maside, a través da estrada nacional 541.
Estou espantada co que vin no pleno do viernes no concello do Carballiño vaia imaxe penosa que diu o goberno e sobre todo o Fumega co lio do obradoiro.
Toda a oposición chamandolle mentiroso unha e outra vez e il falando de outra cousa diferente.
O alcalde non se molestou nin unha sola vez en negar que mentira varias veces a todos os veciños cousa que me deixou moi sorprendida.
O caso é que o final todo quedou como estaba.
Perdeuse unha subvención de 336.000 € e temos un goberno que está demostrando ser un dos peores da historia do pobo e non foron capaces nin de defenderse.
Asi este pobo vai mal hai que pedirlle o alcalde que empece a facer ben as cousas por que somos moitos os que votamos por il e xa nos estamos arrepentindo.
ESPABILA FUMEGA

A escultura denominada “Danza da Árbore”, do arquitecto Fernando Blanco, que fora retirada hai case vinte anos do seu emprazamento orixinal na praza da Constitución, situada tras da casa consistorial, ofrece agora unha nova versión actualizada, que xa pode verse nas inmediacións do IES Chamoso Lamas.
Esta escultura, composta por un armazón de ferro, dous mástiles abrazados e dúas bandas metálicas circulares na copa, semellando a abstracción dunha árbore, construiuse nos anos 80 e permeneceu case vinte anos no seu emprazamento da praza da Constitución, ata que a comezos deste século reformouse dita praza e a escultura retirouse á espera dunha posible nova ubicación. Sen embargo, isto non se levou a cabo e a escultura acabou por desfacerse.
Co obxectivo de recuperar esta peza artística, o concello, a proposta do propio autor da obra, tomou en consideración o pasado ano a súa reconstrucción nun lugar axeitado como é a esquina do terreo público situado fronte ao mirador dos chopos da Piscifactoría, a carón da subida ao Instituto Chamoso Lamas e Mesego desde a Avenida do Parque.
O propio arquitecto dirixiu a instalación da escultura, que se realizou en dúas fases, e que na de onte precisou de varios operarios e dous camións dotados con plumas para colocar e nivelar a banda metálica circular.

Ese puede ser el futuro acorto plazo si siguen con la idea de una intermodal en Carballiño sacan una estación de autobuses bien ubicada sin molestar el tráfico y la mandan para las afueras. hoteles ,balneario,cafetería,supermercado,auditorio,ferreterías,chinos.......instalaciones con cafetería y nos quieren mandar a cojer el bus en el medio de la nada yo muchas veces tengo visto llegar a los aguaistas a la estación de autobuses y van con sus maletas a los hoteles que le están a un paso Lorenzo,Derby,Esclavo ahora que paguen taxi y queremos potenciar el turiamos lo k creo k en pocos años acabamos con el traspirarte en vez de darnos facilidades nos ponen mas incomodidades para cojer el bus y también de paso pedir autobuses a Vigo y Santiago que antes teníamos y se perdieron por la incompetencia de nuestros gobernantes y creo k hay una autovía de Carballiño a Ourense tienen prohibido la circulación los autobuses por que no acabo de entender como alguna línea valla por autovía por k se recortaría el trayecto a la mitad y nadie reclama eso Gracias

Agora o concello pranta árbores metálicas, duran máis e teñen menos manteñemento.

Venres 21:
A partir das 12:45 horas desfile de entroido polas rúas de de San Cristovo de Cea do alumnado do cole de Cea.
Pola noite, dende as 23:00 horas en adiante, Festa Vaqueira nos locais da hostalaría carballiñesa.
Sábado 22:
Obradoiro infantil de máscaras na Praza Maior do Carballiño, de 11:30 a 13:30 horas.
Festa-Concurso infantil de disfraces na Praza Maior do Carballiño, con premios para os mellores, dende as 16:30 horas e coa animación do DJ Tibu, e batukada polas rúas do Carballiño.
Saen os Felos de Feás, nesta parroquia do concello de Boborás, a pratir das 16:30 horas en adiante.
Festa do entroido do concello de PIñor, dende as 16:30 horas no centro social de Cotelas, talleres infantís, música e outras actividades para toda a veciñanza.
Presentación e espectáculo sorpresa dos "Picapezas" na Praza Maior de Cea, ás 17 horas, despóis festa infantil de disfraces e dende as 20:30 horas verbena de entroido co grupo musical "Quién lo diría".
Gran desfile de comparsas do concello do Irixo, ás 17 horas, con saída dende o centro de saúde da localidade ata o pavillón de deportes do Irixo.
Verbena de entroido na Praza Maior do Carballiño coa orquestra "Gran Parada", de 20:30 a 21:00 horas e de 23:30 a 01:30 horas.
Domingo 23:
Ás 12:30 horas na Praza Maior do Carballiño, exhibición da Escola Municipal de Danza.
Pola tarde, presentación dos Liborianos, que cantarán as súas coplas ás 19 horas na Praza Maior.
A partir das 18:00 horas Gran Festa do Entroido no concello de Boborás, no pavillón de Deportes, con animación infantil e para todas as idades.
Lúns 24:
Na Praza Maior de Cea, benvida ás carrozas de Parada, ás 16:00 horas.
Gran desfile do entroido do concello de Maside, cos Felos de Garabás e as comparsas da Comarca, dende as 17 horas. Tamén participarán as carrozas do entroido de Parada.
A partir das 19 horas, gran concurso de peñas "A Ruta dos Mil", nos locais de hostalaría do Carballiño, e animación musical coas charangas Doctor Anchoa, Ardores e CLK.
Ás 22 horas, saen os Rodos en Pazos de Arenteiro.
Martes 25:
Pola mañá, animación musical polas rúas do Carballiño, co grupo Feitizo de Pau e nova exhibición da Escola Municipal de Danza.
Ás 17 horas, Gran Desfile do Entroido polas rúas do Carballiño, e fin de festa na Praza Maior coa orquestra "La Ocaband".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 381
- 382
- 383
- 384
- 385
- 386
- 387
- 388
- 389
- …
- seguinte ›
- última »