15, Marzo 2018

Foi a primeira muller que presideíu en España unha Real Academia Nacional.

A carballiñesa Mª Teresa Miras Portugal fora nomeada no ano 2007 como presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia, cargo para a que resultara reelexida para un segundo mandato en 2010.

Catedrática de bioquímica e bioloxía molecular na Universidade Complutense de Madrid, foi condecorada pola Xunta de Galicia no ano 2016 coa medalla Castelao.

Agora, acaba de ingresar como Académica Correspondente da Academia de Farmacia de Galicia.

Na sede compostelana desta institución pronunciou este pasado mércores o seu discurso de ingreso, nun acto no que estivo acompañada de familiares e amigos, e ao que tamén asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o exalcalde Argimiro Marnotes.

14, Marzo 2018

A ANPA UCEIRA do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño ven de realizar unha enquisa entre todas as familias do centro para coñecer a súa opinión respecto a situación dos horarios lectivos do CEIP.

Non é a primeria vez que a ANPA UCEIRA realiza este tipo de enquisas para ir actualizando a información sobre a opinión das familias respecto aos horarios xa que todos os anos entran e saen familias do centro. En anteriores consultas como esta a opinión maioritaria nas respostas foi sempre favorable a unha revisión de horarios, aínda que, a consellería non as tivo en consideración.

A xornada lectiva iníciase ás 10,15 horas da mañá, ata as 13 horas. Pola tarde, o horario vai de 15,15 a 17,15 horas.

Respecto a organización da enquisa indicar que a ANPA UCEIRA habilitou 3 urnas (unha en cada edificio do centro) para que as familias puideran emitir a súa opinión. A idea das urnas parte de aproveitar a enquisa para que os nenos e nenas do centro se familiaricen cos procesos democráticos e puidesen exercer a opinión das súas familias respecto a este tema como nos procesos electorais dos adultos. O número de papeletas era limitado e as mesmas estaban numeradas. As urnas estiveron a disposición das familias dende o mércores 07/03/2018 ata o venres 09/03/2018.

A participación foi dun 69%. Obtendo os seguintes resultados: o 89% dos votos -333- foron favorables a un cámbeo de horarios, mentres que o 10% restante é partidario de manter os actuais horarios. O 1% votaron en branco ou foron nulos.

Tamén se lles solicitou aos pais e nais que voluntariamente se identificaran xa que na consulta anterior a Consellería restoulle validez ao resultado ao ser enquisas anónimas.

Dende a directiva da ANPA agradecen ás familias "o esforzo xa que o 82% das papeletas recibidas viñan identificadas con nome e DNI".

Agora, van trasladar á Consellería de Educación o resultado desta consulta "facendo a solicitude pertinente para que volvan a valorar a situación do noso centro respecto aos horarios e tomen as medidas axeitadas para mellorar a situación das familias", subliñan.

14, Marzo 2018

O Centro Comercial Aberto premia as compras que se realicen estes días con motivo do Día do Pai nos establecementos asociados. Esta campaña de promoción, que comeza hoxe, día 14, e finalizará o día 19, foi presentada este mediodía polo presidente do CCA, Julián Garriga; a xerente, Noelia Mares, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.

Haberá tres premios, pero as persoas gañadoras poderán elexir entre seis posibles, que son: unha tablet, un smarphone, unha cea para dúas persoas, un vale de compra en roupa deportiva, un vale de compra en xoiería e un vale de compra nunha librería.
Nos establecementos comerciais asociados ao CCA entregaranse as papeletas, que se deberán depositar nunha urna ubicada na librería Ábaco, na Praza Maior.

Os premios daranse a coñecer o día 19 pola noite nas oficinas do CCA.

Julián Garriga e Noelia Mares animan aos veciños e veciñas e, sobre todo, aos nenos e nenas, a conseguir un agasallo para os seus país mercando estes días nos establecementos comerciais do Carballiño.

Adolfo Nogueira compartiu este mesmo desexo e referiuse á excelente oferta comercial do Carballiño, suxerindo aos veciños da vila e da comarca que fose a primeira opción nas compras. Tamén felicitou ao CCA polo esforzó que realiza para dinamizar o comercio local e promover as compras.

14, Marzo 2018

Hoxe tivemos unha rotura na canalización de auga que afectou á Rúa Costa Rica, que por certo, coa chuvia caida estes dias temos que entrar no edificio coas botas de goma, se non hai cartos para chapapote que nos basculen uns camións de sábrego.

Allanar xa os allanamos nós, que temos angazos.

O caso é o da auga.

Chamei a un número de tfno que viña en internet, atendeume unha moza en castelán, ó minuto de entablar a conversación xa me din conta que non se enteraba de nada, e acto seguido díxome se lle podía falar en castelán, de malos modos por certo.

Cousa á que me neguei, evidentemente

É moi triste que unha empresa que xestiona un recurso que é noso, que vive dos nosos cartos non teña a sensibilidade de polo menos dirixirse a nós mo noso idioma, xa non digo que teñan o call center aqui en Galicia, que sería o seu.

Tamen teño que decir despois chamei á oficina do Carballiño, e o trato nada que ver, unha marabilla.

Debe ser que os nosos políticos fan pouco uso da auga e non se percatan destas cousas.

13, Marzo 2018

Asi se desprende do do informe emitido onte polo Consello Xeral do Poder Xudicial, durante o ano 2017 tramitaronse 48 denuncias por casos de violencia de xénero no conxunto de todo o Partido Xudicial, que se corresponde cos 9 concellos da comarca do Carballiño.

Deste total de 48 casos que chegaron ao Xulgado do Carballiño por violencia de xénero no transcurso do último ano, un deles foi por homicidio, 37 por malos tratos según o artículo 153 do CP, 5 casos por lesións e malos tratos según o artículo 173 do CP, e finalmente, os 5 casos restantes responden a quebrantamentos de condena.

Outro dato recollido polo informe pon de manifesto que do total de denuncias presentadas, 41 correspondense con mulleres de nacionalidade española, e e 7 afectaron a mulleres de nacionalidade extranxeira.

O Xulgado decretou o sobreseemento en 13 casos, por non resultar xustificada a perpetración do delito.

Finalmente, neste informe de 2017, e dos datos que difunde o Consello Xeral do Poder Xudicial, despréndese que 4 persoas foron enxuizadas por violencia de xénero, dúas foron condenadas e as outras dúas resultaron absoltas.

13, Marzo 2018

Se podería aproveitar que, actualmente, existe un gobierno supostamente de "esquerdas"  para cambiar o nome a esta rúa. Medida que xa foi tomada en moitas outras cidades de España.

https://www.eldiario.es/andalucia/cordoba/Cordoba-Conde-Vallellano-Adopt...

12, Marzo 2018

O concello despilfarrou 80.000 euros dos cartos dos Plans Provincias da Deputación en botar unhas capas de asfalto que escarallaron ainda máis o estado lamentable das vías.

Denunciábase esto  o 6 de xaneiro, e incluso se criticaba a desidia da oposición http://copecarballino.es/denunciacidada/para-os-copleros-de-maside

O oito de xaneiro unha excavadora escarabellou na desfeita (volvíase a denunciar e sacáronse fotos o dez de xaneiro) http://copecarballino.es/denunciacidada/maside-chapuza-da-calle-pousina

E a foto de hoxe é o estado actual da desfeita.  Os traballos da excavadora non arranxaron nada, volveuse a abrir un buraco, e a famosa plancha metálica volve a agochar con estoica heroicidade a incompetencia de goberno e oposición. A desfeita segue mal sinalizada, e os que veñan da curva atoparanse de novo con esta coñecida sorpresa.

Algún día faremos unha reportaxe do empleo destes 80.000 euros. Hai vías nas que se botaron estas capiñas de asfalto, con cráteres de máis de dous metros.

12, Marzo 2018

O concello de Boborás traballa na redacción dun proxecto de reforma e modernización das iluminacións públicas en todas as localidades do municipio, asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde Cipriano Caamaño.

A avaliación económica da execución deste proxecto ascende a unhos 400.000 euros, e para poder levála a cabo o rexedor municipal busca a colaboración de outras administracións.

A reforma consistirá, fundamentalmente, na reposicion das bombillas de toda a rede de iluminacións públicas nas distintas parroquias do municipio, implantando en toda elas a tecnoloxía LED.

Con esta actuación, Caamaño asegura que "non so imos ter unha mellor calidade lumínica nos nosos pobos, senón que tamén imos conseguir un importante aforro na factura eléctrica".

10, Marzo 2018

O Templo da Veracruz acolle ata o 1 de abril a maior exposición que se realizou nunca en Galicia con pezas de playmobil. Son máis de catro mil pezas as que conforman a mostra “A Paixón según Playmobil 2.0”, que pode visitarse calquera día en horario de mañá (10,00 a 13,30 h) e de tarde (17,00 a 19,30 h) no atrio da igrexa.

Esta exposición, promovida dentro do programa de Semana Santa pola Cofradía da Vera Cruz, obtivo un gran éxito o pasado ano, pero nesta ocasión está ampliada cunha enorme catedral gótica, un colexio e multitude de escenas novas, entre as que destacan as propias da tradición pulpeira do Carballiño, con postos de pulpeiras cocendo o pulpo e comensais degustando este produto tan consubstancial coa gastronomía carballiñesa.

Así mesmo, incorporáronse novos pasos procecionais, figuras urbanas e escenas propias da cultura galega como grupos de gaitas e oficios tradicionais.

Coa apertura desta mostra, comezan os actos de Semana Santa programados pola Cofradía da Vera Cruz, e que continuarán este domingo cunha conferencia no Asilo ás 20,30 h., a cargo do profesor e historiador Xabier Limia Gardón, falando do Lignum Crucis.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS