20, Xuño 2018

A demanda do servizo supera á oferta de prazas, que son 336 para o próximo curso 2018-2019 no colexio carballiñés da Uceira, o que deixa fora da lista a un total de 42 solicitantes.

Dende a ANPA "Xornada Digna" do Colexio Calvo Sotelo lamentan que por parte da dirección do centro e o consello escolar  non demandasen a ampliación do número de prazas ante a consellería, sabedores de que se trata dunha problemática que se repite cada ano.

Ademáis, tampouco comparten a interpretación dos baremos que se aplicaron para a selección de beneficiarios "nin xiquera respetaron os baremos que estableceron, perxudicando claramente  a pais e nais traballadores con incompatiblidades horarias".

Algunhos destes pais xa presentaron as súas queixas ante a Consellería de Educación e lamentan que "éste e outros condicionantes estean incidindo negativamente na diminución da matricula que ven afectando ao centro escolar, mentres outros colexios próximos da comarca están aumentado a súa matricula", reflexionan.

Apoio aos pais dende Alternativa Veciñal - En Marea

Esta formación política mostra a súa solidaridade cos pais e nais de alumnos que quedan fora do servizo de comedor escolar, unha situación de "inxustiza, desamparo e impotencia", da que tamén fan responsables aos gobernantes municipais do Carballiño

Para acceder ao comunicado de AV-En Marea, prema no arquivo adxunto:

19, Xuño 2018

Este Francisco Fraga debe andar desesperado por voltar a ter nas súas máns o Concello. Debeu ser inspirado por un dos dous astronautas do Consello de Ministros, non polo de  prestixio Pedro Duque, senon polo outro astronauta que explora cada día a Lúa.

E Fraga debe andar con Sánchez na Lúa se pensa que Veciños de Piñor vai caer na trampa e permitir que Fraga, sen a decisión das urnas, teña nas súas máns os aparatos do Concello pra, por exemplo. impedir o empadroamento do lider de Veciños de Piñor, entre outras marañadas.

Non sei, Veciños de Piñor non deberían caer na trampa. Non ten sentido unha moción de censura a un ano das eleccións. É unha moción instrumental pra facerse coas ferramentas e aparatos do Concello. VP debería impedir a trampa deste concelleiro do PSOE que se está a pasar de listo, e explicar claramente por qué non apoia a xogadiña do rapaz. Outra cousa sería o propio suicidio de Veciños de Piñor.

E conste que non é que o PP de Piñor non merezca un bo rapapolvo, pero hai que deixar que sexan as urnas os que os poñan no seu sitio, tanto en Piñor como no resto.

19, Xuño 2018

A moción de censura podería desaloxar da alcaldia ao alcalde do Partido Popular, Luis González, que goberna en minoria o concello de Piñor con tan so 3 concelleiros.

A inicios do actúal mandato municipal, o alcalde resultou elexido tras recibir o apoio de Veciños de Piñor, que conta con dous concelleiros na corporación, e ambas formacións políticas -PP e VP- suscribiron un acordo de gobernanza, que romperon o ano pasado.

Agora, os socialistas -que teñen 4 concelleiros- estudan a presentación dunha moción de censura, que podería prosperar co apoio de Veciños de Piñor.

 

19, Xuño 2018

No caso de Boborás, o Partido Popular da localidade da por feito que Cipriano Caamaño -alcalde con sucesivas maiorias absolutas dende 1991- optará por propiciar unha renovación nas eleccións municipais de 2019. A actúal concelleira de cultura e concelleira dende fai 7 anos, Patricia Torres, é a favorita entre a maioria dos populares de Boborás para ser a candidata á alcaldia de Boborás, en sustitución de Caamaño.

No caso de Maside, tamén é seguro que non repetirá como candidato Alejandro González, que debutara como tal en 2105. Como aposta dos populares para os comicios do ano que ven e como candidato á alcaldia de Maside aparece o nome de Luis Jorge Álvarez Ferro, sen experiencia na política municipal, aínda que membro activo do colectivo "Plataforma Masidá", que protagonizou algunhas mobilizacións críticas contra a xestión do alcalde socialista, Celso Fernández.

O alcalde de San Amaro tampouco repetirá

Ernesto Pérez xa comunicou formalmente ao seu grupo municipal e tamén a dirección provincial do partido que non repetirá como candidato do Partido Poopular á alcaldia deste concello, onde goberna con maioría absoluta. O seu sustituto podería estar no actúal grupo municipal.

19, Xuño 2018

No cruce ca N-541 onde comeza a rua que vai para Corzos rompeu a tapa rexistro de fundicion dun pozo. A verdade e que non tardaron moito en sinalizar a rotura cun cono e tampouco a reparación.

O que é bastante lamentable e ver como traballan.

En primeiro lugar deixan tirados no chan os escombros de asfalto e da tapa rota xunto os contenedores.

En segundo lugar colocan unha tapa vella que non asenta ben no aro e xa está levantada.

En terceiro lugar a tapa queda máis baixa e segue habendo bache

O que tiñan que traer é unha tapa cun aro novo e colocada enrasada co asfalto e asunto resolto. E moi cómodo traer unha tapa e poñela ahi de calquera maneira e que quede o bache.

O peor é o exemplo que dan deixando tirado escombro e fundición xunto os contenedores. Qué contan que veñan os veciños da Fontela a recollela cando a vexan? E despois queren ca xente recicle, menudo exemplo dan eles.

Por certo a zona deses contenedores da noxo vela como está. 

18, Xuño 2018

Rematou a renovación da zona de xogos infantís do Parque Municipal. A reforma, levada a cabo pola concellería de Medio Ambiente que coordina Érika Paz, consistiu no rediseño do espazo, na instalación de novos xogos e na rehabilitación doutros xa existentes.

Así, o parque infantil quedou redistribuido en tres espazos de xogos, cercados por rollizos de madeira e co chan de area; instalouse un novo conxunto multixogos e novos columpios, e procedeuse á restauración doutro conxunto multixogos e unha casiña que se reubicou nun novo espazo pensado para os máis pequeniños.

Este parque infantil, que é moi visitado polas familias durante o verán, atopábase en mal estado dende había tempo, con xogos moi deteriorados e uns espazos pouco adecuados para o disfrute e a seguridade dos nenos, e de aí que a remodelación era unha cuestión prioritaria.

15, Xuño 2018

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou xunto á concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres, e o arqueólogo Jorge Lamas os "Roteiros culturais 2018", unha iniciativa didáctica e de lecer que conta co apoio da Deputación de Ourense e que ten como obxectivo "pór en valor para veciños e visitantes o gran legado histórico e as calidades paisaxísticas do municipio de Boborás, unindo natureza e tradición nun dos concellos con maior riqueza patrimonial, un tesouro para os sentidos, que mantén viva a memoria do territorio", afirmou Manuel Baltar.

As rutas por 14 parroquias do municipio percorrendo os vestixios prehistóricos, a pegada romana, a flora e a fauna, os castros a época medieval e as antigas fábricas de papel, cera e serradoiros, son algunhas das propostas para esta edición. O presidente do goberno provincial destacou a intensa actividade cultural que mantén o concello de Boborás, "protagonista hai días coa entrega do premio "Losada Diéguez" en Moldes, e tamén como escenario para a rodaxe a última película de Isabel Coixet, no fermoso marco de Pazos de Arenteiro", engadindo que os roteiros "son un exemplo da alianza da Deputación de Ourense e Boborás para seguir promovendo os importantes valores culturais e históricos do municipio".

Patricia Torres dixo que os 84 quilómetros cadrados que ten o concello "contan cunha grande diversidade xeográfica, que poderemos contemplar nos roteiros, para os cales contaremos coa colaboración do historiador Xosé Luis Sobrado; o músico Juan José Álvarez; o biólogo Diego Reboredo, e o arqueólogo Jorge Lamas". Precisamente Lamas remarcou "o importante labor divulgativo que está a facer o concello de Boborás do seu patrimonio, un territorio que conta co rexistro de: 40 mámoas, cinco castros, pontes medievais, unha ducia de igrexas románicas e antigas fábricas da época moderna, factorías de papel, cera e serradoiros, lugares todos eles polos cales discorrerán os roteiros culturais", destacou. Ademais dixo que durante os percorridos os guías ofrecerán explicacións sobre a historia do viño na zona e tamén das minas romanas e as de principios do século XX, así como da tradición do mel na comarca.

Preto de mil persoas participaron na pasada edición nos roteiros, unha iniciativa de grande éxito que a Deputación de Ourense segue potenciando xunto co concello de Boborás para divulgar e protexer o patrimonio e o medio natural desta contorna. As rutas, que se iniciaron neste mes de xuño, continuarán ata novembro, os domingos en horario de 9.30 a 13.30 horas, sendo o punto de encontro o núcleo de Boborás. Os percorridos teñen unha distancia duns cinco quilómetros e a diferenza das andainas, nesta modalidade o grupo vai facendo paradas nas parroquias da contorna, onde os guías explican as peculiaridades de cada lugar.

As datas dos seguintes roteiros -actividade coa que tamén colabora o centro de estudos "Chamoso Lamas"- son: en xullo, días 8 e 29, Feás e Cardelle, respectivamente; o 4 de agosto en Moldes; en setembro, os días 2 e 23, Pazos de Arenteiro-Albarellos e O Regueiro-Feás; 0 14 de outubro, a ruta Laxas-Pazos de Arenteiro; e en novembro, os días 4 e 18, a ruta de Moreiras-Xendive e a de Cameixa, respectivamente.

Para participar non é necesario realizar ningunha inscrición, abonda con presentarse á hora de comezo da ruta no punto de encontro, recomendándoselle ás persoas que participen levar calzado cómodo, así como auga e froita ou froitos secos para o percorrido.

15, Xuño 2018

Referindome a rúa de abaixo de todo, una recta de 500 metros ou mais ata chegar ao ximnasio. Sendo urbanización residencial  o limite deberia estar marcado en 50 km/h como máximo ou incluso menos, pero a xente pensa que e una pista de carreiras, sobrepasando ampliamente tal limite, incluso duplicandoo. Con adiantamentos perigosos incluidos.

Rogamos a garda civil que faga mais control e ao concello de maside que se dirixa a deputación provincial para tomar medidas: badens, bandas reductoras de velocidade, pintado vial, asfaltado decente e arranxo fochancas,  aceras para peatons, ....

E dixen deputacion porque esa rúa e sua.

15, Xuño 2018

No tramo entre Alberto Vilanova e a rúa Ourense. Ao lado do Recar e de Fisaúde hai continuamente coches aparcados. Non sei se é que está permitido ou estando prohibido a xente fai caso omiso, pero en calquera caso non debería permitirse xa que non sobre espazo para os cruces cos vehículos de sentido contrario. Máis aínda cando eses vehículos son autobuses ou furgonetas e camionetas de grandes dimensións. Ademáis que tamén dificulta a entrada/saída dende os garaxes que hai en dous edificios desa rúa.

14, Xuño 2018

Xa fai case 3 semanas produciuse a terrible explosión de Tui que todo o mundo coñece.

Son veciño de Corzos e o que o mellor non todo o mundo sabe e que hai un almacen de productos pirotecnicos en Fonteboa. Un lugar demasiado preto das casas para ese tipo de productos, dende o meu punto de vista.

Estou dacordo en que o que sucedeu en Tui foron almacéns ilegais de productos sen permisos oficiais y alleos o control das autoridades.

O que boto en falta é que en todo este tempo de noticias e tertulias ninguén por parte do Concello de Maside polo menos faga un comunicado dicindo que tipo de material hai nese almacen, que cumpre todos os requisitos legais esixibles para ese uso e que tranquilice a xente dando esa información.

Porque o que o mellor non todo o mundo sabe e que ese almacen é propiedade da mesma pirotecnia de Tui

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS