
Non é quén de decir a verdade nin cando se marcha.
Un breve resumo da súa xestión pon no seu activo dous obradoiros de emprego con 27 alumnos, catro monitores, un administrativo e un director. Non hai máis activos máis alá dos seus dous primeiros anos, a pesar que vostede vendeu o de CEPSA como a panacea. Se vostede quere poñémoslle esas infraestructuras e esas municipalizacións que tan só existen na súa imaxinación (a xestión da recadación segue sendo privada e deixa prescribir cada ano moitísimos cartos de impostos, pero vostede non quixo nin molestarse en beneficio dos masidaos que si pagan impostos). E póñolle esto no seu activo porque o papel sopórtao todo, incluso as súas grosas mentiras.
No seu pasivo figura ese PXOM que vostede meteu no caixón, levar a Maside ao seu maior endebedamento histórico, manter o sistema caciquil mimando e someténdose á tiranía dos caprichos desas familias que xa estaban nas hordas do PP pra mudar de cara e formar parte das hordas do PSOE, tentar privatizar a xestión da auga, tentar que os de Maside comulgásemos con roldas de neumático á salsa barbacoa (moi ecolóxica), conculcar dereitos fundamentais mentras vostede gozaba deles como se aprecia nesta foto. Permitir que centos de toneladas de residuos da construcción fosen enterrados en fincas diversas do municipio. E un larguísimo etc... Non faría falta contar nin a primeira mentira para facer moito máis amplo este pasivo.
Do seu pasivo non é o único culpable. Contou coa colaboración dunha oposición inexistente que na actualidade é patrimonio dunha desas familias que xunto cos que agora tiña do seu lado integraban as hordas do Partido Podre de Maside.
Que lle vou a contar que non sepa xa... Deséxolle sorte alá onde vaia e espero que cambie o enfoque se lle toca seguir sendo un servidor do público.
Pois sí, tempo o tempo e o fillo do "terrateniente do reino de Maside", por fin Alcalde. Eu cómo Masidao de pro " ni fu, ni fa", o que sí, saiulle bordado para o que se vai o seu apoio ó Presidente do Goberno non electo, senon tiñamos para rato, xa quixera eu para min, esa xubilación dourada, por iso que o tempo NON sempre pon a cadaquen no seu sitio .
Agora en 6 meses xa se verá, -haber cal dos cans con segué o oso"-, porque as caras no pleno de embistidura falaban por si soas de que o asunto non vai da man como queren facer ver, ainda que ten ó seu favor, que do outro lado da bancada tampouco hai ná de NÁ.
Cando veño o meu pobo e o vexo tan fermoso, triste, baleiro, apagado, despoboado, ... pensó, ¿que farías de malo, Maside, para que te deixarán así?, e teño o convencemento de que algún día sexa gobernado por alguen que SÍ o queira de verdade.
Con respeto o balance en 12 anos do alcalde sainte, "de traca", infraestructuras dixo, que sepan os Masidaos que llo deben a un conselleiro -que algunha cousa boa fixo-, que tivo a Xunta, veciño do pobo, senon seríamos como Castro Dozón, e dicir, voltear polo Carballiño. Tamén falou de municipalización de servizos, eficiencia enerxética.... só faltaría que doce aniños dan para moito e se Maside estaba coxo ágora queda en cadera de rodas, CA sua xestión.
Onde queda o asentamiento poboacional, a erradicación do poboado da fontela, o termalismo da Rañoa, o emprego, a Incineradora de neumáticos, 2 anos da igrexa pechada, ise pobo dormitorio soñado, a rehabilitación das vivendas, o peche dos negocios, baixadas impostos, etc, etc, etc
Por último, e remato, ainda que deixando no tinteiro moitas verbas, convencido de que o próximo entroido será todo un ÉXITO para Maside, máxime tendo o superávit que nos venderón, e sempre e cando haxa valentía para participar.... e ahí queda.

A programación cultural e deportiva de Nadal oferta case medio centenar de actividades e eventos durante decembro e xaneiro, co obxectivo de dar realce e promover un abano de posibilidades de lecer nestas datas festivas.
O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernandez, que especificou que se trataba de actividades para todo tipo de público, pero con especial incidencia na infancia.
Espectáculos musicais, de animación de rúa, teatro familiar e infantil, concertos, monólogos, obradoiros, gastronomía, cine, fotografía, maxia e torneos, conforman a carteleira para disfrutar do Nadal con actividades para todos os gustos organizadas polo concello, polo Centro Comercial Aberto e polas entidades culturais e deportivas da vila.
Así, haberá dous grandes espectáculos musicais:
-“LA BELLA Y LA BESTIA. LA LEYENDA”, que estará no auditorio o 21 de decembro, ás 6 da tarde.
-E “SUPERSCALIFRAGILÍSTICO O MUSICAL. TRIBUTO A MARY POPINS”, o día 11 de xaneiro, ás 7 da tarde.
Este sábado, 8 de decembro, terá lugar un gran espectáculo de animación de rúa a cargo da compañía Troula: “A LUZ DO NADAL”. Será na Rúa do Paseo das 19,30 ás 21,00 h.
E o domingo, 9 de decembro, títeres para bebés “O QUEBRANOCES”, pola compañía Musicreques. Nenos/as de 0 a 3 anos, ás 11,30 h., no auditorio.
Tamén destaca o sábado, 22 de decembro, a representación da obra para público familiar e infantil a partir dos 8 anos: “OS FABULOSOS CLENEARS”, pola compañía Teatro Malasombra. Auditorio municipal, ás 18,00 h.
A compañía de teatro Tiruleque representará o sábado, 15 de decembro, ás 19,00 h., na Residencia para maiores do Cornuval, a obra “Pasou un anxo”.
No ciclo de humor “CarballiñoComedy” destaca, ademáis do monólogo de Luis Piedrahita, que tivo lugar este domingo pasado, o espectáculo de JJ Vaquero máis Chema Trueba, que terá lugar o sábado 12 de xaneiro, ás 21,00 h., no auditorio.
Cine Club Carballiño oferta unha carteleira moi suxerente:
-Venres, 7 de decembro, “El taller de escritura”.
-Venres, 14 de decembro, “La cámara de Claire”.
E os días 26, 27 e 28 de decembro, tres películas para todo os públicos: “El malvado zorro feroz”, “Los increíbles” e “Vengadores: Infinite War”. Serán ás 18,00 h., no auditorio.
No capítulo gastronómico destaca a Ruta das Tapas, que terán lugar os venres, 7 e 14 de decembro.
Concertos de Nadal:
-Domingo, 16 de decembro, no auditorio ás 20,00 h. Coral Polifónica do Casino do Carballiño e Banda de Vilatuxe.
-Martes, 18 de decembro, no auditorio ás 20,00 h., “Audición de Nadal do Conservatorio de Música”.
-Martes, 25 de decembro, no Templo da Veracruz, ás 12,30 h., Coral polifónica Casino do Carballiño.
-Xoves, 3 de xaneiro, no auditorio ás 20,30 h., Gala alumnos do Conservatorio “Los Perrys”.
-Domingo, 6 de xaneiro, no Templo da Veracruz, ás 18,00 h., Concerto de Reis do Orfeón do Carballiño.
Espectáculos e Animación de rúa:
-Animación musical nas feiras do 15 e 31 de decembro.
-Zancudos, malabares e maxia na Praza Maior:
Día 22: 12,00 h. Fantasia en branco (zancudos).
20,00 h. A queimarroupa (lume)
Día 23: 12,00 h. Fantasía en branco (zancudos)
20,00 h. Na escuridade (lume)
A sala infantil da biblioteca acollerá unha campaña de animación á lectura e obradoiros, que terán lugar de 11,30 a 13,30 h. co seguinte programa:
-Día 26: O Nadal en letras “O Verso Voador”.
-Día 27: A lectura no mundo “A mochila viaxeira”.
-Día 28: Conto de Aninovo “Gran xogo das letras musicais”.
O sábado, 19 de xaneiro, terá lugar o espectáculo de mentalismo e hipnose “MENTAL”. Será ás 20,30 h., no auditorio.
E o sábado, 26 de xaneiro, celebrarase o IV Festiva de Cantos de Taberna “No bico un cangtar”.
CARROZAS DE PAPÁ NOEL E CABALGATA DOS REIS MAGOS
Este ano haberá unha carroza de Papá Noel, que visitará O Carballiño os días 22, 23 e 24 de decembro, e se situará na Praza Maior co seguinte horario:
-Días 22 e 23: De 17,00 a 21,00 h.
-Día 24: De 17,00 a 19,00 h.
A cabalgata dos Reis Magos partirá ás 18,00 h., do sábado 5 de xaneiro do Templo da Veracruz, e ao comezo terá lugar un gran espectáculo no exterior da igrexa de lume, luz e son.
O Centro Comercial Aberto volve a poner en marcha a iniciativa do Tren de Nadal, que percorrerá as rúa do pobo os días 22 e 23 de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h.
Tamén organiza uns obradoiros de Nadal co título de “ROBOCCAMB” (Educación ambiental e robótica), os días 26, 27 e 28 de decembro, de 10,00 a 13,00 h., nas oficinas do CCA (rúa Carlos Velo, 2).
E o venres, 4 de xaneiro, o centro comercial pon en marcha a actividade “Colchonetas divertidas do CCA”. Será nas prazas da vila de 16,30 a 20,30 h.
A Asociación fotográfica O´Potiños prosigue coas exposicións do “Arenteiro Fotográfico” no Casino, Concello, Auditorio, Rú Principal, Café Plaza, Hotel Arenteiro, Asador Veracruz e Pazo da Almuzara.
DEPORTIVAS
En canto á programación deportiva, destacan varias actividades:
-“Gala de Nadal del Club Patinaxe AEHDE”, que terá lugar o venres, 21 de decembro, ás 20,00 h., no pavillón de deportes.
-“10ª CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO”. Domingo, 23 de decembro, ás 11,00 h., na praza da Veracruz.
-“I Campionato de Padel Asociacion Pídechas o Corpo”. Do 24 ao 29 de decembro nas pistas do pavillón de deportes.
-“I Torneo de Reis Fútbol Sala Base do GRI Carballiño FS”. Días 3, 4 e 5 de xaneiro. Pavillón Paco Chao.
-“1º Campionato de Reis de Xadrez Concello do Carballiño Sub14”. Sábado, 5 de xaneiro, na sala de exposicións co auditorio.
Igual que a persoa que xa escribiu, quedo atónito cando escoito a Lito de MoveBoborás. Non sabía eu que tiña o don de duplicarse e estar en dous ou máis lugares á vez ou casi. Por un lado na entrevista que lle fae Xan Pinal di que vai a casi as 11 da mañá o depósito e polo outro fala de quen estaba no Xulgado. Pero que circo e que tontadas conta? Lito, estabas ese día de novembro no Xulgado, entre o público igual que a famosa Rosita que tanto critícas (non sei cal é peor dos dous).
Tendes razón. Xa empeza o circo, co tranquilos que estababamos, bueno, menos cando os de Move anda a traernos panfletos á casa na que poñen un sinfin de caralladas que non entendemos.
Paraide xa! e traballade que é o que tendes que facer!
O concello de Maside conta con novo alcalde tras a celebración dun pleno da corporación municipal no que todo se desenvolveu según o guión acordado no grupo socialista, que goberna o concello con maioría absoluta.
Tras formalizar a súa renuncia como alcalde, Celso Fernández agradeceu a toda a veciñanza, á corporación e aos traballadores municipais a colaboración recibida no transcurso dos últimos anos.
Unha vez efectuada votación para a elección de novo alcalde, o secretario do concello deu conta do reconto: 7 votos (os 7 do grupo socialista) a favor de José Manuel Iglesias e 4 votos (Os 4 do grupo popular) para Alejandro González.
Na súa primeira e breve intervención tras ser proclamado como alcalde, Jose Manuel Iglesias "Cadavid" agradeceu ao seu grupo a confianza e anunciou que neste mesmo mes de decembro convocará á corporación nun pleno extraordinario para avanzarlle as ideas e proxectos que pretende levar a cabo nestes apenas seis meses que restan para completar o actúal mandato municipal.
Hoxe coma sempre poño a Cope do Carballiño, acostumo escoitala se nada mo impide. E nada máis escoitar a intervención do José Benito Trigás de Move Boborás xa dixen "xa volve o circo de Boborás".
Pidolle por favor os populares que non entren a esta dinámica, senón volvemos ser o hazmereir da comarca. E todo o mundo asustado co que pasaba en Boborás. Agora máis ben a xente pregunta por todas as cousas boas que se fan.
Gracias e unha felicitación a todos os que facedes este programa.
Hola copenautas. Son un votante do PP de toda a vida pero o que está pasando estes ultimos anos tenme moi cabreado. Non entendo nada do que está facendo Argimiro Marnotes desde que perdeu as eleccios. Pasou a ser o mellor socio do Fumega, aproballe os presupuestos, acordan xuntos obras e entre os dous fan e desfan a capricho. Eu non entendo de donde ven tanto amiguismo ou que intereses teñen os dous en comun pero a xente do PP do Carballiño estamos moi enfadados. Non se nos escoita e non se fai nada de oposición. Solo hay que ver o ultimo pleno e ver o compadreo entre o Fumega e o Marnotes foi escandaloso. Por culpa do PSOE non se vai baixar a contribucion o ano que ben e o Marnotes anda falando de todo menos de eso. Todo O Carballiño anda falando do tema menos il sera que non quere molestar o seu socio.

Tras varias semanas de incertidume, o concello de Maside terá este lúns dia 3 de Decembro un novo alcalde, o pleno da corporación está convocado para as trece horas.
Despóis de facélo público e auncialo fai varias semanas atrás, Celso Fernández fará efectiva a súa renuncia á alcadía ante o pleno do concello de Maside, éste será o primeiro punto da órden do dia desta sesión plenaria convocada a tal efecto.
Dende dias atrás, o grupo socialista que goberna o concello cunha cómoda maioria de 7 concelleiros, acordou que o seu substituto na alcaldía sería o ata agora tenente alcalde José Manuel Iglesias. Será elexido como novo alcalde de Maside no segundo punto da órden do dia, e tras aceptar a renuncia do que foi rexedor municipal de Maside durante os 3 últimos mandatos municipais, dende o ano 2007, sempre con maioría absoluta dos socialistas.
Xa no terceiro e derradeiro punto do pleno, Celso Fernández tamén presentará a súa renuncia como concelleiro da corporación municipal de Maside.
O seu destino será a Dirección Provincial do INEM, ademáis de asumir novas responsabilidades políticas no organigrama provincial do PSdeG-PSOE.
José Manuel Iglesias "Cadavid", arquitecto de profesión, veu exercendo estes últimos anos como tenente alcalde e concelleiro de urbanismo no goberno municipal, dende este lúns é o novo alcalde do concello de Maside.
Sorprendida me quedé cuando vi a Manuel Nogueira, el chico de la marea de Carballiño, formando parte de un organo de la marea, pero más sorpresa me quedé cuando he visto en un periodico que para él si había garantías para votar en las primarias de la marea, pues vaya... honestamente creo que la poca credibilidad que tenía Alternativa Vecinal o marea o como se llame pues la acaba de perder totalmente.
Acabo de ver o pleno de este xoves no concello do Carballiño. Solo pode definirse como lamentable. Levo moitos anos vendos e nunca vin nada peor. O alcalde non se entera de nada, votalle a culpa a todos dos seus erros. O Nogueira alí mudo con cara de poucos amigos. O Marnotes parece o socio do Fumega. O Bernardo falando de cousas que non lle importan a ninguén. E o Chema co seu circo de sempre. Non se aproveita nada. A ver se os chavales estes do SOS danlle unha volta o pueblo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 459
- 460
- 461
- 462
- 463
- 464
- 465
- 466
- 467
- …
- seguinte ›
- última »