
A Oficina de Turismo do Carballiño rexistrou máis dun milleiro de consultas dende que abriu as súas portas este verán. A procedencia dos visitantes segue a tendencia dos últimos anos e destacan os chegados de Madrid, Comunidade Valenciana e Andalucía. En canto aos estranxeiros, os que máis se achegan a solicitar información son os franceses, seguidos dos mexicanos e portugueses.
Os intereses dos visitantes que elixen O Carballiño como destino vacacional son principalmente patrimoniais e gastronómicos. Unha gran parte dos turistas preguntan pola Veracruz e pola súa construción.
Tamén o parque etnográfico do Arenteiro causa gran expectación, xa que se empraza a só 5 minutos do centro da vila e permite pasear, degustar a gastronomía típica e coñecer elementos da historia do concello. Nun radio de 200 metros, atópase a Fábrica de Papel, a Pena dos Namorados, o parque do Carballiño, a piscifactoría, o cámping, a Residencia do Tempo Libre ou mesmo unha estación meteorolóxica, ademais de dous restaurantes.
A información que solicitan os visitantes na Oficina de Turismo non se limita ao concello, xa que son moitos os que piden datos sobre outros puntos turísticos da comarca e da provincia de Ourense.

Este sábado día 17 reuniranse no Carballiño os descendentes dunha das familias que primeiro poboaron O Carballiño no intre de instaurarse unha feira nesta localidade.
Un total de 25 sucesores procedentes de países como Arxentina, Perú, Bolivia e cidades como Vigo, Santiago, Madrid, Vilagarcía, Ibiza, Barcelona ou Bilbao coincidirán por primeira vez na terra dos seus ancestros nun acto organizado polo C.E. Chamoso Lamas no que se lle explicará a historia desta familia a partir do primeiro ascendente documentado na parroquia de Dacón aló polo século XVI. Estes membros da familia foron coñecedores das súas raigames carballiñesas a partir da publicación do libro “Alarifes do Carballiño” publicado por este Centro de Estudios.
Nesa liña descendente podemos destacar a varios persoeiros que destacaron nun primeiro momento no oficio de arrieiros vinculados ás feiras locais para logo abrirse paso no mundo empresarial, xudicial, militar ou político. Así, segundo recolle o historiador e autor do libro, Carlos Montes, que foi quen de documentar toda esta liña xenealóxica dende o ano 1.580 ata 1.960, enuméranse ata cinco alcaldes de varias cidades galegas durante o século XIX: dous no Carballiño, un en Ourense, en Vilagarcía e en Sarria. Todos eles foron ademais figuras destacadas do liberalismo durante as guerras carlistas.
No caso de Bernardo Pereira Valeiras, alcalde e maxistrado carballiñés, foi o encargado como secretario da Deputación de liberar os terreos públicos locais da provincia na época das desamortizacións de Mendizábal. No eido xudicial destacamos tamén aos maxistrados Prieto Pereira, recoñecidos no pobo do Carballiño coma filántropos e que contan cunha praza adicada nesta vila. Ata nove maxistrados deu este clan durante o século XIX destinados en Cuba, Perú, Gran Canaria, Valencia, Madrid, A Coruña, Oviedo ou Zaragoza.
Non esquezamos tampouco a figura de María Eugenia Pereira, primeira muller becada pola Universidade en Galicia e que tivo unha longa e prolixa carreira como empresaria farmacéutica en Barcelona.
O roteiro urbano consistirá nun resumo da historia do Carballiño vinculado ás aportacións desta familia ao devir deste pobo dende que fora creada a feira a principios do século XVII.
Os participantes coñecerán as antigas propiedades desta familia, como o caso do Balneario, terreos da igrexa da Veracruz, Igrexa dos Irmáns Prieto, Casa Soto, o propio Asilo e o lugar onde estaban ubicados os seus solares nesta vila.
Todos os interesados están convidados a participar deste acto que comezará as 11:30 da mañá no Asilo e rematará ás 13:00 horas cunha recepción no Concello na que se lle agasallará coa árbore xenealóxica deste grupo familiar. Ao remate haberá un xantar aberto na Pulpería Plaza na que é preciso anotarse con antelación póndose en contacto co Centro de Estudios.

A Xunta vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo da aprobación definitiva do proxecto de trazado para executar a mellora da estrada autonómica OU-212, no treito interurbano do concello de Beariz, e na travesía de Liñares, no municipio de Avión. Nesta actuación de mellora da seguridade viaria a Administración autonómica investirá máis de 1,3 M€.
Trátase da primeira fase de acondicionamento do tramo de algo máis de 6 quilómetros desta vía autonómica, entre o centro urbano de Beariz, á altura do punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Couso, no quilómetro 12+620.
As obras no treito interurbano de Beariz consistirán na rectificación da curva do quilómetro 7+350, aumentando o radio de 30 a 50 metros, e na mellora do firme e ampliación da plataforma ata os 7 metros entre a capitalidade do concello e a curva do quilómetro 7+350. Neste tramo, actualmente a OU-212 é unha estrada convencional sen beiravía, con dous carrís por sentido de 3 metros de anchura cada un, nunha contorna interurbana.
A intervención ao paso polo municipio de Avión céntrase na travesía de Liñares, que vai do quilómetro 8+760 ao 9+610, e que será humanizada Neste treito manterase, en xeral, a distribución da sección actual, pero buscando como obxectivo básico a integración da vía na contorna urbana de Liñares, recuperando a súa identidade urbana e priorizando a figura do peón.
En toda a lonxitude da travesía construiranse beirarrúas e bandas de aparcamento a un mesmo nivel, cun cambio no acabado do pavimento e separación por bordo de 10 centímetros de anchura. Este deseño facilita que toda esta superficie poida ser utilizada polos peóns, tamén as bandas de aparcadoiro cando estas non estean ocupadas por vehículos.
En dúas zonas concretas, do quilómetro 8+925 ao 8+950 e do 9+200 ao 9+255, unifícase o pavimento de toda a sección, creando unha plataforma compartida con prioridade peonil ante a escasa anchura das beirarrúas actuais.
A actuación incluirá outras melloras complementarias, como o acondicionamento dos accesos existentes á estrada OU-212, a renovación da iluminación e das varandas de protección peonil, así como a reposición de servizos afectados e a renovación da sinalización, adecuándoa ao novo deseño da vía.
Tamén se inclúe nesta intervención a renovación da capa de rodaxe de dous tramos da OU-212, para dar homoxeneidade á actuación, entre os puntos quilométricos 10 e 11 e entre os quilómetros 15 e 15+500, dentro do termo municipal de Avión.
A previsión da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións e licitar a execución das obras no vindeiro ano 2025. O prazo para a realización dos traballos é de 14 meses.
O Goberno galego continúa traballando para darlle continuidade ás sucesivas melloras levadas a cabo nos últimos anos nesta vía autonómica, que une a N-541 na Ermida coa OU-504 en Beade, e que é o principal acceso ás capitalidades dos concellos de Avión, melloras nas que a Xunta leva investido un total de 6,8 M€.

O PSOE de Leiro manifesta que "ante incumprimento da lei de transparencia e bo goberno por parte do goberno municipal a cal asegura o dereito o acceso a información pública na que se ten que dar información de una forma clara os nosos veciños e sin ocultar nada, cousa que non esta a facer o goberno do Partido Popular de Leiro, unha vez mais".
Engaden que "os socialistas comentábamoslle no escrito que presentamos fai mais de 1 mes por o rexistro e que non obtivemos reposta, como e posible, que unha Ponte declarada Monumento Nacional en 1981 e Ben de Interes Cultural, poda sufrir tal atropelo patrimonial para un dos nosos monumentos emblemáticos e destacados do noso Concello e poda soportar tanto trafico rodado e o goberno municipal no axa tomado medidas urxentes en todos os sentidos tanto veciñal como viario e se ciña simplemente a colocar unhs cartazos nos cales poñen PERIGO PASO ESTREITO e se quedan tan anchos. Por eso os socialistas lle pedimos solucions e lle fixemos as seguintes preguntas e que despois de un mes, ainda nos recibimos resposta".
E son varias as preguntas que formulan os socialistas:
1.- ¿Si se vai a ver afectado a Ponte de San Clodio no seu conxunto, no referido a sua estructura debido a masificación de vehículos, polo peche da Ponte da Esperela?
2.- ¿ Si o Concello vai a tomar algún tipo de medida con respecto o paso de vehículos pola ponte?
3.-¿ Si hay algún tipo de informe ou autorización por parte de Patrimonio Cultural, para o paso restrinxido de vehículos e que non afecte a estructura da mesma declarada Monumento Nacional e Ben de Interes Cultural xa que estos días soporta moita movilidade de transito rodado?
4.- ¿ Si o Concello vai a tomar algunha medida no referido o paso de vehículos polo pobo da PONTE , xa que os veciñ@s ben alterada a sua tranquilidade, xa que se producen situacions bastante ingratas, xa que na ponte so pode pasar un vehiculo?
Por eso, manifestan finalmente "o noso grupo municipal quere denunciar públicamente a opocidade ,ocultación e o silencio a dar información por parte do goberno municipal de un problema que atenta contra o noso patrimonio histórico como e a Ponte de San Clodio xa que e un ben considerado valioso tanto para as persoas como a sociedade e polo tanto merecedor da sua conservación e transmisión as xeneracions futuras, cousa que non o esta a facer nestes momentos o goberno municipal o permitir o paso de vehículos de unha maneira masificada e tamen o alterar o benestar dos veciñ@s no seu dia a dia".

A alcaldesa do Irixo trata de reconducir a situación, despóis de que a o proxecto de orzamento que presentara ante o pleno fora rexeitado pola corporación, ao votar en contra un dos concelleiros do grupo de goberno, Juan Manuel Villanueva, e os catro concelleiros do Partido Popular.
Agora, a rexedora municipal, Susana Iglesias, convocou mediante unha mensaxe de Whatssap aos concelleiros da corporación para este mércores 14 ás 12 do mediodia, e coa idea de que o interventor dea a coñecerlle o documento cos orzamentos que pretende poidan aprobarse no próximo pleno que celebre a corporación.
O Partido Popular lamenta esta convocatoria e que a alcaldesa non se sente a negociar "porque parece que aínda non caeu na conta de que está en minoria, e se quere unhos orzamentos ten que negocialos", manifestou en COPE O Carballiño o portavoz popular Manuel Cerdeira "Lito", que ademáis avanzou que o seu grupo non acudirá a esta convocatoria.
No audio adxunto podes escoitar a intervención do portavoz do Partido Popular, Manuel Cerdeira "Lito":
Este pasado domingo durante a celebración da Festa do Pulpo asistimos a novos abusos de certos estabelecementos de hostalaría. Vendo estes hostaleiros que podía facer negocio durante esta festa gastronómica non dubidaron en incrementar, descaradamente, o número de mesas das súas terrazas máis alá do que lle concede a licenza municipal ata tal punto que na zona dos soportais, enfronte da Praza Maior, chegou haber á tardiña, nada menos, que triple fila de terrazas!!!: unha nos soportais, unha segunda diante destes e unha terceira diante da anterior.
Comprendo que a hostalería é un negocio e que no verán e cando poder facer o agosto, pero o que pasou este domingo é un claro abuso e unha violación flagrante das ordeanzas municipais que regulan a concesión das terrazas dos estabelecementos hostaleiros. Se un bar ou unha cafetería pide unha licenza para instalar un número determinado de mesas o que non pode facer é incrementar ata o infinito e máis alá o número de mesas que lle concede a licenza municipal. Unha cousa é que ante a demanda de clientes se coloquen un par de mesas máis, pero eso non lle da dereito en modo algún a colocar a moreas de mesas ata máis non poder.
O que pasa é que a hostalería do Carballiño está moi mal acostumada, xa que dende o concello non se lle puxeron límites. Eso si!!! tampouco lle digas que incumpren a licenza municipal de terrazas incrementando o número de mesas que protestan e encima son os ofendidos e as pobres víctimas.
Para poñer fin a estos abusos habría que facer controis periódicos nas terrazas, especialmente, en días festivos, como onte obrigando aos hostaleiros a retirar o número de mesas que puxeron de máis e multándoos apicándolles unha multa en función dos metros cadrados ocupados polas mesas das súas terrazas e se reinciden retirarlles a licenza municipal de terraza ou reducirlla á metade. Así haberían de aprender a respetar as normas e a non cometer tantos abusos dos que ten boa culpa o concello do Carballiño por non pór freo ós abusos que cometen certos/as hostaleiros/as desta vila.

A 62 edición da Festa do Pulpo foi a máis calurosa que se recorda, O Carballiño rexistrou esta fin de semana temperaturas máximas de ata 38 graos, aínda que as altas temperaturas non impediron que a afluencia de visitantes -sábado e domingo-volvese ser multidinaria, e na liña dos últimos anos, unha festa que continúa a facerse cada vez máis urbana -coa hostalaría local practicamente colapsada- e con menos participación no parque municipal, onde está a Festa do Pulpo máis xenuína, a que conserva a súa esencia e identidade, con ambiente de romaría galega.
E outro activo da Festa do Pulpo, con miles de persoas abarrotando O Carballiño, apenas houbo incidencias. A Policia Local da conta dun par de persoas con pequenas lesións provocadas por caídaas, e os servizos sanitarios tan so atenderon a media ducia de persoas, con pequenas indisposicións.
O operativo de Seguridade e Emerxencias tivo unha xornada moi tranquila, un operativo no que participaron 150 efectivos, coordenados desde un posto de mando ubicado no propio parque municipal pola Axencia Galega de Seguridade, con 12 cámaras de vixilancia instaladas tanto no parque como na zona urbana. Neste plan de seguridade, participaron durante a fin de semana Policia Local, Policia Autonómica, Garda Civil de Seguridade Cidadán e de Tráfico, con 13 vehículos, cabalos, motos e helipcótero, asi como ambulancias do 061 Urxencias Sanitarias, bombeiros, e Protección Civil.
O concello do Carballiño recibíu á representación institucional nunha carpa instalada á entrada do parque municipal, nun acoto previo ao xantar no recinto municipal. Neste acto, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recordou que a Festa do Pulpo "é a única festa gastronómica da nosa provincia que conta coa Declaración de Interese Turístico Internacional".
“Desde a Deputación estamos tremendamente orgullosos de apoiar ano tras ano, esta celebración contribuíndo así a poñer en valor a un dos maiores e mellores embaixadores da nosa gastronomía, maridado coa viticultura de calidade”, afirmou Luis Menor. Ao fío disto, salientou a idoneidade de dedicar esta edición á Denominación de Orixe do Ribeiro, “institucionalizando esa relación histórica entre dous produtos que se fusionaron en todas as celebracións das xentes das comarcas do Ribeiro e do Arenteiro e fóra delas”.
Na súa intervención, Luis Menor destacou a capacidade de atracción que ten a nosa enogastronomía, “un dos atributos máis valorados polo visitante dentro da nosa oferta turística, e que xunto ao termalismo, á natureza e ao patrimonio, conforman un dos recursos cabeceira de Ourense, a provincia termal, que tamén é unha das sinais de identidade do Carballiño”.
Tamén quixo felicitar ao Concello do Carballiño por traballar na cooperación con outros países, “como é o caso deste ano asinaron un protocolo de colaboración co concello italiano Noventa Padovana, xa que Italia é un dos países dos que Galicia recibe máis peregrinos”.
O presidente provincial felicitou ás pulpeiras e pulpeiros por ser capaces de transmitir “o seu saber facer de xeración en xeración desde hai séculos, e que conservan un valioso patrimonio inmaterial”. Unha felicitación que fixo extensiva a todos os que participaron un ano máis na elaboración desa xigante tapa de pulpo que logrou marcar un novo récord mundial.
Pola súa parte, en represntación da Xunta de Galicia, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou o potencial do produto na vila e comarca carballieñesa como “xerador de riqueza e emprego”.
Sinalando que o polbo forma parte da nosa identidade, o conselleiro aludiu á súa importancia cultural en multitude de romarías a través do labor das polbeiras, as que cualificou como referentes económicos desta contorna. Así, quixo ter unha lembranza para todas as familias que potencian cada día este sector.
Así mesmo, neste contexto tivo unha mención especial para a Gran Romaría Galega do Centro Galicia de Bos Aires á que asistiu hai un par de semanas, no marco da súa viaxe institucional á Arxentina e ao Uruguai.
Festas coma esa máis aló das nosas fronteiras ou como a que hoxe se celebra no Carballiño -segundo asegurou- falan da nosa terra e o mesmo se pode dicir do polbo. Unhas realidades que -apuntou- coñecen ben os emigrantes que noutrora marcharon de comarcas como as ourensás e que na actualidade “volven con forza, chamados por unha Galicia convertida en terra de oportunidades”.
Así, o titular de Emprego quixo lembrarse na súa intervención de todos eses galegos do exterior que seguen celebrando festas e apostando pola terra alá onde se atopen, con pratos de referencia como o polbo ou con viños como os do Ribeiro, en alusión á denominación de orixe vitivinícola homenaxeada nesta edición número 62 do evento.
Asistimos un ano máis, á degradación e maltrato doutra festa tradicional. A que nalgún tempo era cita de reunión e encontro familiar, volve a ser unha romaría á que peregrinan zombis alcolizados, cargados con bolsas de supermercado chegados de tódolos puntos da península.
Contribúen ó maltrato do maior espazo natural da vida, tan olvidado por tódolos políticos de turno, pra que catro sigan sacando beneficio económico a conta do de todos.
Fagan o favor e sexan cívicos, respeten e recollan a súa merda.
Anímome a escribir, porque vín na prensa destos días unha pequena mención o estado que presenta o espazo chamado polo concello "compostera".
Neste caso hereda o problema Rosa Fuentes por parte do concello do Carballiño. Na reportaxe dise que se limpara nos próximos días. Iso sí aos veciñós mandan cartas que limpemos fincas antes do 31 de maio. Xa estamos en Agosto, van con calma.
O curioso e que fai non moito tempo, falaba nesta emisora o alcalde de Maside deste espazo, recoñecendo que non quedara nada ben e que non daban contactado ca empresa que realizou as obras.
A verdade é que o espazo é un auténtico esperpento. Non sei a quen se lle ocorreu a idea de facer iso ahí, porque non se consultou con ningún veciño. Mira que non hai necesidades que atender en Corzos sen tirar os cartos niso. Somos tan cavernicolas con isto da titularidade das fincas que levamos todo o ridículo. Ese espazo pertence tanto a Carballiño como a Maside. A división máis ou menos vai no sentido lonxitudinal a todo o longo da propiedade. Pois como é a Xunta a que paga e o terreo e dos dous concellos, non se lle ocorreu mellor idea que ubicalo ben centradiño cos lindes dos dous concellos, non vaia ser que vaia ter un máis anaco co outro. iso si sen importarlle para nada joderlle os rapaces o campo de futbol. O cal tíñamos grazas a Vila do Arenteiro que foi quen puxo as porterias. Non houbera sido mellor colocar iso, en algunha das duas cabeceiras sin joder o campo de fútbol.
Unha pregunta a todo isto; de verdade quérennos facer creer que iso que fixeron custou 52.500 euros?
Os columpios mal montados, algúns incluso o revés. O chan de area? Onde está a base de caucho no parque infantil? Onde se viu nos tempos de hoxe facer un parque así.
De verdade que o responsable da Xunta vai firmar semellante trapallada e dicir que ahí se meteron 52.500 euros. Pode ir calquera os concellos veciños e ver os parques infantis que fan con 40.000 euros. Isto é unha tomadura de pelo.
Un último apuntamento: como ultimamente se levan tan ben Carballiño e Maside a hora de facer proxectos para recibir cartos doutras entidades, vese que para limpar pasa o mesmo cas fincas dos herdeiros compartidos, un por outro a finca sen limpar. Gústariame saber se tamén se van poñer dacordo en ser os responsables subsidiarios a partes iguais cando un rapaz se manque o petar os xeonllos contra o formigón das bases dos columpios que están tapadas con dous centrimetros de area ou haberá que traer un ingeniero para ver se o accidente ocorreu en Maside ou en Carballiño.
Todo unha completa chapuza....
Buenos días, quiero denunciar como amaneció Craballiño hoy.
El olor a meo inundaba cualquier rincon del pueblo, desde ma Veracruz a la calle principal.
La suciedad es evidente desde hace días, pero ahora se vuelve nauseabunda . Pegotes por todo el centro, vayas a donde vayas se te pegan los pies al suelo. Los olores asquerosos y las ratas corriendo entre los contenedores.
Imagen lamentable. Para no volver
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »