
"Suma e segue na desvariada deriva do goberno carballiñés á hora de establecer prioridades no tocante á distribución dos cartos públicos, o cal tamén é, evidentemente, significativo con respecto a cales son as realidades sociais e os sectores que lles importan", afirman dende o grupo municipal de Espazo Común no concello do Carballiño.
E engaden "se hai ben pouco denunciábamos a insensatez de quitar cartos das políticas de apoio ao emprego ou ao emprendemento para adicalos a festas e soldos de concelleiros, atopámonos agora cunha nova modificación de crédito que volta a espir a un alcalde e a un equipo moi afeitos a dicir unha cousa e facer a contraria".
E mesmo ironizan nas súas críticas ao goberno municipal do alcalde Fumega facendo referencia á mensaxe dos reios magos dende o balcón do concello na cabalgata deste pasado domingo "merecen todo o noso apoio as mensaxes de apoio ao comercio local proferidas desde o balcón do consistorio na visita dos Reis Magos, o problema é que son moito máis cribles as súas maxestades de Oriente que os discursos dun goberno que xa nos ten afeitos a disfrazar a realidade e manipular vontades para facer crer o que non é".
Lamentan dende Espazo Común que sexan discursos cara a galería "así mentres se lle pide aos cidadáns apoio ao comercio de proximidade, algo ao que nos adherimos, máis da metade dos recursos destiñados a apoiar a este sector no orzamento do ano 2019 foron retirados para sufragar os gastos do libro “Macrofesta no Carballiño”. Vaia por diante que non criticamos en absoluto a realización desta obra dos Bolechas pero sí de onde se quitaron os recursos para o seu financiamento. Estamos seguros de que había outras posibilidades".
Según os datos de Espazo Común "dos 13.376 € previstos para invertir en campañas promocionais ou iniciativas de dinamización, tan só 6.200 € se empregaron para este fin. En tanto, tristemente, son moitos os comercios que pechan as súas portas despois de anos de traxectoria dando vida ás nosas rúas".
Finalmente, dende este grupo municipal de ESCO lamentan que "namentres o Concello repartiu arredor de 300.000 € en subvencións durante o exercizo 2019, percibindo, por exemplo, algún clube deportivo 85.000 € de xeito directo, o sector do comercio, sustento de moitas familias, recibiu unha rídicula aportación de só 6.200 €, se a comparamos co resto de colectivos e viu como máis da metade do que tiña previsto foi suprimido por causa das incomprensibles prioridades dos que desgobernan O Carballiño", remarcan.
Unha mensaxe con moita mensaxe, a do rei Melchor dende o balcón da casa do concello a todos os nenos e nenas do Carballiño, e un recado para mamás, papás e abós "este ano temos que decirvos que recibimos moitas cartas por internet, e gustarianos que nos chegasen moitas máis a través do comercio local, por un O Carballiño de futuro", unha mensaxe que foi respondida con aplausos dende o público concentrado na Praza Maior.
Antes, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega fixo pública unha confesión que lle transmitiran os magos de Oriente "dixérnome que os nenos do Carballiño sodes maravillosos, os mellores do mundo, e sódelo porque os vosos papás e mamás tamen o son", e tamén mereceu aplausos.
Pero sen dúbida cando máis parabéns se escoitaron na cabalgata de reis deste ano no Carballiño foi ao rematar o espectáculo de benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar, na torre da Veracruz, tras unha pequena sesión de fogos artificiais resaltada pola beleza e arquitectura do monumento.
Un espectáculo que foi seguido por varios miles de persoas dende a rúa Evaristo Vaamonde, onde partíu a comitiva real para o tradicional percorrido polas rúas máis céntricas do Carballiño.

O Arenteiro derrotou por 3-0 ao Alondras no primeiro partido do ano en Espiñedo, unha victoria que permite aos verdes avanzar tres escalóns na táboa de clasificación, pasando do posto 14 que ocupaba antes de xogarse esta xornada ao 11 que pasa a obstentar, 4 puntos por riba do descenso.
Polo visto neste partido, pouco ten que ver o Alondras co equipo temible das últimas tempadas, sobre todo en defensa, bastante endeble. Asi e todo, houbo que esperar ao útlimos suspiro da primeira parte para que Javi Rey aproveitase un balón solto na área para marcar o primeiro gol do partido.
Os de Cangas non so mostraban debilidade defensiva, senón que tampouco tiñan a súa tarde ante a portería de Rui. Perdonaron o empate cun balón ao poste nunha ocasión moi clara, e despois ata fallaron un penalti, ou mellor e máis xusto decílo, parouno o gardameta portugués do Arenteiro.
Mentres, Wadir non fallou e transformou o seu tiro dende os once metros, e puxo o marcador en franquicia para o Arenteiro. Finalmente, Mitogo aproveitaba os minutos que lle daban e reinvindicaba o seu estatus neste equipo marcando o 3-0 definitivo.
Para ver a ficha do partido, preme a seguinte ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

A recepción aos Reis Magos, previa ao comezo da cabalgata, terá lugar este domingo, 5 de xaneiro, ás 18,30 h., ao remate da misa da tarde no Templo da Veracruz.
O espectáculo de luz, son e fogos de artificio poderá seguirse desde a rúa Evaristo Vaamonde, que quedará pechada ao tráfico a partir das 16,00 h., co obxectivo de realizar os preparativos para o desenvolvemento da recepción.
Ainda que se se anunciou no programa do Nadal o comezo deste espectáculo para as 18,00 h, retrásase media hora tanto para non interrumpir a celebración da misa dominical da tarde, que finaliza ás 18,25 h., como para dar maior realce ao montaxe de luz, son e fogos. Trátase dun evento que terá algunhas innovacións con respecto ao celebrado o pasado ano e que tivo tanto éxito entre o numeroso público asistente.
Así, nesta edición, ademáis de luz, son e fogos de artificio, haberá diversas propostas de gran espectacularidade visual na torre do templo.
Igual que o pasado ano, todos os elementos que se utilizan neste espectáculo son absolutamente inocuos para o templo. Ao remate do espectáculo de recepción comezará a cabalgata con tres carrozas, unha para cada rei, que discurrirá polas rúas Conde Vallellano, Paseo, Ribeiro e Cesáreo Tizón, ata o concello, fronte á Praza Maior.
Os reis, así como o alcalde, saudarán desde o balcón do concello e, como é tradicional, a continuación, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán e saudarán personalmente aos nenos e nenas no salón de plenos do concello.

Sen ningún tipo de altercados de órden público, liortas ou incidencias de especial relevancia, asi deu o salto a 2020 O Carballiño, e así o confirman dende a Xefatura da Policia Local do Carballiño. Tan so un par de pequenos percances automobilísticos, dous accidentes de tráfico leves nas primeiras horas da tarde do dia de feira.
Por primeira vez en bastantes anos a Policia Local carballiñesa non tivo que atender ningún suceso relevante, en contraste co que viña acontecendo nos últimos anos, cando se multiplicaran as incidencias, sobre todo as pelexas, nas primeiras horas do ano novo "desta vez non rexistramos ningunha intervención reseñable, unha noitevella e un ano novo moi tranquilos, podemos decir que tivemos unha celebracións nas que O Carballiño foi exemplar", destaca o oficial xefe da Policia Local, Francisco Valeiras.
Tendo en conta os antecedentes dos últimos anos, sobre todo entre as 7 e as 10 da mañá do dia de ano novo, con numerosas liortas con feridos, a policia carballiñesa redoblou a partir das catro da madrugada os seus efectivos para atender posibles incidentes, con tres patrullas que non foron requeridas en ningún momento.
Feirón e noitevella con moito frio no Carballiño
As temperaturas, moi frias e con moita néboa tanto nas horas do feirón do 31 como no dia de ano novo, seguramente que influiron negativamente na animanción e afluencia de público nestas celebracións.
Non obstante, a feira de fin de ano volveu mostrar o seu tirón popular no Carballiño, sobre todo nas horas do mediodia e o xantar, os restaurantes e mesóns do Carballiño estiveron abarrotados, e algúns mesmo instalaron mesas supletorias.
Pola noite, tamén rexistraron unha boa afuencia aqueles que organizan as tradcionais ceas-cotillón de noitevella, aínda que son algúns menos dos que eran fai unhos anos atrás.
Tampouco a noitevella é xa aquela multitudinaria de tempos atrás no Carballiño, aínda asi a entrada no ano novo foi moi celebrada polos carballiñeses, e o que tamén é de destacar, con bo e san ambiente festivo, sen ningún tipo de incidentes.
Marina no dice nada sobre el desmantelamiento de la estación de ferrocarril, en otros tiempos símbolo de progreso de nuestro pueblo, y hoy símbolo del retroceso de Carballiño en muchos aspéctos.
Y la Diputada socialista no dice nada, no tiene tiempo, está muy ocupada en defender el paritorio de Verín, para eso sí que tiene todo el tiempo del mundo, para Carballiño no tiene tiempo o no le interesa tener tiempo. Pena de políticos y políticos, aunque nada me sorprende, estoy vacunada desde hace tiempo.
Cierra la venta de billetes de Renfe y pronto cerrará la estación y nuestros políticos pretenden llevar para Renfe la estación de autobueses, nos quedamos sin nada de nada, quién nos verá en la estación subiendonos al autobus en la explanada a la intemperie, sin información, sin cafetería...
Vila la intermodal, que bién suena !! pero yo le cambiaría el nombre, interfantasmal suena mucho mejor, porque no va haber nádie...que verguenza.

Na foto, os integrantes da tertulia dos venres en COPE O Carballiño: Ana Morgade, Sebastián Lamazares, Manuel Nogueira e José Antonio Barje, con Xan PInal, xunto ao pobo navideño, unha creación da nosa compañeira Silvia Molina, feito a base de figuras de galleta decoradas con fondant, exposto nas oficinas desta emisora, na rúa Aldara nº 26,3º.
Todo o equipo de COPE O Carballiño desexámosvos que o ano novo chegue cargado con moitas e boas novas tanto para O Carballiño como para todos e cada un dos nosos concellos, e que 2020 sexa xeneroso en saúde e prosperidade para todos vos.
O grupo municipal do PSOE de Leiro vai a rexistrar un escrito no Concello no que lle pedimos ao grupo de gobernó que sex amáis incisivo coas empresas subministradoras de electricidade (Naturgi, ect) que son as responsables da limpeza dos perímetros por onde están ubicados os tendidos eléctricos. “Estas limpas deixan moito que desexar en Leiro, onde se lles permite que haxa árbores de grandes dimensións nas parcelas lindeiras ao tendidos eléctricos (de media e de alta tensión)”. Desde o PSOE sinalamos que esta situación conleva que en periodos de temporais, algo normal no outono-inverno, como a que vimos de pasar, estes grandes piñeiros ou eucaliptos teñen o risco de virse o chan e derrubar torretas ou o tendido eléctrico en si mesmo.
“Desde o PSOE de Leiro esiximos ao grupo de goberno de LEIRO que negocie coas empresas subministradoras para que esta situación mude de raíz e non se volva repetir. Non semella normal que varias parroquias do noso Concello sufra máis de 24 horas de corte de subministro eléctrico, cabe destacar a Parroquia de Gomariz fai unha semana, por un nefasto mantemento nos perímetros dos tendidos eléctricos”. Por eso en próximos días, despois destas datas navideñas vamos a rexistrar nas dependencias municipais , polo que queremos solicitarlle ao concello que facilite o asesoramento precios á veciñanza para presentar as oportunas reclamacións no relativo as posibles perxuizos ocasionados co corte do suministro eléctrico nos fogares e negocios.
PSdeG-PSOE de Leiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- …
- seguinte ›
- última »