27, Maio 2019

O candidato popular é o gran gañador da xornada electoral no concello de Piñor, xa que consigue maioría absoluta por vez primeira en moitos anos para o Partido Popular, suma 5 concellleiros.

O exalcalde Francisco Fraga, agora no Espazo Común, obtén 3 concellerías e tamén consigue representación, un concelleiro, O PSOE.

27, Maio 2019

Desaparece da corporación O PSOE, que tiña dous concelleiros, que van parar ao Partido Popular de José Luis Valladares, que desta maneira pasa de 7 a 9.

Conserva os dous concelleiros que xa tiña o BNG, que agora será o único grupo na corporación de San Cristovo de Cea.

27, Maio 2019

Iago Fariñas consigue incrementar ata 3  concelleiros a representación socialista na futura corporación mucicipal do Irixo, os socialistas só tiñan un represante nunha corporación que pasa a ser bipartita.

O Partido Popuar de Manuel Penedo repite o resultado de fai 4 anos, os popular obteñen 6 actas na corporación que seguirás gobernando os populares.

27, Maio 2019

Todo sigue igual en Maside, onde José Manuel Iglesias revalida a maioría absoluta do seu predecesor, Celso Fernández, e con 7 concelleiros seguirá gobernado o concello.

E conserva os 4 concelleiros que tiña o Partido Popular, Jorge Luis Ferro será o portavoz da oposición con 4 concelleiros.

27, Maio 2019

Partido Popular é o máis votado e logra 3 conceleiros, o  PSOE conserva os 2 que tiña, entran Ciudadanos e Compromiso por Galicia con un concelleiro, polo que a alcaldía queda pendiente de posibles pactos.

27, Maio 2019

Fernando Rodríguez Redondo non consigue revalidar a maioria absoluta coa que contaba o seu predecesor na alcaldia, Ernesto Perez.

O Partido Popular obtén 4 concelleiros,  O PSOE conserva os 3 concelleiros cos que xa contaba, e entra na corporación Xuntos por San Amaro con 2 concelleiros, que serán chave neste municipio.

27, Maio 2019

O Partido Popular suma nestas eleccións do 26-M 502 votos, que se traduce en 6 concelleiros, por 2 de Compromiso por Galicia, que entra por vez primeira na corporación avionse, e conserva o que xa tiña o PSOE.

27, Maio 2019

A corporación municipal de Beariz so terá representantes do Partido Popular, corporación política monocolor que presidirá o alcalde Manuel Prado.

O PP obtén 482 votos, Alernativa por Beariz -tiña un representante e perdeo-  ao sumar tan so 35 votos, por 16 do PSOE.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS