Dos catro candidatos finalistas para elixir o pobo máis bonito da comarca do Carballiño, a cal das o teu voto ?

Alvite (Beariz)
45% (3926 votos)
Pazos de Arenteiro (Boborás)
45% (3919 votos)
Cabanelas (O Carballiño)
5% (417 votos)
Banga (O Carballiño)
5% (448 votos)
Total de votos: 8710
21, Outubro 2019

A segunda edición do Arenteiro Fotográfico consolida este evento, que organiza a Asociación Fotográfica O´Potiños, como unha das referencias máis destacadas de Galicia no ámbito da fotografía. Durante os meses de novembro e decembro exhibiranse unha vintena de exposicións nun circuito no que participan dez salas, e que se complementará con tres charlas e talleres de gran relevancia, así como con dúas homenaxes a dous fotógrafos fallecidos deste colectivo: Héctor Guzmán e Mari Hizquierdo.

O programa foi presentado esta mañá no concello do Carballiño nun acto ao que asistiron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco, e a secretaria da entidade, Esther Mosquera.

Manuel Blanco cualificou de éxito sen precedentes a organización desta edición, atendendo sobre todo á categoría dos fotógrafos participantes, entre eles o catalán Manel Puigcerver, que exporá no auditorio municipal Manuel María a súa obra “Himno a la belleza femenina” e dará a charla inaugural o 2 de novembro no Hotel Arenteiro.

Ao respecto destacou, ademáis da calidade das vinte exposicións que se poderán ver nun circuito de dez salas durante os meses de novembro e decembro, a master class que impartirá os días 23 e 24 de novembro a fotógrafa da Axencia Magnum Cristina García Rodero, e cuxas plazas están xa totalmente cubertas, tendo que rexeitar incluso moitas solicitudes, así como a charla que dará o 30 e novembro o fotógrafo Xurxo Lobato, que será presentado polo historiador Felipe Senén.

Manuel Blanco tamén se referiu ás dúas homenaxes que se lle tributarán a Héctor Guzmán, fallecido hai un ano, e Mari Izquierdo, fallecida recentemente, integrantes os dous de O´Potiños.

O presidente do colectivo agradeceu ao concello do Carballiño a súa colaboración e amosou o seu orgullo pola trascendencia que está adquirindo O´Potiños tanto a nivel galego como nacional pola organización de eventos e mostras que están a suscitar un gran interese no mundo profesional e afeccionado da fotografía. E como exemplo citou ao fotógrafo barcelonés Manel Puigcerver, que se ofreceu para traer a súa obra ao Carballiño e acudir personalmente para presentala.

Diego Fernández recoñeceu o traballo dos integrantes da asociación fotográfica carballiñesa para organizar un circuito de exposicións e actos que situarán á vila do Carballiño no epicentro da actividade fotográfica, erixíndose como un digno heredeiro do Outono Fotográfico Ourensán. Por isto felicitou aos seus integrantes, agradecendo a súa contribución á promoción cultural do Carballiño por Galicia e España adiante.

INAUGURACIÓN: 2 novembro, ás 19,00 h. no Hotel Arenteiro: Charla de Manel Puigcerver.

CHARLAS/Talleres:
-23 e 24 novembro – Cristina García Rodero.
-30 novembro, ás 19,00 h., Xurxo Lobato/Felipe Senén

EXPOSICIÓNS
As exposicións do Arenteiro Fotográfico 2019 poderán visitarse os meses de novembro e decembro en dez salas, co seguinte programa:

NOVEMBRO
Concello: A.F. O´Potiños - “Baleirada”
Auditorio Municipal: Manel Puigcerver - “Himno a la belleza femenina”
Casino: Héctor Guzmán - “Delicatessen”
Galerías Ango: Homenaxe a Mari Hizquierdo.
Hotel Arenteiro: Bel Santos e Tere Fernández - “A casa e o vento”
Baixo Rúa Principal: A.F. Os Negativos “A grandeza do miúdo”
Pazo da Almuzara: Carmen Rial - “A nosa gran fauna pequeña”
Peñasco Cafetería: David Balado - “Salseiros”
Plaza Cafetería: ” Blas González - “Doce pantomimas para un actor y una silla”
Asador Veracruz: José Luis Montes - “El color de la luz”

DECEMBRO
Concello: Ana Iglesias – “A vida nun mosteiro S. XVIII”
Auditorio Municipal: Fotoforum Compostela – “Cidades invisibles”
Casino: C.F. Olloatlántico – “Diverxencias”
Galerías Ango: Homenaxe a Mari Hizquierdo.
Hotel Arenteiro: Premios Viña do Campo 2019
Baixo Rúa Principal: Fernando Clemente “Las miradas del silencio”
Pazo da Almuzara: A.F. Os negativos – “Os negativos en b&n”
Peñasco Cafetería: Gonzalo Arnejo – “Acto Reflejo”
Plaza Cafetería: Teté D. Estate – “Detalles”
Asador Veracruz: ”.F. O´Potiños - “Baleirada”

20, Outubro 2019

Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, Frrancisco Fumega. O concello está a espera de que a Xunta de Galicia, xa que este vial aínda é de titularidade autonómica, lle transfira esta estrada que en tempos correspondíase coa N-541 cando atravesaba o centro urbano do Carballiño.

A actúal rúa Ourense vai dende Conde Vallellano ata o límite co concello de Maside, nas inmediacións da rotonda da Fontela.

O rexedor municipal avanzou que a idea do concello é acometer un proxecto de humanización desta rúa, que incluirá a contrucción de beirarrúas máis amplas, novas canalizacións dos servizos de abastecemento e saneamento, e mellora da iluminación pública.

Fumega, en resposta á inquietude veciñal en relación ao exceso de velocidade no que circulan vehículos neste vial, asegurou estar informado desta problemática e avanzou que a idea do concello é instalar pasos de peóns sobreelevados como reductores de velocidade.

18, Outubro 2019

O BNG afirma que "os trámites administrativos para cubrir a praza comezáronse tarde e a dia de hoxe seguen agardando por un profesor de percusión".

Unha situación que "está ocasionando a pérdida de clases por parte do alumnado do conservatorio e está xerando unha falla de calidade na ensinanza musical que vai ter difícil recuperación", manifestan.

Dende o Bloque Nacionalista Galego reclaman "o dereito dos estudantes a ter un profesor dende o principio de curso tras pagar unha matrícula que en moitos casos pode rondar os 600 euros".

Lamentan que nin por parte da dirección do conservatorio nin do concello se dean explicacións, unha situación que pon de manifesto "a falta de previsión e planificación do equipo de goberno do concello", remarcan os nacionalistas.

17, Outubro 2019

Asi o manifestou o alcalde Francisco Fumega no transcurso dunha intervención radiofónica en COPE O Carballiño.

O rexedor municipal, en relación a esta polémica en Arcos tras as notificacións municipais remitidas a veciños desta localidade reclamándolle o pago dos recibos da recollida do lixo con carácter retroactivo dos últimos catro anos, manifestou que "estamos mirando unha maneira de condonar as débedas deses catro anos, non por condonar, a verdade é que antes nunca se lle notificara".

Fumega referíuse a escritos dun grupo de sete veciños de Arcos, dos anos 78 e 80 nos que poñían ao concello en antecedentes sobre as súas propiedades comunais, ocupadas polo concello carballiñés con distintos equipamentos públicos, ou o caso da parcela, tamén comunal, que o concello do Carballiño cedeu para a contrucción da Casa Cuartel da Garda Civil.

O alcalde recordou que "éste é o compromiso que saíu do pleno e estamos buscando unha solución".

17, Outubro 2019

O alcalde en funcións do concello de San Amaro,Carlos Paz González, mantivo unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para facerlle chegar algúns dos proxectos que se pretenden poñer en marcha no concello amarense durante este mandato municipal de catro anos.

Ente os ausntos que aboradaron está a posibilidade de converter a San Amaro nun proxecto piloto provincial na posta en marcha da súa Biblioteca Vivente, unha proposta que quere recoller desde xa e dun xeito sistematizado a memoria das persoas que habitaron e habitan o concello amarense, deixando para as xeracións futuras copia do seu testemuño. Este proxecto, que dará inicio nas vindeiras semanas, pretende crear un arquivo histórico dixital coas imaxes, lembranzas e memorias do noso concello na procura dunha maior autoestima da poboación.

Por outra parte, Baltar Blanco comprometeu un plan plurianual para a creación de illas ecolóxicas en todo o termo municipal, que ordenen a xestión e o tratamento de residuos dentro do concello. Procúrase con isto optimiza a recollida e o transporte do lixo, amais de poñer orde nos colectores de lixo e mellorar a apariencia dos puntos de recollida.

Tamén mantivo o compromiso para a renovación do campo de fútbol de Salamonde, para o cal este concello acaba de recibir na semana pasada o convenio da Xunta de Galicia, que remitiremos asinado nun breve espazo de tempo.

Asemade, mantén tamén a colaboración da Deputación coas Aulas madrugadoras, que seguirán desenvolvéndose no CEIP Plurilingüe Eulogio G. Franqueira.

Xa por último, falouse da posibilidade de converter os sobrantes da estrada OU-410, sitos cabo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, nun espazo ordenado de lecer que contemple un punto de información turística, un estacionamento para caravanas e un espazo infantil.

16, Outubro 2019

Certo persoeiro quere convencernos de que Maside é un pais de fantasía onde a igrexa de Dacón é do século XIII (San Roquiño bendito de Morgadáns e Santa Baia de Donas me asistan!!!!) e as obras de "humanización" da praza da igrexa son da Deputación. Por esa razón, porque son obras da Deputación, hai que criticar ao Concello pola falta de previsión. Un pais de maxia e fantasía onde os caprichos do alcalde están por riba das sentencias do Tribunal Supremo relativas á imposibilidade de que tanto os concelleiros como os habilitados podan ser gravados. Un pais de maxia e fantasía onde os caprichos do alcalde podan conculcar dereitos fundamentais.

No mundo real, a igrexa de Dacón é do século XX, inaugurouse no ano 1929, a obra de humanización da praza é do Concello con cargo aos Plans Provinciais (cartos que a Deputación transfire aos concellos, pero igual que cando os transfire aos concellos do PP, as iniciativas son dos alcaldes do PP que xestionan directamente as obras, o mesmo mecanismo que opera pra os alcaldes do PSOE, e igual que tanto para o PP, PSOE e calquera partido que goberne, non son cartos de Baltar junior senon que son cartos dos contribuintes, que vía Orzamentos Xerais do Estado, van as deputacións provinciais pra desenvolver as súas competencias).

No único no que leva razón o persoeiro é que o alcalde non debería chamalo mentireiro. Debería limitarse a decir que é unha persoa cunha fantasía moi hiperactiva.

No mundo real, o relato que se axusta con absoluta veracidade porque pode ser comprobado, é que o alcalde anuncia as obras o 24 de xuño, e di que o mércores 26 de xuño comezará as obras. Nesas datas non creo que existira nin proxecto técnico, e o que é seguro é que non se sabía a contía de cartos que virían da Deputación.

Neste tempo o persoeiro e outro mariachi andaban de safari contra as velutinas (sacaron un niño).

Para poder axudar aos demáis tes que demostrar que podes axudarte a ti mesmo. E debes demostrar que sabes por onde andas. O relevante nestas datas é coñecer a nova adxudicación das novas obras de "mellora" e se é axustada a nova Lei de Contratos do Sector Público. Ata o de agora o voceiro da oposición non dixo nada sobre todo esto, quedou mudito como fai sempre o PP, ou ben porque non hai capacidade pra meterse a fondo na lei (bastante farragosa), ou ben por apatía. E quedaba mudito tamén sobre este asunto, nese ladrillo que enviaba á Cope..

Un consello: Métase na lei, e non espere a que boten a película.

E por suposto, todos os daconenses aplaudimos esta obra, é unha moi boa iniciativa que chega algo tarde (xa o levaba Celsto no seu programa de fai catro anos e medio). Pero queremos que se faga con calidade. Hai algo que resulta chamativo: Se a obra do paso de cebra elevado costou 18.000 euros, con 40.000 euros non se fai esta obra nin fartos de viño.

 

16, Outubro 2019

Un milllón de euros, éste é o premio que se leva o posuidor dun boleto do Euromillón deste pasado martes 15 de Outubro vendido no Bar Lérida do Carballiño, na rúa Norte esquina coa Praza dos Irmáns Prieto.

Trátase dun premio que é único en España, sendo a primeira vez que toca no Carballiño. Descoñécese a identidade do afortunado posuidor do boleto premiado.

O código do boleto premiado é XJC 74608

15, Outubro 2019

Zona from Facebook crea este curso de 4 horas, gratuíto, enfocado á formación para mulleres emprendedoras, autónomas e traballadoras de PEMES pensado para axudalas a desenvolver e xestionar valiosas redes de contactos con ferramentas dixitais de Facebook.

O programa de formación inclúe distintos módulos que tratan do potencial de Facebook, Instagram, WhatsApp e Messenger para potenciar o seu negocio.

O programa está baseado nas ferramentas de xestión de redes sociais de Facebook e consta de 4 horas de formación durante as cales se desenvolven as actividades en equipos de traballo para lograr unha aprendizaxe colaborativa máis significativa.

Esta accíon informativa desenvólvese durante este mes de Outubro para xóvenes entre 18 e 30 anos, en distintos grupos tanto no Carballiño como en Ourense

Para máis información: https://cursos.coworkingamina.es/

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS