2, Xullo 2019

Según contan os libros de historia os Vándalos atravesaron a Península Ibérica para internarse en África onde fundaron un reino. Parece que algúns vándalos debeulles gustar moito a súa estancia na península, pois en vez de dirixirse ao continente negro decidiron quedarse nas terras ibéricas para seguir causando estragos alá por onde foran.

Transcurridos máis dun milenio os descendentes destes vándalos seguen a facer das súas polas terras do Carballiño, pois destrozaron parte da barandilla de madeira que separa os terreos do balneario do paseo do Arenteiro tal e como se pode ver na foto que adxunto a esta denuncia. 

Espero que se arranxen os destrozos que causaron estes impresentables e que se tomen medidas para evitar outras actuacións destes vándalos. 

 

1, Xullo 2019

A todos nos gusta a festa e o bo ambiente, todo aquelo que lle da vida o Carballiño, pero todo debe ter un certo orden e que non sexa esto un despiporre.

Ultimamente podemos ver os bares do pobo con parrilladas, churrasqueiras e ata caldeiras de pulpo fora dos días establecidos. Terrazas que ocupan todo paso peonil, pasar por onda o concello ou pola pista roxa os fines de semana con unha silla de rodas ou con un carro de bebé é de todo imposible. Entre sillas, mesas, música, e chiringos pa facer de comer..... non hai xeito humano. A mezcla de enseres na rúa chega ó seu máximo apoxeo cando a festa é na debastada alameda, entre as obras sen rematar, os taxis, a churasqueira e os nenos correndo entre todo eso mentres se aproveitan das novas xaulas para facer alpinismo.

Toda esta marabunta parece cada día alcanzar unha nova dimensión, como se os dos bares competiran a ver quen a monta máis gorda e quen ocupa máis vía pública.

Esto semalla non ter stop, nin control algún.

A rúa´e as aceras son de todos, e a todos nos gusta o terraceo e a festa, pero señores, con certo control. Porque todos precisamos pasar polas calles e non sempre para estar de parranda.

Supoño que será coma sempre, ata que dende o concello non lle poñan freno, e non lle esixan a todos as mismas condicions que permitan unha convivencia, o descontrol segurá crecendo. Agardo que o recente alcalde tome nota e o vexa como unha responsabilidade.

1, Xullo 2019

A XXVIII edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea homenaxeará, unha vez máis, a un dos produtos estrela da nosa gastronomía, pan con Indicación Xeográfica Protexida que volverá a ser o protagonista en San Cristovo de Cea o vindeiro domingo, 7 de xullo. A presentación do evento gastronómico tivo lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel", acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan de Cea", Carlos Rodríguez.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que aposta por "unha das xoias dos nosos produtos gastronómicos", dixo Manuel Baltar, quen felicitou ao alcalde de San Cristovo de Cea por esta festa que converte ao municipio "na capital gastronómica galega do mellor de Galicia, pola alianza que manteñen con outros Consellos Reguladores da Comunidade Autónoma".

Esta vixésimo oitava edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea é "unha nova demostración de forza co mellor argumento que é este produto, sendo tamén unha foto fixa dunha das tradicións máis importantes gastronómicas da provincia e unha homenaxe a todos aqueles que se dedicaron a producir este pan, unha excelente tarxeta de presentación da nosa provincia porque é sinónimo de calidade e de excelencia", salientou o presidente do goberno provincial.

Pola súa parte, o alcalde de San Cristovo de Cea agradeceu que desde o ano 1992, cando se decidiu crear esta festa, a Deputación de Ourense "apoie incondicionalmente esta celebración e aos verdadeiros artífices desta festa que son os panadeiros". Así mesmo, José Luis Valladares destacou o traballo que hai detrás do pan de Cea, un produto "elaborado durante 6 ou 7 horas".

Neste mesmo sentido, Carlos Rodríguez salientou o incremento experimentado na produción deste pan afirmando que "aumentamos un 3% con respecto ao ano 2017, chegando case ás 700.000 pezas e esperamos superar este ano as 800.000 pezas". Este incremento debeuse a unha maior demanda por parte da Comunidade Valenciana e Andalucía, e a que se mantén a presenza nos mercados habituais como Madrid, País Vasco e Cataluña, explicou o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan de Cea". Actualmente –dixo Carlos Rodríguez- hai 17 fornos tradicionais inscritos no Consello Regulador.

Programación

Como actividade previa á celebración, o sábado, 6 de xullo, terá lugar a VI Ruta dos Fornos, un percorrido gastronómico por cinco fornos do pan de Cea onde os asistentes poderán degustar uns petiscos acompañados dun viño. A ruta estará amenizada polas formacións Airiños do Coto, Feitizo de Pau, Pandereteiras de Cea, Pandereteiras Ferreñas do Monte e Pandereteiras Ponte da Prata. Ademais, os grupos De perdidos al trío e Gin Toni´s actuarán, respectivamente, no Forno da Cebola, ás 20.00 horas e na praza Maior ás 22.30 horas.

Ao día seguinte, o domingo 7 de xullo, comezará a XXVIII edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea, ás 10.00 horas, coa saída do pasarrúas animado por diversas charangas. Ás 12.00 horas será a recepción de autoridades no Campo da Saleta e posteriormente terá lugar a lectura do pregón da festa a cargo de Dani Ríos e continuará a xornada cunha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade e coas actuacións da charanga Castro Bello e Troula Group.

A comida popular celebrarase ás 14.30 horas cun menú a base de produtos galegos acompañados polo produto gastronómico estrela da festa, o pan de Cea. A partir das 17.00 horas volverá a música a ser a protagonista da xornada coas actuacións da charanga Terra de Trives, Os Charaviscas e Pepe Vaamonde Trío.

30, Xuño 2019

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do XXXV número da revista Ágora do Orcellón, que edita o Instituto de Estudios Carballineses (IEC) coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo. No mesmo acto deuse a coñecer tamén o volume O románico na comarca do Carballiño, de Xesús Gulías, presidente do Departamento de Etnografía e Arqueoloxía do IEC, que se inclúe como suplemento á revista.

Valentín García expresou a súa satisfacción polo feito de que “os proxectos editoriais en galego se manteñan no tempo e cheguen ata os seus 35 anos de vida, o que é mostra do seu interese e da receptividade do público lector cara ás publicacións na lingua propia de Galicia”.

O número XXXV da revista do IEC Ágora do Orcellón sae do prelo encabezada por unha presentación de Avelino Muleiro en que se aborda o tema do separatismo catalán e complétase con contribucións do máis alto nivel arredor de temáticas diversas. Fernando Ramos aborda o tema de As vellas mina de Brués, Felisindo González trata de A ara de Eiras e o topónimo Lámbrica, Estanislao Fernández de la Cigoña é o autor do artigo etnográfico Vade retro Satanás, Carlos L. Bernárdez reflexiona sobre Discurso e decurso vital. A obra de Antón Pulido, Alger Sans ocúpase de Democracia e coñecemento, Luis Castellanos escribe sobre As palabras que no aire respiramos, Mario Bunge propón Probas de filosofías políticas e Xesús Alonso Montero, Nota introdutoria a un estudo de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (1961-2018).

Por primeira vez, a revista Ágora do Orcellón sae do prelo acompañada dun monográfico en forma de libro. Trátase de O románico na comarca do Carballiño, onde Xesús Gulías fai un amplo percorrido por máis de 90 igrexas, pontes, cruceiros, pías bautismais etc. explicando as marcas dos canteiros que aparecen neses monumentos e parándose na figura do “encomendador”, que era a persoa que elixía un ou outro artesán para realizar o traballo artístico.

Instituto de Estudios Carballineses

A presentación de Ágora do Orcellón tivo lugar tras a asemblea anual do Instituto de Estudios Carballineses, durante a que se incorporaron 10 novos membros e se decidiron os temas que se tratarían no vindeiro número da revista, así como os proxectos de traballo que desenvolverán nos próximos meses os 10 departamentos do IEC.

O Instituto de Estudios Carballineses é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que na actualidade conta con máis de 250 persoas asociadas e que desde a súa fundación, en 1999, vén realizando unha serie de actividades culturais entre as que destaca a publicación semestral da revista Ágora do Orcellón. Entre os seus obxectivos fundacionais destacan os de fomentar, orientar e coordinar o labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas, artes etc., así como en todas as manifestacións que se relacionen co Carballiño e coa súa comarca.

30, Xuño 2019

“Este verán refréscate na praza!!” é o lema da campaña que comezan os praceiros este luns, 1 de xullo, e que rematará o 8 de agosto co sorteo de 12 vales de compra por valor de 50 euros cada un e unha caixa de viño Pazo Tizón.

A campaña foi presentada nun acto ao que asistiu a concelleira Silvia Baranda e o presidente da Asociación de praceiros Elixio González.

Silvia Baranda amosou o apoio do concello a esta nova iniciativa da praza de abastos, así como a todas aquelas actividades que redunden na promoción do comercio local, e animou á veciñanza a achegarse á praza para mercar produtos de calidade e, ao mesmo tempo, pode gañar un destes premios.

Eligio González expresou o seu desexo de que a campaña poida ser tan satisfactoria como as anteriores, e recordou que a praza de abastos do Carballiño, que celebra este ano o seu 90 aniversario, realiza un gran esforzo para seguir atraendo clientela e ofrecer o mellor servizo posible.

Ao respecto engadiu que O Carballiño é unha vila moi dinámica con moitas actividades, especialmente nesta tempada de verán, e que a praza súmase a esta oferta ofrecendo o 10 de agosto un concerto do grupo de música folk Feitizo de Pau.

A partir do luns, os clientes reibirán unas papeletas que deberán depositar, tras cubrilas, nunhas urnas, para optar ao sorteo dos 12 vales de compra ou da Caixa de viño que se efectuará o 8 de agosto.

28, Xuño 2019

O Carbaliño vivirá esta fin de semana, a última do mes de xuño, unha intensa actividade deportiva, cultural e de ocio.

Así, dende este venres dia 28, ás 16,00 h., na praza da Veracruz, comezará o “Verán Divertido 2019” coa apertura dos xogos inchables acuáticos e convenionais para nenos e nenas de todas as idades. Esta actividade, totalmente gratuita, desenvolverase ata as 20,00 h, e terá continuidade sábado e domingo tanto en horario matinal como de tarde.

O sábado 29 de xuño,que ademáis é dia de feira no Carballiño, ás 10,30 h., comezarán no pavillón de deportes Paco Chao o entrenamento dos patinadores e patinadoras de 20 equipos de Galicia que participan o I Torneo Terras do Orcellón de Grupos Show de Patinaxe Artística. A competición, que organiza o Club Aehde, comezará ás 17,00 h.

Ese mesmo día, ás 11,00 h., dará comezo a segunda sesión do “Verán Divertido 2019” na praza da Veraruz. Os xogos estarán abertos de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h. e  as 12,30 h., na Casa da Cultura, presentación do último número da revista do Instituto de Estudios Carballiñese “Ágora de Orcellón” e da publicación “O románico do Carballiño”, de Xesús V Gulías.

No parque municipal, na finca de As Barcias, tamén o sábado, terá lugar a cuarta edición do festival de música rock A Desfeita, cun cartel de auténtico luxo: Hamlet, Aphonnic, Maskarpone, Nube Kingston, Susie Q,s, Aixadón e Pechaduras.

A apertura das portas será ás 18,00 h. No auditorio municipal Manuel María terá lugar, ás 20,30 h., a representación da obra de teatro Morreu a tía María, de Pepe Prada, gañador do I Premio Platta 2019 en galego.

E o domingo, 30 de xuño, de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h., últimas sesións cos xogos inchables acuáticos e convenionais no arredor da Veracruz.

27, Xuño 2019

Os novos datos do EGM dados a coñecer esta semana, correspondentes á segunda entrega de 2019, revalidan unha vez máis a hexemonía radiofónica de COPE O Carballiño no ámbito local e comarcal.

Ademáis, a programación local de mediodia -de 12:30 a 14:30 horas- de COPE O carballiño logra por segundo EGM consecutivo colarse entre as de máis alta audiencia entre todas as emisoras de radio de Galicia, incluídas as que emiten nas capitais e grandes cidades.

Cada día, 8.000 persoas infórmanse do acontecer local en COPE O Carballiño, sendo ademáis en horario de mediodia a segunda emisora con máis audiencia en toda a provincia de Ourense, incluidas as da capital.

COPE O Carballiño agradece o apoio masivo da veciñanza do Carballiño e Comaca e reafírma, unha vez máis, o seu compromiso coa información local.

 

 

26, Xuño 2019

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o CPI Terras de Maside para analizar co equipo directivo do centro e cos técnicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional as obras de rehabilitación enerxética que se van executar durante este verán. Estas actuacións contémplanse dentro do plan de mellora da eficiencia enerxética que se puso en marcha en 2016 en todo Galicia e que continua no presente exercicio con actuacións no colexio de Maside.

Na visita, a delegada territorial estivo acompañada da xefa territorial do departamento autonómico que dirixe Carmen Pomar, Luz Fernández Quintas e persoal técnico da xefatura territorial, asi como polo alcalde de Maside José Manuel Iglesias.

Nela expúxose o cronograma das obras, que teñen un prazo de execución de dous meses e que está previsto se realicen no verán para interferir o menos posible na actividade lectiva. O orzamento de adxudicación desta actuación ascende a 435.550 euros.

Con eles acometeranse traballos para a mellora da eficiencia enerxética, en concreto o illamento da fachada, a substitución de ventás de carpintería de aluminio de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo con sistema de apertura oscilobatente, a instalación de novas persianas na planta baixa e a substitución de luminarias por unhas novas de alta eficiencia enerxética con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza en corredores e aseos.

Segundo explicou Díaz Mouteira, todos estes traballos de rehabilitación integral permitirán un aforro enerxético do 21,2 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 22,6 % en emisións de CO2.

Ademais substituiranse os falsos teitos existentes por un sistema rexistrable con panel acústico de lá de roca, renovaranse as cubertas dalgunhas aulas, mudaranse canlóns e baixantes nos patios interiores e nas zonas de cuberta que se renovan e colocaranse válvulas termostáticas nos radiadores e instalarase un programador horario na instalación de calefacción, entre outras actuacións.

En opinión da delegada territorial, “a comunidade educativa atopará o vindeiro curso un centro renovado, máis cómodo e axeitado ás súas necesidades, e máis eficiente e respectuoso co medio ambiente”.

26, Xuño 2019

Está claro que para el alcalde no todas las zonas del pueblo son iguales. Mientras en la calle principal relimpian y le sacan brillo a la piedra, la avenida 25 de julio parece que no existiera. Las hierbas se comen las aceras tanto en la carretera como las que salen de las fincas o las de la propia acera, ya no digamos la suciedad que se acumula dia tras día en las orillas de la carretera o alrededor de los pestilentes contenedores. Las aceras en vez de rojas son negra y por allí ko asoma un barrendero ni de casualidad, papeleras desbordando todos los días . Una imagen penosa para la mayor avenida del pueblo que además resulta ser la entrada y la primera imagen de los que llegan. Asi que señor alcalde tenga en consideración a las odos los vecinos que allí vivíamos y que pagamos impuestos igual que los del centro y que esta calle también vende imagen 

25, Xuño 2019

Vinte e catro persoas inscritas no Programa Integrado de Emprego de Galicia “ Carbaemprega 2018” finalizaron esta semana o curso de soldadura, que é un dos módulos máis solicitados neste terceiro programa de emprego financiado pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que se puxo en marcha o pasado mes de novembro, e cuxos diplomas seranlles entregados nun acto que se celebrará este xoves, 27 de xuño, ás 10,00 h., no salón de plenos do concello.

Asistirán a este acto o Concelleiro de Turismo, Industria e Emprego, Manuel Dacal; Carlos Rivas, responsable da empresa DIZMAR no Carballiño; os responsables da formación e técnicos do departamento de Orientación Laboral do Concello do Carballiño.

Ata agora xa conseguiron traballo un total de 40 persoas, o que supón o 40% sobre o total de participantes. Ao final do programa, que ten un ano de duración, o obxectivo de inserción é do 45%. Os sectores nos que se empregaron estas 40 persoas son moi dispares, habendo persoas traballando en hostalería, industria, sector alimentario, administración pública e mesmo un usuario contratado de investigador nunha Universidade.

Actualmente os usuarios xa finalizaron as formacións transversais en orientación laboral, manipulador de alimentos e a ocupacional en soldadura, e comezarán en breve cos certificados de profesionalidade, prevención de riscos laborais e carretilla elevadora.

O curso de perfeccionamento de soldadura finalizou o 21 de xuño, onde se lles impartiu tamén formación en prevención de riscos específico para o sector, pechando desta forma a reciclaxe profesional de 24 persoas que remataron a formación na súa totalidade.

Proximamente comezarán a realizar prácticas profesionais non laborais en diferentes empresas do municipio. Así mesmo, o resto de participantes iniciarán pronto a súa formación para os sectores de loxística e forestal.

OBXECTIVOS DE INSERCIÓN

No primeiro plan de emprego conseguiuse reinserir no mercado de traballo a 41 persoas, e no segundo o plan a reinserción superou as 50 persoas. Neste terceiro programa espérase incrementar o número de persoas que consigan un emprego, e que é como mínimo o 45%.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS