14, Agosto 2019

Por que al final todas las fiestas típicas de un pueblo acaban siendo macrobotellones??'

Q pena!!.... pues es lo que está pasando con la fiesta del pulpo de Carballiño

Hasta hace poco, todo el parque ese dia estaba dedicado a la fiesta gastronomica, bares, pulpeiras, y familias esparcidas por el paque haciendo comidas tranquilas

Hace unos años empezaron a colocar barras donde solo se venden bebidas, con música muy alta , gente bailando, bebiendo, ........

Pero esto ultimo veo que va a más, y que se están apropiando de zonas destinadas hasta ahora a las comidas tranquilas de las que hablaba antes,ademas de ocupar espacio, molestan con la musica altisima, y con la gente que está en ellas....

Deberian acotar la zona destinada a este tipo de diversion, por que por lo que me cuentan este año se les fue de las manos.

Familias o grupos de amigos con la intendion de disfrutar de un dia de fiesta  en el parque que se les fastidió por todo lo que vieron alrededor.Musica alta, gente borracha, ambulancias, gente consumiento drogas delante de todos ,haciendo sus necesidades al lado de ellos,  y para rematar una pelea

Por favor no dejeis que se pierda la tradicion de ir al parque ese dia...... acabo de leer que cada vez es más urbanita esta fiesta.... que pena!

Una idea seria llevar toda esta zona de movida justo para al lado del recinto.... que les parece?

 

 

13, Agosto 2019
13, Agosto 2019

Pertenzo a un grupo de amigos que leva disfrutando da festa do pulpo no parque do Carballiño máis de 25 anos. Todos estes anos reservávamos a “nosa parcela” sempre no mesmo sitio, na parte datrás dos chalets do parque; un lugar onde se colocaban habitualmente pandillas e grupos e co paso dos anos fóronse incorporando nenos que disfrutaban dunha zona onde o podían pasar ben sen necesidade de meterse no centro do rúido, batallas de auga, etc que había na zona da fonte. Todo o que quería disfrutar dese tipo de festa, sabía onde se tiña que meter.
Pois este ano, gracias ao Concello do Carballiño e en particular aos concelleiros encargados de “organizar” esta festa, convertiron a zona de atrás dos chalets nunha zona onde xa no se pode xantar “tranquilamente” nin permitir que os teus fillos xoguen por alí sen atopar a mozos e moazas (e non tan novos) facendo as ´suas necesidates ao lado dunha árbore ou incluso consumindo estupefacientes. Gracias á previsión dos organizadores, os baños públicos (a parte de excasos) ás 9 da noite xa estaban pechados.
Este é o camino que lle queren dar á festa do pulpo? Coa excusa de que “é un día” a hostelería do Carballiño ten permiso para campar ás súas anchas? Un día é un día, pero tamén está claro que de seguir así a festa do pulpo está sendo pan para hoxe fame para mañá.
Se queren que a festa do pulpo siga medrando, que aprendan a organizala, que xa lle van sendo horas!

13, Agosto 2019

Día 13 de agosto, e seguimos sen cobrar... Algun dos responsables sabe que temos hipotecas, familias....????
Dende hai meses a esta parte, na mancomunidade do Carballiño estabamos acostumbrados a cobrar a principios de mes, posto que todos seguimos realizando as nosos traballos e temos dereito a un salario.
Pero... todo o bo remata... coa reeleccion do mesmo presidente parece que queda claro que a xestion que queren os concellos é esta... ter ós traballadores pendentes sempre dun fío.
Unha vergoña que estemos sempre na mesma... agradecemos a vosa colaboración e difusión desta situación. Supoñemos que todo se arregla cunha excusa calquera na prensa.... pero esto xa farta!!
Por desgracia, neste seculo temos que denunciar esta situacion de forma anonima, pois quen quere represalias por parte da empresa? Nadie. Soamente queremos que se resolva esta situación de impagos, inxusta e vergonzosa.

13, Agosto 2019

As festas patronais do Carballiño xa contan con cartel, libro-programa de man e un calendario de actividades que animarán as rúas da vila do 13 ao 19 de setembro.

O evento foi presentado esta mañá polo alcalde Francisco Fumega e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

O grupo folk Treixadura, a orquestra-espectáculo Panorama, un concerto tributo a Héroes del Silencio, a banda de música de Vilatuxe e unha gran sesión de fogo, son os reclamos principais destas festas, que contarán con sete orquestras, tres charangas, dúas bandas e dous concertos, ademáis de actividades infantís.

O cartel das festas foi realizado polo pintor cangués Camilo Caamaño Xestido, a quen Francisco Fumega lle diu as gracias por elabolo.
Trátase dun cartel realizado a partir de fragmentos dun gran mural pintado por Camilo Caamaño sobre o templo da Veracruz, conservando os aspectos máis formais da composición, xa que, según o pintor, “o templo da Veracruz é un referente do Carballiño e non precisa de aditamentos para expresar a súa grandiosidade e simboloxía”.

Ao repecto, tamén dixo que “o grafismo é moi comedido para non romper a configuración da arquitectura de Antonio Palacios”, polo que o pintor profesa unha gran admiración.

Precisamente, en xaneiro deste ano cumpriuse o 125 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, e de aí a oportunidade deste cartel.

O programa festivo comeza o día 13, no que destaca o concerto do grupo folk Treixadura na Praza Maior.

O programa, aclararon, aínda non está pechado e ao mesmo agardan incorporar máis actividades festivas.

O día 14 haberá pasarrúas coas charangas Doctor Anchoa e Castro Vello. A verbena correrá a cargo da orquestra-espectáculo CLAXXON, e tamén haberá un concerto tributo ao grupo pop Héroes del Silencio.

O día 15 haberá un concerto da banda de música de Vilatuxe, e pola tarde e noite verbena coas orquestras Alianza e Israel. A charanga CLK ofrecerá pasarrúas.

O día 16, feira no Carballiño, actuarán as orquestras Compostela e Ritmo Noche, e terá lugar a sesión de fogo voador coa Pirotecnia Josman na explanada do parque municipa.

E o día 17, festividade do San Cibrao, haberá un concerto da banda de música do Carballiño e as actuacións das orquestras Panorama e Pontevedra.

O día 18 será o Día do Neno nas atraccións, e o 19 e como despedida festiva O Carballiño súmase á Romaria da Saleta en Astureses.

12, Agosto 2019

Fai mes e medio PP Gotera e Velutinio retiranon co seu propio estilo un niño de velutina ás oito da tarde dun sábado. De alí se foron e non apareceron ata o seguinte sábado no que puideron constatar que alí onde desenvolveron as súas chapuceiras actuacións a rúa estaba afestada de velutinas (as que estaban na procura de comida).

Velutinio, descontento con non recibir medaias e homenaxes con tan destacable actuación, pide un Pleno extraordinario en Maside porque según él o Concello non ten os medios suficientes para loitar contra a avespa velutina ¿Descoñece que a loita contra a avespa velutina é competencia de Medio Rural? ¿Descoñece que o titular de Medio Rural é de Maside e é tamén PePe? ¿Non sería máis sinxelo que entre PePes arranxasen o problema cando é a súa competencia? ¿Ou quere poñer en evidencia ao titular de Medio Rural?

Velutinio, probablemente inquieto pola ausencia de xustificación deste Pleno extraordinario, engade un segundo punto. E aquí ven a traca. Di que quere que as pintadas da Iglesia estean arranxadas antes das festas. E que o pague o Concello nun 66% da contía ou máis. E que se Maside pinta Maside paga.

Sendo moi pouco prudente falar en nome de Maside cando tes a representación que tes, e estando de acordo en que a maioría dos masidaos desexamos que as pintadas se arranxen canto antes é preciso matizar que:

1º Non está acreditado que un masidao fose o autor das pintadas. De ser así sería a propia xustiza a que lle faría pagar (velutino é moi xeneroso cos impostos de todos).

2º Velutinio ten o mérito de ser o primeiro candidato a representar a unha Administración Pública, que quere que esa administración pague máis cando outra institución está disposta a pagar a maior contía (volve a ser moi xeneroso cos impostos dos masidaos)

3º Eso de que se Maside pinta Maside paga é unha solemne bobada, por moi orgulloso que velutinio poda estar deste motto. Pintan os masidaos, e hai masidaos que están pintando bastante a mona cando meten os fuciños nunha ANPA, cando abandonan un Pleno porque non era en mércores, cando no seu programa electoral prometen que van a facer un Plan Básico en dous anos cando xa ten a norma subsidiaria que é un Plan Básico o que impide facer outro Plan que non sexa o PXOM , etc...

Asistirei a ese Pleno pra botar unhas risas, e rogo que canto antes se celebre outro Pleno extraordinario para ensalzar as bonanzas do retrete. Seguro que ten máis xustificación, máxime despois desas loas ao retrete de "Maside en positivo".

 

12, Agosto 2019

A corporacion municipal do Irixo celebrou o pleno extraordinario convocado para dar conta de forma oficial do falecemento do alcalde Manuel Penedo, toma de posesión do novo concelleiro que agora ocupa a vacante deixada na corporación polo finado, asi como a elección de novo alcalde.

Non houbo ningunha sorpresa, e tal como estaba previsto foi elixido como novo alcalde do Irixo Manuel Cerdeira, ata agora e dende fai anos primeiro tenente de alcalde.

O novo rexedor municipal recibíu os seis votos do Partido Popular, mentres que os tres concelleiros do Partido Socialista abstiveronse nesta votación.

A emotiva sesión abríuse gardando un minuto de silencio en recordo de Manuel Penedo, alcalde do Irixo durante 32 anos, falecido o pasado dia 2 deste mes de Agosto.

12, Agosto 2019

Fai uns meses fíxose a Rúa de Evaristo Vaamonde dun so sentido, e fixose unha cuadrícula amarela sobre a calzada para mellorar a fluidez do cruce. Ademais pintouse de branco xusto en frente do portal Breogán nº45 para que se poda visualizar se ven un coche... Pois ben, meses despois nin dios respeta nada. Cada día hai un coche aparcado na zona branca dificultando a visión no cruce, calquer dia vai haber un accidente debido a PASIVIDADE  da policia local. Cada dia pasa un coche de policia por ali e nunca multan, nin tan siquera avisan de que non pode aparcar ahi. 

Paco fumega e demais persoas do concello, FACEDE ALGO XA!!! Logo botaremos as mans a cabeza, pero desde logo, se algun dia pasa algo nese cruce, os responsable seredes vos por permitilo cada dia sen facer NADA.

Un saúdo

 

11, Agosto 2019

Os comedores e terrazas dos restaurantes da hostelería local cheos e as rúas do Carballiño convertidas en comedores ao aire libre, a festa do pulpo séguese facendo cada ano que pasa un pouco máis urbanita, ésta é a tendencia dos últimos anos e que volveu poñerse de manifesto nesta edición de 2019.

E cada ano que pasa tamén pode constatarse que cada vez son máis as familias carballiñesas que celebran o xantar no propio domicilio.

Aínda que a esencia da festa, o ambiente de romaría,  hai que seguir buscandoo no parque municipal, o certo é que o número de caldeiras de pulpo repartidas polo casco urbano xa superan ás que se ubican no parque .

Tanto sexa no ámbito urbano durante os días previos como durante a fin de semana, como tamén o domingo no parque municipal,  o que está fora de discusión é o gran poder de convocatoria popular que cada ano sigue mostrando a Festa do Pulpo, con ducias de miles de visitantes que tamén este ano volveron abarrotar O Carballiño.

O concello do Carballiño apunta a un "novo record" de participación nesta 57 edición da Festa do Pulpo e como indicador delo fai referencia a gran cantidade de vehículos que dende mediodia podían verse estacionados nas aforas da zona urbana.

A xornada festiva desenvolseuse con normalidade e sen incidencias, e finalmente, ata o tempo acompañou a pesar da amenaza de choiva, cun dia de ceos nubosos e temperaturas suaves, con máximas de apenas 21 graos.

10, Agosto 2019

Parece que o cheiro que vimos de soportar na rúa principal estes días,  e que solo a chuvia resolveu, era o agosto das ratas nas alcantarillas. Que finalizou con un gran festin esta pasada noite de venres, tras o vertedoiro que se puido ver xa de madrugada tras á actuación de “ el combo “ convertida en un macrobotellon que deixou un monte de lixo onde as ratas se pasearon pola plaza maior ante o asombro de varios grupos de foraneos . Terrible imaxe de insalubridade a que se levan. Xa co sol o lixo seguía no sitio cecais como almorzo para os roedores. Preocupante problema de saude publica. 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS