
Apasionante, así ha sido el final de temporada para el enduro amateur en Galicia con la sexta y última cita del 2019, el I Enduro de Leiro, dejaba un gran sabor de boca entre los pilotos y los numerosos aficionados que se acercaban este domingo hasta el corazón de la Comarca do Ribeiro.
Espectacular recorrido el que preparaba la Liga Galega da Moto de Campo y el Motoclub Mesego, un trazado exigente con dos especiales, un Enduro Test (Paredes) y una Extrema (Leiro), que recorrían el casco urbano de Leiro y llegaban hasta las montañosas y vistosas parroquias de Berán, Orega, Lebosende y Serantes.
En Leiro la victoria scratch se la anotaba Toñín Molares con el consecuente primer puesto entre las motos Élite 2T. Con la segunda posición absoluta, Jorge Paradelo, que en su debut con una moto 4T conseguía el triunfo en esta modalidad. Diego Teixeira obtenía en la Comarca do Ribeiro el tercer mejor tiempo.
En Open 2T y 4T el primer puesto lo firmaban Junior Rodríguez e Isidoro Martínez. Entre los pilotos amateur Iván Romay se coronaba como el más rápido y se adjudicaba la victoria en E1. Gabriel Vaqueiro hacía lo propio en E2, Joao Pedro en SUB 21 y Gonzalo Blanco en E3
. Entre los más veteranos triunfo para Juan Puga en Senior 4T, Alejandro Núñez reinaba en Senior 2T y Domingo Troitiño en Máster. Con los resultados del I Enduro de Leiro el valdeorrés Jorge Paradelo se confirma como el Campéon 2019 en Élite 2T.
En 4T, el séptimo puesto obtenido por Carlos Moreiras le valía para sellar el título. En Open 2T Junior Rodríguez se proclamaba campeón sin demasiada oposición. Lo mismo hacía Isidoro Martínez en 4T. En las categorías más amateur, las coronas se las repartían Iván Romay en E1, Gabriel Baqueiro en E2 y Luis Fernández en E3.
Intensa lucha la que protagonizaban Mateus Cepa y Joao Pedro entre los SUB 21, al final la corona se la ponía el segundo tras una actuación magistral. En Senior 4T Giovanni Pérez llegaba a la última cita como campeón matemático mientras que en 2T el campeonato se decidía a favor de Marcos López. Domingo Troitiño conseguía reinar entre los máster.
Balance más que positivo para el I Enduro de Leiro que se postula como una de las citas que previsiblemente repetirá experiencia en 2020. Recordemos que el año que viene hasta 12 municipios se encuentran a la espera de un hueco en el calendario.
La Liga Cafés Candelas de enduro llega a su fin pero no la actividad en la Liga Galega da Moto de Campo que el próximo fin de semana continuará con su actividad en la provincia de Ourense. El 1 de diciembre se celebrará la I Extrema A Rúa, cuarta y última cita puntuable para el Trofeo Luso Galaico de Hard Enduro.

O 25 de Novembro, como dia internacional contra a violencia de xénero, conmemorase con diversos actos e convocatorias, nos nosos concellos.
Ademáis, no Carballiño, a maiores do acto institucional que será as 12 do mediodia na casa do concello, a Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño convoca concentracións na Praza Maior ás 11:30 e as 19:30 horas, nas que se procederá á lectura dun manifesto e gardaráse un minuto de silencio por todas as vitimas de 2019.
En canto ao acto institucional do concello carballiñés, ao mediodia no salón de plenos do consistorio, participan no mesmo unha representación do alumnado dos centros educativos do Carballiño, asi como de diversas asociacións, que asistirán á lectura dun manifesto.
No concello de Maside celebrouse un pleno municipal no que a corporación -na fotografía- aprobou unha moción na que manifesta o firme compromiso de loitar pola eliminación da violencia machista no municipio e demandando "tolerancia cero para os maltratadores".
En Leiro, ás 10 da mañá, os nenos e nenas do Colexio de Leiro asistirán á proxección da película "Zootropolis", e ás 12 do mediodia terá lugar un acto institucional na Praza do Cruceiro, tamén con lectura de manifesto.
No concello de Avión as actividades conmemorativas do Dia internacional contra a Violencia de Xénero xa comezaron a pasada semana, con obradoiros, a colocación dunha gran parcarta na fachada principal da casa do concello, e continúan este lúns 25 de NOvembro cunha convocatoria ás 11:30 da mañá no centro multiusos no que actuarán as pendereiteiras "Flor de Toxo".
As 13 horas está convocada unha concentración na Praza Maior de San Cristovo de Cea, na que como é tradicional nesta data en Cea, procederáse á lectura dun manifesto pola eliminación da violencia contra as mulleres.
No concello de Piñor ten continuidade o programa de actividades "Novembro Violeta" contra a violencia machista.
Ademáis, o concello de Piñor, asi como os de Boborás, O Irixo, Beariz e San Amaro, acollen nas súas localidades o programa "Contacontos pola Igualdade" da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño.

O concello de Boborás será o primeiro concello da Comarca, e de momento o único, que vai contar coa "Teleasistencia Avanzada", unha iniciativa da Deputación Provincial para aqueles concellos que teñen a consideración de prioridade demográfica de grao III, sendo o de Boborás o único que está declarado como tal no ámbito da Comarca do Carballiño.
Neste caso, aplícase a este ámbito dos servizos sociais tecnoloxía de xeolocalización e monitorización de riscos para a detección automática de potenciais situacións de risco que puideran ter os beneficiarios. O obxectivo, segundo afirma o presidente da Deputación de Ourense, "é poñer a disposición dos usuarios da nosa provincia unha tecnoloxía de vangarda que permita mellorar o servizo de teleasistencia, prestando unha atención integral e personalizada", afirma Manuel Baltar.
Esta iniciativa que coordina a deputada provincial de Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego, Luz Doporto, suporá importantes melloras tecnolóxicas para os usuarios do servizo provincial de teleasistencia en concellos de máxima prioridade demográfica. A nova teleasistencia incluirá apoios tecnolóxicos complementarios dentro e fóra do domicilio, o que permitirá a detección automática de potenciais situacións de risco, grazas á interconexión dos servizos de información e dos profesionais de referencia do sistema sociosanitario.
Neste sentido, o domicilio será o centro de atención, e as novas tecnoloxías aplicadas, supervisadas por profesionais, actuarán como instrumento para favorecer a permanencia da persoa no seu entorno sociocomunitario de maneira activa, conectada e informada, sendo unha das características principais deste sistema a atención individualizada dos usuarios.
Á maioría dos usuarios da nova teleasistencia avanzada se lles instalará o servizo móbil con xeolocalización, que permite a atención de situacións de crises en calquera lugar fora do domicilio, localizando a posición xeográfica da persoa. A incorporación deste cambio significa que a atención á persoa -que ata o de agora se limitaba ao tempo que permanecía na vivenda-, pasa a ampliarse á totalidade do dia, con independencia do espazo físico no que se atope.
Asemade, para aqueles perfís de usuarios nos que sexa aconsellable, instalaranse detectores de situacións de risco mediante dispositivos que sinalizan e informan de maneira inmediata e automática tanto no domicilio como na central de alarmas sobre: fugas de gas, incendios, escapes de auga ou caídas. Tamén se instalarán detectores de cambios nos patróns normais de actividade, empregando detectores de movemento instalados estratéxicamente no domicilio do usuario, así como dispositivos portátiles en forma de pulseira e sistemas de detección de apertura e peche de portas (frigoríficos, porta de entrada e saída do domicilio...). Estes sistemas permiten identificar desviacións do patrón habitual de comportamento e de actividade dos usuarios: saídas á rúa entradas ao baño, o tempo de soño ou o empregado para facer a comida, así como os períodos prolongados de inactividade.
Ademais, favorecen a identificación de potenciais situacións de continxencia e vulnerabilidade no domicilio como: alteracións do estado de saúde, caídas, problemas de mobilidade ou comezo de deterioro cognitivo, entre outras situacións. As persoas usuarias ás que se lle vai ofertar a posibilidade de transformar o actual servizo de teleasistencia serán aquelas que residen en municipios da provincia de Ourense de prioridade demográfica de grao III, en virtude da cualificación que nos diferentes programas da Área de Benestar da Deputación de Ourense teñen as entidades locais da provincia. Teñen esta cualificación os municipios de: Beade, Os Blancos, Boborás, Calvos de Randín, Chandrexa de Queixa, Gomesende, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Porqueira, San Xoán de Río, A Teixeira e Vilariño de Conso.
Con moito atraso con respecto á data prevista inaugurouse este sábdo 23 de Novembro, coa presenza do Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a área de autocaravanas do Monte de Cestos en Cotelas. Hai xa ben meses que se vían as obras rematadas, mais o recinto seguía pechado e sen movemento algún. Ante esa situación no pasado pleno preguntamos polas posibles trabas que impedían por esa obra en funcionamento.
A resposta como vén sendo habitual non aclarou nada; algo polo demais habitual nun gobernante ó que a transparencia lle é unha verba descoñecida. Tampouco é novo no actual mandatario de Piñor a falta de respecto institucional; así xa non nos sorprendeu que non nos convocase, ós concelleiros de Espazo Común, á devandita inauguración, pese a acudir a nós para que lle botaramos unha man coas asociacións de autocaravanas galegas. Ese comportamento maleducado xa o tivo en eventos anteriores e mesmo coa visita doutros conselleiros.
Explicarámoslle daquela o que significaba que o máximo representante dun concello amosase uns mínimos de educación e respecto cara outros representantes da cidadanía que non eran do seu partido, pero que teñen os mesmos dereitos ca el. Son principios básicos que deben de acompañar a calquera que se teña por demócrata. Con ese respecto institucional foi co que actuamos cando nos tocou gobernar, sempre convidamos a todos os concelleiros (incluído el), e mesmo á cidadanía, ás inauguracións e visitas institucionais de altos cargos a Piñor. Nada coma ir a hemeroteca e ver cando se inaugurou a ampliación do casa do concello, da nave de Cotelas, do centro social da Albarona, a visita do Presidente da Xunta de Galicia... Entendíamos que eramos representantes de toda a cidadanía, non só duns poucos, e que o que se inauguraba fora pagado con diñeiro público, de todos, e polo tanto era imprescindible que todo o mundo fose partícipe de algo que era seu.
Desgraciadamente xa nada é así en Piñor, estamos diante dun alcalde gravemente afectado pola soberbia do que pensa que unha maioría absoluta lle dá pé para facer o que queira, mesmo pasar por encima da lei, da educación e do respecto cara os que non pensan coma el. Dun alcalde que é incapaz de ter un mínimo xesto de agradecemento, e poñer (tal e como lle pedimos no pleno de hai 2 meses) unha placa na área de autocaravanas recoñecendo que os terreos onde se fixo foron cedidos dun xeito altruísta polos comuneiros do Monte de Cestos da parroquia da Canda, pouco máis se pode agardar.
Dende o grupo municipal de Espazo Común xa damos por perdido que o alcalde cambie de actitude e non nos queda máis ca lamentar esta situación e explicarlle á veciñanza o porqué da nosa ausencia hoxe. Faremos o mesmo co Conselleiro de Cultura e Turismo co cal nos poremos en contacto para explicarlle que o sucedido é alleo á nosa vontade e ó que nós entendemos por lealdade institucional.
Asdo: Francisco José Fraga, portavoz de Espazo Común no concello de Piñor.

O concello do Carballiño ven de recibir un galardón consistente en dúas Flores de Honra concedidas pola inciativa Vilas en Flor Galicia.
O galardón foille entregado ao alcalde polo director do Instituto de Estudos do Territorio, Guillermo Evia, e a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, no transcurso dun acto celebrado na Cidade da Cultura en Santiago. Ademáis do alcalde, Francisco Fumega, tamén acudiu a esta convocatoria a concelleira de Medio Ambiente, Rita Soto, que participou previamente nunhas xornadas técnicas organizadas por Vilas en Flor Galicia.
É o primeiro ano que o concello do Carballiño participa nesta experiencia, e por iso o alcalde agradeceu a concesión do galardón, que supón, según dixo, “un aliciente máis para seguir mellorando este recurso e contribuir a que os espazos naturais do Carballiño sexan cada vez mellores. Realmente, no Carballiño temos arredor de 500.000 metros cadrados de zonas verdes, plenamente integradas no casco urbano, e cuxo mantemento require un gran esforzo económico, así como en medios técnicos e persoal. É un recurso ao que destinamos anualmente unha parte importante do noso presuposto municipal, pero que damos por ben empregado, xa que representa un dos principais reclamos turísticos do Carballiño. Non cabe dúbida que o parque municipal e os sendeiros do río Arenteiro otórganlle ao Carballiño unha configuración urbana de singular beleza natural e medioambiental, e que, xunto cos espazos axardiñados das nosas prazas, conforman un patrimonio que debemos seguir mimando e mellorando”, dixo Fumega.
Vilas en Flor Galicia é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sustentable, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.
Vilas en Flor é unha iniciativa de ASVINOR (Asociación de Viveristas do Noroeste), AGAEXAR (Asociación de empresas de xardinería de Galicia) e da Fundación Juana de Vega cuxos obxectivos son promover a protección, mellora e posta en valor dos espazos verdes nos municipios de Galicia e contribuír con iso a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e a súa cohesión social; mellorar a imaxe dos municipios e os seus encantos para visitantes e turistas; xerar espazos de formación, reflexión e debate ao redor da xestión sustentable dos pobos e cidades; promover os espazos verdes como punto de encontro de relacións sociais interxeracionais; e mellorar a conciencia social cara ás políticas de sustentabilidade ambiental e potenciación dos espazos verdes urbanos.

Asi estaba esta mañá a entrada do centro de saúde do Carballiño, debian poñer unha barca para entrar... señores do concello póñanse as pilas e fagan o kmantemento dos sumidoiros.

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da segunda edición do Contacontos Familiar , cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que se levará a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día Internacional contra a violencia de xénero), e que terá lugar as vindeiras fins de semana.
Para a conmemoración de dita data, realizarase nos diferentes Concellos mancomunados unha actividade teatral gratuíta para toda a familia, consistente na representación de diferentes contacontos: Rosalía, tod@s por igual; Turia e O Dragón; O Rosa non é unha cor; e As princesas tamén tiran peidos; coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias.
Estas actividades enmárcanse dentro da prevención, ferramenta indispensable dentro do Programa de Educación Familiar para evitar o posible futuro desenvolvemento de condutas pouco adaptativas no ámbito familiar.
A programación dos contacontos levarase a cabo nos meses de novembro e decembro, seguindo a planificación que se especifica a continuación:
BEARIZ
-Turia e O Dragon- CASA DO CONCELLO, SALÓN DE ACTOS, VENRES, 22 de Novembro, ás 18:00H
BOBORÁS
-Rosalía, to tod@s por igual- LOCAL SOCIAL DE CAMEIXA SÁBADO, 23 de Novembro, ás 17:00
SAN AMARO
-As Princesas tamén se tiran peidos- CENTRO DE SAÚDE DE SAN AMARO DOMINGO, 24 de Novembro, ás 17:00H
PIÑOR
-O rosa non é unha cor- CENTRO SOCIAL ALBARONA SÁBADO, 30 de Novembro, ás 17:00H
IRIXO, O
-Turia e O Dragon- CASA DO CONCELLO, SALÓN MULTIUSOS DOMINGO, 1 de Decembro, ás 17:00H

O Partido Popular expón que "con data do 18/11/19 publicáronse no BOP as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións ás ANPAS dos centros educativos públicos que imparten ensino Infantil e primario no Concello do Carballiño, para a implantación de programas destinados á conciliación da vida familiar e para a realización de actividades de carácter educativo e gastos de funcionamento no curso 2019/2020".
Unha vez coñecida esta convocatoria, o Grupo Popular do Concello do Carballiño, denuncia " discriminación na por elección de centro educativo que sofren desta forma todas as familias que teñen aos seus nenos e nenas nos colexios concertados existentes no noso municipio, concretamente os colexios Vila do Arenteiro e Sagrado Corazón". Razonan os populares que "as familias con cativos en idades de educación infantil e de primaria teñen as mesmas necesidades de conciliación familiar, con independencia do colexio ao que asistan. Cando as actividades para conciliación fanse por medio das ANPAS, estas deben ser consideradas como unha agrupación de nais e pais e, todas elas, tamén con independencia do colexio no que estean organizadas, teñen os mesmos dereitos a ser adxudicatarias desta subvención".
E engaden "ningunha administración pode discriminar as actividades que as propias familias organizan por medio das ANPAS facendo depender a súa concesión de si o colexio é concertado ou público, pois con iso estaríase afectando claramente ao dereito dos pais e nais para elixir libremente o centro educativo dos seus fillos e fillas, algo claramente inconstitucional". O grupo socialista do Carballiño, afirman, "parece contaxiarse do dito recentemente por algún dirixente do seu partido a nivel nacional, negando o dereito das familias para elixir libremente o centro educativo que queren para os seus fillos, palabras que enseguida tiveron que rectificar".
E recordan dende o Partido Popular que "esta subvención, que agora publica desta forma o grupo maioritario do goberno municipal socialista, procede do acordo do Pleno celebrado o día 7 de marzo de este mesmo ano, que xenericamente era unha subvención para as ANPAS, habendo quedando claro durante as negociacións para a súa aprobación que as subvencións estaban dirixidas a todas as ANPAS existentes nos centros de educación infantil e primaria do Carballiño, polo que o grupo de goberno está a incumprir non só un acordo plenario, senón tamén o acordo alcanzado no seu momento co grupo popular, acordo que naquel momento era imprescindible para a aprobación de estas subvencións".
Tampouco se adapta, manifestan, o publicado no BOP ao tempo previsto para a realización das actividades subvencionadas, xa que os 5.000€ que se aprobaron no pleno deberían destinarse a actividades realizadas no último cuadrimestre deste ano 2019, e non para todo o curso 2019-2020, tal e como recolle a convocatoria. E isto facíase así porque xa estaba prevista outra liña de subvencións para o ano 2020, subvencións que agora vemos perigar tras a publicación da convocatoria.
Remarcan os populares que "o grupo de goberno municipal discrimina inxustificadamente a varios centos de familias do noso pobo que teñen aos seus fillos e fillas nos colexios concertados e ademais concederá tan só 5.000 € en subvencións para todo o ano escolar, no canto de destinar esta cantidade ao primeiros catro meses de curso e achegar despois outras cantidades con cargo ao orzamento do ano 2020".
Desde o Grupo Municipal do Partido Popular, esixen a rápida rectificación destas bases para ampliar os posibles beneficiarios das subvencións ás ANPAS dos colexios concertados do Concello, e ademais que a cantidade de 5.000 euros destínese unicamente a sufragar as actividades dos meses de setembro a decembro do 2019, comprometéndose a convocar unha nova liña de subvencións con cargo ao orzamento do ano 2020 por un importe "polo menos igual ao aprobado grazas ao acordo alcanzado no seu día co Partido Popular".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 398
- 399
- 400
- 401
- 402
- 403
- 404
- 405
- 406
- …
- seguinte ›
- última »