
Aínda que estou segura que non é o único sitio que non conta con alumeado no Carballiño, esta é unha zona que frecuento habitualmente. Non estaría de máis que contara con máis farolas ou que as existentes tiveran máis intensidade.
Considero que se debería revisar o alumeado tanto desta zona como de outras que están afectadas polo mesmo problema, tanto no centro como nas zonas frecuentemente transitadas como por exemplo o parque.

González é o apelido máis repetido na Comarca do Carballiño, e ademáis lidera o ranking de apelidos en seis dos nove concellos do territorio comarcal.
No municipio do Carballiño as persoas que levan o apelido González son 2.021, síguenlle Rodríguez (1728) Fernández (1566) e Pérez (1002).
En Maside, temos 467 González, mentres que o segundo apelido máis repetido e Fernández (383), a continuación están Rodríguez (368) e Álvarez (365), neste concello cólanse entre os 13 apelidos máis comúns Montoya e Gabarri, apelidos maioritarios entre a etnia xitana.
Tamén en Boborás domina González, con 276 persoas que levan este apelido, seguidos dos Fernández, Rodríguez e Pérez. Como apelidos máis locais figuran tamén entre os máis comúns os Otero, Estévez e Cerdeira.
No Irixo, tamén é González o que máis abunda na poboación do municipio, seguido de Rodríguez, e cólase na terceira posición o apelido Nogueira, por diante de López e Pérez.
Tamén dominan os González en San Amaro, seguidos dos Rodríguez, Fernández e Vázquez. Como apelidos maís locais tamén son frecuentes os Alén e Mosquera.
No concello de Punxín, despóis de González, son Fernández, Rodríguez e Vázquez os primeiros por este órden.
En dous municipios, os de San Cristovo de Cea e PIñor, Fernández é o apelido máis común, e tamén en ambos concellos o segundo máis repetido é Rodríguez, relegándose González á terceira posición. Como apelidos locais, tamén son numerosos Crespo e Mosquera en Cea e Cibeira en Piñor.
E xa finalmente, o concello máis díscolo sen dúbida é o de Beariz, no que o apelido máis común é Pérez, ao que lle seguen por este órden, Lamas, Muradás, Lorenzo, Valiñas, Ogando e Gulías.

O Salón Internacional de Turísmo Gastronómico "Xantar" que celébrase ata este próximo doningo en Expourense, acolleu este venres dia 7 o dia dedicado ao Xeodestino Turístico O Carballiño-O Ribeiro.
No acto central da xornada, o presidente da Mancomunidade Turística e o Xeodestino, Francisco Fernández, puxo en valor a riqueza cultural, artística e natural das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
E por suposto, no marco de Xantar, destacou a oferta gastronómica na que os productos estrela son "o polbo á feira, o pan de de Cea e os pementos da Arnoia, e o viño do Ribeiro", "os que proban, repiten sempre", subliñou.

Espazo Común quere que se aclare a situación legal que afecta ao actúal portavoz do grupo municipal socialista e concelleiro de cultura, Diego Fernández, en relación ao cobros percibidos pola súa condición de deputado e concelleiro.
Según Espazo Común, ademáis da remuneración recibida como deputado provincial socialista, Diego Fernández tamén cobra pola asistencia a plenos e comisións no concello do Carballiño.
Para acceder ao comunicado de Espazo Común, prema no arquivo adxunto:
Que misterio eso das Aldeas Modelos. Que emoción.
Vai ser a panacea e a solución do noso medio rural.
Non haberá alguén que sexa capaz de explicarnos en que consiste esto das Aldeas Modelos?
Se non fose un asunto tan serio podríamos rirnos todo o ano. Esta ía ser a lexislatura do rural. Vaia por Deus.

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co alcalde de Avión, Antonio Montero, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste concello ourensán relacionadas co agro. Así, entre os temas tratados, destacou a posibilidade de crear unha aldea modelo neste municipio e así poñer de exemplo de prevención e de desenvolvemento económico a un núcleo deste concello. Concretamente, falouse do núcleo de Cortegazas como posible candidato a este proxecto de recuperación de terras.
Durante a reunión, tanto o conselleiro como o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, que tamén estivo presente no encontro, explicaron en que consiste esta iniciativa que ten como principal obxectivo defender as persoas e os bens dos incendios forestais mediante diversas actuacións enfocadas á posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas. Neste caso apostaríase por orientar eses terreos a diversas producións agrícolas relacionadas coa comarca ourensá do ribeiro, á que pertence este concello.
Neste senso, o alcalde mostrouse moi interesado e comprometeuse a analizar a situación actual do núcleo de Cortegazas para comprobar que se axusta ás características deste tipo de proxectos de recuperación. Pola súa banda, o titular de Medio Rural agradeceu a súa disposición para traballar todos xuntos na protección do rural e incidiu en que, a través desta figura, ademais de executar a limpeza das chamadas franxas secundarias é determinante poñelas a producir para que actúen como devasa natural fronte aos lumes forestais.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ángeles Vázquez, reuníuse no novo centro sociocultural de Boborás cunha ampla representación social da Sociedade de pesca deportiva Arenteiro do Carballiño e A Sociedade de pesca do río Viñao.
Ademáis, xunto aos numerosos pescadores, tamén estiveron presentes nesta reunión os alcaldesdo Carballiño e O Irixo e a alcaldesa de Boborás.
Neste acto informativo, Angeles Vázquez Mejuto adiantou que a previsión da Dirección Xeral de Patrimonio Natural é publicar no DOG as axudas, de concorrencia competitiva, polo que as entidades interesadas poderán presentar ao día seguinte a solicitude correspondente, sempre e cando esteen recoñecidas como tal, para financiar os seus proxectos.
Recordou que en base a estas axudas poderán desenvolverse no ano 2020 actuación e accións de vixilancia de tramos de pesca fluvial e actividades divulgativas ou formativas, encamiñadas a potenciar e difundir a protección da fauna ictícola e do medio natural como medida de fomento da actividade da pesca fluvial.
Ando anodadado e dandolle a cabeza sobre o tema do obradoiro de emprego que seica por culpa dun erro do Concello do Carballiño non vai a ter lugar. Xa lle ronca que un Concello con tanto persoal traballando perda a oportunidade e por ende lle la faga perder a outros de formar e de ter ocupadas a máis de 20 persoas.
É tamén dificilmente explicable que sexan os partidos políticos da oposición os que saquen o tema a luz, e que en lugar de esclarecer o Goberno Municipal do Carballiño minta t se agoche tras unhas escusas que nin veñen ao caso.
O que xa me parece increíble e que os outros 3 Concellos prexudicados, non tomen cartas no asunto e estén calados como si tamén fosen culpables de algo. O son? Porque francamente veciños de Maside, Boborás e San Amaro perderon a oportunidade de formarse e tamén de gañar uns cartos grazas a inoperatividade do funcionario de turno, e que ninguén de a cara por eles é bastante reprobable. Onde están que non falan? onde andan que non amosan o que debería ser un notable cabreo?
Os de San Amaro nin están nin se lles espera, o de Maside andará mirando as musarañas e a de Boborás andará a ver que inventa. E mentres os beneficiarios dos plans formativos, sin explicacions nin posibilidades.

O último episodio de avaría dun tren que afectaba aos pasaxeiros na estación do Carballiño foi o rexistrado no primeiro tren da mañá deste pasado martes dia 4 de Febreiro, cando o tren non quixo arrincar e os 40 pasaxeiros que agardaban para viaxar a Ourense tiveron que facélo en autocar, co evidente retraso que esta circustancia provocou.
O máis curioso é que o representante enviado por Renfe para reunírse esta mañá cos portavoces dos grupos políticos municipais no concello do Carballiño confesou que non tiña coñecemento desta avaría, despois de comentar que "nos últimos dous meses non tiñan incidencias rexistradas nos trens".
Nesta reunión informativa, que se celebrou a instancias do concello carballiñés, o portavoz da empresa ferroviaria comunicou aos portavoces municipais que según a concesión adminstrativa en vigor, os actuais servizos que ten a estación do Carballiño -tres trens diarios con Ourense e un con Santiago de Compostela- están garantidos nos próximos dez anos.
En canto a modificación de horarios, tal como se demanda dende a Plataforma pola Mobilidade, non descartou posibles cámbeos para coordenar horarios e facilitar o enlace na estación de Ourense a outros trens de medio e longo percorrido.
En canto á demanda de que se restableza o servizo de información e venda presencial de billetes, o representante da empresa ferroviaria informou que xa é un feito a instalación dunha máquina de auto-venda na estación carballiñesa, onde se ubicou un dos tres novos dispositivos instalados en Galicia. Polo que respecta a reapertura da taquilla asegurou que xa está en marcha un procedemento de licitación para o concesión deste servizo de atención, que será de sete horas diarias de lúns a venres.

O Concello do Carballiño emitíu un comunicado no mostra as súas condolencias polo pasamento de José Luis Cuerda "gran cineasta e amigo do Carballiño"
Desde o Concello do Carballiño manifestan "o máis fondo pesar ás súas fillas Elena e Irene, demais familia e amigos. E deixar testemuña da súa fonda pegada na nosa vila e comarca, e nos nosos corazóns".
José Luis Cureda chegou a estas terras no ano 2000 para rodar a curtametraxe "Primer amor", e dende entón visitou O Carballiño e comarca unha infinidade de veces, onde pasou moitas tempadas nos últimos vinte anos, tras comprar unha casa en Paradela de Moldes, no concello de Boborás, e despois, no ano 2002, un caserón do século XV en Cubilledo-Gomariz, preto de Leiro, onde creou a adega do seu viño San Clodio, e onde estableceu a dirección de Produccións A Modiño S.L.
"O seu recordo como gran cineasta e intelectual, e sobre todo como persoa comprometida coa cultura e co Carballiño, onde deixa moi boas amizades, permanecerá sempre con nós", recolle o texto de pésame difundido polo concello do Carballiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 383
- 384
- 385
- 386
- 387
- 388
- 389
- 390
- 391
- …
- seguinte ›
- última »