
A primeira nevarada do ano tamén chegou a terras da nosa comarca, como aconteceu na zona alta da parroquia de Oseira, tal como pode verse na foto, nas inmediacións do pobo de Pobadura, no límite dos concellos de San Cristovo de Cea e Rodeiro.
Nesta zona acumularonse ata 10 cm. de neve nos dous últimos dias. As máquinas quitanevas tiveron que realizar varias pasadas para deixar transitables os accesos a pobos como A Cabana, O Arenteiriño e Pobadura.
Válgame Deus, agora veñen co estas ocurrencias. Acontece a desgraza de Totalán, e estes iluminados veñen co dos puzos agora, non lles deu tempo nos 16 anos que gobernaron nin nos doce que levan na oposición, e máis que botarán (decátanse agora).
Non lles dan as neuronas pra máis, como o elemento ese que empregou a desgraza na convención das cacatúas do PP.
Pensei que xa o vira todo cando nese grupo de Facebook que creou o candidato electo a dedo polos fillos do anterior alcalde, a dona do candidato queixábase porque ninguén celebrara o día mundial do retrete. E dicía que esto non tiña xustificación porque o retrete salva vidas e había que loitar contra a crise mundial de saneamento.
Con eminencias como estas as nosas vidas están a salvo. Agardo que teñan tan bo criterio cos dereitos dos traballadores, como a Seguridade Social das empregadas do fogar. Porque logo veñen os do seu partido e critican a Echenique.
Os populares de maside están todos disgustados porque solicitan un bando para tapar e sinalizar os pozos abertos nas fincas. Non digo que non sexa necesario, pero non deixa de ser curioso que todas as normas ou leis a cumprir sempre recaen nos mesmos, os cidadáns de a pé. Hai que ter limpas as fincas de maleza antes do 31 de Maio pero as administracións publicas poden ter as cunetas sen limpar no mes de Xullo, pasou este ano ca N-541 en todo o concello de maside, pasou con Adif en todos os taludes tanto da liña AVE como na liña convencional, os primeiros tarde pero limparon, os segundos nin apareceron hoxe, o concello e a deputación tampouco poden presumir de cumprir prazos, pero os cidadáns temos que cumprir. A marxe desde pequeno comentario, non deixa de ser lamentable e oportunista que despois da terrible desgraza de Totalán o poder de anticipación e de propostas novas para mellorar a vida nun concello se resuma no que pasa noutros lugares para ver se pode pasar no noso. Efectivamente claro que pode pasar, pero o momento denota falta de ideas e oportunismo.
Non estiven no pleno, nin tempo nin ganas que teño, pero se a nova é como a conta o xornal os populares non perderon moito tempo en cavilala,
Queren que se tapen e sinalicen os pozos nas fincas dos particulares, todo correcto, e non teñen nada que dicir das bocas abertas dende fai anos dos pozos de rexistro do alcantarillado e abastacemento público.
Que veñan dar unha volta por Corzos (tanto os populares coma os que gobernan no concello), somentes na parte que pertence o concello de Maside hai, tirando por baixo máis de 30 bocas de pozos sen tapar, e algún que outro susto leve xa houbo de xente que anda paseando cos cans e meteu un pé e caeu o chan.
Menudos políticos temos, unha vergonza tanto uns coma outros.
Íñigo Errejón vén de incorporarse á Ahora Madrid xunto á Manuela Carmena, abandoando a disciplina política de Podemos, mentres que Adolfo Nogueira deixa tamén o proxecto do PSdeG no que acompañou ó alcalde Paco Fumega hai catro anos. A diferencia do aínda concelleiro de Personal, Seguridade e Promoción con Errejón é que éste xa non tiña responsabilidades orgánicas no partido dos círculos, mentres Nogueira é o actual secretario comarcal dos socialistas. Por elo, independentemente de que o alcalde asuma a xestión dos devanditos departamentos municipais, resulta curioso que os dirixentes provinciais e autonómicos non tomasen aínda ningún tipo de medida disciplinaria contra o voceiro do equipo de goberno do Concello do Carballiño, como podería ser a apertura dun expediente para a súa expulsión. Tampouco se coñece, polo de agora, se Manuel Vázquez vai abandeirar unha candidatura á alcaldía da que Nogueira formaría parte, que significaría unha nova división da esquerda na vila do Arenteiro e favorecería estatísticamente unha maioría simple para o Partido Popular na futura Corporación.
Como pode ser posible que o alcalde minta desta forma a non ser que pretenda enganar aos poucos concelleiros do seu grupo que aínda o apoian.
O grupo socialista ten 8 concelleiros e como sempre e como en tódolos concellos de España teñen que presentar un escrito ao principio do mandato asinado por tódolos concelleiros certificando que están dacordo en pertenecer ao mesmo grupo político é ao mesmo tempo nombran Portavoz e portavoces sustitutos.
Para o cambio de Portavoz dun grupo político non fai falta, tal como se afirmou en entrevista deste medio, ter un acordo unánime, pois ese acordo so é referido para a pertenencia ou non a un grupo político, e cousa distinta é a elección dun novo Portavoz, pois sería suficiente a sinatura da maioría dos membros do referido grupo político para así adaptarse ao dito no artg.24 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais (ROF), que é vixente neste caso pois non hai, que eu sepa, Regulacion municipal sobre o funcionamento do pleno (ROM).
Entón é suficiente que o grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello do Carballiño, presente asinatura de 5 dos 8 concelleiros actuais con proposta de novo Portavoz para que o cambio sexa efectivo no pleno que se convoque con posterioridade.
Outra cousa é que Fumega non dé pasado dos 3 ou 4 apoios dentro do seu grupo (a maioría dentro do grupo socialista está en 5) e para salir do paso e que non se vexa que non ten control do mesmo, fale de que fai falta un acordo unánime.
Para os incrédulos deixo referencia de unha de tantas sentencias que hai ao respecto ( Sentencia do Tribunal Superior de Xusticia de Andalucía de Granada de fecha 30 de marzo de 1998 que di que a competencia para a revocación da portavocía de grupo político municipal corresponde aos integrantes do grupo político municipal mediante acuerdo mayoritario, según interpretación del art. 24 del Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais (ROF), salvo previsión expresa no Regulamento Orgánico Municipal (ROM).
E incluso, e para que se entenda mellor cun caso recente noutra administracion local, que ademáis ven moi a conto, pois, ¿como explicaría o señor Fumega que na Deputación Provincial de Ourense, cambiasen xa duas veces de portavoz neste mandato e sempre fora por maioría dos seus membros e non por acordo unánime?
Francisco Fumega, dame a sensación de que no seguinte pleno terás que dicir algo así como: Pásolle a palabra ao portavoz do Grupo socialista, o Sr. Adolfo Nogueira.
Non debemos ser tan ilusos como para pensar queos nosos políticos traballan todos acorde a un ideal, ainda que temos a sorte de contar con algún o noso arredor. Algún que Verdadeiramente os veciños son o primeiro. Pero dende logo que hai anos xa que non vía o descoque dalgun.
Esa mezcolanza de uns que van e volven, que se enfadan, que dimiten, que se cambian. Bueno, sinceramente, pensades que os votantes somos idiotas? Imaxino que si porque no caso contrario en lugar de andar coas vosas trifulcas estariades traballando para defender os dereitos de todos.
A que se organizou con Adolfo do Psoe do Carballiño se vai sumar a que vai facer o Pachi a nivel Comarcal? Tocando concelleiros máis ou menos desilusionados, que si Francisco Fraga en Piñor, aquel outro en Maside, e o colmo dos colmos me parece Boborás, seica que pretende enterrar MoveBoboras e resucitar a Eva Pardo nunha nova alianza de ezquerdas. Francamente con estas noticias e alianzas a principios de febreiro, me pregunto si Verdadeiramente de aquí a maio apareceran os políticos que queiran traballar de verdade a prol da nosa comarca. De momento case todo semella un desatino.
É a primeira vez que Alternativa Veciñal lle solicita ao Sr. Alcalde a utilización do Salón de Plenos durante 10 minutos para unha rolda de prensa por ser pequeno o despacho de que dispón no propio Concello e por quedar sin sede momentaneamente por obras.Este grupo traballa polo Carballiño sin ánimo de lucro.Non utilizamos tan siquer o estrado e as cadeiras onde se celebran os plenos.Moitos outros colectivos demandan este espazo cando non hai dispoñibilidade doutros locais pra celebrar actos de todo tipo .De todos xeitos pedimos disculpas aos veciñxs a quenes non lles parecedu correcto.
Sr alcalde, non escoitei que se fose arranxar a Rúa Marcelino Fochancas Parrondo, pode dar un paseo por ela e despois opinar si lle compré ou non, hai pistas de tractores en millor estado, en fin......

O alcalde Francisco Fumega recoñeceu, no transcurso dunha interveción radiofónica en COPE O Carballiño, que a dia de hoxe Adolfo Nogueira sigue sendo o portavoz do grupo municipal socialista no concello do Carballiño.
Fumega dixo que o cese de Nogueira como portavoz do grupo "é un tema complexo, o ser un grupo político terían que firmar a totalidade dos concelleiros, dende o punto de vista burocrático e adminstrativo sigue sendo o portavoz", admitíu.
Non obstante, o alcalde do Carballiño anunciou nesta mesma entrevista en COPE que revocará as competencias delegadas que ten Adolfo Nogueira como concelleiro de promoción económica, seguridade e persoal.
Fumega asegurou que está á espera que a secretaría municipal redacte o correspondente decreto.
"Tomarei decisións en breve, faréi un decreto de revocación que está preparando secretaría e asumiréi eu as competencias que ten delegadas", unha decisión que o alcalde do Carballiño xustificou pola "perda de confianza".
O rexedor municipal carballiñés lamentou toda esta situación e negou que siga imposicións da Executiva Provincial, tal como onte manifestaron dende o sector do PSOE que apoia a Adolfo Nogueira "precisamente por non aceptar imposicións estou nesta situación, son un home ético e un home libre" remarcou.
A interveción do alcalde do Carballiño pode escoitarse íntegra nesta mesma páxina WEB, na sección "PROGRAMA" correspondente a este xoves dia 31 de Xaneiro.

Cincuenta coches clásicos deportivos visitarán este sábado, 2 de febreiro, O Carballiño. E o farán dentro dunha etapa do Rali de Inverno para realizar, vinte anos despois, a mítica subida a Cabanelas e percorrer as principais rúas da vila cara á praza da Veracruz, onde se establecerá o parque pechado. Así mesmo, organización, conductores e copilotos xantarán nun restaurante carballiñés.
O XVI Rali de Inverno Catro Provincias para clásicos deportivos partirá de Santiago de Compostela na mañá do sábado para realizar un recorrido de montaña, pasando por Beariz e chegando ao Carballiño ás 13h15, onde terá lugar o xantar. A partir das 15h01, a caravana de 50 vehículos voltará a partir do Carballiño poñendo rumbo á provincia de Lugo, para rematar a proba en Vila de Cruces. Posteriormente os participantes retornarán a Santiago.
Hai que destacar que os coches que participan nesta proba están construidos entre 1950 e 1975, con automóbiles de marcas como Mercedes, Porsche, Jaguar, MG, Austin, Triumph, Alpine, Alfa Romeo, etc. Os concursantes proceden maioritariamente de fóra de Galicia, con nada menos que 25 coches chegados de Portugal e doutros puntos de España como Pamplona, Ávila ou Asturias.
PILOTOS DESTACADOS
Entre os seus conductores atopamos nomes moi coñecidos polos afeccionados ao mundo do motor, como o propio Diego Vallejo (recén chegado da súa participación no Dakar) e outros pilotos detacados na historia do automobilismo galego, como Chano Carrera, José Fontán, Moncho Valverde e Germán Gómez, entre outros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 444
- 445
- 446
- 447
- 448
- 449
- 450
- 451
- 452
- …
- seguinte ›
- última »