Casi todos los días por la noche pasa algún coche a gran velocidad por el centro del pueblo y nadie dice nada? La policía no lo escucha?
Cualquier día va a haber una desgracia el solo o q atropelle a alguien q camine tranquilamente.
No sé quién pueda ser "máquina" q lo hace.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe a ampla tradición, a calidade e o apego á terra que caracterizan os viños do Ribeiro. Na súa intervención, como pregoeira, na XXXIII Festa da Vendima de Leiro, a titular de Medio Rural sinalou que “o viño é inseparable da celebración” en Galicia e especialmente “nun momento tan sinalado para os viticultores e adegueiros como é o da colleita da uva”.
Nesta liña, Gómez puxo en valor que só na denominación de orixe Ribeiro (a máis antiga de Galicia) hai preto de 1.600 viticultores e máis de cen adegas. Ao tempo, animou a festexar “a moita riqueza que atesouran as súas vides”, grazas -dixo- “á combinación do saber facer dos agricultores cunha terra de extraordinaria calidade e cun clima particular”.
Todo isto, engadiu, confire ao Ribeiro unhas características únicas e permite que os seus viños respondan a “unha serie de combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais que case sempre resultan sorprendentes, ao elaborarse con variedades autóctonas tradicionais”. Precisamente, a conselleira puxo de relevo o valor de castes como Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao ou Sousón, propias desta DO e que propician que estes viños teñan unha personalidade.
Ao mesmo tempo, Gómez reafirmou a aposta da Xunta polo sector vitivinícola galego e polo fomento da súa calidade. Neste sentido, lembrou as diferentes liñas de axudas para reestruturación e reconversión de viñedo, para promoción do produto ou para elaboración e comercialización de viño. Asemade, salientou que os produtores, as adegas e o consello regulador do Ribeiro “sempre van ter na Xunta o seu aliado para defender os intereses dun produto que é calidade e idiosincrasia de Galicia”.
En parecidos termos, a conselleira trasladou que o Goberno galego apoia os consellos reguladores e está desenvolvendo unha estratexia sectorial que potencia todas as facetas vinculadas co viño, desde a propiamente enolóxica ata a turística, pasando pola patrimonial ou paisaxística.

A vila de Leiro celebra esta fin de semana –sábado 24 e domingo 25- de agosto a 33 edición da Festa da Vendima, declarada como festa turística de interese galego.
A programación de actividades comeza o sábado pola tarde, ás 17:00 horas cunha Festa infantil para a cativada na Praza da Igrexa de Leiro e continuará ás 21:00 h. coa apertura da Mostra de Viños do Ribeiro no parque do Salgueiral, na que participarán 14 adegas da DO Ribeiro.
O dia grande será do domingo, con concursos de acios e o Gran Desfile de Carrozas ao mediodía pola rúa Principal de Leiro, tamén haberá desfile de charangas e coches clásicos. No parque do Salgueiral, no que se ubicará o Mercado de Artesáns e serviráse o Xantar Popular a partir das 14:30 horas. Pola tarde, será a entrega de premios, despóis o Festival de Corais da Vendima ás 20:00 h. na igrexa parroquial de S. Pedro de Leiro, e a fin de festa a partir das 22:00 h, de novo no Salgueiral, coa actuación do grupo A RODA.
No audio adxunto podes escoitar o programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño dedicado ao concello de Leiro coa última hora da Festa da Vendima con Ramón Álvarez, asi como tamén as entrevistas co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, que aborda a actualidade municipal. Mentres, o propietario do NOVOCINE de Leiro, Ernesto Romero, deu a coñecer unha iniciativa pioneira e única na provincia de Ourense que incorporará o NOVOCINE de Leiro, a retransmisión en directo de OPERA.
Escóitao no PODCAST de COPE O Carballiño:
Dende Espazo Común levamos tempo reclamando que o Concello do Carballiño mellore
sustancialmente no capítulo de axudas para libros de texto e material escolar coma un incentivo máis para a captación e fixación de poboación.
Son moreas os concellos grandes e pequenos que facilitan ás familias un importante apoio á hora da educación dos seus fillos en cuestións coma a conciliación ou o apoio económico para os multiples gastos que teñen que afrontar nestas datas.
Sen embargo, o goberno do Carballiño segue facendo o que mellor sabe facer. Vender titulares e fotos e non facer nada para axudar ao cidadán.
Hai un ano, o agora socio PP apoiaba, contra toda lóxica, a suba de soldos de Fumega e os seus concelleiros a cambio de, entre outras cousas, que se aumentara a partida de axudas para material escolar nos orzamentos a 60.000 €.
Uns meses despois vendeuse na prensa que esta suba ía ir só ata os 50.000 e para non defraudar, finalmente a modificación foise ata os 45.000 €. O rigor nas cifras é unha broma para esta xente.
Pero a tomadura de pelo acada tintes astronómicos cando vemos como se desenvolveu a xestión destas axudas e deste orzamento.
Os beneficiarios foron recoñecidos en abril do 2024¡ Co curso xa case remtado. E o que é moito peor, deses 45.000 € que nos venderon e que propiciaron o apoio do PP á suba de soldos dos seus colegas do PSOE, só se adxudicaron 4.500 €. Un 10 %. O resto pasou a formar parte dese aforro que despois vende Fumega e que dilapida en asfaltados deficientes.
É tempo de dicir BASTA¡ a este tipo de prácticas de engano masivo.
O Grupo Municipal de Espazo Común faise eco da demanda de gran parte da veciñanza e exixe ao goberno do PP-PSOE que anuncien xa as bases para este curso e que dean tódalas facilidades posibles ás familias do Carballiño para poder contar con ese tan necesario apoio nestas datas.
O Partido Socialista de Leiro quere saír ao paso do bando municipal do 19/08/2024 no que o señor Alcalde pon de manifesto o valor da auga como un ben escaso e esquece lembrar que é un ben, tamén, de primeira necesidade, para logo solicitar dos veciños un consumo respectuoso da auga.
Os Socialistas de Leiro consideran unha tomadura de pelo por parte do señor Alcalde aos veciños de Leiro, cando sabe por datos oficiais do concello, que os veciños sempre tiveron un consumo responsable da auga e que o único irresponsable foi el, como xestor e único responsable municipal do bo funcionamento do servizo de auga en Leiro.
Segundo os datos oficiais do concello de Leiro entre 2015 e 2021 abastecéronse 1.508.088 M3 de auga e consumíronse polos veciños 535.087 M3, lanzando unha fuga de 973.001 M3, foxe froito da mala xestión da empresa concesionaria e do inexistente control por parte do señor Alcalde, como responsable municipal de garantir aos veciños unha xestión eficaz e eficiente do servicio da auga e das taxas que pola auga pagan os veciños.
É dicir entre 2015 e 2021 abastecéronse unha media de 215.441 M3 por ano, para un consumo medio anual de 76.441 M3, dando como consecuencia unha fuga media anual de auga de 139.000 M3.
Os Socialistas de Leiro acusan o señor Alcalde de mentir e manipular a información da auga facilitada aos veciños nos medios de comunicación ano tras ano e sempre en por esta época.
Lembran os Socialistas que o señor Alcalde leva desde 2022 anunciando obras por máis de 340.000,00€, financiados pola Xunta, para reparar a grave fuga entre a captación do Viñao e a E.T.A.P do Viñao e que a día de hoxe non sabemos nada de nada. Tamén queremos lembrar ao señor Alcalde que o grupo socialista de Leiro está á espera de que lles facilite os M3 abastecidos e consumidos entre 2022 e 2023.

A concelleira do grupo municipal popular asumíu no goberno bipartito entre populares e socialistas as responsablidades das áreas de Medio Ambiente e Termalismo.
No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Elvira Torres.

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, quedou controlado ás 23,55 horas de onte.
O lume iniciábase o martes, día 20, ás 16,24 horas e segundo as últimas medicións afecta unha superficie de 55 hectáreas, todas elas de monte arborado. Para o seu control mobilizáronse, ata o de agora, 5 técnicos, 31 axentes, 49 brigadas, 33 motobombas, 4 pas, 8 avións e 8 helicópteros.
Entre as brigadas mobilizadas, participaron tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopan de estadía en Galicia no marco do mecanismo europeo de protección civil.
Escoita no PODCAST a entrevista ao concelleiro de comunicación de San Cristovo de Cea, José Dalama:
Títeres no Carballiño xa sabia que habia, sen necesidade de programa , e ....
O PROGRAMA DAS FESTAS DO SETEMBRO?
Porque xa estamos a nada, ou sae as visperas, como sempre
Toca titeres...

A alcaldesa do Irixo fíxolles un chamamento público a través da radio "porque Juan Manuel tenme bloqueada no seu teléfono e Manuel Cerdeira ten chamadas miñas perdidas", e despóis ambos non acudisen a unha reunión informativa sobre o proxecto de orzamentos municipais para este ano 2024 no concello do Irixo.
O portavoz popular Manuel Cerdeira manifestarase en desacordo coas formas da convocatoria da alcaldesa "en 24 horas convocanos a unha reunión e non sabemos para qué". Juan Manuel Villanueva, que forma parte do grupo da alcadesa, coa que rompeu relacións tras o pleno no que se rexeitou a proposta de orzamentos presentada ante o pleno, garda agora silencio.
A rexedora municipal, Susana Iglesias, pídelles a ambos que "miren polo Irixo" e faciliten a aprobación do orzamento, unhas declaracións que fixo a alcaldesa nesta intervención radiofónica na que avanzou a compra por parte do concello e aprobeitando unha subvención da Deputación da chamada "Casa do Zapateiro", na que pretende ubicarse nun futuro a biblioteca municipal do Irixo.
Podes escoitála no PODCAST de COPE O Carballiño:

Despois da tapa de polbo do "récord universal", o actual equipo de goberno do Concello do Carballiño toma de novo a iniciativa e pon en marcha unha potente e arriscada proposta que vai supoñer a envexa do resto do país e un impulso definitivo aos atractivos turísticos que ofrece a vila do Arenteiro e que vai deixar risible á "Vilamorta" da pobriña Dona Emilia.
Trátase, nin máis nin menos, que a "ruta do lixo". Nela poderanse apreciar os destacados tonos, tirando a negro, dos lamparóns que ao longo e ancho das rúas céntricas e nas mugrientas papeleiras, que ambientan e compiten entre si para acadar o estado máis noxento posible, e, deste xeito, poderá ser valorada pola veciñanza e forasteiros.
Esta ruta será guiada polo Sr. Alcalde e o resto de concelleiros do goberno municipal. O éxito dáse por descontado. Será un puntazo para atraer á morea de xente que o AVE está a traer a Ourense e que, de seguro, vai a aproveitar tan espectacular e orixinal idea para achegarse á vila carballiñesa e gozar de tan saudable e aromático ambiente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »