11, Decembro 2019

Tenemos una estación de autobuses situada bastante céntrica y ahora como usuario quieren llevarla para Renfe hay que fastidiarse y eso es fomentar el transporte público yo creo que quieren acabar con él la ubicación de la estación de autobuses es ideal al lado de los hoteles Lorenzo,Derby y Arenteiro a un paso del balneario los turistas que vienen en bus les darán las gracias y la gente mayor de paseo a la Renfe en medio de la nada y en las ferias que verá a la gente que viene a comprar las gallinas,los cientos de coellas de paseo para la Renfe bueno pararan tomar el pulpo en el fuchela.

 

11, Decembro 2019

O Centro Comercial Aberto pon en marcha a campaña de Nadal 2019/2020, na que destaca un sorteo de 1.500 euros en vales de compra, percorridos en tren turístico pola vila, colchonetas para os nenos e animación de rúa, e que foi presentado esta mañá pola concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e a xerente do CCA, Noelia Mares.

Esta campaña ten como lema “Este Nadal no Centro Comercial Aberto do Carballiño para mercar e regalar”.

Como nos últimos anos, as persoas que merquen durante estas datas en calquera dos 87 establecementos asociados ao CCA recibirán tiques para subir ao Tren do Nadal os días 21 e 22 de decembro, en horario de 12 a 14 e de 16,30 a 20,00 h; para que os cativos poidan disfrutar coas Colchonetas Divertidas o día 4 de xaneiro, nas prazas Emilia Pardo Bazán, San Ramón (Curros Enríquez) e Plaza de Abastos; e para estar con Papá Noel o día 23 de decembro en horario de 17,00 a 21,00 h., e o día 24 en horario de 17,00 a 19,00 h.

Ademais, o 21 de decembro entregaranse os diplomas do concurso de escaparates para os asociados, e os días 21, 22 e 23 de decembro tamén haberá animación de rúa con coreografías da Escola da Danzas e actividades programadas polo concello como MIKI&MINI, globoflexia, etc…
Silvia Baranda amosou o seu apoio ao comecio local animando a mercar no pobo, e resaltou o gran número de actividades de animación que están programadas para este Nadal tanto polo CCA como por parte do concello.

Noelia Mares dixo que esta campaña de Nadal do CCA intenta favorecer aos tres pilares nos que se sustenta o comercio local, e que son os propios comerciantes e a clientela, e os cativos. Engadiu que para o comercio do Carballiño o tempo de Nadal é sempre un dos máis importantes, e que eso desenvolven un programa de actividades extraordinario, e que esperan que teña tanto éxito como os dos últimos anos.

Con respecto ao sorteo de 1.5000 en euros en vales de compra, dixo que habería dous primeiros premios: un primero premio de 300 euros, coincidente co número do primeiro premio da Lotería de Reis; un segundo premio de 200 euros, coincidente co número do segundo premio da Lotería de Reis, e dezaoito premios de 50 euros, coincidentes coas catro últimas cifras do primeiro e segundo premio da Lotería de Reis.
Finalmente, animou a mercar no Carballiño e agradeceu á xente a confianza no comercio local.

10, Decembro 2019

Andan os políticos locais a voltas coa demanda de construcción dun novo centro de saúde no Carballiño, discuten se o máis convinte sería unha ampliación do actúal ou mesmo a construcción dun de nova planta, esto da megalomanía dos políticos, incluso dos locais, non é ningunha novidade.

Eles andan o seu, a ver quen chega máis lonxe, e moitas veces mostran incluso un sorprendente descoñecemento das demandas reais da cidadanía á que afirman representar.

Unha mostra máis e o que acontece no dia a dia no centro de saúde do Carballiño, con ducias e ducias de vehículos de usuarios e pacientes que non teñen onde aparcar, e que se encontran con barreiras arquitectónicas que dificultan o acceso, e xa dentro, co que se encontran calquera día se o seu médico ten unha urxencia é con que ten que irse co paciente a Ourense ou saír a atender unha emerxencia por un accidente, ou unha urxencia domiciliaria... e o que agarda o seu turno, e non sexa urxente, o que lle toca é marchar para a casa e pedir cita para outro dia, esto ocurre cada dia pola mañás, porque o PAC de urxencias funciona de 3 da tarde en adiante.

O Carballiño necesita un médico para atender as urxencias polas mañás, ésta sí é unha demanda real, ésta sí é unha necesidade urxente, como tamén o é pediatría polas tardes, e a mellora de equipamento en xeral, tanto no centro de saúde como no PAC, para que os facultativos poidan desenvolver o seu traballo cos medios que precisan.

Esto é o prioritario, céntrense, e esixan aos responsables sanitarios o que realmente é importante para todos nos.

10, Decembro 2019

GRACIÑAS OS GOBERNANTES AHORA CANDO SAQUEN A ESTACION DOS AUTOBUSES TEREMOS QUE COLLER TAXI PRA OURENSE POR QUE PAGAR TAXI ASTA A RENFE E DE VOLTA OUTRO MILLOR COLLER XA O TAXI PRA OURENSE MADRE MIA VAN ACABAR CON TODO E DESPOIS QUEREN MAIS AUTOBUSES E TRENES PRE QUE VAIAN VALEIROS

 

10, Decembro 2019

De aprobarse por parte do pleno esta alegación promovida polo Partido Popular, a taxa da recollida o lixo para o ano 2020 pasaría dun incremento do 0,03% proposto polo grupo de goberno no expediente inicialmente aprobado, a unha rebaixa do 8,24% solicitada polos populares.

Esta rebaixa estaría sobradamente xustificada na bonificación do 10% que SOGAMA fai no custo do servizo aos concellos que, a súa vez, repercuten no recibo aos usuarios.

O Partido Popular, aclara, que "SOGAMA bonifica sempre que o concello aplique o desconto, polo que se non hai desconto no recibo aos veciños, tampouco se produciría a bonificación de SOGAMA".

E engade "dito doutra forma, é inconcebible que este desconto no recibo do lixo non fose asumida polo goberno municipal, pois a súa non aplicación so benficia a SOGAMA".

De tal maneira que, para que SOGAMA aplique a bonificación do 10%, o concello debe rebaixar a porcentaxe do 4,12% que é a repercusión do custo de SOGAMA no servizo no ano 2010, máis outro 4,12 adicional, correspondendo ao ano 2019 que se debe repercutir no recibo do primeiro semestre do ano 2020".

No resto das taxas o PP solicita a conxelación de prezos, excepto nas relativas aos caixeiros bancarios e as eléctricas "pois eles tampouco repercuten estas vantaxes fiscais nos seus recibos".

De igual maneira, os populares promoven iniciativas para que se poidan tomar en cosnideración rebaixas fiscais aos autónomos "da a convinencia socio-económica que a potenciación deste sector ten para O Carballiño".

9, Decembro 2019

O grupo municipal de ESCO cualifica de "desastroso" o estado no que se encontran as instalacións e o servizo de biblioteca municipal "un debate que ven de moi vello, e por desgraza a día de hoxe, segue absolutamente vixente", subliñan.

Afirman que "as queixas dos usuarios son as mesmas hai xa moitos anos, frio, humidade, mobiliario embellecido, problemas para o acceso á itnernet, horarios pouco acaídos para o público, falla de espazo, ou escasa actualización do catálogo".

Espazo Común considera que "o concello ten que darlle prioridade a este servizo e comezar a prestarlle a atención que merece" e para elo propoñen, por medio dunha moción que trasladarán ao próximo pleno da corporación, distintas medidas.

Entre elas, que "se faga unha exposición pública do proxecto de reforma da biblioteca e se abra un prazo para posibles aportacións dos usuarios e que se habilite unha partida singularizada nos orzamentos de 2010 para levar a cabo dito arranzxo, incluindo mobilidario, novas ventás, iluminación e climatización".

Tamén demandan, e tal como anuncio o alcalde do Carballiño "que se sace a concurso mediante a Oferta Pública de Emprego a praza de arquiveiro-bibliotecario co fin de que sexa ocupada por persoa especializada e coa titulación necesaria para dinamizar este espazo, mantendo ao persoal que que hai a dia de hoxe noutros postos dentro da mesma biblioteca".

De igual maneira, ESCO tamén pide que se forme adecuadamente ao persoal actuál para atender o servizo e "que se reforce en canto a efectivos para poder ampliar o horario no canto de recurrir ao peche".

Finalmente, Espazo Común pide que se dote á biblioteca de medios suficientes para poder actualizar os fondos bibliográficos e que se melloren as condicións de acceso a Internet para os usuarios.

8, Decembro 2019

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitará en 2020 as obras de mellora e humanización no acceso principal á localidade de Alvite,no concello de Beariz, elixido recentemente como o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño, recoñecemento compartido con Pazos de Arenteiro, tras unha votación popular promovida por COPE O Carballiño.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, veñen de asinar un convenio de colaboración para a execución desta actuación de urbanización; onde a Xunta asume un 70% do importe do convenio (máis de 110.000 euros), mentres que o concello a porcentaxe restante (case 35.000 euros).

A actuación consistirá na mellora dos accesos á praza principal de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos ten experimentado un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, turístico e demográfico pola vía de diversas actuacións de rehabilitación de iniciativa tanto pública como privada.

Ángeles Vázquez trasladoulle ao alcalde a importancia de establecer lazos de colaboración como o asinado con Beariz, pois trátase de mellorar e acondicionar os espazos urbanos para facilitar a accesibilidade aos veciños e poñer en valor zonas dun concello.

Asemade, destacou que este tipo de colaboracións tamén son un instrumento para axudar a frear o despoboamento do rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación das aldeas, vilas e cidades galegas.

7, Decembro 2019

A Xunta de Galicia ten previsto realizar o luns 9 de decembro un novo exercicio de adestramento, que consiste nun simulacro de emerxencia no establecemento implicado no Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Cepsa Comercial Petróleo, na antiga estación de ferrocarril da Touza, en Maside.

Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistirá na activación telemática e activación presencial no cadro de control se procede, das sereas, que no caso dunha activación real do Plan serviría como elemento de aviso á poboación, que como primeira medida procedería o seu confinamento á espera de recibir instrucións por parte dos servizos de protección civil.

A realización deste exercicio permitirá mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona de Maside afectada por un hipotético accidente, se familiarice co son da serea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do plan de emerxencia exterior. Máis alá desta sinal acústica e dunha maior presenza dos servizos de emerxencia e seguridade na zona próxima a planta de Cepsa, a actividade dos veciños non se verá afectada en absoluto e poderán continuar coa súa rutina.

Desde a Xunta quérese destacar a importancia de apostar pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os plans de emerxencia exterior elaborados polo Goberno galego.

O obxectivo dun PEE é determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente que poda afectar as persoas e ó medio ambiente, establecéndose as medidas idóneas de protección a poboación, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos que podan intervir.

5, Decembro 2019

A ruta das tapas deste venres e do seguinte, 6 e 13 de decembro, respectivamente, estará protagonizada polos “Sabores do Nadal”, e terá como aliciente poder participar nun sorteo dunha cesta de Nadal cuxo valor ronda os 1.000 euros.

O evento foi presentado no restaurante Casa Gazpara polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do CCA, Noelia Mares; a representante da bodega Pazo Tizón, Raquel Cabo, e representantes dos dezaseis establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa, e que amosaron as tapas que ofrecerán á clientela nestas xornadas ao prezo de 2 euros.

Durante a presentación procedeuse ao sorteo das dúas viaxes de fin de semana a Asturias e Oporto, correspondentes á ruta das tapas do pasado mes de novembro. Estes premios recaeron, o de Asturias, que inclúe dúas comidas en dous restaurantes de Xixón e Oviedo de hostaleiros carballiñeses, en Patricia Gulisano, e a de Oporto en Roberto.

Manuel Dacal felicitou ao sector hostaleiro carballiñés pola calidade e innovación das súas propostas gastronómicas, e agradeceu ao CCA, Pazo Tizón, Aceites Abril, demáis patrocinadores e sector hostaleiro os produtos ofrecidos para a cesta de Nadal.

Noelia Mares recordou que na app quedamosdetapas pódese ver cada unha as propostas dos dezaseis bares, mesóns e restaurantes que conforman esta iniciativa, e convidou a vivir o Nadal no Carballiño.

Raquel Cabo expresou a súa satisfacción por colaborar con este evento gastronómico e hostaleiro.

E David, cociñeiro da Casa Gazpara, en representación do sector hostaleiro, dixo que no Carballiño hai un gran potencial culinario, que é moi creativo e que merece un recoñecemento, pois está a un gran nivel.

5, Decembro 2019

Buenos dias soy usuario de las lineas de autobuses que van a Ourense mi domicilio esta en la rua Aldara estos dias escuchando la radio con el tema de hacer una intermodal en la estacion de renfe a mi personalmente me parece que es un flaco favor a todos los usuarios del autobus por que yo voy todos los dias a la estacion de autobuses a cojerlo y veo que para los usuarios que viven en la zona de renfe el autobus recoje viajeros delante de renfe en una parada habilitada alli realmente pocos coje por que la gran mayoria los coje en la estacion de autobuses por que yo creo que es mas centrica que la de renfe con diferencia nosotros lo comentamos en el autobus y todos estamos en contra de ese cambio por motivos evidentes en la estacion de bus coje 12 o 15 viajeros en renfe 1 o 2 porfavor piensen en los vecinos las intermodales son para las grandes ciudades lo que si pueden pedir cambios de horarios y fomentar descuentos desde el ayuntamiento para el bus como hacen otros concellos mas pequeños que el nuestro gracias

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS