
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou o concello de Beariz, onde acompañada polo seu alcalde, Manuel Prado, comprobou in situ as melloras levadas a cabo coa rehabilitación da pista polideportiva do concello, que contou cunha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público que ascendeu a case 34.000 euros.
A pista polideportiva sita na paraxe da Goberna, foi a primeira instalación deportiva con que contou o Concello de Beariz. Foi construída no ano 1985 polo que co paso do tempo e polas adversas condicións meteorolóxicas procede a súa rehabilitación. Entre outras actuacións levouse a cabo o desmonte do cerramento perimetral existente e construción dun novo cunha altura de 4 metros, limpeza da pista existente, con medios adecuados para eliminar calquera tipo de sucidade existente, aplicación dun novo pavimento e colocación de novas redes.
O concello de Beariz recibiu nos últimos anos axudas da Vicepresidencia da Xunta por importe de case 580.000 euros, que foron destinadas a obras de conservación da biodiversidade, acondicionamento da Carballeira de Doade, acondicionamento da Carballeira de Santo Domingo, instalación xeotérmica na casa do concello, pavimentación de rúas e varias actuacións de eficiencia enerxética, así como o acondicionamento das zonas recreativas en Beariz e Magros
No auditorio do Carballiño,onde collen os nenos o autobús. Se tocan ahi supoñendo que teña electricidade o cuadro.... cómo pode estar asi? Por favor !!!

O ministerio de Comercio, Industria e Turismo modificou recentemente os requisitos para a declaración das festas de interese turístico internacional, aseguran dende o concello do Carballiño.
Así, entre os novos criterios de valoración para conseguir esta declaración figura que a festa que opte a esta declaración debe contar cunha páxina web propia, e que esta debe estar traducida ao idioma inglés, independente doutros idiomas que utilice.
Ata agora, a páxina web da Festa do Pulpo www.festadopulpodocarballino.com estaba en dous idiomas: galego e castelán, pero non estaba traducida ao inglés. En canto o concello tivo coñecemento -aseguran- desta ampliación de criterios por parte do departamento ministerial do goberno central que concede estas declaracións, a concellería de Turismo encargou a truducción ao inglés da páxina, un proceso que finalizou hai uns días.
E neste momento a páxina xa está disponible en ingles, ademais de en galego e castelán. Asimesmo, aproveitouse esta circunstancia para actualizar os contidos da páxina, engadir nova información, como a oferta hoteleira, e novas imaxes e videos.
E tamén se mellorou a accesibilidade desde calquera dispositivo informático e electrónico, especialmente desde os teléfonos móbiles. Entre a documentación que se remita á Xunta de Galicia, que é quen debe dar en primeira instancia o visto bo á solicitude do Concello do Carballiño, deben incluirse as estadísticas relativas ás visitas a esta páxina, sendo este o último condicionante que teña que cumplirse para o obtención da declaración da Festa do Pulpo do Carballiño como Festa de Interese Turístico Internacional.
O concello agarda poder remitir estes datos, xunto co resto da documentación, que xa está completada, antes do verán, co obxectivo de que a declaración poda ser unha realidade neste ano 2020, remarcan dende o concello do Carballiño.

Trátase dunha petición que, recordou a deputada Noela Blanco, remóntase ao ano 2010 cando "aprobouse por unanimidade na Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia, unha iniciativa do PSdeG transaccionada co PP na que solicitaba á Xunta de Galicia estudar a execución dun enlace de comunicación dos concellos de Punxín, Amoeiro e Maside coa Autovia AG-53 e que se poidesen utilizar para iso as infraestructuras da futura área de servizo prevista no quilómetro 80+400 desta via de alta capacidade".
A Deputada socialista manifestou nesta comparencia que tivo lugar na sede socialista do Carballiño "sertirse especialmente orgullosa" desta infraestructura "unha autovía que foi liberada de peaxe por un presidente socialista como foi Emilio Pérez Touriño, plasmando o seu compromiso e aposta polo desenvolvemento do interior de Galicia.
Agora, os socialistas volven reivindicar a execución deste proxecto por medio dunha proposición non de lei, asinada este pasado dia 17 de Xaneiro, para o seu debate no pleno do Parlamento de Galicia no que piden o apoio para instar á Xunta de Galicia a proxectar e dotar do orzamento preciso, a execución dun enlace directo dende a AG-53 cos concellos de Punxín, Amoeiro e Maside, éste último concello dispón de enlace co ramal do Carballiño, a chamada AG-54.
Na comparecencia ante os medios, Noela Blanco estivo acompañada por concelleiras socialistas de Punxín e Amoeiro, o alcalde de Maside, o deputado provincial socialista pola Comarca do Carballiño, e o ex-alcalde de Amoeiro e secretario provincial do PSdeG-PSOE.

Manuel Nogueira, do Círculo carballiñés de Podemos, fai ambas reclamacións ante a Valedora do Pobo "como consumidor e en nome propio".
Os escritos remitidos á esta institución xa foron presentados para que as peticións sexan atendidas.
Apela Nogueira á "responsabiliade subsidiaria que debería ter Naturgy á hora de indemnizar aos fogares que tiveron perdas económicas polos cortes de suministro eléctrico de longa duración" que tiveron lugar os dias 21,22,23 e 24 de Decembro pasado.
No outro escrito, pídelle á Valedora que traslade ao concello do Carballiño a obrigatoriedade de cumplir as medidas de seguridade no parque infantil da Alameda.
Para acceder a ambas reclamacións presentadas á Valedora do Pobo, preme nos arquivos adxuntos:
Quince anos despois dende que o fixera Manuel Fraga un presidente da Xunta volveu a Boborás, como recordou na súa intervención a alcaldesa Patricia Torres, para asistir ao acto de inauguración do novo centro sociocultural "Manuel Chamoso Lamas", chamado a nuclear toda a actividade social e cultural do concello de Boborás.
Alberto Nüñez Feijóo destacou deste proxecto as súas características técnicas, no que se empregaron as últimas tecnoloxías da aerotermia, nunha decidida aposta pola sostenibilidade, dixo o presidente autonómico.
A obra de reconversión das antigas casas dos mestres neste novo centro sociocultural supuxo un investimento de medio millón de euros, que aportaron a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.
Ademáis de actividades sociais e culturais, as novas dependencias acollerán algúnhos servizos municipais, como a biblioteca ou a aula CEMIT.
O novo centro leva o nome de "Manuel Chamoso Lamas", o insigne arquelógo que vivíu unha parte da súa vida na localidade de Moldes, neste concello de Boborás.

O termalismo será o tema central de promoción do Xeodestino O Carballiño-O Ribeiro na Feira Internacional de Turismo “Fitur 2020”, que se celebra a próxima semana en Madrid. Este organismo, ao que pertence o concello do Carballiño, exporá o día 23 de xaneiro no recinto feiral de Madrid os principais recursos cos que conta para atraer ao turismo nacional.
No acto, que terá lugar ás 4 da tarde no stand da Xunta de Galicia, intervirán o presidente do xeodestino e alcalde de Leiro, Francisco Jose Fernández; o alcalde do Carballliño, Francisco Fumega; o alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil; o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.
Por este motivo, o día 22 viaxarán a Madrid o alcalde e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.
Na súa intervención, Francisco Fumega porá en valor os dous balnearios cos que conta O Carballiño: Caldas de Partovia e Gran Balneario. Destacará, sobre todo, a cualidade terapéutica das súas augas, e a ampla gama de servizos que ofertan, así como as novas instalacións do Balneario das Caldas e o proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto para ampliar e modernizar o Gran Balneario. Tamén se referirá á fonte pública do Bañiño de Arcos.
Finalmente, o alcalde carballiñés falará do patrimonio natural e cultural así como da gastronomía, con especial referencia ao parque municipal, aos sendeiros, ao conxunto etnográfico do Arenteiro, á tradición pulpeira do Carballiño e á Festa do Pulpo.
Como complemento da intervención, poderán verse nunha pantalla xigante imaxes dos recursos turísticos e termais do Carballiño.

Para descargar o comunicado conxunto de Partido Popular, Espazo Común e Bloque Nacionalista Galego, preme no arquivo adxunto:

O suceso, que causou abatimento entre a veciñanza, tivo lugar ás duas da tarde deste venres, na estrada de acceso á aldea da Touza, no municipio de Maside.
Unha furgoneta, ao parecer realizando unha manobra de marcha atrás, atropelou a unha muller, Carmen F.B., de 83 anos de idade e veciña desta localidade.
Tras recibirse a chamada na que se daba conta do accidente, o 112 mobilizou aos servizos de urxencia sanitaria 061, que non poideron facer xa máis nada que certificar a morte da muller. Tamén foron alertados os bombeiros do Carballiño e a Garda Civil de Tráfico.
A falecida veláse no velorio municipal de Maside ata as cinco da tarde deste domingo dia 19 de Xaneiro, cando será a condución para o funeral na igrexa parroquial de San Miguel de Armeses.
Este venres a última hora da tarde soltouse un dos elementos elevados que integran o tobogán instalado no parque infantil da Alameda, afortunadamente non pasou, que si pudo pasar...se un dos nenos ten unha mala caída. Puxemos a incidencia en coñecemento da Policia Local.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 386
- 387
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- …
- seguinte ›
- última »