Los socialistas de Leiro queremos trasladar a la opinión pública que al Regidor Municipal pasa de todo y que le importa muy poco o nada, con todo lo relacionado con la plaga de la avispa velutina.
El pasado día 11/05/2018 entregamos en el registro municipal un escrito pidiendo una serie de información relacionada con el tema de la avispa velutina ya que en el pasado Pleno de la Corporación con fecha del 28/02/2018 se aprobó por unanimidad de todos los grupos que conformamos la corporación una Moción presentada por nuestro Grupo Municipal relacionada con este tema y el propio regidor municipal en otro Pleno celebrado el pasado 30/04/2018 decía y así esta reflejado en el Acta del Pleno “que ya se está llevando acabo, con todo lo relacionado con la avispa velutina” pero cual es nuestra sorpresa que en el día de ayer, recibimos la contestación a nuestro escrito, todo cabe decir, después de 28 dias, cuando la ley le exige al regidor que tienen que ser 5 dias, por lo que esta cometiendo una ilegalidad, por no contestar dentro de los días que marca ley, cual es nuestra sorpresa que no nos contesta nada con este tema de la avispa velutina, ya que nuestro Grupo Municipal le pedía:
¿ En dondé y que fecha se celebraron y como se llevo acabo la misma y a quien se dirigía la misma (Colectivos vecinales, abelleiros ect…) la campaña informativa y divulgativa de cómo utilizar los medios cara a la erradicación de la avispa velutina en todo el Ayuntamiento?
¿Cuáles son los tipos de apoyos y iniciativas sobre la divulgación y concienciación ciudadana se llevaron acabo desde el AYTO?
¿Cuáles fueron las medidas que se adoptaron desde el Ayto para el control y minimización de los daños como el trampeo de las reinas y la eliminación de nidos de avispa velutina?
¿En que lugares del Ayto de Leiro se llevo acabo tanto el trampeo de las reinas como la eliminación de nidos de avispa velutina?
¿De que forma o que cauces llevo el Ayto para informar a los vecinos de que en caso de ser visto un nido de este tipo, se informe en la dependencias municipales?
Pues todas estas preguntas relacionadas con el tema de la avispa velutina tenemos por parte del Regidor Municipal, la respuesta por la callada, es decir que le importa un “bledo” al Alcalde todo lo que tenga que ver con este tema, por lo que los socialistas nos vemos en la obligación de exigir a las autoridades autonómicas y estatales que se tomen medidas con este tema, ya que el Alcalde pasa de todo y los socialistas le vamos a dar traslado tanto al Parlamento Gallego, como al Congreso de los Diputados atraves de nuestros diputados.
Aí será por onde anda o ex Presidente Rajoy descansando destes anos de non facer nada. Os do PP chaman ao novo Goberno, o goberno frankenstein. E cómo podemos chamar a este goberno socialista do Carballiño??? Frankenstein tamén??? Porque pactaron coa marea pra aprobar os orzamentos do 2017, e aprobaron os orzamentos do ano 2018 grazas ao voto favorable do PP.
Se chamamos Goberno Frankenstein ao de Pedro Snchz teremos que chamarllo ao do Carballiño. E se os partidos que pactan con ese Goberno son exóticos por pactar con Pedro, o PP tamén deberá ser tildado de exótico por aprobar os orzamentos do PSOE de Fumega.

Corenta e oito establecementos comerciais e hostaleiros participarán este sábado, 9 de xuño, no Shopping Day (Día de Compras), que organiza o Centro Comercial Aberto do Carballiño.
En concreto, son 35 comercios dos sectores de moda infantil, home e muller, e moda íntima; deportes, zapatería, librería, xoiería, floristería, decoración e óptica, que ofertarán descontos en produtos de tempada, e entregarán unas papeletas polas compras que se realicen para poder degustar pinchos ou un café nalgún dos trece establecementos de hostalería incluidos nesta iniciativa, así como para participar no sorteo dun premio de 1.000 euros en vales de compra ou pases para os xogos inflables infantís.
Será unha xornada festiva que contará con animación musical, de patinaxe e danza en rúas e prazas, e incluso coa presencia de modelos que percorrerán os establecementos participantes.
A inauguración terá lugar ás 10,30 h., nunha carpa que se instalará na Praza Maior, onde se repartirán unas follas cos establecementos que participan, e a continuación terá lugar un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Tres Galeguiños.
Durante todo o día, dependendo das condicións meteorolóxicas, haberá exhibicións de patinaxe a cargo dos clubes Aehde e Fénix; de ballet, funky, zumba e bailes latinos a cargo da Escola Municipal de Danza; zancudos, así como de danza oriental a cargo da escola Enka. Tamén haberá DJs e un concerto do grupo Soul And Roll, a partir das 19,30 h., na Praza Maior.
Todos os establecementos participantes nesta iniciativa terán unha decoración chamativa nas fachadas con alfombras vermellas e globos de cores.
O evento foi presentado esta mañá pola xerente do CCA, Noelia Mares, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.
Adolfo Nogueira felicitou ao CCA por esta nova iniciativa dirixida a suscitar o interese da veciñanza do Carballiño e da comarca para promover o comercio local, que é, según dixo, un dos eixos principais da economía carballiñesa.
Neste senso, destacou o labor que realiza o CCA, sobre todo do presidente, Julián Garriga; da xerente, Noelia Mares, do resto da directiva así como dos establecementos comerciais adheridos, que son a gran maioría deste sector.
Noelia Mares, ao igual que o concelleiro, animou aos veciños e veciñas do municipio e da comarca a aproveitar as ofertas que haberá ese día, así como optar ao premio de 1.000 euros ou obter agasallos como a degustación de pinchos ou café.
Ao respecto dixo que serán pinchos elaborados especialmente para ese día, e que a degustación de café farase no Mesón Os Portales, e será tirado polo campeón galego de baristas Javier Muradás.
Finalmente, agredeceu a colaboración do concello e da axencia de modelos Luena, así como dos clubs de patinaxe Aehde e Fénix, da Escola Municipal de Danza e da Escola de Danza Oriental Enka.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Incyde), pon en marcha a partir da próxima semana un novo curso de formación e asesoramento que apoiará a creación e consolidación de novos negocios por emprendedores e autónomos da comarca do Ribeiro.
Durante sete semanas os emprendedores participantes recibirán titorías personalizadas na sede da Mancomunidade IV do Ribeiro (lugar Fondal de Beade s/n), adecuadas ás necesidades dos proxectos empresariais que pretenden desenvolver. A formación ofreceralles unha visión global das distintas áreas funcionais dun negocio coa que poder determinar as oportunidades de mercado e desenvolver un plan de empresa propio. As persoas interesadas na formación poden inscribirse a través da web da Fundación Incyde.
Con estes cursos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria prevé facilitar, durante este ano, formación e asesoramento a máis de 250 autónomos, emprendedores e empresarios, que desenvolven a súa actividade preferentemente nas diferentes comarcas afectadas polos incendios rexistrados en Galicia durante o ano pasado.
Unha vez rematados os cursos, os participantes poderán seguir accedendo ao asesoramento especializado ou titoría que precisen a través do Igape ou dos servizos do Igape, así como ás axudas do programa Galicia Emprende, ou a préstamos directos como os activados no novo programa de instrumentos financeiros innovadores (IFI) para financiar os seus investimentos.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o concello de san Amaro, onde se reuniu co alcalde do municipio, Ernesto Pérez, e membros do equipo de goberno local.
Os representantes municipais e mailo mandatario provincial visitaron diversos proxectos desenvolvidos conxuntamente, froito da cooperación entre o goberno provincial e o concello de San Amaro, relativos ao ámbito das infraestruturas.
Na reunión valorouse moi positivamente o Plan de Empregabilidade e analizáronse novas actuacións para levar a cabo no municipio.
Levamos tres anos de goberno socialista e penso que xa se debería facer unha pequena valoración de todo este tempo xa que polo visto ningún do goberno municipal fai autocrítica.
No programa electoral dos socialistas carballineses uns dos seus principais puntos foi o Gran Balneario, dixeron que o ian dar o impulso suficiente para que fora uns dos princiapais atraccions turisticas do pobo, pois ben ahí segue, no seu sitio porque nadie fixo nada por el mais que encherse a boca de decir cousas e despois non facer nada igual co parque municipal, estamos en xuño e parece un cacho de monte que con un pouco de sorte para a festa dos maiores estara listo exactamente que cando gobernaba o pp, e miña pregunta é, onde están as queixas da veciñanza porque ben que antes se facían...tampouco poderán decir que a rúa Otero pedraio igual que Aquilino Sanchez e Señorín están medianamente arranxadas por eles.. ou pola diputación provincial que o que debería ser pero claro na política todo vale; sobre a brigada de obras e sobre a policia local xa mellor nin falar porque se falamos empezaríamos pola falta de persoal que teñen, na brigada inda se pode suprir con algunha contratación directa ou indirectamente pero na policía....aiii esa policia que tantos dores de cabeza lle da o sr concelleiro, na policia a renovación que hai que levar e case total pero todo apunta que vanse suprimir turnos porque non chegan nin para facer as oito horas como para facer inda menos as vintecatro.
Pero inda así foron tirando grazas axunta e diputación abriron itv e o parque de bombeiros ese parque que tanto querian que fora público e agora naide xae a decir o contrario.Estaría ben que saíran decindo como ven iles estes tres anos poque a veciñanza o que opina e case o mesmo que isto, estaría ben que saíra, dicindo que teñen pensado facer neste ano que lles queda porque se seguen así vai estar todo igual que fai tres anos polo que poderemos decir que foron tres anos perdidos.......

A praza de abastos comezará a campaña de verán este xoves, 7 de xuño, e rematará o 9 de agosto co sorteo dun televisior, un equipo de música, unha tablet, un teléfono móvil, un microondas, unha licuadora, unha aspiradora e unha caixa de viño Pazo Tizón.
Tamén está prevista a actuación o día 11 de agosto, víspera da Festa do Pulpo, do grupo de música tradicional galega Fetiche de Pau.
A campaña, que se desenvolverá co lema de “ENCHÚFATE COA PRAZA DE ABASTOS”, foi presentada esta mañá polo presidente da asociación de praceiros, Eligio González, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.
Adolfo Nogueira destacou unha vez máis o traballo que leva a cabo a asociación de praceiros para promocionar a praza de abastos, así como todo o que se leva feito a prol da mellora das instalación nestes últimos anos, e asegurou que este tipo de ampañas estaban funcionando moi ben, ampliando a clientela e as compras no mercado municipal.
Por outra parte, incidiu na próxima conclusión do procedemento administrativo para a adxudicación dos postos vacantes da praza, e para o cal manterá unha xuntanza nos próximos días cos praceiros.
Eligio González tamén se referiu a esta cuestión dicindo que en canto se completen os postos baleiros, a praza de abastos do Carballiño sería unha das mellores de Galicia, e que de feito xa estaba recuperando unha boa parte do explendor que tivo antaño.
Reiterou o agradecemento ao concello e ao concelleiro polo interese amosado para mellorar e promocionar a praza de abastos, e cualificou a campaña de verán como unha das máis extraordinarias de cantas se levan feito.
A partir do 7 de xuño a clientela poderá depositar unha urna as papeletas cubertas que lle serán entregadas en cada un dos postos da praza pola realización das compras durante esta tempada de verán ata o 9 de agosto.

O concello acaba de editar un libro sobre os bos usos da auga, coincidido co Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra mañá, martes, 5 de xuño.
A publicación, que leva por título “No Carballiño amamos a auga”, recolle os principais recursos hídricos do Carballiño, tanto das augas superficiais como das termais e míneromediñais. E, sobre todo, recolle unha serie de consellos moi útiles para aproveitar mellor este recurso.
Con textos de Llerena Perozo Porteiro e ilustracións de Francisco Muñiz, o libro amosa dun xeito sinxelo e moi práctico, en 53 páxinas, informacións e suxestións relativas á importancia da auga para a vida, que é un ben finito, e o coidado que debemos ter no seu uso.
A súa distribición realizarase nos centros educativos, comercios, establecementos hostaleiros, asociación de veciños e nos fogares. O libro foi presentado esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, e a autora dos textos, Llerena Perozo Porteiro.
Francisco Fumega resaltou a cualidade do Carballiño como terra de augas, tanto superficiais como termais, pero cun uso moi elevado de auga sobre todo durante o verán, cando se multiplica a poboación, e por iso considerou moi oportuna a publicación deste manual dirixido a concienciar sobre a sostibilidade deste recurso. Por iso, agradeceu a Llerena Perozo e á editorial Versatil o traballo que desenvolven para contribuir á sensibilización da poboación sobre esta cuestión, que é, según dixo, un dos principais problemas do século XXI.
Ao respecto, asegurou que malia a que leva chovido dabondo últimamente, hai cinco meses tiñamos declarada a alerta vermella pola Confederación Hidrográfica, e os problemas neste senso comezaron a finais de agosto pasado. De aí que non se pode baixar nunca a garda, según dixo. Érika Paz referiuse a declaración do Día Mundial do Medio Ambiente, que este ano se centra na cuestión dos plásticos, e recordou a campaña levada a cabo coa hostalería para a recollida de envases de todo tipo co obxectivo de mellorala e contribuir á súa reciclaxe.
Neste senso asegurou que ainda que queda moito por facer, seguirase avanzando na medida do posible. Precisamente, neste labor de continuar coa concienciación da poboación na preservación do medio ambiente e dos recursos naturais, é no que circunscribiu esta nova iniciativa.
Llerena Perozo agradeceu ao concello o interese pola política medioambiental e felicitou ao alcalde e á concelleira polas campañas que leva a cabo neste senso, como é o caso desta sobre o bo uso da auga. Dixo que o obxectivo da publicación era chegar ao maior número posible de familias coa intención de poder adquirir hábitos e prácticas encamiñadas ao aforro e reutilización da auga, e engadiu que o sistema hídrico está directamente vencellado co cambio climático, e que nos achegamos a un período crítico ao respecto.
Por iso, según dixo, iniciativas como esta contribúen en gran medida á loita contra o cambio climático.
Di agora Argimiro que non se presenta como candidato nas próximas eleccións. O que me parece ben, cada un ten dereito a facerse a un lado da vida política. Pero o que non é de recibo, e que teña que teledirixir un proceso que debería ser democrático e no que non deberían existir inxerencias de terceiros, e moito menos dun ex alcalde e dun ex candidato.
A lectura que deixa esta inxerencia de Argimiro neste proceso de "renovación" do PP é pouco esperanzadora para a travesía polo deserto que lle agarda ao PP do Carballiño e ao PP en xeral.
Semella que calca o modelo Baltar: Baltar fillo por Baltar pai. Semella que o PP é propiedade de certas familias que gozan da nuda propiedade dun partido en descomposición. Antaño gozaban tamén do usufructo, pero non lle arrendo as ganancias dun partido podre, que cheira a podre, e que todo o mundo coñece a estas alturas que é podre.
O baltarato (pai e fillo) xa foi copiado por Marnotes. E agora, fiel ao modelo, fai as súas inxerencias avogando por un fillo do que tamén fora alcalde en tempos de Franco.
Todo o meu respecto polo novo candidato, que pode ser excelente o tempo dirao. Pero a actitude do candidato saínte merece a máis enérxica crítica. Deixa en ridículo a todo unha equipa que estivo con él as duras e as maduras, e atranca as lexítimas ambicións políticas e os froitos deste traballo. Xa sabemos que os castings do PP son puramente xenéticos. Pero no están os tempos pra facelos con tan pouco decoro.

O cartel da 56 Festa do Pulpo rende homenaxe ao tango con motivo da dedicatoria desta edición ao Centro do Carballiño en Buenos Aires, que este ano celebra o centenario da súa creación.
O cartel é obra da deseñadora gráfica carballiñesa Ari Quintas Núñez, e foi presentado esta mañá nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega, os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente, o portavoz do grupo municipal do PP, Argimiro Marnotes, e a concelleira do BNG, Sofía García, así como a autora, Ari Quintas.
Unha aceiteira, unha tesoira, dúas talladas e un rabo, conformando unha parella de tango sobre un prato de madeira de pulpo, xunto co pimentón, son o elemento central do cartel, que ten unha gran plasticidade e resulta moi significativo desta 56 edición.
“Quixen realizar unha simobiose dunha parella de tango cos aparellos propios das pulpeiras e pulpeiros”, dixo ao respecto a deseñadora Ari Quintas, que se amosou moi honrada por ter a oportunidade de elaborar o cartel da Festa do Pulpo deste ano.
O alcalde, Francisco Fumega, referiuse ao recoñecemento dos emigrantes carballiñeses en Buenos Aires, dicindo que “a festa deste ano se lle dedica ao Centro do Carballiño en Buenos Aires co gallo da celebración do seu centenario, e por iso o cartel deseñado por Ari Quintas Núñez, simboliza dun xeito evidente a simbiose do pulpo co tango, que é un elemento moi significativo de Buenos Aires”.
“É unha idea orixinal que Ari Quintas plasmou dunha maneira moi plástica, e que estou seguro gustará moito no Centro do Carballiño en Buenos Aires. Pero o que é máis importante, creo que gustará tamén aquí, xa que se trata de promocionar a nosa festa máis senlleira e popular, e coido que este cartel terá moi boa acollida en todos os lugares polos que se distribúa, e será un magnífico cartel para difundir a Festa do Pulpo deste ano”, engadiu o alcalde.
Por isto, felicitou á autora do cartel e agradeceu a súa colaboración.
Ari Quintas, que reside na Coruña, ten realizado diversos carteis para a Feira da Pepa Loba e as Xociviga, así como para outros eventos culturais e festivos do Carballiño. Neste senso, o alcalde destacou o fondo carballiñesismo da autora, moi vencellada ao barrio de Flores, o cerne da vila.
O cartel comezará a distribuirse a partir de mediados deste mes de xuño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 482
- 483
- 484
- 485
- 486
- 487
- 488
- 489
- 490
- …
- seguinte ›
- última »