20, Agosto 2019

Os vinte alumnos e alumnas que formaron parte do obradoiro de emprego “Carbosan 2018/19” recibiron hoxe os diplomas que acreditan a súa asistencia aos respectivos módulos de albanelería e forestal nos concellos do Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro.

O acto tivo lugar no salón de plenos do concello do Carballiño, e celebrouse coa asistencia dos alcaldes do Carballiño e Maside, Francisco Fumega e Manuel Cadaviz, respectivamente; da alcaldesa de San Amaro, Mª del Carmen Pérez, e da concelleira de Emprego de boborás, Rosa Pérez, así como do director e moitores do obradoiro.

Neste evento confirmouse a solicitude polos catro concellos participantes dun novo obradoiro para o período 2019/20, que terá os mesmos módulos e número de alumnos que o que se clausurou hoxe.

Os catro representantes municipais agradeceron o traballo desenvolto tanto pola dirección e os monitores como polo alumnado, e que tivo como resultado práctico, ademáis da formación, a realización de importantes obras nos catro concellos.

Neste sentido, amosaron a súa satisfacción polo obradoiro, e destacaron a importancia de ofrecer a posibilidade de que persoas desempregadas poidesen formarse e teñan a oportunidade de atopar traballo.

Un total de vinte persoas participaron neste obradoiro, que conformaron os concellos do Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro, e que estiveron distribuidos en módulos de albanelería e forestal. Así mesmo, contou con cinco persoas máis para as labores administrativas e técnicas

19, Agosto 2019

Cinco espectáculos teatrais e dous obradoiros forman parte do programa do xa clásico veraniego "Festival de Títeres do Carballiño" que organiza a concellería de cultura coa colaboración da Deputación de Ourense, con representacións a diario ás 19:30 horas na Praza Emilia Pardo Bazán.

Abre a programación este lúns 19 de Agosto a compañía "Os contos de Pablismo" coa obra "O Paroleiro", recomendada para un público entre os 4 e os 9 anos.

O martes 20, "Larraiz Urruzola" presenta "Dona Barriga Verde", para nen@s a partir dos 6 anos.

O mércores 21,  "Títeres Babaluba" trae a O Carballiño a súa producción "Lume" para un público entre os 2 e os 10 anos.

O xoves 22, "Fantoches Baj" representará "Auga que non vas beber", apta para todos os publicos, incluido o adulto.

O vernes 23, na xornada de clausura, "Viravolta Títeres" presenta "Marionetas de Papel", recomenndado para maiores de 6 anos.

Os dous obradoiros desenvólvense ás 12:30 horas, o lúns 19 sobre a creación de títeres con elementos de reciclaxe, e o vernres 23 sobre a creación de monicreques de papel.

 

19, Agosto 2019

Hai xa algún tempo, bastante puiden comentar co Alcalde do Carballiño o problema que ocasionan os vertidos das pulpeiras , os días de feira, nas alcantarillas de augas pluviais. Un problema tanto medioambiental, pois eses vertidos deberían ir ò río, xa que son de pluviais, un problema de cheiros e suciedade o quedar os resíduos pegados òs tubos e unha imaxe e un exemplo penoso para todos aqueles que o ven. A resposta do señor alcalde veu sendo unha cousa tal que “ boh, xa, é un problema de vello. E que lle fas? Xa baldeamos despois das feiras, é un problema complexo e difícil de solucionar.... hai que mirar..... a xente e que tamén é a os...” todo esto con tono comprensivo e de boa xente. 

Pero o caso e que dende aquela correu o tempo e seguimos nela. E a maiores cundiu o exemplo, ahora xa se pode ver os churreiros botando o aceite nas rejillas de pluviales..... e o concello segue a mirar para outro lado. 

O tema das feiras comeza a ser sangrante, cada un fai o que lle peta, non recollen o lixo, verquen nos sumidoiros, contenedores cheos e encima das aceras dias despois, rúas cheas de terra dos productos agrícolas...

O Carballiño a cabará por ser un referente de vertedoiro, tanto nas súas augas , como nas súas rúas. Cando comezaremos a coidar os nosos valores naturais? Logo queremos ser unha vila termal e turistica de referencia. 

A onde hai que chegar para que esa tan boa persona que é o Alcalde tome cartas no asunto? 

18, Agosto 2019

Esta muy ben que Carballiño teña festas todos os fines de semana e que os bares do centro lle vaya muy ben e ganen moiots cartos cas suas terrazas

Sin embargo os das aforas estamos olvidados da mau de dios e non se fai unha sola actividad desde o concello nos barrios para axudar tamen os que non estamos na rua prinicpal nin na plaza e eso non e xusto

O da festa venezolana deste fin de semana xa e demasiado unha falta de respeto para os negocios de aqui

¿quen organiza eso? ¿unha que iba na lista do Psoe? ¿a donde van os cartos que ganan vendendo bebida e comida e facendo a competencia os que estamos aqui todo o ano?

Gustariame que Xan Pinal fixera esas preguntas a o alcalde ou a algun concejal por que somos moitos os que queremos saber as respuestas

17, Agosto 2019

Espazo Común denuncia “o afán recadador do Concello” que, tras perdoar débedas antes das eleccións municipais, reclama agora ós veciños o pago de tasas “pola recollida do lixo nos anos 2016, 2017, 2018 e 2019 que nunca antes foran remitidos aos interesados”.

Sen explicación algunha nin comunicación previa, dáselle a estes cidadáns tratamento de morosos ao reclamarlle débedas de catro anos atrás, aseguran dende ESCO.

O grupo municipal Espazo Común en O Carballiño denuncia que, antes das eleccións municipais, “tramitáronse unha morea de expedientes de cancelación de débedas para moitos particulares e empresas por non ter sido notificados en tempo e forma”. Espazo Común precisa que “foron beneficiados negocios e persoas moi coñecidas do Carballiño incluíndo, por exemplo, a exconcelleiros” ó non ter que pagar “multas e impostos municipais por non ser a empresa de recadación quen de localizalos durante cinco anos”.

Sinalan que, tras as eleccións, “cambia radicalmente a actitude e comezan a chegarlle a veciños de Arcos, Veiga, rúas do Carballiño e algunhas outras parroquias cartas nas que se lles esixe o pago con carácter retroactivo da taxa da lixo da que ata hai pouco estaban exentos”. Espazo Común salienta que “é certamente curiosa a transformación da política económica deste alcalde e a súa aplicación moito máis que reprobable por parte da empresa de recadación e os seus responsables.”

Espazo Común considera “unha tomadura de pelo que algo así se ocultara ata pasado o proceso electoral” e tamén considera que se trata “dunha nova proba da mentira masiva urdida por Fumega antes do 26 de maio”. O grupo municipal precisa que “é evidente que un expediente de regularización deste tipo non se elabora en dous meses e resulta aínda máis sospeitoso que se pase ao cobro no segundo semestre deste ano 2019 e non no primeiro” e conclúe que “a única explicación é que esta cuestión permanecera agachada nun caixón ata despois das eleccións para non enfadar aos votantes”.

Finalmente, esta formación política esixe a convocatoria dunha xunta de voceiros para que se dean explicacións satisfactorias para a cidadanía e que se “rectifique esta política interesada e caciquil na que se está sumindo o Concello do Carballiño”.

De non ser así, engade Espazo Común,“falaremos co resto de grupos da oposición e valoraremos forzar a convocatoria dun pleno extraordinario.”

15, Agosto 2019

Os populares consideran que "a consecución da declaración de festa de interese turístico e raíz do feito de que se organice entorno ao día grande da Festa do Pulpo unha semana forte de actividades, queda claro que contribúe a que sexa coñecida como a semana grande do Carballiño e se potencia con máis forza unha maior presenza de xente no segundo domingo de agosto".

Non obstante, o Partido Popular matiza quedébese "ter coidado con que non se perda o equilibrio necesario para manter a Festa do pulpo en niveis altos e para elo" e poñen de manifesto os seguintes aspéctos:

A Festa do Pulpo débeselle dedicar a aquel lugar ou entidade que tamén garantan alomenos unha mínima presencia e respecto institucional. Referímonos a isto, toda vez que sendo unha edición dedicada a Asturias, na presentación só tivo presenza o concello de Gijón, representado pola súa alcaldesa. E o día da nosa festa, nin sequera isto, xa que o concello de Gijón estivo representado por un só concelleiro, e nin Oviedo, nin outras poboacións e moito menos o Principado de Asturias, tiveron representación algunha, polo que se fai preciso comezar dende xa a organizar a dedicatoria do ano seguinte, para planificar con tempo estas cuestións e ir a onde sexamos ben recibidos e se entenda a nosa dedicación.

A Festa do Pulpo, debe de recuperar as súas tradicións, que sempre fixeron dela unha gran romaría, polo que se ten que recuperar o Festival folclórico no Parque, que se eliminou fai 5 anos, e que era do gusto de moita xente que nos visitaba ese día, sendo tamén un dos elementos clave da nosa actual declaración de interese turístico nacional.

Débese de ter coidado co feito de que sexa o casco urbano quen lle gañe a partida ao parque Municipal en canto a asistencia, pois cando se detecte que a Festa do Pulpo, pase a ser mais urbanita que romaría, correse o risco de que deixe de ter o empuxe que ten.
O acontecido este ano, pasando de unha a dúas as zonas de minibares, fixo que no parque sonasen máis os decibelios dos grandes equipos de música que a propia música tradicional. Débese de marcar un criterio novo de adxudicación deste espazo para disfrute dos mais novos, e por suposto que, pudendo ser, que se aproveiten os locais do pobo, sen ter que “remendar” da forma que se fixo, pois alomenos podemos dicir que foi de forma “alegal”.

Tamén no parque Municipal, se debería de recuperar a instalación do sistema de megafonía que tradicionalmente existía, para trasladar algún aviso de importancia, que tanto podería ser de emerxencia como de perda dalgunha persoa.

De igual forma, baixo ningún concepto debería de permitirse no parque a presencia de vehículos que non fose os precisos de emerxencia e seguridade, nin sequera nas pistas existentes de terra, pois teñen lugares non moi lonxe onde poder estacionar. Di pouco da festa ver como coches e furgóns circulan para recoller os seus postos de volta sobre as 17 horas polo medio da xente que aínda quere disfrutar da festa.

E por descartado, para a xornada do día grande da Festa do Pulpo, se debe de organizar o tránsito de persoas e vehículos con máis seguridade e máis operativo, facendo estacionamentos en zonas máis alonxadas e organizando un transporte público que funcione todo o día, e transformando nun sendeiro mais peonil a unión do centro da vila co Parque municipal.

Respecto do concurso de camisetas do sábado, débese de organizar mellor o desfile, pois moitos mozos dos que desfilaron din facelo sen saber moi ben o que fan, e teñen a sensación de que desfilan máis para poder ser vistos polos que están sentados nas terrazas que para divertimento propio, cando é a eles, aos que se organizan en peñas, aos que se lles debe facer pasar unhas horas agradables.

Por último, algo que piden as nosas pulpeiras e que non se debería deixar de lado, e a posibilidade de que se habiliten puntos de auga e desaugadoiros repartidos pola zona onde se colocan no Parque, para evitar facer barrizais e que quen nos visita non teña que preocuparse en exceso por ver onde pisa.

O grupo popular do Concello do Carballiño afirma que sempre estará pendente desta festa, estamos e estaremos sempre participativos e colaboradores, e deixamos as nosas recomendacións sobre diversos aspectos que consideramos se deberían de mellorar ou rectificar en posteriores edicións.

15, Agosto 2019

Escoitada a entrevista do voceiro de PP de Maside na que tentaba xustificar a urxencia dese Pleno extraordinario, e toda vez que di que o ano pasado xa había problemas cas velutinas, e que o Obipado xa seleccionou a empresa para arranxar as pintadas ¿Onde está a urxencia?

Con respecto ás velutinas. Se o ano pasado había este problema, e sabendo que a competencia da loita contra a avespa velutina é de Medio Rural ¿Cómo é que non pedira este Pleno o ano pasado, habida conta que xa leva casi que tres anos sendo o candidato do PP de Maside? (Supoño que pedirá este Pleno para criticar a nefasta xestión de Medio Rural no tema da velutina porque é a súa competencia, e agardo que incida nesta liña cando estemos na campaña das autonómicas).

E se o Obispado xa encargou a empresa, e xa non hai problema con quén paga cada parte ¿Onde está a urxencia? E se é o Obispado quen xestiona os traballos de restauración ¿A qué ven debatir este tema no Concello? ¿Qué ten que ver o Concello co Obispado? Se ten tantas presas agora, que llas meta ao Obispado. Non sei, eu penso que este home quere dar a nota nestas festas.

Outra cousa curiosa é que diga que é novato, e que por outro lado diga que no ano 2017 sacara non sei que nota de prensa ¿Canto tempo necesita para pasar de neófito a iniciado? Aysssssssss, moita presa para dar a nota, e pouca para deixar de meter a pata fastidiando o normal funcionamento da vida dos demáis.

Rogo que se este medio ten información de cando se celebra o Pleno a publique pra poder asistir. Os masidaos carecemos de información "ex ante" de cando se celebran os plenos. Non sae publicado en ningún sitio, e se non vamos cada día ao Concello a mirar o taboeiro de anuncios é imposible saber cándo se celebran. A páxina web do Concello ten valor nulo a éste e outros efectos (por intereses).

15, Agosto 2019

Pasear estes días polo Carballiño da moita pena a sensación de abandono é total e parece un pueblo abandonado.

Sirva como exemplo a rúa Aldara e a Plaza da Mina no medio do pueblo é noxento que haxa sitios tan sucios polos que non se da nin pasado sin que se peguen os pes e ver montañas de basura.

Desoís queremos presumir de sitio turistico.

Que o alcalde se baixe da poltrona da  mayoría absoluta e se poña a traballar polos veciños ou imos empezar a pensar que os que sabían facer as cousas no goberno eran os que xa non están.

14, Agosto 2019

Co obxectivo de integrar ao colectivo de venezolanos en Galicia e para compartir as manifestacións propias da cultura e gastronomía venezolana coa poboación do Carballiño e a comarca, celébrase por segundo ano consecutivo a II Festa de Venezuela no Carballiño, que terá lugar este sábado e domingo, 17 e 18 de agosto, na Praza Maior.

O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e os representantes da colectividade venezolana no Carballiño, Nakari Agüero, Sara Granados e Roger Borgioni.

Diego Fernández agradeceu ao colectivo venezolano o seu traballo para organizar esta festa que reivindica a cultura do seu país en Galicia, e que congrega no Carballiño un gran número de persoas.

Gastronomía, música e actividades de animación sucederanse esta fin de semana desde a mañá ata as 11 da noite na Praza Maior, como explicou Nakari Agüero. Resaltou as actividades infantís que vai haber, como inchables. Tamén destacou o desfile de príncipes e princesas do sábado e o concurso de talentos do domingo, entre outras propostas de entretemento.

Roger Borgioni incidiu na integración da cultura venezolana na programación festiva do verán e asegurou que habería mellor organización que o pasado ano, e que tiñan unha expectativas elevadas para esta edición.

Finalmente, Sara Granados convidou á veciñanza a participar neste evento.

14, Agosto 2019

Degradación á vista de todos. Cada ano imos comprobando que esta festa e días previos convertense en carta blanca para xente nova cun porcentaxe moi alto de menores, que invaden as rúas con bolsas de supermercados cheas de alcohol dun lado para outro rematando en concentracións de macro botellón permitidas. Atrae ou benificia esto a alguién?. Non pechemos os ollos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS