28, Xuño 2019

O Carbaliño vivirá esta fin de semana, a última do mes de xuño, unha intensa actividade deportiva, cultural e de ocio.

Así, dende este venres dia 28, ás 16,00 h., na praza da Veracruz, comezará o “Verán Divertido 2019” coa apertura dos xogos inchables acuáticos e convenionais para nenos e nenas de todas as idades. Esta actividade, totalmente gratuita, desenvolverase ata as 20,00 h, e terá continuidade sábado e domingo tanto en horario matinal como de tarde.

O sábado 29 de xuño,que ademáis é dia de feira no Carballiño, ás 10,30 h., comezarán no pavillón de deportes Paco Chao o entrenamento dos patinadores e patinadoras de 20 equipos de Galicia que participan o I Torneo Terras do Orcellón de Grupos Show de Patinaxe Artística. A competición, que organiza o Club Aehde, comezará ás 17,00 h.

Ese mesmo día, ás 11,00 h., dará comezo a segunda sesión do “Verán Divertido 2019” na praza da Veraruz. Os xogos estarán abertos de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h. e  as 12,30 h., na Casa da Cultura, presentación do último número da revista do Instituto de Estudios Carballiñese “Ágora de Orcellón” e da publicación “O románico do Carballiño”, de Xesús V Gulías.

No parque municipal, na finca de As Barcias, tamén o sábado, terá lugar a cuarta edición do festival de música rock A Desfeita, cun cartel de auténtico luxo: Hamlet, Aphonnic, Maskarpone, Nube Kingston, Susie Q,s, Aixadón e Pechaduras.

A apertura das portas será ás 18,00 h. No auditorio municipal Manuel María terá lugar, ás 20,30 h., a representación da obra de teatro Morreu a tía María, de Pepe Prada, gañador do I Premio Platta 2019 en galego.

E o domingo, 30 de xuño, de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h., últimas sesións cos xogos inchables acuáticos e convenionais no arredor da Veracruz.

27, Xuño 2019

Os novos datos do EGM dados a coñecer esta semana, correspondentes á segunda entrega de 2019, revalidan unha vez máis a hexemonía radiofónica de COPE O Carballiño no ámbito local e comarcal.

Ademáis, a programación local de mediodia -de 12:30 a 14:30 horas- de COPE O carballiño logra por segundo EGM consecutivo colarse entre as de máis alta audiencia entre todas as emisoras de radio de Galicia, incluídas as que emiten nas capitais e grandes cidades.

Cada día, 8.000 persoas infórmanse do acontecer local en COPE O Carballiño, sendo ademáis en horario de mediodia a segunda emisora con máis audiencia en toda a provincia de Ourense, incluidas as da capital.

COPE O Carballiño agradece o apoio masivo da veciñanza do Carballiño e Comaca e reafírma, unha vez máis, o seu compromiso coa información local.

 

 

26, Xuño 2019

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o CPI Terras de Maside para analizar co equipo directivo do centro e cos técnicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional as obras de rehabilitación enerxética que se van executar durante este verán. Estas actuacións contémplanse dentro do plan de mellora da eficiencia enerxética que se puso en marcha en 2016 en todo Galicia e que continua no presente exercicio con actuacións no colexio de Maside.

Na visita, a delegada territorial estivo acompañada da xefa territorial do departamento autonómico que dirixe Carmen Pomar, Luz Fernández Quintas e persoal técnico da xefatura territorial, asi como polo alcalde de Maside José Manuel Iglesias.

Nela expúxose o cronograma das obras, que teñen un prazo de execución de dous meses e que está previsto se realicen no verán para interferir o menos posible na actividade lectiva. O orzamento de adxudicación desta actuación ascende a 435.550 euros.

Con eles acometeranse traballos para a mellora da eficiencia enerxética, en concreto o illamento da fachada, a substitución de ventás de carpintería de aluminio de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo con sistema de apertura oscilobatente, a instalación de novas persianas na planta baixa e a substitución de luminarias por unhas novas de alta eficiencia enerxética con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza en corredores e aseos.

Segundo explicou Díaz Mouteira, todos estes traballos de rehabilitación integral permitirán un aforro enerxético do 21,2 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 22,6 % en emisións de CO2.

Ademais substituiranse os falsos teitos existentes por un sistema rexistrable con panel acústico de lá de roca, renovaranse as cubertas dalgunhas aulas, mudaranse canlóns e baixantes nos patios interiores e nas zonas de cuberta que se renovan e colocaranse válvulas termostáticas nos radiadores e instalarase un programador horario na instalación de calefacción, entre outras actuacións.

En opinión da delegada territorial, “a comunidade educativa atopará o vindeiro curso un centro renovado, máis cómodo e axeitado ás súas necesidades, e máis eficiente e respectuoso co medio ambiente”.

26, Xuño 2019

Está claro que para el alcalde no todas las zonas del pueblo son iguales. Mientras en la calle principal relimpian y le sacan brillo a la piedra, la avenida 25 de julio parece que no existiera. Las hierbas se comen las aceras tanto en la carretera como las que salen de las fincas o las de la propia acera, ya no digamos la suciedad que se acumula dia tras día en las orillas de la carretera o alrededor de los pestilentes contenedores. Las aceras en vez de rojas son negra y por allí ko asoma un barrendero ni de casualidad, papeleras desbordando todos los días . Una imagen penosa para la mayor avenida del pueblo que además resulta ser la entrada y la primera imagen de los que llegan. Asi que señor alcalde tenga en consideración a las odos los vecinos que allí vivíamos y que pagamos impuestos igual que los del centro y que esta calle también vende imagen 

25, Xuño 2019

Vinte e catro persoas inscritas no Programa Integrado de Emprego de Galicia “ Carbaemprega 2018” finalizaron esta semana o curso de soldadura, que é un dos módulos máis solicitados neste terceiro programa de emprego financiado pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que se puxo en marcha o pasado mes de novembro, e cuxos diplomas seranlles entregados nun acto que se celebrará este xoves, 27 de xuño, ás 10,00 h., no salón de plenos do concello.

Asistirán a este acto o Concelleiro de Turismo, Industria e Emprego, Manuel Dacal; Carlos Rivas, responsable da empresa DIZMAR no Carballiño; os responsables da formación e técnicos do departamento de Orientación Laboral do Concello do Carballiño.

Ata agora xa conseguiron traballo un total de 40 persoas, o que supón o 40% sobre o total de participantes. Ao final do programa, que ten un ano de duración, o obxectivo de inserción é do 45%. Os sectores nos que se empregaron estas 40 persoas son moi dispares, habendo persoas traballando en hostalería, industria, sector alimentario, administración pública e mesmo un usuario contratado de investigador nunha Universidade.

Actualmente os usuarios xa finalizaron as formacións transversais en orientación laboral, manipulador de alimentos e a ocupacional en soldadura, e comezarán en breve cos certificados de profesionalidade, prevención de riscos laborais e carretilla elevadora.

O curso de perfeccionamento de soldadura finalizou o 21 de xuño, onde se lles impartiu tamén formación en prevención de riscos específico para o sector, pechando desta forma a reciclaxe profesional de 24 persoas que remataron a formación na súa totalidade.

Proximamente comezarán a realizar prácticas profesionais non laborais en diferentes empresas do municipio. Así mesmo, o resto de participantes iniciarán pronto a súa formación para os sectores de loxística e forestal.

OBXECTIVOS DE INSERCIÓN

No primeiro plan de emprego conseguiuse reinserir no mercado de traballo a 41 persoas, e no segundo o plan a reinserción superou as 50 persoas. Neste terceiro programa espérase incrementar o número de persoas que consigan un emprego, e que é como mínimo o 45%.

24, Xuño 2019

A actuación deseñada polo concello de Maside permitirá "a humanización desta praciña no acceso á igrexa parroquial de Dacón, n centro neurálxico do pobo, que vai ofrecer unha nova imaxe unha vez que se execute estas obras", destaca o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias.

O rexedor municipal remarcaba nos micrófonos de COPE que "eu mesmo ocuparéi de estar encima desta obra, para que a mesma se desenvolva según o proxecto aprobado" e que pretende transformar esta praza nun espazo de encontro e lecer para a veciñanza, sen perder a súa funcionalidade, xa que é o acceso tanto ao barrio de arriba de Dacón como a entrada principal ao templo parroquial, moi frecuentado sobre todo durante a tradicional novena e celebracións na honra a Santa Rita, no mes de Maio de cada ano.

22, Xuño 2019

Fai apenas unha década atrás, a Festa dos Maiores que con carácter anual organiza a Xunta achegaba ata O Carballiño a máis de 30.000 persoas, a celebrada este sábado apenas reuníu a unhas 3.000 persoas, según as cifras aportadas pola propia organización.

A xuntanza festiva tocou fondo unhos anos atrás, cando apenas chegou a reunir a 1.000 persoas no parque municipal, e dende entón iniciou unha progresiva pero moi lenta recuperación en canto a afluencia de público, de ser unha das mellores datas para a hostelería carballiñesa, pasou a pasar case desapercibido estes últimos anos.

A esta 41 edición asistíu o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e compartiu parte da xornada coas persoas chegadas de toda Galicia que se deron cita no parque municipal carballiñés para desfrutar dun día de convivencia e diversión. Tamén asistíu a conselleira de Política Social, Fabiola García.

A conselleíra afirmou durante a súa intervención que na actualidade “ser maior en Galicia é unha oportunidade excelente para vivir como desexamos”, e garantiu o compromiso da Xunta de continuar a traballar para que todos “sexamos libres para decidir como queremos facernos maiores”.

Neste sentido, reafirmou a aposta da Administración autonómica por iniciativas que promovan o envellecemento activo, con festexos como este e con diferentes programas como o de benestar en balnearios e talasos, que oferta máis de 1.000 prazas en 16 instalacións deste tipo na nosa comunidade; ou o voluntariado sénior, para que as persoas maiores teñan máis oportunidades de colaborar en proxectos solidarios.

Así mesmo, a conselleira de Política Social destacou as alternativas das que dispoñen hoxe en día as galegas e galegos de máis idade para facerse maiores nas súas casas ou nas súas parroquias, tal e como é o seu desexo maioritario. Isto é posible grazas ao reforzamento de servizos como a Axuda no Fogar, a Teleasistencia ou Xantar na Casa; así como coa creación das Casas do Maior, pequenos centros de día totalmente gratuítos no rural. Tamén se referiu á maior oferta de prazas públicas en residencias para aqueles que prefiren esta opción.

Entrega de agasallos

Como en edicións anteriores, na Xuntanza distinguíronse a diferentes centros e organizacións polas actividades que levaron a cabo ao longo de todo o ano. Nesta ocasión, os galardóns recaeron en dúas asociacións de pensionistas e xubilados da provincia de Lugo: a de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, e a de Baleira; no voluntariado dos centros sociocomunitarios da provincia pontevedresa; e nos centros sociocomunitarios de Ferrol e do Carballiño.

O programa da xornada completouse con diferentes actividades, como música, baile, xogos populares, unha exhibición de coreografías ou a entrega de agasallos, entre outras.

20, Xuño 2019

Por segundo ano consecutivo e ante o éxito do pasado ano, o Centro Comercial Aberto promove para este sábado, 22 de xuño, un Shopping Day no que participarán 31 establecementos comerciais.

En horario de 10,00 a 14,00 h., e de 17,00 a 21,30 h., estes establecementos permanecerán abertos ao público ofrecendo descontos e participacións para entrar no sorteo de 300 euros en vales de compra ou para degustar pinchos en dez locais hostaleiros asociados ao CCA.

Durante toda a xornada, a partir das 10,30 h., en que terá lugar a inauguración na Praza Maior, haberá animación de rúa con charangas, dj, zancudos e atraccións infantís, así como catro desfiles pola mañá e tres pola tarde que se celebrarán nas rúas céntricas da vila.
Nesta iniciativa participan establecementos de todos os sectores do comercio: moda infantil, xuvenil, de home e muller; zapaterías, complementos, librerías, xoierías, etc…

Diego Fernández felicitou ao CCA e aos establecementos por promover esta iniciativa encamiñada a dinamizar o comercio e as compras, e ao mesmo tempo dar animación na vila e atraer aos visitantes da comarca. Neste sentido, fixo un chamamento á veciñanza para que participe nas actividades programadas e aproveite para realizar compras de produtos de tempada con descontos.

Noelia Mares, xerente do CCA, asegurou que a boa experiencia do pasado ano facía albergar un bo día para o comercio no Shopping Day deste sábado, e dixo que se facía durante toda a xornada porque se abrían máis posibilidades tanto para os clientes como para realizar actividades.

Recordou que o comercio local era de gran calidade, e que valía a pena facer compras neste día, xa que ía ser como un adianto das rebaixas do verán. Agradeceu a colaboración da Axencia Luena, que se encargará de organizar os sete desfiles previstos, e ao club de patinaxe Fénix, que ofrecerá unha exhibición.

Finalmente, dixo que era unha festa do comercio de cara aos clientes, e que por eso esperaba unha gran participación e un do día de ventas.

19, Xuño 2019

O alcalde do Carballiño Franscico Fumega deu a coñecer no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio o reparto das delegacións de competencias entre os oito concelleiros e concelleiras que o acompañan nesta nova etapa municipal, agora con maioría absoluta na corporación carballiñesa.

O propio alcalde seguirá asumindo a área de Urbanismo e Economía.

 Manuel Dacal será primeiro tenente de alcalde, e concelleiro de Turismo, Industria, Comercio e Promoción do Emprego.

Rita Soto segunda tenente de alcalde, e concelleira de Medio Ambiente.

Manuel Sotelo, terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Persoal, Policia Local e Protección Civil.

Silvia Baranda, concelleira de Deportes.

Diego Fernández, concelleiro de Cultura e Participación Cidadán, ademáis exercerá como Portavoz do Grupo Socialista.

Guadalupe Sobrado, concelleira de Servizo Sociais e Educación.

Rosa Fuentes, concelleira de Medio Rural.

Rogelio Otero, concelleiro de Obras.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS