21, Agosto 2018

Aspersores de la Veracruz funcionando a las 8 de la tarde, increíble pero cierto. Seguro q de noche funcionan igual de bien y no molestan a nadie.

21, Agosto 2018

As artes escénicas galegas teñen unha nova cita no Carballiño, do 22 ao 24 de agosto, con motivo da celebración da XXIX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA, que por vez primeira na súa historia adiántase ao mes de agosto, xa que dende a súa creación sempre se celebrou no mes de Setembro.

A programación desta edición do Festival desenvolverase en tres localizacións do Carballiño: o Anfiteatro, a Casa da Cultura e o Auditorio. No anfiteatro as actuacións terán lugar ás 19.30 horas e comezarán o mércores, 22 de agosto, coa obra "Totum Revolution" da compañía Vueltos de Rosca. Ao día seguinte, será a quenda para a compañía Pistacatro coa obra "A vida tola" e o venres, 24 de agosto, actuará a compañía Duelirium coa obra "O que queda por chover".

As representacións teatrais que acollerá o Auditorio serán o mércores, 22 de agosto, a obra "Loló e Mamá" da compañía Destexeito; a obra "Elisa e Marcela" da compañía A Panadaría será o xoves 23 de agosto; e a obra "Chola a it girl" da compañía Artesa Teatro pechará o Festival o venres, 24 de agosto, coincidindo coa gala e entrega dos premios FETEGA "Dorotea Bárcena".

Tódalas actuacións terán lugar ás 22.30 horas. O programa de actividades complétase con animación na rúa, un obradoiro e unha mesa redonda que abordará o pasado, o presente e o futuro das mulleres na escena galega. A entrada será de balde para tódalas actividades, agás para as actuacións teatrais que teñen lugar no Auditorio, que teñen un custe de 10 euros.

20, Agosto 2018

A XXIX edición da Festa da Vendima de Leiro ensalzará, o vindeiro domingo, 26 de agosto, o cultivo da vide que xera unha importante riqueza na comarca, cun completo programa de actividades que aglutina o tradicional desfile de carrozas e charangas, artesanía, gastronomía, deporte e música.

A presentación deste evento cultural tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o alcalde e o concelleiro de Deporte e Cultura de Leiro, Francisco José Fernández e Ramón Álvarez, respectivamente.

A Deputación de Ourense colabora con esta festa tradicional "e con arraigo, que se converteu no escaparate dun dos produtos esenciais da vida económica da comarca do Ribeiro, e de Leiro en particular", sinalou Rosendo Fernández, quen lembrou que esta celebración nace no ano 1963 como "un proxecto promocional do "Viño do Ribeiro" composto por diversas accións". A Festa da Vendima de Leiro é "un acto que pecha as actividades festivas da nosa comarca, sendo o último acto de exaltación do noso produto estrela, o viño do Ribeiro", sinalou o alcalde de Leiro.

Así mesmo, Francisco José Fernández explicou que esta celebración pretende "exaltar os labores agrícolas e de adega que se realizan para ao final conseguir o viño do Ribeiro".

O programa de actividades dará comezo ás 10.00 horas coa recepción de Acios ao concurso, para continuar ás 11.30 horas coa recepción a autoridades e convidados na Casa do Concello. Ás 12.00 horas será a lectura do pregón que nesta edición correrá a cargo de Marcos Pereiro, de "Mucha e Nucha", na praza do Cruceiro. O tradicional desfile de carrozas e charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira terá lugar ás 12.30 horas, e a esa mesma hora, terá lugar a segunda edición de coches clásicos.

Ás 14.00 horas comezarán as actividades instaladas no Salgueiral co XV Mercado Artesanal no que están confirmados "26 artesáns que procuramos que sexan todos da nosa provincia", sinalou Ramón Álvarez quen explicou que tamén se celebrará a primeira Mostra dos Viños de Leiro, continuando ás 14.30 horas co xantar popular. A Mostra dos Viños de Leiro é "unha das novidades deste ano que pretende rememorar o feito de que a primeira acción cooperativista de Galicia naceu en Leiro e para exaltar as bodegas que temos no municipio", explicou o alcalde de Leiro, quen dixo que "participarán 8 bodegas incluíndo as dúas cooperativas porque hai viticultores de Leiro que suministran uva a estas cooperativas".

A entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas será ás 16.30 horas, e neste senso, o concelleiro de Deporte e Cultura de Leiro explicou que para o concurso de Acios os premios serán de 90 euros para o primeiro posto, de 60 euros para o segundo e de 30 euros para o terceiro e, os premios do concurso de carrozas será para os adultos de 1.000 euros o primeiro premio, 750 euros para o segundo, 600 euros para o terceiro e de 400 euros para o cuarto posto, e para os nenos, o primeiro premio é de 400 euros, para o segundo de 300 euros e para o terceiro son 200 euros de premio, aínda que tamén premiarán a participación no concurso con 50 euros. Despois da entrega de premios haberá actividades infantís e continuará a festa no Salgueiral.

O deporte chegará ás 17.45 horas coa celebración do partido de presentación do C.F. Leiro contra o C.F. Cortegada. Ás 20.00 horas será a quenda para a música co concerto de Corais da Vendima e ás 21.00 horas tamén haberá unha actuación musical como peche das actividades da xornada.

19, Agosto 2018

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e co portavoz popular do concello, Argimiro Marnotes, para abordar temas de cooperación entre ambas administracións.

Na xuntanza, os representantes dos dous grupos políticos -PSOE E PP- que apoiaron os orzamentos municipais parra este ano no concello do Carballiño propuxéronlle a Manuel Baltar un novo proxecto de infraestruturas para o municipio.

En concreto, o proxecto incluiría a pavimentación de seis rúas do Carballiño (Castelao, Piñor, Pico Seco, Volante, Cea e Pena Grande), todas elas na parte norte do casco urbano do Carballiño, e que na actualidade presentan un defiente estado de conservación.

16, Agosto 2018

O municipio de Boborás retrocederá esta fin de semana douscentos anos atrás, en concreto ao día 2 de marzo de 1809, para rememorar un capítulo da súa historia coa celebración da segunda edición da festa "1809 A Batalla", un evento cultural no que se recreará a batalla librada entre os trescentos galegos liderados polo Capitán Cachamuíña e os mil soldados do exército de Napoleón aos pés da Ponte da Cruz.

A presentación desta iniciativa cultural tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e a tenente de alcalde e a concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Rosa González e Patricia Torres, respectivamente.

A Deputación de Ourense colabora con esta festa que traerá ao presente "as tradicións e as vivencias daquela época, para conmemorar aquela batalla que tivo lugar dentro da Guerra da Independencia", sinalou Rosendo Fernández quen lembrou que con esta celebración, o municipio de Boborás enxalza "as heroicas accións do Capitán Cachamuíña e a defensa que fixo pola súa terra, a través dunha proposta cultural que aglutina teatro, música, obradoiros e un completo elenco de actividades para o goce de tódolos asistentes".

Durante os días 18 e 19 de agosto, Boborás rememora a historia da vila e da súa bisbarra, representando a batalla que alí tivo lugar contra os franceses a comezos do século XIX cando os locais, da man do Capitán Cachamuíña, lograron derrotar ás tropas francesas. Neste senso, a tenente de alcalde de Boborás agradeceu "a todos aqueles que colaboran con nós para que esta batalla sexa moi coñecida".

Os feitos históricos serán representados por preto de cen voluntarios da mesma aldea, doutras parroquias do municipio e mesmo doutros concellos da provincia, que se unen á celebración e vístense de combatentes dos dous bandos durante eses dous días. A concelleira de Cultura e Turismo agradeceu o traballo que desempeñan os voluntarios que agora "somos unha gran familia e levamos moitos meses a traballar na elaboración da vestimenta, das armas, decorando a aldea para recrear aquela época e que levan tempo a ensaiar de xeito voluntario para que sexa todo un éxito e sitúe a Boborás no lugar que lle corresponde".

En canto á asistencia, a concelleira de Boborás sinalou que na pasada edición "estimouse unha afluencia de 5.000 persoas durante os dous días de festa, cifra que este ano esperamos superar tendo en conta o interese que suscita esta celebración na xente".

A programación da festa comezará o sábado, 18 de agosto, ás 11.00 horas, coa apertura do mercado e durante as dúas xornadas festivas haberá espazo para as actuacións teatrais das diferentes escenas da historia, unha cata de viños, unha ludoteca para os cativos, música en directo pola rúa, concertos nocturnos, obradoiros de cestería, talla de madeira e danza tradicional, monólogo, mercado, obradoiros de esgrima e de danzas do mundo, roteiro interpretativo pola vila de Pazos de Arenteiro, e rematará o domingo, 19 de agosto, ás 21.00 horas, coa celebración da Batalla na Ponte.

16, Agosto 2018

Non sería necesario que os veciños tivesen que procurar sinaturas e denunciar o dos cans por este medio.

A residencia Tempo Libre abriría máis meses ó ano porque ben que teledirixían á xente nos plenos cando estaban na oposición.

O matadoiro municipal xa estaría aberto pola mesma razón

A dona do alcalde deixaría de traballar onde traballa porque unha empresa que deixa prescribir millóns de euros de taxas e tributos non estaría traballando pra o Concello

E un larguísimo etc. E se a miña avoa tivese roldas sería una motocicleta

16, Agosto 2018

Desde hace años la fiesta del pulpo se ha convertido en la fiesta por excelencia de O Carballiño. Las actividades y los eventos tanto como la afluencia de gente se ven incrementados durante los días o semanas previas. Nuestra localidad disfruta por lo tanto, de un incremento en su actividad económica. 

Y yo pienso y me pregunto....si acuden 100.000 personas ...más todas las que visitan la villa durante la previa....¿Cómo no se duplica o triplica el personal de limpieza por parte del Concello? Solo hace falta pasearse por las calles cuatro días después para comprobar que los chorretones de suciedad siguen formando parte de la decoración urbana.

A lo mejor el Concello está esperando que suban las temperaturas y toda la porquería se desintegre por pirólisis.

14, Agosto 2018

Me refiero a la solución dada al tema de los 2 perros abandonados a su suerte en una terraza de la calle Principal  y que con sus ladridos constantes dia y noche alteraban el descanso de las personas que vivimos en un radio de 100 metros del lugar donde se ubicaban, además de estar consintiendo un claro maltrato animal penado por ley y por el que que supongo deberá aplicarse una sanción a su propietaria.

Para ello y durante varios meses, hubo visitas a la Policía Local, denuncias, recogida de firmas de los vecinos y asociaciones de protecttora de animales, etc hasta que finalmente se buscó la mejor solución para la tranquilidad de los vecinos y mejor vida de los canes.

En consecuencia es justo reconocer que el Sr.Alcalde ha cumplido con su obligación, aunque no queda libre de un tirón de orejas por haberlo resuelto tan tarde.

 

Modesto

13, Agosto 2018

As actividades desenvolvidas no Carballiño durante toda a semana pasada, e que culminaron este pasado domingo coa celebración da 56 Festa do Pulpo, congregaron no Carballiño ao redor de cen mil persoas, según estiman dende o propio concello.

Así mesmo, durante estes días consumíronse máis de 60.000 kg de pulpo e xeráronse preto de 65 toneladas de lixo. Dende primeiras horas desta mañá, os servizos de limpeza, brigada de medio ambiente e de obras están traballando arreo para limpar tanto o casco urbano como o parque municipal, que quedará prácticamente limpo no día de hoxe.

O concello do Carballiño agradece a colaboración prestada polas forzas de segudidade do Estado, así como pola Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, Emerxencias e todos os departamentos municipais, que realizaron durante estes días, e onte dun xeito especial, un servizo extraordinario para que todo transcurrise da mellor maneira posible.

Tamén resultou exitosa a presencia de medios de comunicación, que diron ampla cubertura a través das televisións nacionais e autonómica, radios nacionais, autonómica, provinciais e locais, e de axencias, sendo probablemente unha das edicións de maior trascendencia mediática, coa presencia incluso dunha delegación de xornalistas chineses.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS