A plataforma SOS O Carballiño fai un chamamento á reflexión á clase política de O Carballiño con motivo da precariedade existente na sanidade pública, e que se viu reflectida na manifestación do pasado domingo en Compostela.
Mentres os nosos representantes políticos andan inmersos nun sen sentido de loitas internas, primarias, plenos extraordinarios, etc. os galegos e galegas maniféstanse por unha sanidade pública de calidade ¿ É o Carballiño alleo a esta problemática? Desde SOS O Carballiño pensamos que non, pois como veciños e veciñas vivímolo en primeira persoa: TAC´s e resonancias que non dan chegado, coidados paliativos que se fan na casa, listas de espera interminables, saturación da atención primaria, e un largo etcétera. Entendemos que non chega coa representación dos máximos referentes dos partidos políticos senón que aqueles que nos representan en proximidade deberían facer todo o posible en poñer solución a un dos problemas máis graves da Galicia actual.
Facemos un chamamento a todos os representantes para que se poñan do lado dos problemas reais da xente.

Os socialistas acusan ó goberno municipal de "maltratar á veciñanza, especialmente, ós mais maiores e incomunicados, que teñen que ir ás 7 da mañá a unha feira que aínda non empezou para abandonala sen aínda ter rematado".
Os socialistas queren un transporte entre O Irixo e O Carballiño os días de feira a unhas horas adecuadas "un transporte público municipal con preferencia para a xente máis maior, ou con limitacións en canto a súa mobilidade, ou que vivan sos. Un transporte a ampliar con outras rutas entre parroquias e ata o núcleo urbano en resposta ás necesidades de mobilidade da veciñanza".
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA CREAR UN TRANSPORTE PÚBLICO MUNICIPAL, ESPECIALMENTE OS DÍAS DE FEIRA, ENTRE O IRIXO E O CARBALLIÑO, na que fai a seguinte exposición de motivos:
PRIMEIRA.- Que os socialista xa presentamos en varias ocasións mocións en referencia á posta en marcha de transporte municipal entre O Irixo e O Carballiño.
Neste sentido se presentaron dúas mocións o pasado 6 de maio de 2016 “PARA CREAR UN TRANSPORTE PÚBLICO MUNICIPAL ENTRE O IRIXO E O CARBALLIÑO E PROPOÑER Á MESA DE TRABALLO Y/OU PLATAFORMA PARA A DEFENSA DO TRANSPORTE PÚBLICO EN TODA A COMARCA A CREACIÓN DUNS AUTOBUSES LANZADEIRAS ENTRE O CARBALLIÑO E OURENSE PARA TODA A COMARCA” e “PARA QUE O CONCELLO SE UNA Á MESA DE TRABALLO OU PLATAFORMA PARA TRABALLAR E DEFENDER O TRANSPORTE PÚBLICO EN TODA A COMARCA” ou tamén “PARA A IMPLICACIÓN DO CONCELLO DO IRIXO NA ELABORACIÓN DO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA”.
SEGUNDA.- Que debemos recordar que O Irixo é un dos concellos máis extensos da provincia de Ourense con 121,05 km² que está moi preto de Carballiño, de Lalín ou de Ourense pero ó mesmo tempo moi afastado debido á falta de comunicación que se foi perdendo nos últimos anos ante a pasividade do goberno municipal.
TERCEIRA.- Que a pesar das propostas traídas ó Pleno polos socialistas e tamén por outros grupos nos últimos dez anos, o goberno municipal non fixo absolutamente nada por mellorar ás comunicacións do noso concello nin por poñer en marcha ningunha iniciativa propia que comunicase ou achegase á veciñanza entre si ou á vila do Carballiño que dista apenas dez minutos do noso concello.
CUARTA.- Que ademáis nos últimos meses vimos de asistir á perda dun dos poucos servizos en materia de transporte que existían no municipio como era o autobús que os días de feira do Carballiño permitía que a veciñanza sen outras posibilidades puidera achegarse á capitalidade da comarca a desfrutar da súa feira, para moita veciñanza un dos acontecementos sociais e unha oportunidade para saír do seu pobo. En lugar do transporte que existía ate fai apenas uns meses, agora a veciñanza deber usar o transporte compartido do bus escolar, boa iniciativa para optimizar os recursos, se non fora que un veciño que antes podía coller o autobús para ir a feira ás 10 da maña, agora debe facelo ás 7 cando o bus escolar recolle ós escolares do instituto que se despraza O Carballiño, para retornar ás 12 horas sen ter rematado a feira.
QUINTA.- Que nos parece un ataque directo á vida no rural, á calidade de vida dos nosos maiores e un despropósito castigar os nosos maiores que non dispoñen de medio de transporte nin medios para desprazarse ó Carballiño, ter que coller un autobús ás 7 da mañá para ir á feira para voltar ás 12, feito inaudito e que demostra a inexistente sensibilidade do goberno municipal e un maltrato a nosa veciñanza e falta de respecto os nosos maiores, ó non ser capaces de artellar un pequeno transporte mentres despilfarra miles de euros noutras cousas innecesarias ou en beneficio de determinadas persoas.
SEXTA.- Que son varios os concellos que ofrecen os seus maiores e dependentes un servizo de transporte diario.
Un servizo de transporte público municipal que podería ser para toda a veciñanza con preferencia para a xente máis maior, ou con limitacións en canto a súa mobilidade, ou que vivan sos.
Este servicio podería funcionar os días de feira pero tamén se podería ampliar con outras rutas entre parroquias e ata o núcleo urbano, e ir ampliando o servizo en resposta ás necesidades médicas de enfermos crónicos ou a outras necesidades de mobilidade da veciñanza.
Que dito todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
1º.- Que o Concello de O Irixo poña en marcha un transporte público municipal entre o concello de O Irixo e a vila do Carballiño os días de feira a unhas horas adecuadas ós horarios da Feira.
2º.- Que o Concello de O Irixo poña en marcha un transporte público municipal con preferencia para a xente máis maior, ou con limitacións en canto a súa mobilidade, ou que vivan sos.
3º.- Que o Concello de O Irixo poña en marcha un transporte público municipal, ampliando con outras rutas entre parroquias e ata o núcleo urbano e en resposta ás necesidades médicas de enfermos crónicos ou a outras necesidades de mobilidade da veciñanza.

Cinco charangas (Noroeste, Ardores, CLK, Castro Vello e Doctor Anchoa), tres orquestras (Olympus, Pincipal e Aramio), un grupo folk (Feitizo de Pau), catro desfiles (Festa Infantil, Martes de Entroido, Enterro da Sardiña e dous o Domingo de Piñata), tres concursos de disfraces e comparsas (Concurso Infantil, A Ruta dos Mil e o Martes de Entroido) e as xa tradicionais Coplas de Entroido de Os Liborianos, así como a Ruta das Tapas, obradoiros e actividades infantís e dúas demostracións da Escola Municipal de Danza, animarán as rúas e prazas do Carballiño durante sete días de festexos para conmemorar o Entroido 2019 e a 25 Festa da Cachucha, entre o 1 e o 10 de marzo.
Nesta edición do Entroido 2019, haberá récord de participación de establecementos hostaleiros tanto no concurso de disfraces por grupos da Ruta dos Mil do sábado 2 de marzo como o Domingo de Piñata na 25 Festa da Cachucha o domingo 10 de marzo.
Vinte locais participan na Ruta dos Mil, e vintetres mesóns, restaurantes e bares o fan no xantar da 25 Festa da Cachucha, con máis de 3.000 servizos e uns prezos que oscilan entre os 15 aos 25 euros.
O evento foi presentado esta mañá polos concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente, que incidiron no auxe que estaba tendo nos últimos anos tanto o entroido como a Festa da Cachucha, e que agardaban que ao celebrarse no mes de marzo a climatología foise máis benigna, o cal contribuirá a que luzan máis as actividades e a que se achegue máis xente ao Carballiño.
Como novidade, a Praza Maior será o epicentro das actividades, onde se instalará unha gran carpa en caso de tempo adverso. Tamén será novidade a decoración especial e luminosa da fachada do concello.
Asímesmo, haberá dous espectáculos teatrais: Un infantil, Teatro Monicreques coa obra “Contacontos musicais de Entroido” (domingo 3 de marzo, ás 12,30 h., no auditorio), e outro para adultos, Teatro Aporía Escénica coa obra “6 cubos negros en corpo branco, o xoves 7 de marzo, ás 20,30 h., no auditorio.
O desfile de comparsas do martes de entroido incrementa o ornamento dos premios ata os 7.600 euros, de xeito que aquelas comparsas que non obteñan ningún premio verán incrementada a subvención municipal de 60 a 120 euros, como axuda pola súa participación.
No que respecta á 25 Festa da Cachucha, tanto no pasarrúas da mañá do domingo 10 de marzo como no desfile de comparsas da tarde, estarán os folións máis característicos do oriente ourensán como son os Folións de Fradelo, Arrieiros de Petín e Tameirón, así como a comparsa de Amoeiro, ademáis das comparsas e murgas participantes no desfile do martes do entroido.
En canto ás verbenas, que se celebrarán na Praza Maior, a do luns 4 de marzo estará animada pola gran orquestra-espectáculo OLYMPUS; a do martes 5 de marzo pola orquestra ARAMIO, e a do domingo 10 de marzo pola orquestra-espectáculo PRINCIPAL.
Finalmente, ASPADISI voltará a protagonizar o Enterro da Sardiña do mércores 6 de marzo.

"Doido e apuñalado" éste é o estado emocional no que se sinte Adolfo Nogueira, asi o manifestou esta mañá tras formalizar a súa baixa do grupo municipal socialista por medio dun escrito presentado no rexistro do concello do Carballiño, igual que tamén o fixeron as concelleiras Érika Paz e Rosario González, ata o de agora responsables da áreas de medio ambiente e medio rural, respectivamente.
Os tres concellais que abandonan a disciplina do grupo socialista pasarán a ser concelleiros non adscritos, toda vez que decidiron conservar as súas actas e polo tanto seguir formando parte da corporación municipal do Carballiño ata que se completen os apenas tres meses e medio que lle quedan ao actúal mandato.
Nunha comparecencia posterior a presentar o seu escrito no concello, volveron criticar a decisión do alcalde de retirarlle as competencias ao concelleiro Adolfo Nogueira e mesmo culparon culparon a Francisco Fumega da "destrucción" que auguran se aveciña no PSOE carballiñés.
E é que, a maiores, os xa 3 exconcelleiros socialistas tamén anunciaron que esta mesma semana tramitarán a súa baixa como afiliados do PSdeG-PSOE.

O taller gratuíto " Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais ( CCMMVV)" está orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies.
Pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes baixo o réxime de xestión cooperativizada, favorecendo o emprendemento de actividades económicas e a xeración de emprego, especialmente entre os mozos.
O taller gratuíto desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego @de la Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamiento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop.
Lugar: Salón de Actos do Concello de Beariz, r/San Pedro, 2.
Datas e horarios: -Do luns, 25 de febreiro, ao venres, 1 de marzo. - De 17:00 a 20:00 h.
Lo ocurrido ayer en el pleno me hace sentir, cuando menos, Vergúenza Ajena, a donde quieres llegar Adolfo? esa es la pregunta. Creo que el partido socialista te dió la oportunidad de ser álguien y tú ... la has desaprovechado, quieres llegar arriba a cualquier precio, y eso, amigo Adolfo te está nublando la realidad.
No te vengas muy arriba, que a pié de calle no tienes tantos adeptos como amigos de Facebook , y no todas las sonrisas y saludos son votos.
Recuerda que tienes un sueldo gracias al Partido, que de no ser así tendrías que vivir de un " Trabajo".
La sombra del que fué él Boss te acompaña, y quién sabe... igual te quita las castañas de fuego, sin embargo como vecin@ siento decepción por traicionar de forma deliberada la confianza de tús compañeros de partido, vecinos y sobretodo de aquellos que un día te apoyamos.

Francisco José Fernández Pérez (Cortegada, 1959) optará unha vez máis a revalidar a confianza dos veciños de Leiro, encabenzando a lista que o Partido Popular presentará ás eleccións do 26 de maio, orgulloso do desenvolvemento que experimentou o seu concello nos últimos anos, “nos que voltamos a mirar cara ao río e poñer en valor os nosos recursos”. Este foi, precisamente, un dos aspectos destacados polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, “pois o candidato soubo dar pulo a todas esas características que reúne o concello e que tamén marcan o futuro da provincia”.
Francisco Fernández volve a asumir o liderado da lista popular en Leiro, optando a un sétimo mandato. “Empezei na política local no ano 1991, como concelleiro, e xa no 1995 cheguei á alcaldía cunha clara idea: aportar o meu grao de área para que o concello mellorase e ofrecer aos meus veciños a calidade de vida que merecen”. Hoxe, engadiu, “tamén estou convencido de que o labor dun alcalde é unha actuación de carácter máis persoal que transcende a liñas da política”.
O candidato afirma sentirse orgulloso das cousas realizadas ata agora, entre as que cita a rede integral de saneamento e depuración no concello ou o centro de día. Non obstante, destaca, un dos logros dos que sinte máis satisfacción “é o feito de que os veciños voltásemos a mirar cara o río”. Refírese o alcalde ás actuacións levadas a cabo no entorno fluvial do río Avia, “a última delas un novo paseo peonil pola marxe dereita que comunica a poboación de Leiro coa área recreativa”.
Aínda hai proxectos de maior importancia que están no haber do goberno de Francisco Fernández, grazas tamén á colaboración coas administracións, como a recuperación do mosteiro de San Clodio ou o “Spa do Viño”, actuacións que poñen en valor o patrimonio local e o sector económico máis importante do concello como é a viticultura.
“A política local é a máis comprometida, a que require máis dedicación pero tamén a máis reconfortante, e iso sabeo ben o candidato do PP á alcaldía de Leiro, que tomou a mellor decisión para o futuro do concello e da veciñanza”, dixo pola súa banda o presidente provincial, Manuel Baltar.
Francisco Fernández demostrou neste tempo, declarou Baltar na presentación do candidato, “que ten un concepto da política local vinculado ao futuro da comarca e da provincia, por iso loita por aspectos comúns no noso territorio como o turismo, o termalismo ou a viticultura, grandes potenciais á súa vez de Leiro”. Unha visión na que sen dúbida ten parte a súa codición de senador “na que tamén amosou a súa capacidade para ser portavoz da provincia”.
“O candidato, todo un especialista en formar equipos e de seguro que terá unha gran lista, voltará a ser o alcalde que merece un Leiro máis grande e con maior protagonismo e desde a dirección provincial estamos plenamente satisfeitos con esta decisión”, afirmou Baltar.
Gústame o título dos poceiros de Maside. Acomódase moi ben á realidade do PP de Maside desde fai décadas. Eu entendo que queiran tapar os pozos; a súa política de “tapar” xa ven desde fai moitos anos co exalcalde Benigno Alvarez, e seguirá sendo así mentres todos o permitamos; deso quedaron ben encargados e dan boa fe os seus fillos.
Señor Brenlla, a política claro que non debería usarse para sacar os trapos sucios de uns e outros; porque o que non debería ocorrer xa é que se permitise a ninguén en política que teña “trapos sucios”. E xa que a cousa vai de frases vou deixar unha que ven aquí moito ó caso:
“Se non pelexas para acabar coa corrupción acabarás formando parte dela”.
Iso de que o candidato non trae mochila xa o desconfiamos todos desde o momento no que chega da man dos fillos de Benigno e a sua tan sospeitosa empresa adxudicataria da mayoría das obras da deputación de Ourense dirixida polo seu colega Baltar e agora tamen de boa parte das obras da Xunta, onde foi nombrado recientemente Conselleiro un dos fillos dun dos fundadores da tan cuestionada empresa. Certo é que o candidato non representa á Consellería, pero o cargo non cae tan lonxe unha vez mais.
Eu non coñezo personalmente ó candidato pero non me extrañaría que fose certo o de presumir ser íntimigo amigo de Feijóo, Baltar ou o que sexa preciso (vindo de onde ven o seu nombramiento).
Moi acertado Toni: estamos diante do mais rancio PP de Maside pero non por eso imos seguir aplaudindo e moito menos depositaremos a confianza. Con algo de sorte terán os votos dos seus empleados que seran tamen os que vaian nesa lista representando supostamente ó PP de Maside. A Deus gracias que xa fai moito tempo que os veciños non somos pampos como eles pensan, e estamos fartos de ver que a quen representa a lista do PP de Maside non é ós veciños do noso pobo, senon a unha empresa privada.
No que dis do candidato estou tamen dacordo contigo Toni, Manolete, se non sabes torear para qué te metes.

O polbo á feira foi a estrela na xornada inaugural deste pasado mércores dia 6 e volveao a ser este venres dia 8 de Febreiro con motivo do dia que Xantar dedica ao Xeodestino Turístico O Ribeiro-O Carballiño, que agrupa aos 21 concellos das dúas comarcas.
Desta vez no marco do Salón Internacional Gastronómico "Xantar" en Ourense, o xeodestino proxectará o vídeo estreado recentemente en FITUR "Sabor Propio".
Ademáis do prato máis representativo da gastronomia intercomarcal, o polbo á feira do Carballiño, o Xeodestino tamén promociona outros productos que forman parte da identidade gastronómica, como aqueles amparados pola Denominación de Orixe Ribeiro, en especial os viños, asi como outros productos con indicación xeográfica protexida como o pan de Cea ou os pementos verdes da Arnoia.

A Secretaría do Concello do Carballiño notificou esta mañá ao interesado o decreto de alcaldia no que se revocan as competencias de promoción económica, seguridade e persoal que tiña delegadas no concelleiro Adolfo Nogueira Campo.
Desta maneira, confírmase a decisión adiantada o xoves da pasada semana polo alcalde Francisco Fumega no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño.
O rexedor municipal toma esta decisión pola perda de confianza no concelleiro do seu grupo, asegurando que está traballando noutro proxecto político e na presentación dunha candidatura para as próximas eleccións municipais á marxe do PSOE.
Unha vez recibida esta notificación, Adolfo Nogueira emplazaba públicamente o alcalde do Carballiño por medio dunha comparecencia ante os medios "a que recapacite, porque non hai razóns obxetivas para tomar esta decisión" que considera de gran calado políltico "porque poder levar ao desastre ao PSOE no Carballiño".
Lamentou e criticou "a falta de diálogo" por parte do alcalde do Carballiño que "nunca se dirixíu a min" para tomar unha decisión na que "entrega a miña cabeza en bandexa de prata ao Partido Popular", sen que haxa motivacións de peso nin obxetivas, subliñou.
Nogueira asegurou que non sabe cál vai ser o seu futuro político "e algo que teño que consultar coa familia e os compañeiros", aos que volveu agradecer o apoio recibido, e negou en todo momento que teña algo que ver cunha posible candidatura fora do PSOE para as próximas eleccións municipais no concello do Carballiño, "son rumores", dixo.
Os grupos políticos representados no concello carballñés valoraron nesta emisora de radio a retirada de competencias ao concelleiro socialista.
Dende o BNG, Chema Ferreiro considera que "toda esta crise no grupo socialista hai moito tempo que ven afectando negativamente á gobernabilidade do concello, é algo que vimos denunciando e que agora se confirma.
Para Alternativa Veciñal a crise do PSOE local "é unha moi mala noticia para O Carballiño", afirmaba Bernardo García, que ademáis recordaba como "xa presentamos unha moción na que expoñiamos a deixadez de funcións dos concelleiros Adolfo Nogueira e Diego Fernández".
Dende o Partido Popular Marnotes dixo que "as discrepancias internas do grupo socialista non son de agora, a división do grupo xa se manifestaba incluso na campaña electoral das municipais de 2015, pero viñeronse agravando durante todo o actúal mandato".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 448
- 449
- 450
- 451
- 452
- 453
- 454
- 455
- 456
- …
- seguinte ›
- última »