7, Novembro 2018

LA SIRENITA, EL MUSICAL, chega o sábado 10 de novembro ás 17 h , ao Auditorio do Carballiño. Mergullarase ata as profundidades do mar para facer gozar a grandes e pequenos coa SIRENITA, UNHA AVENTURA ECOLÓXICA, un gran musical producido por Candileja producións para toda a familia onde os personaxes que creou o escritor Hans Christian Andersen cóntannos esta divertida aventura que vai desde o mar ata a terra achegando valores como o agarimo pola natureza e a importancia do seu coidado mediante a reciclaxe.

O musical foi valorado como un dos mellores espectáculos para toda a familia grazas á súa mensaxe e calidade artística. Escrito e dirixido por Jesús Sanz-Sebastián, gañador do premio CREA nos premios do Teatro Musical, o espectáculo conta cunha coidada posta en escena, marabillosos vestiarios e voces en directo que crearán momentos inesquecibles; todo a ritmo de grandes números musicais que van desde o pop ao soul.

SINOPSE:
O novo príncipe Andersen non sabe que facer para remediar o mal causado polo ser humano durante centos de anos á Natureza pero todo cambia cando Pelo, unha nova sirena que cada noite observa ao príncipe, arrisca a súa vida converténdose en humana para revelar a Andersen todos os segredos sobre a reciclaxe. Pero para iso, debe pactar coa bruxa do mar: terá tres días para conseguir o amor do príncipe ou se converterá en escuma de mar.

Venda de entradas

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com ao prezo de 12 euros, ou na taquilla do auditorio o mesmo día da función.

6, Novembro 2018

O xulgado do contencioso-adminisitrativo nº 1 de Ourense admitíu a trámite o recurso presentado por Alternativa Veciñal contra a Relación de Postos de Traballo -RPT- no concello carballliñés.

A base da argumentación que se fai no recurso é a mesma defendida anteriormente tanto nas alegacións que se formularon dende esta formación política como no recurso de reposición, pasos previos á presentación agora deste recurso no xulgado, xa admitído a trámite.

No arquivo adexunto podes ler os argumentos que levaron a AV-En Marea a presentar este recurso:

5, Novembro 2018

Ata 3 accidentes de tráfico se rexistraron esta mañá no Carballiño, que se saldaron con 3 persoas feridas que foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

De forma cronolóxica, o primeiro percance rexistrábase ás oito e cuarto da mañá na Avenida de Compostela, no paso de peóns a altura da rúa Serra Martíña e a rúa Castelao, onde resultou atropelado por un vehículo un home,  J.R.V., natural de Leiro aínda que na actualidade con veciñanza na Avda do Balneario do Carballiño.

Tamén no trasncurso desta mañá de lúns, foi atropelada unha muller, neste caso na rúa Evaristo Vaamonde, nas inmediacións do Supermercado Eroski.

O outro accidente foi en forma de saída de vía dun automóbil, ás nove e media da mañá, na estrada  OU-504, ao seu paso polo Parque Empresarial do Carballiño.

Os operativos de emerxencias mobilizaron a Policia Local, Garda Civil, Grupo Municipal de Emerxencias e os servizos sanitarios do 061.

Foto: Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño.

2, Novembro 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou o programa integrado de emprego do Carballiño, Carbaemprega 2017, unha iniciativa na que colaboran o Concello e a Xunta e na que preto da metade dos 85 participantes conseguiron xa encontrar traballo.

Segundo salientou Conde, iniciativas como a que se desenvolveu no Carballiño teñen por obxectivo incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.

En concreto, os participantes en Carbaemprega adquiriron coñecementos de soldadura, operacións básicas de restaurante e bar, atención sociosanitaria, manipulador de alimentos e operador de carretilla elevadora, eidos que, tal e como fixo fincapé o conselleiro, trataron de adaptarse ás demandas laborais da zona para lograr un maior grao de inserción.

Durante a visita, o conselleiro anunciou que se lle dará continuidade a esta iniciativa cun novo programa integrado de emprego no Carballiño, que chegará a un cento de persoas e alcanzará, cando menos, un 45% de inserción.

2, Novembro 2018

NEFASTA SITUACION DE PERSOAL NOS CONCELLOS DO CARBALLIÑO E RIBADAVIA, FALTA TOTAL Y URGENTEMENTE PERSOAL EN TODOLOS SECTORES, PRINCIPALMENTE BRIGADA, POLICIA E SEGURIDADE VIAL.

 

2, Novembro 2018

Hola moi boas , quería facer unha queixa sobre a biblioteca municipal do carballiño.

Quero facerme socia xa que estou vivindo agora no pobo por temas de traballo , a semana pasada fun 4 veces por ali , luns pola mañá , luns pola tarde, martes pola mañá e tamén o martes pola tarde e o que me encontro é que vedes na foto , o sitio completamente valeiro!!!

Esta semana o mercores mais do mesmo.

Carteliño de veño 10 minutos pero alí non aparece ninguén nunha hora!! un cachondeoo.

Saúdos

 

 

1, Novembro 2018
31, Outubro 2018

OUTRO DÍA DE FEIRA NO CARBALLIÑO... E OUTRO DÍA NO QUE OS FEIRANTES SE VAN E DEIXAN TODO FEITO UN ASCO (NON TODOS, PORQUE ALGUNS MARCHAN E NON SE SABE NIN QUE ESTIVERON ). E MOI TRISTE VER COMO TEÑEN QUE ESTAR DOUS BARRENDEIROS LIMPANDO O QUE OUTROS NON SON CAPACES DE RECOLLER, E ESTES RECOLLEN ,O QUE O VENTO LLE DEIXE, PORQUE LOGO ANDAN AS BOLSAS DE PLASTICO POR TODOS LADOS....

CREO QUE NON SERIA TAN DIFICIL QUE ASÍ COMO OS POLICIAS LOCALES ESTAN POR AS MAÑAS REVISANDO QUE TEÑAN TODO EN REGLA.REVISARAN A ULTIMA HORA COMO DEIXA CADA FEIRANTE O SEU POSTO.

PASAN OS MESES E ISTO SEGUE IGUAL. 

31, Outubro 2018

Bernardo García e Manuel Nogueira anunciaron que esta formación política pedirá ante o pleno da corporación municipal "a retirada do salario que cobra o concelleiro de cultura pola súa dedicación de media xornada ao concello".

Alternativa Veciñal xustifica esta petición  pola "nesfasta xestión da biblioteca" e culpa directamente ao concelleiro da deficiente atención derivada da falla de personal cualificado para atender este servizo de bilblioteca, manifestando que "en varias ocasións pedimos o horario laboral dos dous traballadores que atenden a biblioteca e nunca se nos díu, agora incluso trascende que un deles non cumple as funcións que lle foron encomendas e mesmo hai unha denuncia por posible violación de protección de datos".

Recordan que "dende que se xubilou o bibliotecario titular, e desto fai varios anos, o concello segue sen cubir a vacante, e na RPT aprobada recentemente non figuraba cubrir esta vacante e adscribironse dous traballadores non especializados para esta función".

Considera Alternativa Veciñal que "ésta é unha mostra máis da política de persoal do actúal goberno e dos anteriores, a política do enchufe como método de ingreso na admisntración local, Fumega sigue coas prácticas que levaron a excaldes e exconcelleiros a estar pendientes da xustiza por este mesmo motivo".

"O personal do concello ten que entrar pola vía da oposición para garantír a cualificación no posto de traballo, a estabilidade laboral e a actualización de salarios, o que redundará unha prestación correcta dos servizos á cidadanía, que os paga vía impostos", remarcan.

Finalmente, Alternativa Veciñal-En Marea esixe que se cubra a vacente de bibliotecario e se efectúen as obras necesarias para adecuar as instalacións, que "arrastran deficiencias a pesar da intervención feita polo obradoiro de emprego no último ano", conclúen.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS