
O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, ven de presentar unha MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA RECUPERAR A TITULARIDADE DA CARBALLEIRA DO CAMPO PARA A VECIÑANZA DO IRIXO E NEGOCIAR Á CESIÓN DE DIESTROS EN SAN COSME, PARADA DE LABIOTE E OUTROS DE INTERESE PARA A VECIÑANZA, en base á seguinte Exposición de motivos:
PRIMEIRO.-Que é de lamentar que dende o goberno municipal non se teña protexido nin defendido a titularidade veciñal da carballeira do Campo en beneficio de toda a veciñanza permitindo que esta fose inmatriculada polo Bispado de Ourense sen oposición algunha por parte do Concello do Irixo.
SEGUNDO.-Que o pasado 14 de abril de 2015 o Bispado de Ourense rexistrou as dúas parcelas que compoñen a carballeira do Campo incluída nas parcelas catastrais 32036A001000250000PW e 32036A001003350000PI por titulo de certificación do artigo 206 da antiga Lei hipotecaria, punto 1 que di: “El Estado, la Provincia, el Municipio y las Corporaciones de Derecho público o servicios organizados que forman parte de la estructura política de aquél y las de la Iglesia Católica, cuando carezcan del título escrito de dominio, podrán inscribir el de los bienes inmuebles que les pertenezcan mediante la oportuna certificación librada por el funcionario a cuyo cargo esté la administración de los mismos, en la que se expresará el título de adquisición o el modo en que fueron adquiridos...”
TERCEIRO.-Que o grupo de goberno do concello do Irixo non dixo nin fixo nada para defender a titularidade da carballeira do Campo que ven sendo veciñal dende tempo inmemorial.
CUARTO.- Que a titularidade da Carballeira do Campo é veciñal dende tempo inmemorial ven acreditado polo uso que se ven facendo deste espazo, celebrando a parroquia do Campo as súas festas patronais, existindo sobre a mesma ademáis varias edificacións, a máis antiga unha antiga escola hoxe reconvertida en velorio municipal, un depósito da traída de auga dos veciños e incluso nos últimos anos unha edificación tamén de pedra que serve de bar das festas patronais.
QUINTO.- Que incluso os máis vellos do lugar recordan como fai moitos moitos anos, o párroco don David quixera decotar os carballos da carballeira e os veciños non llo permitiran atendendo a esta mesma titularidade veciñal, por este feito tivo que desistir nas súa teima.
SEXTO.- Que máis recentemente, fai uns anos, e atendendo ó sentimento de que dito espazo era veciñal, os veciños en asemblea acordaron e finalmente cortaron uns eucaliptos xa ben vellos nas cercanías do velorio.
SÉTIMO.- Que é lamentable que incluso o goberno municipal, se quixera, podería haberse adiantado ó Bispado e por este mesmo artigo 206 da antiga Lei hipotecaria puido no seu día rexistrar esta carballeira, polo menos como propiedade municipal, para desfrute e garantía de que sempre podería ser usada libremente por toda a veciñanza sen restricións.
OITAVO.- Que o único certo é que o goberno municipal , non fixo nada, nin antes nin despois do rexistro da carballeira do Campo por parte do Bispado, deixando que a veciñanza perdese a posesión dunha propiedade que ven posuíndo dende tempo inmemorial.
NOVENO.- Que para colmo de males, o grupo de goberno no pleno do pasado 21 de decembro aprobou a firma dun convenio co Bispado de Ourense, para a cesión da carballeira do Campo por un período de 15 anos recoñecendo así cos actos propios a titularidade da carballeira do Campo como do Bispado segundo a chamada doutrina dos actos propios ou regra que decreta a inadmisibilidade de “venire contra factum propium”, significa a vinculación do autor dunha declaración de vontade xeneralmente de carácter tácito ó sentido obxectivo da mesma e a imposibilidade de adoptar despois un comportamento contraditorio, o que encontra o seu fundamento último na protección que obxectivamente require a confianza que fundadamente se puidese haber depositado no comportamento axeno e a regra da boa fe que impón o deber de coherencia no comportamento e limita por elo o exercicio dos dereitos obxectivos” (STC 73/1988, de 21 de abril). Con posterioridade, o Tribunal Supremo, a través dunha extensa xurisprudencia, establecerá as bases, requisitos e contido desta regra, pero claro está que o propio grupo de goberno regalou ó Bispado a titularidade da carballeira do Campo por pasiva primeiro e por activa despois.
DÉCIMO.- Que o grupo de goberno, como anunciou o Sr. Alcalde nos medios de comunicación, ten previsto facer obras por valor de 150 mil euros na carballeira do Campo, inversión e obras que quedarían a beneficio do Bispado de Ourense sen ningún tipo de contraprestación pasados os 15 anos do convenio aprobado podendo vender ou ceder este espazo a un terceiro que desfrutaría da inversión realizada polo concello. Que como xa se dixo no pleno ó efecto, o grupo de goberno debería antes de facer ningún tipo de actuación inversión, estudar a posibilidade de reverter dalgunha forma a titularidade da carballeira do Campo en favor do Bispado de Ourense, xa que os únicos que posuíron este espazo dende tempo inmemorial foi o conxunto dos veciños. Ademáis de todo elo, o convenio limita os actos a celebrar neste espazo.
UNDÉCIMO.- Que entendemos a présa pola firma deste convenio sen reparar en defender a titularidade veciñal da carballeira do Campo, nin antes, dixo o Sr. Alcalde no pleno que non se enteraran, nin despois entendemos por motivos electorais, xa que se pretende facer unha actuación neste espazo antes das próximas eleccións do vindeiro ano, despois de máis de 31 anos sen facer nada, para gañar favor e o voto dalgún dos máis de 500 votantes que ten a parroquia do Campo no Irixo, cando nos máis de 31 anos nunca o goberno municipal tivo présa en actuar nin arranxar este espazo.
Que dito todo o anterior, para defender os intereses da veciñanza en xeral ademáis da titularidade veciñal da carballeira do Campo, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
1º.- Que o grupo de goberno estude e documente a viabilidade de reverter dalgunha forma a titularidade da carballeira do Campo en favor da veciñanza, xa que ela foi a única que posuíu este espazo dende tempo inmemorial.
2º.- Que chegado o caso, se garantice/compense a inversión a realizar na carballeira do Campo, entre outras coa cesión gratuíta dunha franxa no diestro do campo á altura da Lama para a construción de beirarrúas así como as cesións dos diestros de San Cosme, de Parada de Labiote así como outras parcelas de interese veciñal para uso e desfrute da veciñanza e no seu caso para a utilización como aparcadoiros segundo se ten solicitado nalgún caso xa en mocións anteriores.
3º.- Que se informe puntualmente e/ou consensúe a elaboración do proxecto de mellora dos espazos da carballeira do Campo con tódolos grupos da corporación para entre todos acadar o mellor proxecto para o noso concello e garantir así o éxito da iniciativa.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou Piñor e Punxín, onde comprobou in situ as actuacións que ten desenvolvido a institución provincial nestes concellos e analizou proxectos de futuro. Baltar estivo acompañado polos alcaldes destes municipios, José Luis González e Manuel Vázquez, respectivamente.
En Piñor, a visita centrouse no ámbito das infraestruturas viarias como a de Loeda, os accesos ao velorio, e en temas de colaboración social e cultural, mentres que en Punxín analizaron cuestións medioambientais e os accesos á área termal do Bañiño, actuación enmarcada no Plan Termal Provincial.

O presidente da Deputación Ourense Manuel Baltar recibíu en audiencia ao presidente da Entidade Local Menor de Berán na sede da entidade provincial.
Ambos, repasaron varios proxectos de colaboración entre as dúas entidades para executar nesta parroquia do concello de Leiro que conta coa única Entidade Local Menor existente na provincia de Ourense.
Entre os asuntos tratados estivo o "proxecto estrela" e que se agarda sexa unha realidade no transcurso deste ano 2018, o relativo a adecuación das instalacións termais do novo balneario, propiedade da Entidade Local Menor, con vistas á súa apertura ao público.
O PSdeG-PSOE no Concello de San Amaro queren trasladar o malestar que lles fixo chegar a veciñanza de San Cibrán de Las despois de que a deputación provincial decidira cortarlles o freixo de 60 anos que había ó pé da igrexa, sen explicarlles os motivos. Os socialistas entenden que esta incomprensible acción foi levada a cabo a instancias do alcalde do San Amaro, quen, en última instancia, é o responsable de solicitar da institución provincial que acometan as podas e cortas no termo municipal. O freixo, árbore autóctona de Galicia, estaba illado e era singular para os e as veciños/as de San Cibrán porque fora plantado polos nenos da aldea hai uns 60 anos, despois de que se cederan uns terreos particulares para uso da escola da época. Hoxe en día eses terreos úsanse como aparcadoiro das persoas que acoden ás celebracións relixiosas e o freixo era coñecido pola boa sombra que aportaba. Dáse tamén a casualidade, sinalan desde o PSOE, que a árbore estaba a 7 metros da estrada, polo que ó tratarse dunha especie frondosa caducifolia, non contraviña a normativa autonómica vixente.
“Polo que nos indican os e as veciños/as do lugar, non había problema algún co freixo histórico e por parte dos operarios da deputación que efectuaron a corta,
non lles deron explicacións convincentes, salvo que facían o que se lles pedira. En cuestión dun par de días pasaron de ir facer unha poda simple a volver ó sitio e levar por diante a árbore enteira. A veciñanza non entende as razóns que os levaron a este cambio de criterio e, por suposto, non saben nada do alcalde quen ten a responsabilidade de velar polo patrimonio natural do concello”, sinalan desde o grupo socialista. O desgusto pola perda do freixo é máis que xeralizado e por iso lle trasladaron ós socialistas o caso, para que reclamen explicacións ó alcalde por tan desafortunado atentado contra unha árbore que, ademais, non é moi habitual na provincia de Ourense.
En cambio, denuncian desde o grupo municipal socialista, hai, non moi lonxe do lugar dos feitos, unha zona inzada de piñeiros, especie que coa que si que hai que por especial coidado nos metros de distancia (10 metros en caso de plantacións ó pé dunha estrada) e ós que a deputación nin lles tocou. Neste caso ademais, hai que ter en conta o risco que supoñen tanto a nivel forestal, pola propagación do lume, coma pola altura e dobradura que alcanzan as súas pólas e, sen embargo, a pesar de ter pólas enriba de curvas pechadas, non tiveron orde de poda nin de corta. De feito, recalcan desde o PSOE municipal, esta plantación nin respecta os metros ós que obriga a normativa nin o sentido común ó estar ó pé mesmo da estrada.
Desde o PSOE cuestiónanse polas razóns que levan tanto ó goberno do concello como á deputación a perpetrar este agravio comparativo entre dúas zonas. “Preguntámoslle directamente ó alcalde se facer estas diferenzas entre árbores e plantacións non terá que ver coa propiedade duns terreos e doutros?”, indican os socialistas, “hai unha dobre vara de medir segundo sexan os casos e iso non se debe permitir. Os veciños están moi molestos con esta decisión de deitarlles abaixo o seu freixo, sen que ninguén tivese a decencia de lles ir explicar as razóns. Xogan co patrimonio natural ó seu antollo, coa singularidade da árbore que non molestaba a ninguén, coa historia compartida e liquidan o pasado e mailo futuro coas súas decisións caprichosas”.

Sesenta e cinco patinadores e patinadoras de todas as idades e pertenecentes a seis clubs de Madrid, Valencia, Valladolid, A Coruña e Vigo, competirán este próximo sábado, 21 de abril, no I Trofeo Federación Freestyle.
Este torneo de ámbito nacional, que se celebrará no pavillón de deportes Paco Chao, por primeira vez na provincia, comezará ás 10,00 h., na modalidade de derrape, e prolongarase ata as 19,00 h., co resto das modalidades: clasic, battle, salto, speed slalom e jam.
O evento foi presentado esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, e o presidente do club AHEDE, que organiza o trofeo, Uxío Álvarez.
Francisco Fumega felicitou ao club AHEDE polo traballo que desenvolve no Carballiño a prol do deporte, especialmente, da patinaxe, e por promocionar o Carballiño como sede dun evento de tanta trascendencia. “Gracias ao club e ao seu presidente –dixo-, no Carballiño adquire cada vez máis relevancia este deporte, que ata non hai moito non existía na nosa vila”.
José Manuel Dacal incidiu no agradecemento ao club e ao seu presidente polo esforzo que representa organizar un trofeo tan importante, e recordou as boas instalacións coas que conta O Carballiño para poder levalo a cabo. Tamén resaltou o beneficio que supón para a hostelería local, posto que este tipo de competición move a moita xente.
Uxío Álvarez correspondeu aos agradecementos recalcando o apoio do concello, e convidou a disfrutar do patinaxe nesta xornada na que O Carballiño ía a ser a primeira localidade da provincia en ter un trofeo de ámbito nacional. Ao respecto indicou que se conseguiu a sede tras a celebración con éxito doutros trofeos anteriores, como a Copa Deputación ou o Trofeo Vila do Carballiño. “Incluso, según dixo, cabe a posibilidade de que esta proba se poda seguir celebrando no Carballiño nas videiras edicións, o cal da boa conta do crecente importancia do club AHEDE”.
Así mesmo, ademáis da vertente deportiva, Uxío Álvarez destacou a promoción que supón para ao Carballiño, pois, debido á difusión de información sobre as cualidades turísticas da vila e comarca (patrimonio natural e cultural, balnearios e gastronomía) que lle fixeron chegar aos diferentes clubs, había delegacións algún de cuxos participantes a acompañantes ían prolongar a súa estadía na vila ata tres días.
O Trofeo Federación Freestyle consta de tres fases; a primeira celébrase este sábado no Carballiño, a segunda será en Valladolid e a treceira, en Bilbao.

A "Agrupación Veciños de Piñor" denuncia publicamente e tamén o fará ante o pleno da Corporación "o estado de abandono e falta de mantemento das fosas septicas da rede de saneamento municipal nas distintas localidades.
E como exemplo visible -acompañan reportaxe fotográfica- poñen a fosa septica no pobo de Piñor, situada "a carón da estrada, que reborda e verte directamente ó camiño xacobeo da Ruta da Prata, ó seu paso por Piñor", algo que consideran lamentable pola mala imaxe que da aos peregrinos, ademáis de constituir "un problema tanto dende o punto de vista medio-ambiental como de saúde pública", subliñan.
"Veciños de Piñor", que conta con dous representantes na corporación piñorense, trasladará este asunto ao próximo pleno do concello "solicitando un informe e inmediata revisión de todas as fosas septicas existentes no municipio".
Toda a vida na Uceira se entrou as 10:00 horas da mañá. Además discrepo con que a Xornada sexa continua xa que meterlle cinco horas seguidas de clase pareceme excesiva. A Xornada continua pidena os mestres e moitos pais para poder conciliar pero para pedir melloras na conciliacioncremos que dirixirnos a conselleria de servizos sociais, ao Concello ou ao ministerioMde Emprego e Seguridade Social, xa que a Conselleria de Educacion é para formar aos nenos académicamente. Unha medida que se podía por en marcha é doble turno de comedor ou familias madrugadores no centro propio.
Concordo en adaptar en certa maneira os horarios, e dicir, entrar mais cedo e sair máis cedo pero nunca Xornada continua, para os neniños non é positivo. Además en Carballiño deberiase implicar mais O Concello xa que non hai biblioteca, non hai piscina climatizada, solo futbol... Concordo coas demandas da plataforma que saiu estes días en prensa, todo o meu apoio. Por último na meirande parte de países da UE ( cos que nos comparan sempre) apenas hai xornada continua. En cataluña que posiblemente sexa dos melloras sistemas educativos de España xa están voltando ao sistema de Xornada partida, hai un estudo moi potente da UniversidadeUnDe Vlaencia neste sentido onde claramente conclúe su e os nenos procedentes de centros de Xornada continua saen con pior base que os de Xornada partida.
Aunque llevo toda la vida viviendo en Carballino desconocía que en ese centro la entrada de los escolares es a las 10 y cuarto de la mañana. Y el otro día cuando lo escuché por la radio y leí en los periódicos el dato no me lo podía creer. Y por lo que comentan la comunidad escolar de dicho centro llevan más de 10 años peleando por cambiar dicho horario con respuesta negativa siempre por parte del centro alegando que: " el horario de los autobuses es el que es ". ¿En serio ese es el único motivo? Mi madriña como están las cabeciñas. O sea que esto es como los trenes. Que el usuario debe adaptarse al horario de los maquinistas. Pues aqui el horario del centro lo marcan las empresas de autobuses porque el mismo autobus no puede estar a la vez en varios centros o institutos. Vale, de acuerdo. Pero que pongan mas autobuses, mas choferes, o que saquen otra concesión para otra empresa, digo yo.
Porque no me parece una buena forma de educar a los chavales entrando a esas horas. Estas cosas solo pasan en Carballino.

Os datos publicados pola Dirección Xeral da Vivenda e O Solo do Ministerio de Fomento non deixa lugar a dúbidas: continuúa en picado o número de transaccións inmobiliarias no municipio do Carballiño, ata caer a mínimos históricos que non se recordan dende que existen datos estadísticos.
Do balance relativo a 2017 despréndese que sigue descendendo a compra-venda de pisos e casas no municipio carballiñés, cun novo retroceso do 7,78% menos que no ano 2016.
O número total de transaccións de vivenda no ano 2017 no concello do Carballiño foi de 83.
Unha tendencia á baixa que pareceía ter tocado fondo, pero que outro ano máis sigue sendo negativo en relación ao ano anterior. Lonxe vai quedando a última época dourada do sector inmobiliario no municipio carballiñés, entre os anos 2006 ao 2008, cando chegaron a alcanzarse as 400 transaccións inmobiliarias anualmente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 488
- 489
- 490
- 491
- 492
- 493
- 494
- 495
- 496
- …
- seguinte ›
- última »