30, Outubro 2019

COPE O Carballiño estrea un novo espazo na programación local de mediodía no que imos recuperar diversos episodios, acontecementos e páxinas sonoras da historia do Carballiño.

Na primeira entrega, esta semana, achegámonos á historia dos pioneiros da radiodifusión carballiñesa, unha historia que nos remonta ao ano 1946 cando comezou a emitir unha pequena emisora de radio, a segunda en facélo na provincia de Ourense.

O pioneiro da radiodifusión local foi Gabriel Valeiras Muñoz , xunto ao párroco do Carballiño naquéles tempos D. Evaristo Vaamonde, que ademáis de promover a contrucción do templo da Veracruz, impulsou a posta en marcha daquela emisora de radio nunha época na que a O Carballiño apenas chegaba o sinal de Radio Nacional de España. Completaban o equipo humano daquéla primeira emisora de radio carballiñesa como colaboradores Francisco Pinal e o Sr. Ginés, éste último era o técnico de Telefónica no Carballiño.

Os estudos dende os que emitían encontrábanse na Praza da Mina, nun local comercial no que o propio Gabriel Valeiras montaba e vendia receptores de radio, e a pouca distancia a antena da emisora instalada no tellado da casa da familia Pereira, na rúa principal do Carballiño, nos baixos deste edificio encotramos hoxe o restaurante “Ernesto Patio”.

Aínda que a emisora era de pequena potencia cubría tanto O Carballiño como os arredorres.

Na programación dominaba a música con dedicatorias e as platicas do párroco D. Evaristo nas que pedia axudas para as obras da Veracruz.

Lamentablemente, a aventura apenas durou  unhos meses, xa que foi precintada por órden do Goberno Civil por carecer dos permisos da época.

No programa contamos co testemuño de Gabriel, este carballiñés pioneiro da radiodifusión local, que está próximo a cumplir os cen anos.

Cada semana en “O Carballiño, aquel pobo, aquela xente” en COPE farémos memoria da nosa historia local.

29, Outubro 2019

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación, Guadalupe Sobrado, presentou hoxe no colexio Vila do Arenteiro un libro-guía de Os Bolechas editado polo concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, e que ten por título “Macrofesta no Carballiño. Pais, nais, Mestres, mestras, nenos e nenas”.

Trátase de distribuir mil libros en todos os centros educativos do Carballiño co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de educar en igualdade e contra a violencia de xénero, implicando a todos os estamentos que conflúen no sistema educativo: alumnos, profesores, país e nais e anpas.

A publicación, de 32 páxinas, contén textos e ilustracións alusivas a aqueles elementos máis significativos do Carballiño, como son o Concello, o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, O Museo Etnográfico do Arenteiro, a fonte do concello, a estación de Renfe, a Festa do Pulpo ou o monumento Munten da Praza do Emigrante.

Asimesmo, na penúltima páxina inclúese un plano do Carballiño coa localización de todos estes lugares e referencias.

29, Outubro 2019

A oitava edición dos Premios Arenteira, que promove o Aparthotel Arenteiro, celebrarase o 29 de novembro, e nese acto entregaranse os galardóns correspondentes ás modalidades de Cultura e Ciencia, Deporte e Título Póstumo, que recaeron, respectivamente, en Miguel Ángel García, Iván Docampo e Elixio Villaverde.

Así o manifestaron esta mañá Uriel Bernardez, xerente do Aparthotel Arenteiro, e Xosé Luis Sobrado, presidente do xurado, durante a presentación deste evento.

Uriel Bernardez expresou a súa satisfacción por acadar a oitava edición do premio e facelo cun incremento notable na participación das entidades colaboradoras, que se volcaron nas propostas e votacións, chegando ao 90 por cento dos posibles receptores da iniciativa.

Xosé Luis Sobrado glosou os méritos de cada un dos galardoados.

Así, de Miguel García destacou o labor que leva realizando dende hai 35 anos coa recollida de datos na estación meteorolóxica do Carballiño; de Iván Docampo destacou os premios recibidos en probas de cross e media maratón, e de Elixio Villaverde significou o seu papel de investigador da comarca do Carballiño, especialmente da emigración a México, pero tamén doutras vertentes históricas, como a Guerra Civil.

29, Outubro 2019

Solicita vostede un pleno pra que o Concello loite contra a plaga velutina (absolutamente ridículo é Medio Rural o que ten a competencia), e di vostede que o alcalde non pode solicitar unha votación no Pleno pra que se envíe un escrito a Medio Rural habida conta de que vostede di que a xestión de Medio Rural é moi deficiente.

Vexamos o que di a Lei. O artigo 82.3 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales especifia:

  1. El Alcalde o Presidente, por razones de urgencia debidamente motivada, podrá incluir en el orden del día, a iniciativa propia o a propuesta de alguno de los portavoces, asuntos que no hayan sido previamente informados por la respectiva Comisión Informativa, pero en este supuesto no podrá adoptarse acuerdo alguno sobre estos asuntos sin que el Pleno ratifique su inclusión en el orden del día.

Non sei se vostede ten capacidada pra interpretar este artigo habida conta da súa nefasta e triste intervención de onte, pero que alguén con máis sentidiño que vostede llo explique.

Hay urxencia? Sí habida conta que vostede solicita un Pleno Extraordinario.

Foi motivado? Absolutamente, o alcalde o explica no Pleno

Podese tomar acordo plenario de enviar o escrito??? Si porque o Pleno ratifica a inclusión deste punto na Orde do Día.

REPITA CONMIGO: A ACTUACIÓN DO ALCALDE AXUSTOUSE PERFECTAMENTE A DEREITO

Déixolle a normativa pra que estudie https://www.boe.es/buscar/pdf/1986/BOE-A-1986-33252-consolidado.pdf

29, Outubro 2019

De "dantescas", asi é como dende Espazo Común califican as esceas vividas este pasado domingo na estación do tren do Carballiño, "onde foi a coraxe dun grupo de pais, nais e estudantes a que evitou un novo, e xa sería o enésimo, atropelo aos dereitos dos usuarios do transporte público na nosa contorna", subliñan.

Refirense ao episodio vivido na tarde-noite do domingo cando "coma case tódolas fins de semana, cando maior afluencia de pasaxeiros hai cara a Santiago de Compostela, o tren que debía levalos ao seu destiño sufriu unha avería e o que foi envíado para sustituilo non tiña a capacidade suficiente para acoller a tódolos que alí agardaban".

E remarcan que "é necesario recalcar que esta aldraxe non afecta só á veciñanza do Concello do Carballiño, senon que mozos e mozas de toda a comarca teñen que sufrila constantemente".

Dende Espazo Común manifestan que "levan xa moito tempo denunciando a precariedade do transporte público e o seu progresivo desmantelamento no noso pobo". Non obstante, recordan que a pesares de ter aprobado numerosas mocións para que o goberno emprendera medidas concretas na súa defensa "vemos que non se acometeu ningunha e a problemática segue a agravarse".

Consideran que son unha incongruencia "as excusas da EMPRESA (verba clave para entender todo o asunto) que non había tanta xente que tivera a reserva de billete feita cando é imposible adquirilos en domingo na estación local ao estar pechados os despachos. Loitar contra esta circunstancia é un exemplo de proposta aprobada no pleno municipal e que ante a inacción do alcalde quedou en papel mollado". E O mesmo aconteceu, inciden dende Espazo Común, "co acordo tomado de convocar á Plataforma pola Defensa do Transporte Público que foi tomado en pleno pero que caeu no esquecemento ante a pasividade dun goberno incapaz de facer forza para defender os dereitos dos seus veciños".

Dende esta formación politica razonan que "a problemática coma sempre nestes casos ven dada pola dualidade de difícil conciliación entre servizo público e empresa encamiñada á obtención de beneficios. Polo medio, os perxudicados son os de sempre, os cidadáns dos lugares menos poblados que ven desparecer elementos imprescindibles para o seu día a día. Despois siguennos co conto da loita contra o despoboamento pero a realidade deixa espidas estas mentiras constantemente".

Finalmente, anuncian que o Grupo Municipal de Espazo Común e despois de reunirse coas asociacións de estudantes e xuvenís do Carballiño, Asesgal e Xuca, levarán ao vindeiro pleno da corporación municipal carballiñesa unha serie de medidas concretas a executar con urxencia "para recuperar a dignidade do transporte que é de todos, un dereito polo que temos que pelexar".

28, Outubro 2019

 

Hoxe,  28 de outubro de 2019, o voceiro do PP volve á carga pra agasallarnos con outra nefasta e vergonzante intervención. Ademáis de ler un escrito sen pes nin cabeza no que abondan numerosos disparates, como o de que o PP convoca un Pleno extraordinario (O PP solicita en base á lei a celebración dun Pleno extraordinario, que convoca o alcalde que é quen ten potestade pra elo), pra loitar contra as velutinas, cando a competencia é de Medio Rural, e pra que se arranxen as pintadas da igrexa, cando o propietario é o Obispado. Ademáis de decir sen ningún fundamento xurídico que o Pleno non pode incluir un punto de urxencia no Orde do día, previa deliberación , no que se someta a votación a necesidade de enviar un escrito a Medio Rural, no que se solicita que sexa más dilixente na solución dun problema que é a súa competencia, máxime cando ata o voceiro do PP recoñece a nefasta xestión de Medio Rural...

Non contento con isto... Carga contra o alcalde cuestionando a súa vida profesional como arquitecto.

Quizaís habería que cuestionar a profesionalidade do voceiro da oposición. Habería que cuestionarse que en horario laboral un funcionario dunha administración pública ocupe un espazo radiofónico, pra decir disparates,  pra convertir a política nun circo, e pra cuestionar a vida profesional dun veciño de Maside. E que o faga con tanta frecuencia, e cun baxísimo umbral do sentido do ridículo. Habería que cuestionarse se os cartos do contribuintes deben servir pra soster charlatáns con moi pouca dignidade e escaso respecto polas actividades profesionais dos demáis. Charlatáns con escaso ou nulo rigor.

Se o voceiro do PP quere facer algo de utilidade pra Maside, recoméndolle que se informe e que lea esto http://www.ppou.es/Blog/contenido/127/Casimiro_Campo_consegue_que_a_Xunt...

E tamén isto, porque os veciños reclaman ao PP que cumpla as súas promesas electorais, e que non teña UNHA PROFUNDA AMNESIA, COMO DÍRÍA O DO CARBALLIÑO

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/maside/2016/05/29/maside-s...

En definitiva, se o PP quere facer algo de utilidade pra Maside, que se deixe de cuestionar a vida profesional dos veciños de Maside, e que teña a dignidade suficiente pra que cando veñan os conselleiros, consorcios de demás "correveydiles" da propaganda Feijóo, fagan algo máis que vender fume.

Porque ano tras ano, o PP non inclue nos orzamentos unha dotación presupuestaria pra facer fronte a unha problemática que clama ó ceo, cuxo proxecto xa está aprobado e comprometido, tan só fan falta os cartos. E todo isto malia que Feijóo dende a súa chegada case que triplicou a débeda pública de Galicia.  https://datosmacro.expansion.com/deuda/espana-comunidades-autonomas/galicia

28, Outubro 2019

O servicio que presta adif cada día e mellor. Os estudiantes que marchan pa Santiago os domingos levan todo o curso con problemas, chega tarde, paralle no camiño ou lle poñen outobus. Mándanlle o tren turístico llos rapaces teñen que ir de pe. Son as 21:34h e inda estamos na estación cando ten a salida as 20:22. A ver se os nosos políticos toman medidas.

28, Outubro 2019

Alvite, no concello de Beariz, e Pazos de Arenteiro en Boborás, son os pobos máis bonitos da Comarca do Carballiño, ambos foron os máis apoiados na fase preliminar na que a votación foi aberta e podía votarse a calquera das máis de 500 aldeas repartidas pola xeografía comarcal, e volveron selo tamén na votación final, á que tamén chegaron Cabanelas e Banga como os outros dous finalistas.

Alvite (45% de voto válido) e Pazos de Arenteiro (45% de voto válido) arrasaron nesta segunda votación, acaparando ambos a mesma porcentaxe de voto, o 90% do total.

As dúas aldeas mobilizaron aos seus seguidores e provocaron unha votación másiva que con pequenas oscilacións foi moi igualada dende que se abríu a votación o pasado mércores ata que se pechou na medianoite deste pasado domingo. 

Banga e Cabanelas conseguiron o 10% dos votos restantes. Rexistráronse algo máis de 9.000 votos válidos.

A proposta de COPE O Carballiño tivo unha gran repercusión popular, cumplindose o obxetivo de dar a coñecer e promocionar o gran patrimonio rural da nosa comarca. Na galería fotográfica pode observarse a beleza que atesouran tanto Alvite como Pazos de Arenteiro.

COPE O Carballiño organizará unha festa tanto en Alvite como en Pazos de Arenteiro, deste recoñecemento como os pobos maís bonitos da Comarca do Carballiño, en datas entre a primavera e o verán de 2020 que se acordarán coa veciñanza e anunciarémos debidamente.

Intentos de alterar a votación

Durante os días nos que permaneceu a votación aberta nesta páxina web houbo numerosos intentos en manipular a mesma.

O sistema de votación utilizado mediante voto telemático básase en deixar unha cooke no navegador para detectar se a persoa votou ou non, pero reiteradamente utilizando unha rede de bots de ordenadores conseguiron votar, en algunhos casos masivamente, e asi tratar de alterar os resultados. Foron anulados todos eles tras as correspondentes comprobacións feitas polo administrador da Web.

25, Outubro 2019

A marca EnoTurismo Galicia, que agrupa a oferta enogastronómica das cinco rutas do viño galegas, será a protagonista dun workshop en Madrid, o luns vindeiro 28 de outubro.

Novotel Madrid Center será a sede desta acción profesional na que poderase coñecer a oferta de 25 empresas galegas. Ademais das seis da Ruta do Viño Ribeiro haberá nove procedentes da Ruta do Viño Rías Baixas; tres, da Ruta do Viño Ribeira Sacra; unha, da Ruta do Viño Monterrei; e cinco da Ruta do Viño Valdeorras.

Entre os convidados que xa confirmaron a súa asistencia a esta cita están axencias de viaxe; empresas organizadoras de congresos e eventos; asociacións sectoriais; prensa; e, en xeral, profesionais dos sectores DMC e MICE.

Os asistentes rexistraranse a partir das 18:30 horas; o workshop chegará desde as 19:00 horas; e, xa ás 21:00 horas, terá lugar o acto de presentación de Enoturismo Galicia, coa presenza de Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.

Entre os obxectivos desta actividade están promocionar Galicia como destino enoturístico e servires como punto de encontro para o sector, as súas empresas e profesionais.

O Clúster Turismo de Galicia organiza este evento, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia.

Marca xeradora de sinerxías

Impulsada polas cinco rutas do viño en colaboración co Clúster Turismo de Galicia e con Turismo de Galicia, EnoTurismo Galicia é unha marca paraugas baixo a que se agrupa a oferta en turística dos cinco vieiros do viño galegos: Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei.

O seu obxectivo é o adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permita dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do país de xeito conxunto, promocionando o enoturismo e a enogastronomía, especialmente de fronte ao exterior, así como xerar sinerxías entre as cinco rutas.

A través da súa web http://enoturismoengalicia.com infórmase das novas e recursos no seu eido, neste portal tamén se ofrecen plans turísticos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS