Pois eso.
Xa non hai ningún. Nin sequera o servizo especial por autovía dos venres e domingos para os estudantes. O servizo diario pola maña vía Pontevedra facendo primeiro transbordo en Folgoso primeiro, que saía do Carballiño as 11 da mañá tamén desapareceu. E facendo transbordo en Ribadavia tampouco xa que a Montañesa ou Autocares Perez non che deixan alí.
E agora que vexo para Santiago tampouco hai nada.
Imos mellorando.

Non se trata dun caso puntual e illado, senón que é un episodio que se tería repetido varias veces no transcurso do últimos meses, asi o puxo de manifesto nunha intervención nesta emisora de radio o portavoz do grupo "Veciños de Piñor", Uxío Rodríguez.
O concelleiro puxo os feitos en coñecemento do alcalde de Piñor, a través dun escrito presentado no concello e que acompaña de documentación gráfica, na que poden verse varias bandexas do programa "Xantar Sobre Rodas" que foron localizadas nun colector da recollida do lixo esta semana "comida en bandexas que non foron desprecintadas, e que non caducan ata o vindeiro dia 9 deste mes de Maio", subliñou.
"Veciños de Piñor" pide ao alcalde que abra unha investigación e poña o feito en coñecemento da Consellería de Política Social, manifestan a súa repulsa por unha conducta "insolidaria e irresponsable", tendo en conta ademáis "que se trata dun servizo de quen un coste mensual de 225 euros, que na súa maior parte son costeados con diñeiro público"

Os dezaoito establecementos hostaleiros que participan na Ruta das Tapas ofrecerán este venres, 4 de maio, e o seguinte, 11 de maio, unha ampla variedade de pinchos elaborados a base de productos propios da gastronomía galega, na que prevalece o pulpo, e de feito, un dos pratos máis novidosos é un carpacho de pulpo con xeado de pulpo.
O evento foi presentado este mediodía nun acto que se celebrou na Praza da Veracruz coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e representantes dos restaurantes, bares e mesóns que forman parte desta iniciativa.
Na presentación púxose de manifesto o éxito desta tempada e incidiuse na posibilidade de seguir obtendo importantes premios directos ou mediante sorteo. Por iso convidan aos veciños e visitantes a degustar este venres, a partir das 8 da tarde, estas tapas ao prezo de 1,50 euros cada unha.

Máis dunha vintena de actividades culturáis desenvolveranse no Carballiño durante o mes de maio co gallo da celebración das Letras Galegas.
Teatro, obradoiros, concertos, exposicións fotográficas, animación á lectura, así como sesións de cine club, sucederanse durante todo o mes no auditorio, na biblioteca, na Casa da Cultura e ao aire libre, ademáis doutro tipo de actividades, como a edición dun marcapáxinas cnmemorando á escritora homenaxeada pola festividade Letras Galegas.
En canto ás representacións teatrais, destacar a Mostra de Teatro da Escola Municipal de Teatro, o sábado, 5 de maio; a compañía de teatro Matrioska, coa obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, o domingo, 5 de maio; A compañía Títeresficcións, coa obra teatral para bebés “Chove”, o domingo, 13 de maio; a compañía de teatro Malasombra, coa obra “D.E.P. Unha comedia de morte”, o sábado, 19 de maio. Todas as obras Terán lugar no auditorio municipal.
O coservatorio de música ofrecerá o 15 de maio un concerto no auditorio polas Letras Galegas, e a Escola Municipal de Danza realizará unha mostra de danza o domingo, 27 de maio.
Ambos eventos tamén Terán lugar no auditorio. As sección infantil e xuvenil da Biblioteca desenvolverá dez actividades con contacontos e obradoiros, e o cine club Carballiño terá os venres as habituais proxeccións cinematográficas. Asemade, a asociación fotográfica O´Poriños desenvolverá un obradoiro e diversas exposicións.
Pola transcendencia, destacan dous eventos: o monólogo de Carlos Blanco, que terá lugar o sábado, 12 de maio, no auditorio municipal, e o festival RomeríaRock Arenteiro 2018, que se desenvolverá o 26 de maio na finca As Barcias do parque municipal.
Fai unos dias, denunciaba a situación caótica que fai tempo vense a producir frente a ferreteria Botana, con aparcamentos de todolos xeitos que provocan riscos innecesarios e que son consentidos polas nosas autoridades e vistas como normales, hasta que un dia haxa un accidente e pase algo grave. Na foto,( pode ser de calquera dia) , vese o que hay que facer pra coller a carretera de Ribadavia vindo da praza Emilia Pardo Bazan, metendo o morro do coche ata o medio da carretera pra poder ver si algún coche sube ou non, todo isto arriscándose a que te leven por diante. Busquen arreglo porque isto así e una vergoña que teña que pasar impune e incivicamente todolos dias. FORMULA MAXISTRAL: Poñer un policia local durante uns dias pra que multe ou avise a grúa e asunto parcheado non arreglado. Outra solución mais chapucera, sería poñer un espello o lado da tintorería pra poder ver si sube algún coche, sin ter que meter o morro hasta o medio da estrada. Non creo que sirva pra nada, pero queda dito.

O Cabildo de Lanzarote quere que O Carballiño estea representado no evento gastronómico SABOREA ESPAÑA, que organiza esta entidade no mes de novembro dende hai varios anos cunha gran participación de púbico e profesionais.
Así llo expresou ao alcalde o vicepresidente do cabildo, Ángel Vázquez Álvarez, que é natural do Carballiño pero que reside na illa canaria de Lanzarote dende hai trinta anos.
Ángel Vázquez atópase estes días de visita na vila e mantivo unha reunión co alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, para plantexar esta proposta, que supón promocionar a oferta gastronómica e o turismo do Carballiño e a comarca no salón Saborea España, que se celebrará o 24 e 25 de novembro coa intervención de recoñecidos chefs e profesionais da gastronomía nacional. Así mesmo, comprometeuse a asistir á próxima Festa do Pulpo cunha delegación do Cabildo de Lanzarote.
Tanto o alcalde como o concelleiro amosáronse agradecidos pola visita e o convite, e expuxeron o desexo de estudar a proposta, e incluso de trasladala á mancomunidade turística Carballiño-Ribeiro, para realizar unha promoción conxunta cos productos máis xenuinos da nosa gastronomía: pulpo á feira, pan de Cea e viño do Ribeiro.
Lanzarote recibe cada ano uns 3.000.000 millóns de turistas, e o evento Saborea España suscita o interese e asistencia de arredor de 200.000 persoas.
Na Avenida do Balneario estamos fartos de ver o famoso personaxe destes dias atrás vagando libremente xunto coa sua pandilla (un grupo de varios) e fan grabacions cos teléfonos móviles, andan continuamente cruzando a rua dun lado ó outro. Perseguen á xente...Isto vémolo todos!Queremos máis vixiancia policial nesta zona por favor. Xa que esta panda de subnormales anda entre nós e non podemos facer nada. E non, isto non é racismo. Isto é que non queremos problemas nas nosas rúas. Moitas grazas e á xente dicirlle que ande con coidado. É máis, creo que esta información poderia ser valiosa para a policía porque de seguro que entre esta panda de “personaxes” se atopa o autor da grabación do famoso vídeo.

O persoal da Televisión de Galicia desplazado a O Carballiño traballa dende as 10 da mañá no operativo televisivo que desplegará dende as catro e media da tarde en directo dende o Estadio Municipal de Espiñedo.
A TVG-2 retransmitirá o partido correspondente á 35 xonada do campionato de liga na terceira deivisión entre CD Arenteiro e CD Boiro.
Neste partido, os futbolistas do Arenteiro lucirán unha camiseta con deseño retro que evoca a utilizada na primeira etapa do club nos anos sesenta do século pasado.
O Club Deportivo Arenteiro celebra hoxe diversos actos conmemorativos do seu 60 aniversario, tras a súa fundación en 1958.

Alcaldes, concelleiras e concelleiros de quince concellos adheridos á ruta xacobea do Camiño Miñoto Ribeiro, reuníronse hoxe no Carballiño para perfilar novas inciativas.
Neste acto confirmouse a adhesión do concello do Carballiño á asociación que promove a valorización desta ruta que vai dende Braga a Compostela e que cruza O Ribeiro.
O obxectivo é acadar a declaración de Camiño Cultural como paso previo para establecer unha nova variante do Camiño de Santiago, que está perfectamente documentada, sobre todo a partir do século XVIII, según dixo o presidente da asociación, o alcalde de Cortegada, Avelino De Francisco.
Para isto, vaise encargar un estudio perimetral do camiño en cada un dos concellos polos que pasa, así como efectuar a limpeza en cada termo municipal e proceder a súa sinalización e promoción a través de diversos medios, entre eles, a elaboración dun video.
O concello do Carballiño estivo representado nesta reunión polo teniente alcalde e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que se comprometeu en nome do alcalde a levar a adhesión canto antes a un pleno municipal para a súa aprobación, xa que é unha condición indispensable para formar parte da asociación.
Á ruta xacobea do Camiño Miñoto Ribeiro chamábanlle de antigo o Camiño dos Leprosos, xa que eran moitas as persoas enfermas que o transitaban buscando a súa curación, e para isto aproveitaban as augas mediciñais dos moitos manantiais e balnearios que hai nesta ruta.

O grupo Os Coribantes ofrecerá este sábado, 28 de abril, no auditorio municipal do Carballiño, un concerto extraordinario de primavera para presentar o seu novo repertorio con temas inéditos e que incorporan ademáis dos instrumentos musicais tradicionais de Galicia outros foráneos.
Asemade, contarán coa colaboración de músicos de Son de Seu e incluso un do Carballiño, Manuel Fernández, que é percusionista. En total, actuarán arredor de 50 persoas, dende nenos e nenas de 6 anos a mozos e mozas de 25. O concerto comezará ás 20,00 h., e será gratuito.
O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o director do grupo, Andrés Lorenzo, e o presidente, Ángel Rodríguez.
Dacal agradeu a deferencia de Os Coribantes por acudir por vez primeira ao Carballiño, e por elexir o auditorio da vila para presentar en primicia o novo espectáculo do grupo. Por isto, convidou aos veciños do concello e da comarca, así como do resto da provincia, a asistir a este magnífico concerto, que será totalmente gratuito.
Andrés Lorenzo amosouse entusiasmado por actuar no Carballiño, e dixo que o facían con moita ilusión, e que esperaban ofrecer un gran espectáculo. Ao respecto explicou que o concerto mestura música tradicional con música foránea, creando un programa moi atractivo e variado.
Ángel Rodríguez tamén se amosou orgulloso de estar no Carballiño, e convidou a toda a xente a asistir ao concerto, no que se ofrecerá un tipo diferente de música á dos demáis grupos de gaitas, que non deixrará indeferente a ninguén.
O concerto terá unha duración de entre unha hora e media e dúas horas, no que algunhas das pezas interpretadas serán bailadas, e na que se estrenarán seis cancións, que forman parte do novo repertorio do grupo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 485
- 486
- 487
- 488
- 489
- 490
- 491
- 492
- 493
- …
- seguinte ›
- última »