2, Maio 2019

A Agrupación de Electores "Xuntos por San Amaro", unha das seis candidaturas que concorren ás eleccións neste municipio tivo o seu acto de presentación na sede que xa ten aberta na rúa principal de San Amaro, ante a presenza dun grupo de veciños e no que tomaron a palabra varios dos integrantes da candidatura.

Carlos Paz González, candidato á alcaldía de San Amaro, comezou lembrando que nas primeiras xuntanzas, previas á formación da candidatura, "falaban da incredulidade que nos provocaba a deixadez demostrada polo noso concello no que atinxe á inversión pública, aos servizos básicos para veciñas e veciños ou á promoción dos nosos recursos".

Engadiu "Queremos recuperar a autoestima polo noso. Cremos que estamos preparados para governar e poñemos o noso traballo á disposición das veciñas e dos veciños de San Amaro para tentar mellorar a calidade de vida das veciñas e dos veciños apartir do primeiro día de goberno".

Entre as propostas presentadas, Carlos Paz apostou pola necesidade de mellorar as comunicacións no concello: por unha parte o transporte e a e a conexión coa AG-53 e por outra as telecomunicacións, nun concello que adoece de problemas serios de cobertura e de acceso a banda ancha, o que prexudica gravemente aos seus habitantes e ás empresas radicadas no concello. Neste senso, apuntou a urxencia dun sitio web e dun espazo 3.0 que achegue información actualizada do concello e dos seus servizos, amáis de ofrecer cumprida información social, económica, cultural e turística do concello de San Amaro.

Por último falou da necesidade de coñecer polo miúdo o estado real das contas e revisar a concesión da xestión da auga no concello, que se está a converter nun quebradeiro de cabeza para os habitantes, tanto polo seu elevado prezo como pola calidade da mesma.

Pola súa parte, Sonia Ordóñez González, candidata nº 2, apuntou que están abertas e abertos a todas aquelas persoas que queiran traballar polo benestar das e dos amarenses. "Cremos no noso concello e nas súas xentes e queremo que as nosas fillas e os nosos netos teñan a opción de vivir e de traballar no concello de San Amaro".

No apartado de política social, Sonia Ordóñez apuntou a necesidade de crear un rexistro de persoas maiores que viven soas, amais de facilitar as xestións oportunas para acceder aos servizos básicos de teleasistencia ou axuda para as actividades da vida diaria. Indicou Sonia Ordóñez que queren promover o envellecemento activo e a participación social através de actividades lúdicas e divulgativas centradas na interxeracionalidade. Por último, apuntou a total disponibilidade de Xuntos de levar a cabo accións de entendemento e colaboración continua co CEIP da localidade e co tecido asociativo do termo municipal.

Cristina Vázquez Rodríguez, nº 3 na candidatura, centrou a súa intervención na posta en valor dos recursos culturais, patrimonias e medioambientais do concello. Falou da impotencia que provoca saber que a multimillonaria inversión que a Xunta de Galicia realizou no Castro de San Cibrao de Las non aportou á penas ningún posto de traballo entre as veciñas e veciños do San Amaro.

Apuntou a situación irregular do concello ao non ter aprobado un plan de emerxencias e un plan de prevención de incendios, e comprometeuse a aprobar ambos plans, conforme ao PEIFOGA e á lexislación vixente. Tamén anotou a intención de incoar expediente para a declaración BIC do Castro de Las, ao tempo que anunciou a "creación dunha Biblioteca Vivente, que recolla desde xa a memoria das persoas que habitaron e habitan o noso concello, deixando para as xeracións futuras copia dos seus testemuños".

Manuel Cao González, nº 4 na candidatura, fixo unha introdución sobre a merma demográfica do concello e sobre a urxente necesidade de poñer en marcha unha batería de medidas que persigan a creación de emprego e faciliten a vida cotiá no concello. "A última vez que San Amaro apareceu no DOG foi en febreiro do 2018. E non foi para anunciar unha inversión ou unha licitación, senón para facer público un informe ambiental estratéxico promovido por unha Fundación radicada no noso concello. Tres cuartos do mesmo pasa co BOP, onde no mes de xaneiro deste ano atopamos con sorpresa como o concello de San Amaro pasa a ser un dos únicos concellos da provincia que non está incluido no plan provincial de limpeza de marxes de estradas. Ningunha inversión realizada nos últimos anos. Ningunha inversión comprometida nos últimos anos".

Falou tamén da necesidade de aprobar o plan urbanístico, para poder construir e rehabilitar dun xeito ordenado e conforme ao interese xeral de veciñas e veciños. Por último, indicou que consideran "oportuna e necesaria unha Guía de Recursos económicos do concello, na que se inclúan todos os servizos económicos que ofrezan ou demanden as veciñas e veciños do concello. Tería un espazo no web do concello, ademais dun ocupar un lugar físico nos edificios municipais ou comunitarios", subliñou.

2, Maio 2019

Seguramente los que aquí comentan, por lo que puedo ver en otros comentarios, forman parte del 15% de la plantilla que no apoya la huelga, pero el otro 85% de la plantilla, no pensamos igual, el señor gerente nos quitó una pequeña subida del 3%, acordada en el momento en que necesitó de nuestra ayuda, para quitar una carga de trabajo importante, durante dos meses, trabajando de lunes a viernes, festivos incluídos, cumplimos los objetivos antes de la fecha acordada, y nos lo agradeció retirando dicha subida en el mes de febrero.

Prometió, el gerente, reunirse con los sindicatos, para mejoras de salarios, mejoras en cobros de pluses (toxicidad, penosidad, peligrosidad,etc), revisar categorías profesionales, e intentar hacer un convenio interno...

Nada de eso se llegó a cumplir Y sigue desviando trabajo que debería hacerse en nuestra fábrica, a la fábrica de su padre en Ponteareas

Tan solo quiero que tengan ambas versiones, y que no se cuente solo una.

2, Maio 2019

A entidade cineclubista carballiñesa pon en marcha esta semana unha programación especial co motivo da celebración do seu 50 aniversario.

O xoves día 2 de maio comezan os actos na libraría Escolma ás 20.15 horas coa proxección do documental Vigo 1972, que estará presentado polo seu produtor Emilio J. Fernández. A entrada será libre ata completar aforo.

Ao día seguinte, 3 de maio, continuando coas sesións habituais en venres no Auditorio municipal Manuel María, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, unha das mellores películas do ano, Cafarnaum, da directora Nadine Labaki. Nominada á mellor película de fala non inglesa nos Oscar e nos Globos de Ouro, Premio do Xurado no Festival de Cannes, nominada nos premios BAFTA e nos premios César franceses..

As actividades continuarán ao día seguinte, sábado día 4. Celebraremos no Apartahotel Arenteiro a asemblea da Federación de Cine Clubs de Galicia (FECIGA), na que estamos integrados dende a súa fundación. No mesmo lugar, ás 13:30 horas, faremos unha pequena homenaxe aos fundadores do cine club alá polo ano 1969, ao que asistirán representantes de todos os cine clubs de Galicia e membros das diferentes directivas que foi tendo a entidade nestes 50 anos de existencia.

Xa pola tarde, ás 18:00 horas, completaráse esta semana conmemorativa do 50 aniversario coa proxección do Auditorio Manuel María da película en formato para TV do cineasta José Manuel Mouriño, "El método de los claros". Será unha estrea na que contaremos coa presenza do director para a súa presentación. A entrada será libre.

2, Maio 2019

Como traballador desta empresa, estou moi moi indignado!!

A informacion que chega os meus oidos é por parte dos sindicatos que nos representan, os que un dia entre todos eleximos, para ben ou para mal. Ben é sabido que non todo o que se nos conta é certo, é mais, xa dudo de que algo sexa certo, pero é a unica información que temos.

¿Onde está a outra parte? ¿Cal é a verdá de todo esto?

Necesitamos información señores, necesitamos poder decidir, cada un de nos, de forma individual, non que decidan por nos os 4 que nos rerresentan, que o fin de contas nin eles deciden, deciden os de Orense, eses que nada teñen que perder e moitas medallas que colgarse cando consigan algo desta empresa grande do sector. ¿Que se conseguirá? Pois o mellor irnos todos pra casa, todos os que traballamos aqui, os de Ourense non se xogan nada.

Estase xogando co pan de moitas familias desta comarca, por favor un pouquiño de cabeza, que está en xogo o futuro de moita xente!! Con informacion podese decidir, sen ela vamos todos coma ovellas.

1, Maio 2019

Como habitante do Carballiño, e vendo a información que se está a dar por diferentes medios, vexase periódicos, sindicatos, ou facendo uso das verbas a pé de calle, opino que a des información que ten a sociedade así como os traballadores é enorme polos datos dos que se fala. 

A información seguramente a manexen os sindicatos/comité de empresa/empresa e fan un uso indebido dela para seguramente condicionar a traballadores a continuar cunha folga empregando datos que seguramente non se axustan a realidade, seguindo un camiño que seguramente descoñecen co risco que iso con leva, por outra banda tamén opino que a empresa debería emitir un comunicado no que figuren as súas posturas, e facilite o cotexo da información por parte dos traballadores coa que se lle da dende os propios sindicatos e do comité de empresa.

Na rúa escóitanse comentarios de todo tipo, eu, considero que as empresas polo xeral e xa sen facer distinción de ningunha, non tratan ao persoal como se merece, as retribucións económicas nunca son adecuadas, o traballador co paso do tempo sempre aspira a ter mellores condicións salariais pero isto pasa dende tódolos tempos, tómalo ou deixalo. ¿E para requirir mellores condicións salariais o traballador non terá que dar algo a cambio? E un tira e afrouxa dende sempre, a empresa resístese a dar, o traballador pide e nalgúns casos sen dar nada a cambio espera obter recompensa, incluso dando pódese dar o caso que a recompensa non sexa suficiente, pero así se formou a sociedade actual, todos somos egoístas en maior ou menor medida, tanto empresarios coma traballadores.

Descoñecendo o trato dentro desta factoría, direi que os traballadores deben recibir un salario acorde o traballo que desempregan, lendo noticias de periódicos e vendo tódolos dias que se fixo folga espero que a sangue non chegue ata o rio e se chegue a un acordo para que persoas/familias que comen día a día desa empresa o sigan facendo. Porque nunca se tapou o sol cun dedo e esta empresa considero que é un dos motores desta vila, sexa mellor ou peor deberían ambas partes usar a cabeza.

Defender os dereitos é algo básico o que nunca se debe renunciar, pero realmente todos vos dentro desta "batalla" sabedes quen é o inimigo? ¿Sabedes realmente cal e o fin diste camiño, que queredes obter, e as consecuencias que pode ter para moita xente o non chegar a un acordo? Poño en dúbida que a un xigante como é esta empresa no sector da automoción lle asuste non chegar a un acordo, a realidade é que os únicos afectados serán os traballadores.

Sen estenderme mais, espero esta situación finalice porque para a MIÑA VILA E OS MEUS VECIÑOS si é importante economicamente.

 

 

 

30, Abril 2019

Como traballador de GRI Towers Galicia quero manifestar ou meu desacordo cas accións e informacións que o Comite de Empresa está a levar a cabo.

É necesario chegar a un acordo e que ambas partes saquen un beneficio de dito acordo. O que non se acerca a lóxico nin a normal son as posturas suicidas que certos sindicatos están a tomar.

¿Ten lóxica unha folga para pedir un aumento dun 25% do salario? Vería lóxica unha folga por un despido colectivo ou por impagos da empresa. Pero ningunha destas duas está a acontecer en GRI. 

O que é certo e quero manifestar é que os sindicatos están a dar informacións falsas a medios de comunicación e a traballadores para secundar e apoiar a folga. As condicions de traballo en GRI para nada son indignas. Como ejemplo podo expoñer traballadores que entran as 7 da mañan ao seu posto de traballo e ó cabo dunha hora tomamos o primeiro café. Pero resulta que eses son os que están na rotonda a protestar, erocarse nas negociacions coa empresa ou incluso facendo algun que outro acto vandalico que non lle convén contar.

O futuro desta empresa está en risco nesta comarca coa folga indefinida. Empresa na que 350 persoas estamos a traballar e é noso sustento dende fai anos. Algúns incluso temos algún familiar tamen traballando nesta empresa.

E que temos que esperar? Queremos votar xa! A semana pasada chegouse a un principio de acordo para someter a votación a revocación da folga. Principio de acordo que os sindicatos botaron atrás e do que dixeron que non farian caso fose cal fose o resultado da votación.

Señores estamos xogando co pan de moitas familias. Creo que o Comite de Empresa non representa a moitos dos traballadores de GRI. 

A primeira acción que debemos levar a cabo e votar, para dar a coñecer o noso desacordo coa folga. Catro persoas non representan a 350 neste momento. 

A segunda acción debe ser a revocación do actual Comité de Empresa, as suas acción suicidas e informacións falsas e adulteradas llevarán ao peche da factoria nuns meses. 

 

 

 

30, Abril 2019

Como traballor@ da factoría dos eólicos do Carballiño, quero denunciar publicamente a manipulación esaxerada e partidista que estan a facer os sindicatos a prol duns intereses que na miña opinión pouco teñen que ver con esta factoría.

Unha empresa con más de 300 traballadores na nosa comerca, moi falla de traballo, estaselle a esixir polos debanditos sindicatos unha subida salarial por riba do 20% , nunca vista nin nas tan famosas folgas do naval en Galicia nas decadas dos 80 e 90, por outra banda cando por parte da empresa se esta ofrecendo unha subida xa importante premiando a produtividade e por suposto o non ausentismo laboral, por certo dato do que non falan os sindicatos sendo nesta factoría moito maior da media do sector na comunidade,non aceptan dito acordo e para mais incredulidade propoñen unha folga xeral indefinida sen consultar por votación aos traballadores, e o máis inportante sen reparar no dano que van a causar a moitas familias economicamente.

Polo tanto, e para rematar esto xa non é unha denuncia senon unha revindicación, somos moitos os que non estamos dacordo con esta folga, enton deixemonos de medos e digamos BASTA XA, senon pola contra só nos quedara recordar a gran Rosalía:

«Adeus rios, adeus fontes, adeus regatos pequenos, adeus vista dos meus ollos non sei cando nos veremos....»

30, Abril 2019

A subida salarial do 3% pactada coa empresa o ano pasado xa está mais que aceptada.

O que piden agora é:

-Plus de 80 euros/mes por ir a traballar tódolos días.

-Plus de peligrosidade

-Plus de penosidade

 

Todo iso máis o do 3% supón que os traballadores pasarían de cobrar 900-1000 euros a cobrar 1200-1300 euros. Ë dicir, unha subida de golpe e porrazo do 25%. O que os convertiría nos traballadores mellor pagados do sector do metal da provincia de Ourense.

 

Todo moi bonito sen reparar en que a empresa se vai a pique se ten que pagar esos soldos. A factoría do Carballiño deixaría de dar beneficios e o dono de Gestamp colle e leva as maquinas a outro lado e pecha a nosa fabrica.

 

Os sindicatos meteronlle paxaros na cabeza a mais dun poñendo en serio perigo os postos de traballo de todos. Mais se cabe se vislumbra folga indefinida a partir do xoves 2 de maio, co conseguinte risco de peche patronal.

 

Firmado: un grupo de traballadores que quere traballar e non está dacordo con tales reivindicacións.

28, Abril 2019

Para ver os resultados electorais destas eleccións xerais 2019 no muniicipio do Carballiño e tamén a comparativa cos resultados das últimas xerais celebradas en 2016, entra na seguinte ligazón: https://www.resultados.eleccionesgenerales19.es/Congreso/Total-nacional/...

27, Abril 2019

Este ano a praza de abastos celebra o seu 90 aniversario, e xa que está próxima a conmemoración do Día dá Nai, pon en marcha unha campaña de promoción que consistirá nun sorteo de importantes agasallos entre a clientela, que terá lugar o 3 de maio.

Esta campaña leva como slogan “Todas as nais á Praza” e desenvolverase ata o venres, 3 de maio. As persoas que compren na praza durante este período, poderán depositar nunhas urnas os boletos que se lles entregarán en cada posto polas súas compras, para acceder a algún dos 10 premios establecidos.

Estes premios serán: 1 cafeteira “ Dolce Gusto”, 2 pulseiras de actividade, 2 reloxos, 1 secador, 1 ferro de pelo, 1 teléfono móbil, 1 ferro de asar e 1 caixa de viño Pazo Tizón.

Con motivo desta campaña, Francisco Fumega agradeceu o esforzo que realizan durante todo ou ano os placeiros para promocionar o mercado municipal, do que dixo era un un lugar onde se podían comprar produtos de calidade e cunha atención moi personalizada. Felicitou á asociación e ao seu presidente polo 90 aniversario e por esta nova campaña polo Día dá Nai, e animou á veciñanza para seguir comprando na praza.

Eligio González mostrou a súa alegría por poñer en marcha esta nova iniciativa de promoción da praza, e agradeceu á clientela a súa confianza durante todo ou ano pero especialmente neste tipo de campañas. Respecto diso, destacou a importancia dos premios e a coincidencia coa celebración do 90 aniversario dá praza. Tamén agradeceu ou apoio do concello.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS