Dame moita pena que o Carballiño, o Rural e os Ciudadanos de ditos sitios estemos gobernados por estes impresentables, non lles importa nada , solo pelearse uns contra outros polo poder.
Non hai máis que ver como está O CARBALLIÑO, e o RURAL , as zonas públicas sucias abandonadas, cheas de maleza. ¿ Hai empregados no concello que teñan ganas de traballar e que se preocupen por deixar ben feito o seu traballo?. ¿ Hai alguén encargado de mirar e revisar de que deixan ben rematadas as súas tareas?. porque vendo como deixan o pouco que fan, dame que pensar que traballan GRATIS.
PIDOLLE Ó ALCALDE, E Ó TENIENTE ALCALDE ( QUE NON VEXO QUE APORTARA NADA NOVO , DE UTILIDADE E SENTIDO COMÚN), QUE SALGAN DO SEU LETARGO , POR FAVOR.
Como vecina del Edificio Cheda quiero denunciar los desagradables olores que desprenden los contenedores de la Plaza de la Mina, busquen una solucion las autoridades municipales

Consulta toda a programación da 40 edición da Mostra Internacional de Teatro no seguinte enlace:
https://mitribadavia.gal/programa/
No PODCAST de COPE O Carballño podes escoitar a entrevista de Xan Pinal a Roberto Pascual, director da Mostra.

Desde Espazo Común xustifican o abandono do pleno que celebraba esta mañá a corporación municipal do Carballiño "despóis de esixirlle ao alcalde Fumega que aclarara se conto co apoio do seu partido para o pacto co PP porque no caso de non ser asi estamos a ante un claro caso de transfuguismo e corrupción política".
Xa fora da casa do concello, no exterior da casa do concello, Pachi Vázquez chamou "traidores, tránsfugas e corruptos" a socialistas e populares, que presentaban ante o pleno ao novo goberno municicipal conformado por ambos grupos.
Desde o grupo socialista, o seu portavoz Diego Fernández, en manifestacións a COPE O Carballiño, lamentaba que Espazo Común montase "o circo desta mañá" e negaba que houbese transfuguismo, e referíase a Pachi Vázquez e ao resto de concelleiros de Espazo Común como exemplo de tránfugas.
Podes escoitálos no PODCAST de COPE O Carballiño:
El BNG insta al Concello de Ribadavia a que se integre en el transporte metropolitano de Ourense.
https://www.farodevigo.es/ourense/2024/07/18/bng-insta-concello-ribadavi...
Polo visto os de Ribadavia son mais listos cos do Carballiño. Aquí dedicanse a facerse reproches uns aos outros e a abandonar os plenos para deleite dos seis simpatizantes. Outros concellos fan propostas para millorar a vida das personas como esta do transporte metropolitano, que no Carballiño nin está nin se lle espera. Así nos vai.
Espazo Comun co seu mesias o fronte, volveron deixar unha bochornosa imaxe no pleno de hoxe indose e abandonando as suas responsabilidades institucionais, esta claro que O Carballiño non lle preocupa o mais minimo sequera, o unico que lles interesa e o poder e estar ahí.
Foi falar de transfuguismo os que deixaron o PSOE para montarse o seu partidiño, a ver se rascaban algo como fixeron en Maceda ou en A Guarda.
Como di o refran foi falar de merda o que mais cagado esta

O Grupo Provincial do PSdeG-PSOE pasou revista deste primeiro ano de mandato na Deputación de Ourense, amosándose “satisfeito” e destacando “os logros” acadados durante este período “grazas ao traballo das e dos deputados socialistas”.
Para o voceiro socialista, Álvaro Vila, “os comicios de 28 de maio de 2023 sancionan unha nova realidade na Deputación, da que o PSdeG-PSOE é moi consciente, non contando o PP con maioría absoluta e, polo tanto, abríndose grandes oportunidades para a mellora das condicións dos concellos e da veciñanza da provincial”.
Neste senso, proseguiu Vila, “fomos quen de marcar o ritmo da Deputación, fixando prioridades e condicionando na medida do posible políticas determinantes para o presente e futuro da nosa provincia”. Malia o descenso da representación, pasando os socialistas de nove a sete deputados provinciais, o grupo do partido da rosa na Deputación aumentou a súa presenza nas comisións informativas, pasando de tres a catro membros, e “aumentando a cadencia de acción a todos os niveis”.
Vila, que durante a rolda de prensa estivo acompañado das deputadas e deputados da súa formación, evocou a multiplicación de rogos, preguntas e demandas de información, conformándose como grupo máis activo en canto a mocións presentadas a Pleno, cun total de 17, duplicando mesmo as iniciativas do PP.
Amais, Vila destacou como, a través de intensas negociacións sobre a base de propostas socialistas, conseguiron darlle a volta a situacións perniciosas para Ourense.
O logro do Plan Único de financiamento
Vila fixo especial fincapé no “logro” do Plan Único de financiamento, “que arrincamos do PP, pasando páxina de décadas dun sistema que privilexiaba a uns determinados concellos amigos en detrimento de outros, que eran doutra cor política”. “Desde o mesmo momento da toma de posesión, durante o mes de agosto de 2023, puxémonos a traballar nunha proposta de financiamento para os concellos baseada en criterios obxectivos, xustos e equitativos, que foi presentada ao grupo de goberno do PP a comezos de setembro do pasado ano”, explicou o voceiro socialista.
“A nosa proposta aspiraba á mobilización do 22% do orzamento da Deputación para distribuír equitativamente entre concellos, representado arredor de 20 millóns de euros, fronte aos 12 millóns de euros cos que o PP arrancou a negociación”, desvelou Vila. Segundo este, “contemplabamos unha cantidade fixa por concello, de 100.000€, e un variable sobre criterios obxectivos como demografía, núcleos de poboación, superficie e índice de envellecemento”. Finalmente, acadouse un compromiso por un monto inicial de 20 millóns de euros: 17 millóns de partida e tres máis vía modificación orzamentaria. “O obxectivo de lexislatura era chegar aos 23 millóns de euros, que obtivemos xa en abril, condicionando a nosa abstención á mobilización de recursos adicionais no marco do Plan CoperOu”, engadiu este.
“Este novo plan de financiamento representa un antes e un despois para os concellos, acadando que todos os municipios dispoñan de fondos para desenvolver a súa actividade, independentemente de quen goberne”, dixo Vila. Para este, “antes os plans provinciais repartían 77.000€ por concello, quedando o groso de financiación supeditada ao prace do presidente da Deputación vía subvencións nominativas que rara vez chegaban a concellos non gobernados polo PP”.
Concellos socialistas como Entrimo, Amoeiro, Verín, Taboadela, Ramirás, Melón, Maside, Castro Caldelas, Carballeda de Avia, Calvos de Randín e Barbadás non recibían un só euro na modificación de crédito de febreiro de 2023. Equidade e transparencia na Deputación Durante a rolda de prensa, os socialistas debullaron os eixos que guiaron até o de agora a súa acción de oposición, privilexiando iniciativas a prol dunha meirande equidade e a transparencia na acción de Deputación, poñendo por riba de todo a prestación de servizos de calidade para toda a veciñanza, independentemente do seu lugar de residencia, “para que non haxa cidadáns de primeira e de segunda, sen deixar a ninguén atrás”.
Álvaro Vila destacou as propostas socialistas para rachar co pasado da Deputación instaurar procedementos equitativos, “onde non pesen as afinidades políticas e vontade de quen ocupa o poder”. Vila puxo varios exemplos, como a asignación de tractores-rozadoiras aos concellos por rigorosa orde de solicitude, a negociación do Plan Provincial de Estradas anual da Deputación, ao que se destinarán a partires de agora 4,5 millóns de euros para actuacións baseadas en criterios técnicos obxectivos, segundo as necesidades dos municipios; a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Deputación, que agora inclúe reivindicacións socialistas para maior claridade ou a modificación, adecuación e actualización do Regulamento Orgánico da Deputación, “máis acaído coas novas realidades, avanzando cara máis transparencia de cara a sociedade e apuntalando o valor traballo dos grupos, sen marxe para adulterar as iniciativas”.
Servizos públicos de calidade para todas e todos.
Doutra banda, o Grupo Provincial Socialista “mantén o seu tradicional compromiso coa prestación de servizos públicos de calidade para absolutamente toda a veciñanza de Ourense, independentemente do seu lugar de residencia para que non quede ninguén atrás”. Vila mencionou as diferentes iniciativas presentadas para a defensa da sanidade e a educación na nosa provincia, o éxito na paralización da privatización do servizo de recollida do lixo, que o goberno do PP tiña ben encarrilada desde a pasada lexislatura, ou o acordo para a posta en marcha dun grupo de traballo con todos os actores implicados na conformación dunha auténtica área metropolitana de transporte arredor da capital.
Para ratificar o denso do traballo e os logros deste primeiro ano de mandato, Vila continuou enumerando algúns dos fitos do seu grupo: “obtivemos tamén o acordo para a implantación dun servizo itinerante de detección e prevención de todo tipo de adicións con persoal especializado, conseguimos a aprobación dunha nova axuda económica da Deputación para a compra e rehabilitación de vivendas de titularidade municipal, a través das nosas alegacións ao Plan de Subvencións 2023-2027 acadamos axudas para os concellos con conservatorios profesionais de música e conseguimos dar ao traste coa proposta inicial do PP que pretendía deixar sen axudas para a construción e mellora de instalacións deportivas aos concellos onde non existira deporte de base”.
Proxecto socialista para unha provincia con futuro
O voceiro do PSdeG-PSOE non quixo rematar a súa comparecencia diante dos medios se manifestar como o seu partido “mantense en todo momento moi apegado á realidade e casuísticas que afecta á nosa provincia, con atención particularizada e iniciativas encamiñadas a paliar dramas como o despoboamento ou insuficiencias na prestación de servizos no noso rural”.
Segundo subliñou, “amosamos unha especial sensibilidade cos sectores agropecuario e mineiro, determinantes para o emprego da provincia, fixar poboación e inverter a tendencia de despoboamento, a través de mocións a prol do sector da castaña, sector gandeiro, mineiro e turístico”. O máximo responsable dos socialistas na Deputación de Ourense destacou as iniciativas a prol destes sectores, que cualificou de “chave para o futuro da provincia”. “Porque, alén da improvisación e reacción fronte ás urxencias, sempre no último momento, como adoita facer o PP, desviando a atención e evitando asumir responsabilidades na deriva da provincia, nós temos un proxecto de goberno para Ourense, de futuro, non sucumbindo de xeito algún ao catastrofismo e resignación da que fan gala os dirixentes populares”, concluíu Vila.
OS pobres, humildes mandaronnos unhas cartas pa limpar os nosos montes que estàn no cù do mundo e se os que están diante dos teus non os limpas como facemos, esto o que trouxo foi pelexas entre veciños, e despois ves os sitios dos ricos no medio do pobo cheo de maleza e ninguèn lle di nada, claro salelle màs barato a multa que mandar a limpar. MUNDO DE RICOS.


Estamos igual que o ano pasado.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »