
O vindeiro dia 30 de Novembro os premiados recibirán o galardón da Arenteira, na súa VII edición, no transcurso dun acto solemne que se celebrará no Aparthotel Arenteiro, promotor e organizador de dos galardóns que cada ano recoñecen a persoas que destacan pola súa traxectoria no ámbito do deporte, e a cultura e a ciencia.
No apartado deportivo recibe o galardón José Manuel Soto Dapena, en cultura o recoñecemento é para Luis González Tosar, mentres que A Arenteira a título póstumo lévao Ernesto Chao Pino.
O xurado tomou en consideración, no caso de D. José Manuel Soto Dapena, a súa longa traxectoria deportiva, tanto na súa faceta de deportista activo na modalidade de taekwondo, como na de mestre da mesma, formando nese labor ó longo de máis de 30 anos de actividade a numerosas xeracións de deportistas das comarcas do Carballiño e do Ribeiro. Destacar tamén a súa faceta como emprendedor e creador de iniciativas de carácter empresarial vinculadas co mundo do deporte coa fundación da Escola e Ximnasio Olimpia do Carballiño, auténtico exemplo de actividade e difusión deportiva.
O xurado valora no caso de D. Luis González Tosar, a súa recoñecida traxectoria no mundo da literatura nas facetas de poeta, produtor, ensinante, editor e narrador. A súa longa produción creativa é hoxe un referente no mundo literario galego que fíxoo merecente de numerosos premios ó longo da súa intensa e variada carreira, entre os que podemos mencionar, entre outros, o Esquío ou o Antón Losada. O seu vínculo con estas terras veuse agrandado coa creación en Madarnás da Insua dos Poetas, proxecto que trata de aglutinar nun espazo paisaxístico bucólico o mundo literario, artístico e natural e convertelo nun legado para a posteridade baseado nas fondas raiceiras da cultura identitaria galega.
Finalmente, no outorgamento do Premio Póstumo a Don Ernesto Chao Pino, falecido en agosto deste ano de 2018, valorouse a súa dilatada vida consagrada ó mundo da interpretación como nomeado e recoñecido actor tanto no teatro, onde debutou a finais da década de 1960, como no cine e televisión. No caso do teatro participou en case 40 producións ó longo da súa carreira, ocupando tamén o cargo de Director do Centro Dramático Galego e dirixindo a súa propia compañía Lagarta Lagarta, conxuntamente coa súa dona, Rosa Álvarez. No mundo do cine participou en numerosas producións cinematográficas, case 20, con directores de recoñecido prestixio. Pero foi na súa participación en series televisivas onde a súa figura pasou a ser máis popular entre a poboación, subliñando os seus papeis protagonistas en Pratos combinados ou Efectos secundarios xunto con outros en diversas series nos canais convencionais de difusión estatal -Cuéntame ou Aquí no hay quien viva. Esta intensa actividade profesional fíxoo merecente de numerosos premios ó longo da súa carreira.
Por todo elo, este Xurado entendendo e valorando os méritos que todos atesouran, considerou, deste xeito, seren merecentes deste Galardón na súa VII Edición facendo constar que, ademais, constitúen motivo de orgullo e exemplo para os cidadáns que habitamos estas terras do Carballiño e O Ribeiro.
Na foto, LUis González Tosar, distinguido no apartado de cultura.
O acordo alcalzouse tras a reunión que se celebraba esta mañá de venres, en consecuncia quedaron desconvocados os paros convocados polos sindicatos.
As claves que fixeron posible este acordo son un incremento do 3% no salario base, unha xornada laboral de lúns a vernes, e o pago de 16 euros a hora extra os sábados.

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT, que obstentan a maioría no Comité de Empresa da compañía GRI Towers Galicia, ubicada no parque empresarial do Carballiño, convocan paros indefinidos en defensa da negociación colectiva ante o fracaso "dos continuados intentos de contactos realizados polos representantes dos traballadores" toda vez que "os xestorres da factoría persisten en cerrarse en banda, manténdose en posicións inasumibles para o conxunto da plantilla".
A factoría da multinacional, dedicada á fabricación de torres eólicias, é a empresa con máis empregos directos na comarca do Carballiño, máis de 400 en momentos de máxima producción.
Os paros, que se convocan con carácter indefinido, a partir deste venres 19 de Outubro terán unha hora de duración en cada turno: de 11,30 a 12:30 horas para a quenda de mañá, de 20,30 a 21,30 hjoras para a de tarde, e de 4,30 a 5,30 da madrugada para a quenda de noite.

Tres agrupacións corais -Coral Polifónica de Rodeiro (Lalín), Grupo Coral de Oiâ (Aveiro-Portugal) e Coral Polifónica Casino do Carballiño-, participarán este sábado no Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, que celebra o seu 35 aniversario. A gala terá lugar no salón de actos do Casino este sábado, 20 de outubro, ás 20,30 h., coa entrada totalmente libre.
O evento foi presentado esta mañá nun acto ao que asistiron, entre outros, o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a deputada provincial e concelleira Teresa Cerdeira; o director da Coral do Casino, Jaime González Pichel, e a vicepresidenta desta agrupación, Pilar Caballero, entre outras representantes da entidade organizadora.
Francisco Fumega amosou o seu orgullo por contar no Carballiño cunha entidade coa historia e sona da Coral do Casino, que representa á nosa vila por todos os lugares por onde viaxa. E expresou os seus parabéns por acadar a 35 edición dun festival con tanta tradición e calidade como o Galaico-Portugués.
Diego Fernández sumouse á loubanza do alcalde e tamén lle agradeceu á Coral do Casino o mantemento ao longo do tempo do gran nivel do festival, así como do grupo.
Teresa Cerdeira expresou en nome da Deputación a satisfacción por colaborar unha vez máis con este festival, e reiterou a felicitación por acadar a 35 edición.
Jaime González Pichel referiuse ao gran nivel que teñen na actualidade as corais portuguesas e de aí a importancia deste festival. Neste senso, recordou a participación recente nun concerto en Guimarâes, e tamén destacou a actuación da Coral do Casino na Misa Pontificia de Coronación da Virxe do Corpiño como un evento musical salientable. Finalmente, realizou unha glosa das corais participantes nesta edición do festival.
Pilar Caballero pechou a quenda de intervencións agradecendo ao Casino, Concello e Deputación a súa colaboración, e anunciou as próximas citas do coral, entre as que están unha o 15 de decembro no auditorio Manuel María e outra o 25 do mesmo mes na Vearacruz. Pediu tamén o apoio do público para que acuda este sábado ao festival.
O programa do festival é ameno e variado. Así, a Coral de Rodeiro interpretará música popular de Galicia e Latinoamérica, entre outras músicas de polifonia; O Grupo Coral de Oiä ofrecerá o repertorio máis completo do festival con obras de compositores portugueses e brasileños, entre outros, e a Coral do Casino interpretará Tres Cantos Galegos (Rogelio Grobas-Julio Domínguez), Haleluja (Häendel), o tango El día que me quieras e un espiritual negro.

A mostra “Arenteiro Fotográfico”, que se desenvolverá nos meses e novembro e decembro en dez espacios do Carballiño, incluirá unha vintena de exposicións individuais e colectivas.
Esta iniciativa, que organiza a Asociación Fotográfica O´Potiños, e que foi presentada esta mañá como “un paréntese do Outono Fotográfico de Ourense”, inaugurarase probablemente o día 10 de novembro cunha charla-coloquio e a proxección de diversos audiovisuais e curtametraxes.
No programa figuran os seguintes autores e títulos de exposicións:
-En novembro: Tere Fernández “Medusa Pedra Nai”, Asociación Fotográfica Os Negativos “Nuestra Mirada”, Fuco Reyes, Beatriz Cabanelas “Puerta hacia el sudeste asiático”, O´Potiños “Fronteiras”, Iván Barreiro “El azar encontrado”, Eutropio Rodríguez “The Fraga Fmily, Teté D.Estate “Mosmo na rúa” e Ana Pumar “Otra puerta a la ciudad”.
-En decembro: Jesús gil y Clara Lelarge “Amazigh O Marrocos Bereber”, Agrupación Fotográfica Fotosíntese “Pintando con luz”, Eutropio Rodríguez “The Fraga Family”, O´Potiños “Fronteiras”, Premios Viña do Campo 2018, Roberto García, Alberte Pereira “Fragmentos” e Roberto de la Torre “Pólvora”, e Iván Ferreiro “El azar encontrado”.
As salas de exhibición son: Auditorio Municipal Manuel María, Concello, Hotel Arenteiro, Casino, Rúa do Paseo, Café Peñasco, Pazo Almuzara, Asador Veracruz, Café Plaza.
No acto de presentación estiveron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández: o presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco; a secretaria deste colectivo, Esther Mosquera, e o tamén directivo Álex Carral, así como un dos integrantes do equipo de dirección do Outono Fotográfico Ourensán, Xosé Lois Vázquez “Che”.
Diego Fernández agradeceu o traballo que realiza a asociación O´Potiños e felecitou ao colectivo por organizar un evento de tanta trascendencia e que situará ao Carballiño como un referente fotográfico en Galicia nestes próximos meses, coa presencia de destacados fotógrafos de toda Galicia.
Manuel Blanco comezou explicando que esta iniciativa nacía en parte para curar o despropósito co Outono Fotográfico Ourensán, e de aí a presencia no acto dun integrante destacado da súa organización, Xosé Lois Vázquez.
Ao respecto dixo que esperaba que fose un paréntese e que no futuro poidera seguir desenvolvéndose. Así mesmo, amosou a súa sorpresa pola gran cantidade de ofertas de exposicións que chegaron, tendo que deixar algunhas fóra por falla de tempo e espazos, e destacou a calidade dos autores e autoras cuxas obras estarán incluidas na mostra. Destacou o labor que realiza a asociación que preside ao longo do ano, e o gran interese da mostra que exhibirán neste evento co título de “Fronteiras”.
Finalmente, Xosé Lois Vázquez “Che” ensalzou o labor que levan a cabo os integrantes de O´Potiños a prol da difusión cultural fotográfica e lamentou que, tras 35 anos, o Outono Fotográfico Ourensán non poidera celebrar a 36 edición. Por iso destacou esta iniciativa do colectivo carballiñés, que considera

Os promotores da Inciativa Popular local manifestan a súa satisfaccion tras constatar que "o documento enviado ao Concello de Maside, tras requerirr en tres ocasións información relativa á promoción dunha iniciativa popular local na que 771 veciños manifestaron a súa vontade de participar nun asunto público, e na que propuxeron a celebración dun Pleno na que se debatese o rexeitamento a unha instalación de incineración de neumáticos nun monte veciñal en man común, e tras facer caso omiso ao envío de información, a Valedora lembra ao alcalde as súas obrigas legais".
Entre elas destaca que "é obrigación de calquera funcionario ou autoridade remitir a información solicitada, e que a non observación desta obriga pode levar aos efectos do artigo 22.1 da Lei do Valedor do Pobo", subliñan.
Así mesmo, desde a Iniciativa Popular Local aseguran que "xa puxeron en coñecemento do Concello de Maside a súa vontade de participar neste debate nos termos da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, e que recentemente solicitaron á Secretaría do Concello a emisión do informe preceptivo de legalidade, seguindo as suxestións expresas do Defensor del Pueblo, Alto Comisionado das Cortes Xerais" pois desde a IPL entenden que "tras case tres anos de non emitirse este informe que é de obrigación ineludible emitir por mandato expreso legal, é momento de vencer os atrancos que obtaculizan o exercicio dun dereito fundamental de 771 persoas".
Aseguran que "fixeron todo o posible para poder exercer libremente un dereito fundamental", polo que acudirán "á acción da xustiza se fose necesario, no caso de que o exercicio dun dereito garantido pola Constitución seguise sendo vulnerado", advirten.
Bos días. Esta noite volvemos a sufrir as inundacións na Avenida de Compostela...Gracias por non facer absolutamente nada para evitar esta situación.

O Carballiño, 11 de outubro de 2018.- O XIV Día da Bici, que se celebrará este domingo, 14 de outubro, aglutinará a preto de 500 participantes, entre nenos e maiores. As primeiras 400 persoas inscritas recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa.
O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; a coordinadora de educación e seguridade vial da xefatura provincial da Dirección Xeral de Tráfico, Silvia Aguiar; o director do Banco Mediolanum no Carballiño, José Luis Fernández; o responsable de Sobrerodas e directivo do Club Ciclista Carballiño, Roberto Rodríguez, e o tamén directivo deste club, Diego Caderno.
A proba ciclista, que é de carácter lúdico e non competitivo, comezarà ás 11,30 na Praza da Veracruz, e chegará a este mesmo lugar tras percorrer 9 km de ruta urbana por diversas rúas do pobo e do parque municipal.
Para os máis pequenos haberá unha gincana especial na propia Praza da Veracruz, así como diversos xogos e actividades.
As inscricións para participar poden efectuarse ata o mesmo domingo 14, na Praza da Vearacruz, de 10,00 a 11,00 h., media hora antes da saída do percorrido.
Tamén se anuncian unha serie de agasallos para todos os participantes e sorteos ao remate da ruta, que serán aportados pola organización e patrocinadores.
Como requisito absolutamente indispensable para participar, esíxese tanto a pequenos como maiores o uso do casco.
Manuel Dacal resaltou a celebración desta actividade deportiva como unha das mais importantes e concurridas do Carballiño, subliñando sobre todo o seu carácter lúdico e non competitivo, organizada como un paseo para todo tipo de público, dende os maìs pequenos aos maiores. Tamén agradeceu o patrocinio da Deputación Provincial, Inorde e do Banco Mediolanum, así como a colaboración do departamento de seguridade vial da Dirección Xeral de Tráfico de Ourense, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Club Ciclista Carballiño, Sobrerodas, Gadis, Centro Comercial Aberto, Coca Cola, Plaza de Abastos e Megamoa. Finalmente, animou aos veciños a participar no evento.
O responsable do Banco Mediolanum, José Luis Fernández, amosouse orgulloso de colaborar por primeira vez co concello neste evento, e anunciou que habería outras colaboracións previstas. A marca desta entidade figurará no arco de saída e meta, así como en banderolas e pancartas ao longo do percorrido, e ofrece diversos agasallos para o remate. Finalmente, expresou o desexo dunha relación longa e sólida co concello na organización deste tipo de eventos.
Silvia Aguilar agradeceu que se contara coa xefatura provincial da DXT, asegurando a súa colaboración en materia de mobilidade sostible e seguridade vial, e anunciou a entrega de material utilizable polos participantes, consistente en chalecos, botes e portamóbiles. Lembrou a obrigatoriedade do uso do casco, tanto nos pequenos como nos maiores, xa que ante todo debe prevalecer a seguridade, e recordou tamén aos conductores a obrigatoriedade de respectar os espazos mínimos de seguridade ante os ciclistas.
Finalmente, Roberto Rodriguez, de Sobrerodas e Club Ciclista Carballiño, explicou a súa colaboración na organización da marcha, coordinando e controlando a cabeceira así como os posibles retrasos nos distintos tramos e a realización da gincana infantil. Fixo unha invitación á participación e recalcou o carácter de paseo en bici desta proba lúdica.
¡¡¡Ola!!. Moi boas!!! Quixera chamar a atención sobre unha situación na que ninguén parece repara: o alumeado que se instalou para engalanar as rúas do Carballiño con motivo da Festa do Pulpo. Penso que a algún dos membros da corporación municipal carballiñesa débenlle gustar moito as luces de colores que se colocan durante as festas polas rúas e avenidas da nosa vila porque este alumeado se instalou con motivo da Festa do Pulpo e unha vez rematada esta non se retirou e se deixou ornamentando as rúas ata as Festas do Setembro e a día de hoxe, a piques de facer un mes que terminaron as nosas festas patronais, a iluminación festiva segue adornando as rúas da nosa vila sen que ninguén a retire.
De seguir así o alumeado vai camiño de seguir engalanando as rúas do Carballiño ata as Festas do Nadal sen que ninguén o retire. Non sei canto debe cobrar a empresa que alquila e coloca esta iluminación, pero que abofé que co Carballiño vaise facer de ouro polo tempo que leva o alumeado instalado. De tódolos xeitos temos que agradecer que entre festa e festa (e saio de troula porque me toca) este alumeado estivese apagado, pois de seguir encendido todo este tempo Fenosa ía a pasarlle unha boa factura da luz ao concello.
Xa se sabe que as cousas de palacio van despació e polo que se ve non hai présa, e si moita nugalla, á hora de retirar a iluminación festiva cando noutros tempos o alumeado das festas se retiraba ós poucos días de rematar estas. ¡¡Se Don Evaristo e o cabo Gil levantasen a cabeza!!...

Asi o avanzou o secretario comarcal desta formación política, Eladio Fernández, no transcurso dunha internveción nesta emisora de radio,
Compromiso por Galicia presentará a súa candidatura nas eleccións municipais de 2019 no concello do Carballiño, e tamén o fará nos concellos de San Amaro e Punxín.
Será unha das novidades, e moi probablemente non a única, que terá o electorado carballiñés nos comicios municipais que renovarán as corporacións locais.
En declaracións a COPE O Carballiño, o secretario comarcal asegurou que esta formación política, de corte galeguista, ten "varias opcións que estamos barallando para encabezar a candidatura do Carballiño, pode ser candidato ou candidata, buscarémos dende o partido a persoa idónea e coa idea de alcanzar a alcaldia do Carballiño, que esa é a nosa idea", enfatizou.
Eladio Fernández aproveitou a súa internvención radiofónica para facer un chamamento a todas as persoas que queiran sumarse a este proxecto político "que é de presente, pero tamén de futuro".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 462
- 463
- 464
- 465
- 466
- 467
- 468
- 469
- 470
- …
- seguinte ›
- última »