
Solicita vostede un pleno pra que o Concello loite contra a plaga velutina (absolutamente ridículo é Medio Rural o que ten a competencia), e di vostede que o alcalde non pode solicitar unha votación no Pleno pra que se envíe un escrito a Medio Rural habida conta de que vostede di que a xestión de Medio Rural é moi deficiente.
Vexamos o que di a Lei. O artigo 82.3 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales especifia:
- El Alcalde o Presidente, por razones de urgencia debidamente motivada, podrá incluir en el orden del día, a iniciativa propia o a propuesta de alguno de los portavoces, asuntos que no hayan sido previamente informados por la respectiva Comisión Informativa, pero en este supuesto no podrá adoptarse acuerdo alguno sobre estos asuntos sin que el Pleno ratifique su inclusión en el orden del día.
Non sei se vostede ten capacidada pra interpretar este artigo habida conta da súa nefasta e triste intervención de onte, pero que alguén con máis sentidiño que vostede llo explique.
Hay urxencia? Sí habida conta que vostede solicita un Pleno Extraordinario.
Foi motivado? Absolutamente, o alcalde o explica no Pleno
Podese tomar acordo plenario de enviar o escrito??? Si porque o Pleno ratifica a inclusión deste punto na Orde do Día.
REPITA CONMIGO: A ACTUACIÓN DO ALCALDE AXUSTOUSE PERFECTAMENTE A DEREITO
Déixolle a normativa pra que estudie https://www.boe.es/buscar/pdf/1986/BOE-A-1986-33252-consolidado.pdf

De "dantescas", asi é como dende Espazo Común califican as esceas vividas este pasado domingo na estación do tren do Carballiño, "onde foi a coraxe dun grupo de pais, nais e estudantes a que evitou un novo, e xa sería o enésimo, atropelo aos dereitos dos usuarios do transporte público na nosa contorna", subliñan.
Refirense ao episodio vivido na tarde-noite do domingo cando "coma case tódolas fins de semana, cando maior afluencia de pasaxeiros hai cara a Santiago de Compostela, o tren que debía levalos ao seu destiño sufriu unha avería e o que foi envíado para sustituilo non tiña a capacidade suficiente para acoller a tódolos que alí agardaban".
E remarcan que "é necesario recalcar que esta aldraxe non afecta só á veciñanza do Concello do Carballiño, senon que mozos e mozas de toda a comarca teñen que sufrila constantemente".
Dende Espazo Común manifestan que "levan xa moito tempo denunciando a precariedade do transporte público e o seu progresivo desmantelamento no noso pobo". Non obstante, recordan que a pesares de ter aprobado numerosas mocións para que o goberno emprendera medidas concretas na súa defensa "vemos que non se acometeu ningunha e a problemática segue a agravarse".
Consideran que son unha incongruencia "as excusas da EMPRESA (verba clave para entender todo o asunto) que non había tanta xente que tivera a reserva de billete feita cando é imposible adquirilos en domingo na estación local ao estar pechados os despachos. Loitar contra esta circunstancia é un exemplo de proposta aprobada no pleno municipal e que ante a inacción do alcalde quedou en papel mollado". E O mesmo aconteceu, inciden dende Espazo Común, "co acordo tomado de convocar á Plataforma pola Defensa do Transporte Público que foi tomado en pleno pero que caeu no esquecemento ante a pasividade dun goberno incapaz de facer forza para defender os dereitos dos seus veciños".
Dende esta formación politica razonan que "a problemática coma sempre nestes casos ven dada pola dualidade de difícil conciliación entre servizo público e empresa encamiñada á obtención de beneficios. Polo medio, os perxudicados son os de sempre, os cidadáns dos lugares menos poblados que ven desparecer elementos imprescindibles para o seu día a día. Despois siguennos co conto da loita contra o despoboamento pero a realidade deixa espidas estas mentiras constantemente".
Finalmente, anuncian que o Grupo Municipal de Espazo Común e despois de reunirse coas asociacións de estudantes e xuvenís do Carballiño, Asesgal e Xuca, levarán ao vindeiro pleno da corporación municipal carballiñesa unha serie de medidas concretas a executar con urxencia "para recuperar a dignidade do transporte que é de todos, un dereito polo que temos que pelexar".

Hoxe, 28 de outubro de 2019, o voceiro do PP volve á carga pra agasallarnos con outra nefasta e vergonzante intervención. Ademáis de ler un escrito sen pes nin cabeza no que abondan numerosos disparates, como o de que o PP convoca un Pleno extraordinario (O PP solicita en base á lei a celebración dun Pleno extraordinario, que convoca o alcalde que é quen ten potestade pra elo), pra loitar contra as velutinas, cando a competencia é de Medio Rural, e pra que se arranxen as pintadas da igrexa, cando o propietario é o Obispado. Ademáis de decir sen ningún fundamento xurídico que o Pleno non pode incluir un punto de urxencia no Orde do día, previa deliberación , no que se someta a votación a necesidade de enviar un escrito a Medio Rural, no que se solicita que sexa más dilixente na solución dun problema que é a súa competencia, máxime cando ata o voceiro do PP recoñece a nefasta xestión de Medio Rural...
Non contento con isto... Carga contra o alcalde cuestionando a súa vida profesional como arquitecto.
Quizaís habería que cuestionar a profesionalidade do voceiro da oposición. Habería que cuestionarse que en horario laboral un funcionario dunha administración pública ocupe un espazo radiofónico, pra decir disparates, pra convertir a política nun circo, e pra cuestionar a vida profesional dun veciño de Maside. E que o faga con tanta frecuencia, e cun baxísimo umbral do sentido do ridículo. Habería que cuestionarse se os cartos do contribuintes deben servir pra soster charlatáns con moi pouca dignidade e escaso respecto polas actividades profesionais dos demáis. Charlatáns con escaso ou nulo rigor.
Se o voceiro do PP quere facer algo de utilidade pra Maside, recoméndolle que se informe e que lea esto http://www.ppou.es/Blog/contenido/127/Casimiro_Campo_consegue_que_a_Xunt...
E tamén isto, porque os veciños reclaman ao PP que cumpla as súas promesas electorais, e que non teña UNHA PROFUNDA AMNESIA, COMO DÍRÍA O DO CARBALLIÑO
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/maside/2016/05/29/maside-s...
En definitiva, se o PP quere facer algo de utilidade pra Maside, que se deixe de cuestionar a vida profesional dos veciños de Maside, e que teña a dignidade suficiente pra que cando veñan os conselleiros, consorcios de demás "correveydiles" da propaganda Feijóo, fagan algo máis que vender fume.
Porque ano tras ano, o PP non inclue nos orzamentos unha dotación presupuestaria pra facer fronte a unha problemática que clama ó ceo, cuxo proxecto xa está aprobado e comprometido, tan só fan falta os cartos. E todo isto malia que Feijóo dende a súa chegada case que triplicou a débeda pública de Galicia. https://datosmacro.expansion.com/deuda/espana-comunidades-autonomas/galicia

O servicio que presta adif cada día e mellor. Os estudiantes que marchan pa Santiago os domingos levan todo o curso con problemas, chega tarde, paralle no camiño ou lle poñen outobus. Mándanlle o tren turístico llos rapaces teñen que ir de pe. Son as 21:34h e inda estamos na estación cando ten a salida as 20:22. A ver se os nosos políticos toman medidas.
Alvite, no concello de Beariz, e Pazos de Arenteiro en Boborás, son os pobos máis bonitos da Comarca do Carballiño, ambos foron os máis apoiados na fase preliminar na que a votación foi aberta e podía votarse a calquera das máis de 500 aldeas repartidas pola xeografía comarcal, e volveron selo tamén na votación final, á que tamén chegaron Cabanelas e Banga como os outros dous finalistas.
Alvite (45% de voto válido) e Pazos de Arenteiro (45% de voto válido) arrasaron nesta segunda votación, acaparando ambos a mesma porcentaxe de voto, o 90% do total.
As dúas aldeas mobilizaron aos seus seguidores e provocaron unha votación másiva que con pequenas oscilacións foi moi igualada dende que se abríu a votación o pasado mércores ata que se pechou na medianoite deste pasado domingo.
Banga e Cabanelas conseguiron o 10% dos votos restantes. Rexistráronse algo máis de 9.000 votos válidos.
A proposta de COPE O Carballiño tivo unha gran repercusión popular, cumplindose o obxetivo de dar a coñecer e promocionar o gran patrimonio rural da nosa comarca. Na galería fotográfica pode observarse a beleza que atesouran tanto Alvite como Pazos de Arenteiro.
COPE O Carballiño organizará unha festa tanto en Alvite como en Pazos de Arenteiro, deste recoñecemento como os pobos maís bonitos da Comarca do Carballiño, en datas entre a primavera e o verán de 2020 que se acordarán coa veciñanza e anunciarémos debidamente.
Intentos de alterar a votación
Durante os días nos que permaneceu a votación aberta nesta páxina web houbo numerosos intentos en manipular a mesma.
O sistema de votación utilizado mediante voto telemático básase en deixar unha cooke no navegador para detectar se a persoa votou ou non, pero reiteradamente utilizando unha rede de bots de ordenadores conseguiron votar, en algunhos casos masivamente, e asi tratar de alterar os resultados. Foron anulados todos eles tras as correspondentes comprobacións feitas polo administrador da Web.

A marca EnoTurismo Galicia, que agrupa a oferta enogastronómica das cinco rutas do viño galegas, será a protagonista dun workshop en Madrid, o luns vindeiro 28 de outubro.
Novotel Madrid Center será a sede desta acción profesional na que poderase coñecer a oferta de 25 empresas galegas. Ademais das seis da Ruta do Viño Ribeiro haberá nove procedentes da Ruta do Viño Rías Baixas; tres, da Ruta do Viño Ribeira Sacra; unha, da Ruta do Viño Monterrei; e cinco da Ruta do Viño Valdeorras.
Entre os convidados que xa confirmaron a súa asistencia a esta cita están axencias de viaxe; empresas organizadoras de congresos e eventos; asociacións sectoriais; prensa; e, en xeral, profesionais dos sectores DMC e MICE.
Os asistentes rexistraranse a partir das 18:30 horas; o workshop chegará desde as 19:00 horas; e, xa ás 21:00 horas, terá lugar o acto de presentación de Enoturismo Galicia, coa presenza de Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.
Entre os obxectivos desta actividade están promocionar Galicia como destino enoturístico e servires como punto de encontro para o sector, as súas empresas e profesionais.
O Clúster Turismo de Galicia organiza este evento, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia.
Marca xeradora de sinerxías
Impulsada polas cinco rutas do viño en colaboración co Clúster Turismo de Galicia e con Turismo de Galicia, EnoTurismo Galicia é unha marca paraugas baixo a que se agrupa a oferta en turística dos cinco vieiros do viño galegos: Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei.
O seu obxectivo é o adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permita dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do país de xeito conxunto, promocionando o enoturismo e a enogastronomía, especialmente de fronte ao exterior, así como xerar sinerxías entre as cinco rutas.
A través da súa web http://enoturismoengalicia.com infórmase das novas e recursos no seu eido, neste portal tamén se ofrecen plans turísticos.

Os mellores pilotos de enduro de España e Portugal daranse cita esta próxima fin de semana no Carballiño para participar na VII Xtremo Mesego Enduro Training.
Entre outros estarán o actual campión de España e un dos tres mellores pilotos do mundo na especialidade Mario Román, así como os catro gañadores das últimas catro edicións, entre eles Pol Tarrés, e os tres mellores pilotos de Portugal.
Nesta edición acádase o récord histórico de participantes con 140 pilotos chegados desde todas as comunidades españolas e Portugal, unha cifra que puido superarse se non fose que a organización pechou as inscricións hai tempo por exceso de participantes, segundo dixo un dos responsables da organización, Juan Caderno, que presentou esta tarde o evento xunto coa concelleira de Deportes, Sivil Baranda.
Para supervisar, controlar e cronometrar as distintas probas, a organización contará con 60 persoas.
Juan Caderno asegura que será unha das edicións con máis seguimento de afeccionados, e tanto polo plantel do máximo nivel dos participantes como pola espectacularidade das probas.
Silvia Baranda manifestouse no mesmo sentido, asegurando que non hai en Galicia ningunha proba destas características e que por eso é un acontecemento deportivo do máximo rango, que dinamizará a vida da vila durante a fin de semana, sobre todo no sector hosteleiro, polo que agradeceu o traballo que realiza a organización e que contribúe a dar realce ao Carballiño como vila de grandes acontecementos deportivos.
Finalmente, Juan Caderno e Silvia Baranda fixeron unha chamada aos afeccionados para que respeten todas as medidas de seguridade, xa que é unha modalidade deportiva extrema que conleva perigo.
PROGRAMA
O sábado 26 haberá unha crono en Pena Cobertoira de 11,00 a 13,00 h., e pola tarde, de 17,00 a 21,00 h., terá lugar o circuito urbano de súper enduro nas inmediacións da rúa Ben Cho Sei. Ás 22,00 h., haberá entrega de premios. Ambas probas servirán ademáis para establecer os postos de saída do domingo.
A proba do domingo 27 disputarase en Pena Cobertoira entre as 10,00 e as 15,00 h. E a entrega de premios terá lugar ás 17,00 h., tamén en Pena Cobertoira.
O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DO CARBALLIÑO RECTIFICA AO ALCADE NUNHAS DECLARACIONS FEITAS ANTE ESTE MEDIO “COPE CARBALLIÑO” NOS DERRADEIROS DIAS.
O ALCALDE AFIRMOU, QUE O CONCELLO AGARDA QUE A XUNTA DE GALICIA TRANSFIRA A RUA OURENSE PARA ACOMETER A SÚA REMODELACION. O GRUPO POPULAR PON DE MANIFIESTO O PERIGROSO DE QUE O ALCALDE NON RECORDE NIN O QUE ASINA OU BEN QUE VIVA NA MENTIRA PERMANENTE PARA ELUDIR RESPONSABILIDADES.
Non podemos sair do noso asombro, logo de escoitar estas manifestacions en boca do Alcalde do Carballiño, pois non obedecen a verdade e ademáis, unha de dúas, ou é unha mentira intencionada ou un lapsus mental, e calqueira das dúas posibilidades é un asunto moi preocupante.
Non se pode esconder o señor alcalde, nunha mentira ou nun olvido, para non atender as peticións que se veñen facendo por veciños/as da Rúa Ourense que sufren graves innundacións cando chove, que sufren falta de seguridade para os peons, que sufren beirarúas caóticas, sufren excesos de velocidade así como alumedado craramene moi mellorable.
Non se lle pode votar a culpa outros da incompetencia propia e neste senso, o alcalde sempre fai igual, cando un expediente non sae a tempo no Concello, a culpa a ser dalgún traballador/a. Cando non cumpre o prazo dunha obra, a ser solo culpa da empresa, e agora cando non atende as peticions dos veciños da rúa Ourense, insinúa que a culpa é da Xunta por non lle ter transferido este vial e di ademáis que está a espera de que lle sexa entregado.
DEIXAMOS A CONTINUACION A REALIDADE DESTE ASUNTO:
No pleno ordinario do 30 de setembro de 2014, en mandato do Partido Popular con Alcalde Argimiro Marnotes, no punto 8 tratouse o seguinte tema: 8.- PROPOSTA DE ALCALDIA PARA ACEPTACIÓN DA TOTALIDADE DA ANTIGA ESTRADA N-541-A. E aprobouse con 9 votos a favor do PP e 6 votos de abstención do PSOE, o seguinte: 1.- Aprobar o compromiso de aceptación dos treitos: 1.1) Antiga estrada N-541-A vte de Carballiño no treito de 1.090m comprendido entre o límite do concello e a intersección coa estrada OU-208 que corresponde coas rúas de Ourense, Conde Vallellano e Avda. Julio Rodríguez Soto. 1. 2) Antiga estrada OU-202 no treito de 370m comprendidos entre a intersección coa actual 541 e confluencia coas rúas Conde Vallellano e Avda. julio Rodríguez Soto que corresponde a Martinez Avellanosa. 2.- Facultar ao Sr. alcalde para levar a asinación da presente aceptación e cantos actos sexan necesarios para a súa execución.---------------------------------------------------------------------------
NO DOG de data do 1 de xullo de 2015, xa en mandato municipal do PSDG-PSOE publícase o Decreto 89/2015 do 28 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade dun resto de estrada N-541a (variante do Carballiño) e un resto da estrada Ou-202 Rúa Martínez Avellanosa) en prol do Concello do Carballiño. Neste decreto se fixaba un prazo de 2 meses para facer a entrega efectiva ao Concello do Carballiño coa necesaria sinatura do alcalde do Carballiño. Este decreto, obedece ao aprobado en pleno de 30 de setembro de 2014.
Posteriormente, dentro do prazo fixado de 2 meses, en concreto o 2 de xullo de 2015, ou sexa 1 día despois da publicación no DOG, o alcalde Francisco Fumega, asina o documento que acredita XA a titularidade da totalidade da RUA OURENSE, , RUA CONDE VALLELLENO, AVD. JULIO RODRIGUEZ SOTO, E UNHS METROS DA RUA MARTINEZ AVELLANOSA.
É a partir desda data do 2 de xullo de 2015, cando o Concello do Carballiño é titular entre outras da totalidade da Rúa Ourense, polo que, parécenos ao Grupo Municipal do Partido Popular, que o Alcalde do Carballiño, non pode tomar por parvos aos veciños/as do pobo, decindo que está á espera de que se lle ceda a rúa Ourense para poder acometer obras neste tramo urbano de entrada ao Carballiño, cando xa é titular dende o 2 de xullo de 2015.
En todo caso, en beneficio dos veciños/as da Rúa Ourense, esperamos que a partir de hoxe, unha vez aclarado a falta de compromiso do alcalde coas melloras na rúa Ourense, supoñemos que unha vez que o propio alcalde, se de por pillado na súa mentira ou refrescada a memoria en caso de lapsus mental, de por finalizado o proceso por él esperado de transferencia ao Concello da rúa Ourense e comence canto antes as obras de mellora nesta rúa da trama urbana do Carballiño.
Asinado: Grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño.

O núcleo do Penedo de Xuvencos, no concello de Boborás, converterase na segunda aldea modelo de Galicia, despois de Osmo (Cenlle).
A Consellería do Medio Rural vén de recibir as sinaturas dos seus veciños, grazas ao apoio da alcaldesa da localidade, Patricia Torres.
Neste caso, a iniciativa de aldea modelo, que promove a Xunta, ten por obxectivo recuperar as terras en abandono da contorna da aldea, para así contribuír á súa posta en valor, mellorando a calidade de vida da súa poboación e, ao tempo, reforzando a prevención dos lumes na proximidade das vivendas.
Esta actuación vai servir para recuperar unha superficie de arredor de 23 hectáreas no entorno do Penedo de Xuvencos, para destinalas a pradería e á produción de cereais e de castiñeiro. Actuaríase nun total de 675 parcelas de 132 propietarios.
Así, nesta aldea realizarase a limpeza e a recuperación da faixa dos 50 metros máis próxima aos núcleos de poboación, no marco do convenio de protección das aldeas fronte o lume posto en marcha pola Xunta, Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Ademais, o resto dos terreos ata o total da actuación (neste caso ata as 23 hectáreas), que pode acadar faixas de ata 150 metros, será posto en produción mediante a actuación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural en colaboración cos produtores interesados no seu aproveitamento, para así crear actividade agrogandeira nelas, mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros, oliveiras, etc.
Ao mesmo tempo, o conxunto dos terreos recuperados funcionarán como devasa natural fronte o lume, xa que serán os cultivos os actúen como método de protección, sen necesidade de rozar e limpar de forma periódica.
Todos os terreos recuperados serán incorporados ao Banco de Terras de Galicia, de maneira que as persoas titulares reciban unha compensación económica anual. Isto é, a aldea modelo suporá a obtención dun rendemento económico directo ou indirecto tanto para as persoas propietarias dos terreos –que conservarán sempre a titularidade das parcelas ao tempo que reciben un pago por arrendamento– como para os interesados na súa posta en produción.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 402
- 403
- 404
- 405
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- …
- seguinte ›
- última »