
"É de sobra coñecida a querencia do actual goberno carballiñés por feiras e festas e, por suposto, non ían deixar pasar a oportunidade de poñer as súas mellores galas e viaxar a Madrid para facerse moreas de fotos no marco da Feira de Turismo Internacional FITUR",repróchanlle dende Espazo Común aos gobernantes muncipais.
E engaden que "se ben a presenza de representantes institucionais do Concello do Carballiño nesa cita debera ser unha boa nova, xa que se trata dun dos maiores escaparates promocionais a escala mundial para dar a coñecer a oferta turística dunha zona, neste caso concreto case que produce un certo sonroxo".
E mesmo critican dende ESCO que "tres persoas viaxaron ata alí gastando recursos públicos, curiosamente, as mesmas tres persoas que se desprazaron o ano pasado a Asturias, a conta do Concello, para “organizar” a posterior presentación da Festa do Pulpo. Non sabemos se son sempre tres para turnarse ao volante", ironizan.
"Semella de manual que cando se vai a un evento destas características, o que se quere por en valor para darlle visibilidade, debe terse moi claro. É dicir, hai que levar ideas novidosas e ter un proxecto, unha concreción de que é o que pode convencer a potenciais visitantes.
Ir a Madrid falar de termalismo, tendo que chegar a destacar a Fonte do Bañiño, que nin xiquera se pon en valor tendo un mantemento habitual para telo nunhas condicións adecuadas, explicao todo. Este pequeno manantial no lugar de Arcos é senlleiro para nós pero non parece ser un argumento convincente para que xente doutros lugares se desprace masivamente a O Carballiño", manifestan dende esta formación política da oposición municipal.
Pero aínda teñen máis doses de ironía ao afirmar que "aí remata todo o argumentario do trío de turistas desprazados porque é moi evidente que non hai unha estratexia".
As críticas ao concello do Carballiño tamén son extensibles á Mancomunidade Turítitica da que forma parte "accións concretas e tanxibles do Xeodestino ao que estamos adscritos contanse facilmente pola súa escaseza e capítulo aparte merece a Mancomunida Turística O Carballiño, Boborás, Ribadavia e Leiro, á que se fai unha aportación económica de 16.000 €".
Para o grupo de Espazo Común "a actuación máis relevante deste ente no Carballiño no ano 2019 foi a instalación duns aparatos de calistenia na finca das Barcias, en pleno Parque Municipal,suposta e oficialmente, a inversión foi de 8.000 € e fíxose construindo unhas bases de formigón nun entorno no que hai un acordo unánime de non facer ningunha actuación que poida interferir co Proxecto Integral do parque que está en proceso".
E finalizan mostrándose moi excepticos "descoñecemos cantos milleiros de turistas poden atraer estes aparellos pero si temos a certeza de que se O Carballiño quere presumir de vila turística máis alá da estacionalidade ou da semana da Festa do Pulpo tem que trazar un plan de futuro ambicioso e orixinal, que vaia máis alá de charangas, cantos de taberna, rutas de tapas e calistenia".
O PSdeG-PSOE denuncia publicamente que o alcalde de Leiro “lle importa máis ben pouco ou nada” que a veciñanza do Concello teña un bo acceso a Internet e se asente poboación. O motivo principal é que o grupo de goberno do Partido Popular, co alcalde Francisco José Fernández a cabeza, retirou da orde do día do pleno do vindeiro luns día 27, unha moción do grupo municipal socialista na que se pedía a mellora da cobertura móbil e de Internet no municipio. Un feito ante o que o PSdeG na localidade “non da creto” e que amosa “a falta de miras e de futuro do grupo de goberno do Partido Popular”.
A deficiente cobertura das tecnoloxías da información e comunicación convertéronse nun problema grave en Leiro e por elo os socialistas pretendían debater no pleno do Concello unha moción na que pedían realizar tódalas xestións pertinentes diante das administracións públicas e as empresas operadoras de telecomunicacións para rachar dunha vez con todas con este problema e mellorar a cobertura tanto móbil como de Internet. “A resposta que obtemos ante un problema que afecta a veciñanza de Leiro e impide un mellor desenvolvemento das novas tecnoloxías é a de non entrar na materia e deixar todo no estado no que está o do abandono e as graves deficiencias de cobertura que nos atanguen”, explica o voceiro socialista Manuel Rodríguez.
Dende o Grupo Municipal Socialista pretendían solucionar a través desta moción a fenda dixital reinante no municipio e que provoca que haxa fogares que teñan dificultades e que incluso non teñan a posibilidade de realizar unha simple chamada telefónica. “A tecnoloxía está avanzando a pasos axigantados, e estes cambios tecnolóxicos están separando as poboacións urbanas e rurais, algo o que Leiro non é alleo e sabemos de primeira man os problemas que sufrimos debido a esta fenda”, sinala Rodríguez.
Problemas de cobertura que afectan tamén o problema do despoboamento e que impiden que moitas persoas fixen a súa residencia en Leiro, ante a falta de acceso as novas tecnoloxías. “En Leiro temos un grave problema co despoboamento, pero comprobamos que o Partido Popular non lle preocupa para nada a situación e non poñen medidas para frealo como ben podía ser solucionar o tema da cobertura móbil, algo que facilitaría as comunicacións e permitiría fixar nova poboación”, destacan dende o PSdeG-PSOE no municipio.
Para os socialistas de Leiro “é grave que un obxectivo común” como é o de eliminar a fenda dixital “non se teña en conta por parte do grupo de goberno” e sinalan que esta situación provoca que “non teñamos as mesmas oportunidades laborais, de formación, de emprendemento e de ocio que outros concellos”. O voceiro do PSdeG-PSOE no municipio é contundente a hora de expresar o seu malestar pola decisión do PP de non debater a moción “esta é unha nova mostra de que o Partido Popular non lle interesa o futuro de Leiro, atraer nova poboación e dar uns servizos dignos a poboación que é o obxectivo principal de calquera concello”.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ven de remitir ao concello do Carballiño a autorización para contratar a 12 auxiliares de Policía Local por un período de seis meses. Seis efectivos incorporaranse no mes de marzo, e outros seis o farán a partir do mes de xullo, tamén por un período de seis meses, polo que nos meses de de xullo e agosto, a plantilla da Policía Local do Carballiño verase incrementada en 12 auxiliares mais.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunica que neste intre xa se está realizando a selección dos seis auxiliares temporais para incorporarse no mes de marzo.
Manuel Sotelo, concelleiro de Interior e Policía Local, asegura que se trata dunha noticia moi positiva, pois permitirá ao concello incrementar significativamente os efectivos cos que conta a Policía Local no Carballiño, podendo asumir con moita garantía as necesidades no período do ano con maior número de eventos e afluencia de visitantes.
Asimesmo, o concelleiro agradece que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior tivese en conta e autorice a petición realizada polo concello do Carballiño para a contratación destas 12 prazas de persoal auxiliar con carácter temporal.
Na actualidade, o concello atópase nun proceso de ampliación en dous efectivos máis da plantilla regular da Policía Local, según recorda Manuel Sotelo, que engade que un dos obxectivos da súa concellería é reforzar a seguridade no Carballiño, e que con estas iniciativas garántese un servizo acorde coas necesidades actuáis da vila e do municipio.

O señor alcalde podía darse unha volta por Allariz e ver o que fan outros concellos nos cascos históricos. O abandono do Barrio decFlores e extremo ... Ata hai sinais de tráfico, todas... Por non falar do novo diseño da papaleira...

concello do Carballiño expuxo na Feira Internacional de Turismo “Fitur”, que se celebra en Madrid, as súas propostas para a promoción do turismo durante este ano 2020, e que son: a oferta termal, a gastronomía e o patrimonio natural e cultural.
Nun acto que tivo lugar hoxe no stand de Galicia, e dentro dunha iniciativa do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, o teniente alcalde e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, falou das propiedades terapéuticas das augas dos balnearios carballiñeses, en contraposición a outras ofertas termais baseadas máis no relax que na curación de doenzas. Destacou o proceso de modernización recente do Balneario das Caldas de Partovia, e a ampliación das instalacións que vai acometer o Gran Balneario segundo un proxecto do presitixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura.
“Temos dous balnearios: o Gran Balneario e o de Caldas de Partovia, e unha fonte termal pública: o Bañiño de Arcos. A principal característica destes mananciais reside nas propiedades das súas augas. Esta é a gran diferenza do Carballiño con respecto a outro tipo de ofertas termais, máis vinculadas a actividades de relax que ao tratamento terapéutico de determinado tipo de doenzas. Son augas indicadas para procesos epidérmicos, hepáticos, gastrointestinales, respiratorios, circulatorios e de metabolismo, entre outros, e que durante moitos anos contribuíron a que os nosos balnearios teñan unha boa consideración tanto por parte do colectivo médico como dos usuarios”, dixo Manuel Dacal.
“O Balneario de Caldas de Partovia é unha instalación moderna que ofrece os servizos termais máis vangardistas. A súa historia remóntase á época romana, pero a súa configuración actual é moi recente, e os seus baños teñen un sinal de calidade acorde coas esixencias actuáis”, seguiu dicindo o concelleiro, e “o Gran Balneario inaugurouse no ano 1900, pero está a piques de comezar as obras dun ambicioso proxecto de ampliación e modernización das súas instalacións. É un proxecto deseñado polo prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura en dúas ocasións. O elemento máis simbólico do proxecto é unha piscina cuberta cunha cúpula acristalada que permitirá ver a magnífica paisaxe do río Arenteiro e do propio parque do balneario mentres se goza do baño”.
Según Manuel Dacal, “son melloras que incidirán na revalorización dos nosos recursos termais, e que nos situarán na vangarda dos balnearios de Galicia”.
XEODESTINO O RIBEIRO-O CARBALLIÑO
O concelleiro compartiu o estrado co presidente do xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, Francisco Fernández; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuelo Casares, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. E tamén se referiu aos tres pilares que sosteñen, xunto co termalismo, a oferta turística do Carballiño, como son: a gastronomía, o patrimonio natural e o cultural.
Así, falou da Festa do Pulpo, do Parque Municipal, do conxunto etnográfico do Arenteiro e dos sendeiros.
Dixo que se está ultimando a elaboración do programa da 58 Festa do Pulpo coa perspectiva de acadar este ano a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, cuxos criterios para a concesión foron modificados recentemente polo Ministerio de Comercio, Industria e Turismo.
PÁXINA WEB DA FESTA DO PULPO EN INGLÉS
Entre os novos requisitos figura que a festa conte cunha páxina web propia e que estea traducida ao inglés.
Neste sentido, Manuel Dacal asegurou que hai uns días completouse a traducción ao inglés da páxina www.festadopupodocarballino.com , polo que xa se cumple este criterio, e que polo tanto xa non debería haber impedimento para que a Festa do Pulpo poda conseguir este ano a internacionalidade.
Durante a exposición da proposta termal e turística do Carballiño, proxectáronse nunha gran pantalla imaxes dos balnearios e dos principais recursos turísticos carballiñeses.

A concelleira carballiñesa do BNG, Sofia García, e a deputada no Parlamento de Galicia Noa Presas, presentaron no Carballiño a campaña reivindicativa que pon en marcha esta formación política para esixir a mellora dos servizos ferroviarios.
Nunha comparencia no local do BNG no concello do Carballiño, Sofía García dixo que non se podía permitir o desmantelamento progresivo do tren "que rematará pechando a estacíón do Carballiño".
A concelleira lamentou que o alcalde do Carballiño "siga sen convocar a reunión que acordamos os grupos manter cos responsables do Adif, e da que nada volveu saberse", e engadíu "que unha vila ben comunicada será unha vila en crecemento, unha vila mal comunicada é unha vila que perderá actrativo para vivir", dixo.
Noa Presas fíxo responsables da situación de perda de servizos ferroviarios en Galica tanto a PP como a PSOE "Renfe e Adif baleiraron de servizos ferroviarios O Carballiño e a provincia de Ourense".
A deputada do BNG subliñou que as políticas centralistas primaron a conexión con Madrid e deixaron abandoadas as necesidades da poboación, sobre todo no interior de Galicia, como é o caso da Comarca do Carballiño.
Nesta campaña, o BNG esixirá a modernización da rede ferroviaria e a aposta por un tren galego de proximidade que conecte as vilas e as cidades.

Os populares farán esta proposta por medio dunha moción ante o pleno da corporación municipal e para que sexa o concello do Carballiño que traslade esta petición ante a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Recorda o grupo popular como ésta de Santa Uxía de Lobás é a única concentración de terras que se levou a cabo dentro do municipio carballíñés, e tras rematarse a mesma en 2011, o certo é que a maior parte da superficie -son 266 hectáreas- permanecen improductivas, fracasando algúnhos dos intentos que se levaron a cabo para favorecer o seu aproveitamento por parte dos propietarios.
Agora, manifesta o Partido Popular, dánse as circustancias para que as terras de Lobás poidan recuperar a súa capacidade productiva, xa que a Consellería do Medio Rural está a piques de aprobar a Lei de recuperación de terras productivas, que xa está ultimada "e o propio conselleiro ten dito que se procurará a realización de proxectos piloto para desenvolver a lei, que virá acompañada de importantes investimentos para os sectores agrario, gandeiro e forestal, que procurará dar un empurrón para que o solo rural pase de ser improductivo a xerador de riqueza".

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou o concello de Beariz, onde acompañada polo seu alcalde, Manuel Prado, comprobou in situ as melloras levadas a cabo coa rehabilitación da pista polideportiva do concello, que contou cunha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público que ascendeu a case 34.000 euros.
A pista polideportiva sita na paraxe da Goberna, foi a primeira instalación deportiva con que contou o Concello de Beariz. Foi construída no ano 1985 polo que co paso do tempo e polas adversas condicións meteorolóxicas procede a súa rehabilitación. Entre outras actuacións levouse a cabo o desmonte do cerramento perimetral existente e construción dun novo cunha altura de 4 metros, limpeza da pista existente, con medios adecuados para eliminar calquera tipo de sucidade existente, aplicación dun novo pavimento e colocación de novas redes.
O concello de Beariz recibiu nos últimos anos axudas da Vicepresidencia da Xunta por importe de case 580.000 euros, que foron destinadas a obras de conservación da biodiversidade, acondicionamento da Carballeira de Doade, acondicionamento da Carballeira de Santo Domingo, instalación xeotérmica na casa do concello, pavimentación de rúas e varias actuacións de eficiencia enerxética, así como o acondicionamento das zonas recreativas en Beariz e Magros
No auditorio do Carballiño,onde collen os nenos o autobús. Se tocan ahi supoñendo que teña electricidade o cuadro.... cómo pode estar asi? Por favor !!!
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- …
- seguinte ›
- última »