31, Maio 2018

Agora se queres ir cara o centro dende a rúa Monxardín obrigante a coller pola dereita todo para abaixo cara a rúa ourense e dar a volta na rotonda do Recar e de Fisaude.

¿Qué motivo aducen? ¿Problemas de seguridade ao atravesar completamente a rúa Conde Vallellano? Se así fose tampouco permitiran virar a esquerda dirección ourense aos que baixan por Evaristo Vaamonde  e forzaríanos a eles tamén a ir dala volta na rotonda da Alameda-Pista Vermella. E sen embargo nese caso non tomaron tal decisión.

 

Mismas situacións. Criterios distintos. Mal vamos con esas decisións tan salomónicas.

 

Tampouco queda claro se na rúa José Benito Valeiras Gonzaléz se pode ou non virar a esquerda. Aparentemente non hai sinal que o prohiba pero a marca vial horizontal de cuadriculas amarelas na interseccion non o deixa moi claro.

30, Maio 2018

A XXVI Festa das Parroquias celebrarase en Mudelos o domingo 3 de xuño.

É a segunda vez que esta parroquia carballiñesa organiza a festa, pois xa o fixera hai doce anos. O programa comezará ás 11 da mañá con pasarrúas polas aldeas a cargo do grupo de gaitas Chimpafigos, de Cabeza de Vaca.

Ás 12 terá lugar a misa na igrexa parroquial de Mudelos, e ás 13,00 h., haberá o tradicional concerto da Banda Escola de Música do Carballiño. Coma sempre, o xantar será ás 14,00 h., e consistirá en empanada, pulpo á feira, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño e café.

O prezo de menú é de 18€, igual que o pasado ano cando se tivera que subir un chisco polo incremento do prezo do pulpo. A partir das 5 da tarde comezarán os xogos e a animación musical. Haberá campionato de subastado e brisca (equipos de catro), con trofeos para campións e subcampións.

Tamén haberá xogos populares, como zancos, aros, a ra, chave e pentanca. E, por suposto, procederase a entrega do ramo á asociación que se vaia a encargar da organización da festa do 2019. O dúo musical formado por Pachi e Monse será o encargado de amenizar o baile.

29, Maio 2018

Pensei que sería unha desas cousas que che contan por facer mal, pero non! Como se pode permitir iso? como se lle ocurre a 2 panfilos políticos falar así de ningúen? Pero según eles os que nacen noutro sitio, ou a xente que ven doutros Paises, non é como nós? que temos categorías? E que lle fixeron a estes merdentos os portugueses? E que sin non o vexo na tele, non o creo. Sodes uns racistas. Si fose eu xa estabades denunciados. E a  Eva que carallo di, cando ela vive nun piso e nunha casa que pagou a súa familia con "negocios" en Panamá. Pero que pensades, que os que nacemos fora de Galicia somos cidadáns de 5ª? O voso necesita tratamiento.

29, Maio 2018

Unha vergonza. Un feito que parece imposible na nosa Comarca pero que según puiden ver na TV do Carballliño, douse no Concello de Boborás no pleno da semana pasada. Todo por unha plaza de Xuiz de Paz que vive na Almuzara, que seica non naceu aquí, na terra. Según o maleducado do LITO - José Benito González Trigás, o feito de nacer fóra de aquí como é o caso parece desa rapaza, ou o feito de non ser de aquí, quitache non só puntos pero que según el, faete menos persona. Increíble o que vin e oín onte a noite. 

Nunha comarca na que casi aseguraría que o que máis o que menos ten familia que foi o estranxeiro gañar o pan, vive no estranxeiro gañando o pan e mesmo casou con persoas doutro País. 

Eres un RUIN. Señores de Boborás, saiban o que teñen en Boborás. O inmoral Lito, que dixo e repetiu publicamente nun pleno queas persoas que non son de aquí 100% (sobre todo si é Portuguesa), non vale un peso. O segundo é, a  perversa xefa-compañeira "SUPER EVA". Rapaza, pensas que non temos memoria?. Absolutamente inmoral e sen escrúpulos, e teñen os santos bemoles para ir decir a un pleno que os de fóra, os que nacen fóra, os que casan fora e van vivir a Boborás, non valen? pero que se pensan estes 2 elementos? Sodes lo peor de lo peor. Menos mal que non estades gobernando, iso non pasará xamais.

Lito, miracheste o espello? Non sabes que a túa familia tamén inmigrou? No tes vergonza. Eva, agora que outra vez queres cambiar de partido e seica vendes a chaqueta a Ciudadanos, dilles  que nunca soubeches nin sabes facer nada produtivo mentres foi concelleira e dende a oposición, meter merda e mentir.  DIMITIDE PERO ANTES PEDIDE PERDÓN.

 

28, Maio 2018

Son en total 77 parroquias en toda Galicia, das que cinco se localizan na Comarca do Carballiño, e nas que Medio Rural  controlará sobre o terreo esta problemática dos lumes.

Trátase das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria -PAAI- consideradas como tal no PLADIGA 2018 da Xunta de Galicia.

No territorio comarcal figuran nesta relación as parroquias de Vales e Covas, ambas no concello de San Cristovo de Cea, outra parroquia no concello de Piñor, a da Corna. No concello de Boborás figura como de alto risco incendiario a parroquia de Xurenzás, e a de Lobás no municipio do Carballiño.

A partir desta semana faránse reunións de estudo e control da actividade incendiaria, nas que participarán técnicos de Medio Rurtal, alcaldes e responsables municipais, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, asi como axentes públicos e privados con presenza nas zonas afectadas.

Faránse avaliacións das principais causas, consecuencias e peculariedades da actividade incendiaria en cada unha destas parroquias, procurando mellorar os mecanismos e a coordenación en materia de prevención, disuasión, extinción e investigación dos lumes, reforzando a cooperación dos corpos policiais.

27, Maio 2018

Para facer unha boa festa non se precisa da Panorama, nin a Paris de Noia, nin El Combo Dominicano... e para mostra o 4º Serán de Mandrás, organizado con gran éxito de convocatoria pola Asociación de Veciños desta parroquia do concello de San Cristovo de Cea.

Unha noite de sábado animada por boa música tradicional, coa participación de numerosos grupos chegados a este serán de Mandrás dende toda a comarca e o resto da provincia, gaiteiros, pandereiteiras, e varios grupos que co seu estilo peculiar, como "Os Cotovías" de Maside -na foto- , foron moi aplaudidos polo numeroso público que se xuntou no campo da festa de Mandrás.

Ademáis, a velada estivo acompañada pola oferta gastronómica, que incluíu invitación gratuíta a tortilla, para acompañar os pementos fritidos e o pan de Cea, que degustaron a maioria dos asistentes nas amplas carpas instaladas pola organización.

23, Maio 2018

O alcalde socialista Francisco Fumega, cun grupo en minoría no pleno da Corporación, volve conseguir sacar adiante os orzamentos anuais, e faino por terceiro ano consecutivo valéndose da abstención de un dos tres grupos da oposición.

Desta vez foi o Partido Popular coa abstención dos seus seis concelleiros quen permitíu a Fumega a aprobación inicial dos orzamentos para este ano 2018, cifrados en 9,6 millóns de euros para o presente exercicio.

Tanto BNG como Alternativa Veciñal votaron en contra do documento presentado polo grupo de goberno, que consideran continuista "un corta e pega" que non aporta nada novo, argumentaron.

Nesta mesma sesión de pleno extraordinario na que se aprobaron os orzamentos, tamén foi inicialmente aprobada a Relación de Postos de Traballo -RPT- no concello do Carballiño, neste caso grazas a tres abstencións, as dúas do BNG e a do portavoz do PP, Argimiro Marnotes. En contra votaron os outros cinco concelleiros populares e o concelleiro de AV-En Marea, Bernardo García.

A corporación tamén aprobou unha modificación de crédito por importe de 790.000 euros, procedentes do superavit de 2017, que en gran parte se vai destinar a sadar a débeda municipal, según anunciou o alcalde nesta sesión plenaria.

Tamén se aprobou a adhesión do concello do Carballiño á "Rede de Cidades que Camiñan".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS