O PSdeG-PSOE no Concello de San Amaro queren trasladar o malestar que lles fixo chegar a veciñanza de San Cibrán de Las despois de que a deputación provincial decidira cortarlles o freixo de 60 anos que había ó pé da igrexa, sen explicarlles os motivos. Os socialistas entenden que esta incomprensible acción foi levada a cabo a instancias do alcalde do San Amaro, quen, en última instancia, é o responsable de solicitar da institución provincial que acometan as podas e cortas no termo municipal. O freixo, árbore autóctona de Galicia, estaba illado e era singular para os e as veciños/as de San Cibrán porque fora plantado polos nenos da aldea hai uns 60 anos, despois de que se cederan uns terreos particulares para uso da escola da época. Hoxe en día eses terreos úsanse como aparcadoiro das persoas que acoden ás celebracións relixiosas e o freixo era coñecido pola boa sombra que aportaba. Dáse tamén a casualidade, sinalan desde o PSOE, que a árbore estaba a 7 metros da estrada, polo que ó tratarse dunha especie frondosa caducifolia, non contraviña a normativa autonómica vixente.
“Polo que nos indican os e as veciños/as do lugar, non había problema algún co freixo histórico e por parte dos operarios da deputación que efectuaron a corta,
non lles deron explicacións convincentes, salvo que facían o que se lles pedira. En cuestión dun par de días pasaron de ir facer unha poda simple a volver ó sitio e levar por diante a árbore enteira. A veciñanza non entende as razóns que os levaron a este cambio de criterio e, por suposto, non saben nada do alcalde quen ten a responsabilidade de velar polo patrimonio natural do concello”, sinalan desde o grupo socialista. O desgusto pola perda do freixo é máis que xeralizado e por iso lle trasladaron ós socialistas o caso, para que reclamen explicacións ó alcalde por tan desafortunado atentado contra unha árbore que, ademais, non é moi habitual na provincia de Ourense.
En cambio, denuncian desde o grupo municipal socialista, hai, non moi lonxe do lugar dos feitos, unha zona inzada de piñeiros, especie que coa que si que hai que por especial coidado nos metros de distancia (10 metros en caso de plantacións ó pé dunha estrada) e ós que a deputación nin lles tocou. Neste caso ademais, hai que ter en conta o risco que supoñen tanto a nivel forestal, pola propagación do lume, coma pola altura e dobradura que alcanzan as súas pólas e, sen embargo, a pesar de ter pólas enriba de curvas pechadas, non tiveron orde de poda nin de corta. De feito, recalcan desde o PSOE municipal, esta plantación nin respecta os metros ós que obriga a normativa nin o sentido común ó estar ó pé mesmo da estrada.
Desde o PSOE cuestiónanse polas razóns que levan tanto ó goberno do concello como á deputación a perpetrar este agravio comparativo entre dúas zonas. “Preguntámoslle directamente ó alcalde se facer estas diferenzas entre árbores e plantacións non terá que ver coa propiedade duns terreos e doutros?”, indican os socialistas, “hai unha dobre vara de medir segundo sexan os casos e iso non se debe permitir. Os veciños están moi molestos con esta decisión de deitarlles abaixo o seu freixo, sen que ninguén tivese a decencia de lles ir explicar as razóns. Xogan co patrimonio natural ó seu antollo, coa singularidade da árbore que non molestaba a ninguén, coa historia compartida e liquidan o pasado e mailo futuro coas súas decisións caprichosas”.

Sesenta e cinco patinadores e patinadoras de todas as idades e pertenecentes a seis clubs de Madrid, Valencia, Valladolid, A Coruña e Vigo, competirán este próximo sábado, 21 de abril, no I Trofeo Federación Freestyle.
Este torneo de ámbito nacional, que se celebrará no pavillón de deportes Paco Chao, por primeira vez na provincia, comezará ás 10,00 h., na modalidade de derrape, e prolongarase ata as 19,00 h., co resto das modalidades: clasic, battle, salto, speed slalom e jam.
O evento foi presentado esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, e o presidente do club AHEDE, que organiza o trofeo, Uxío Álvarez.
Francisco Fumega felicitou ao club AHEDE polo traballo que desenvolve no Carballiño a prol do deporte, especialmente, da patinaxe, e por promocionar o Carballiño como sede dun evento de tanta trascendencia. “Gracias ao club e ao seu presidente –dixo-, no Carballiño adquire cada vez máis relevancia este deporte, que ata non hai moito non existía na nosa vila”.
José Manuel Dacal incidiu no agradecemento ao club e ao seu presidente polo esforzo que representa organizar un trofeo tan importante, e recordou as boas instalacións coas que conta O Carballiño para poder levalo a cabo. Tamén resaltou o beneficio que supón para a hostelería local, posto que este tipo de competición move a moita xente.
Uxío Álvarez correspondeu aos agradecementos recalcando o apoio do concello, e convidou a disfrutar do patinaxe nesta xornada na que O Carballiño ía a ser a primeira localidade da provincia en ter un trofeo de ámbito nacional. Ao respecto indicou que se conseguiu a sede tras a celebración con éxito doutros trofeos anteriores, como a Copa Deputación ou o Trofeo Vila do Carballiño. “Incluso, según dixo, cabe a posibilidade de que esta proba se poda seguir celebrando no Carballiño nas videiras edicións, o cal da boa conta do crecente importancia do club AHEDE”.
Así mesmo, ademáis da vertente deportiva, Uxío Álvarez destacou a promoción que supón para ao Carballiño, pois, debido á difusión de información sobre as cualidades turísticas da vila e comarca (patrimonio natural e cultural, balnearios e gastronomía) que lle fixeron chegar aos diferentes clubs, había delegacións algún de cuxos participantes a acompañantes ían prolongar a súa estadía na vila ata tres días.
O Trofeo Federación Freestyle consta de tres fases; a primeira celébrase este sábado no Carballiño, a segunda será en Valladolid e a treceira, en Bilbao.

A "Agrupación Veciños de Piñor" denuncia publicamente e tamén o fará ante o pleno da Corporación "o estado de abandono e falta de mantemento das fosas septicas da rede de saneamento municipal nas distintas localidades.
E como exemplo visible -acompañan reportaxe fotográfica- poñen a fosa septica no pobo de Piñor, situada "a carón da estrada, que reborda e verte directamente ó camiño xacobeo da Ruta da Prata, ó seu paso por Piñor", algo que consideran lamentable pola mala imaxe que da aos peregrinos, ademáis de constituir "un problema tanto dende o punto de vista medio-ambiental como de saúde pública", subliñan.
"Veciños de Piñor", que conta con dous representantes na corporación piñorense, trasladará este asunto ao próximo pleno do concello "solicitando un informe e inmediata revisión de todas as fosas septicas existentes no municipio".
Toda a vida na Uceira se entrou as 10:00 horas da mañá. Además discrepo con que a Xornada sexa continua xa que meterlle cinco horas seguidas de clase pareceme excesiva. A Xornada continua pidena os mestres e moitos pais para poder conciliar pero para pedir melloras na conciliacioncremos que dirixirnos a conselleria de servizos sociais, ao Concello ou ao ministerioMde Emprego e Seguridade Social, xa que a Conselleria de Educacion é para formar aos nenos académicamente. Unha medida que se podía por en marcha é doble turno de comedor ou familias madrugadores no centro propio.
Concordo en adaptar en certa maneira os horarios, e dicir, entrar mais cedo e sair máis cedo pero nunca Xornada continua, para os neniños non é positivo. Además en Carballiño deberiase implicar mais O Concello xa que non hai biblioteca, non hai piscina climatizada, solo futbol... Concordo coas demandas da plataforma que saiu estes días en prensa, todo o meu apoio. Por último na meirande parte de países da UE ( cos que nos comparan sempre) apenas hai xornada continua. En cataluña que posiblemente sexa dos melloras sistemas educativos de España xa están voltando ao sistema de Xornada partida, hai un estudo moi potente da UniversidadeUnDe Vlaencia neste sentido onde claramente conclúe su e os nenos procedentes de centros de Xornada continua saen con pior base que os de Xornada partida.
Aunque llevo toda la vida viviendo en Carballino desconocía que en ese centro la entrada de los escolares es a las 10 y cuarto de la mañana. Y el otro día cuando lo escuché por la radio y leí en los periódicos el dato no me lo podía creer. Y por lo que comentan la comunidad escolar de dicho centro llevan más de 10 años peleando por cambiar dicho horario con respuesta negativa siempre por parte del centro alegando que: " el horario de los autobuses es el que es ". ¿En serio ese es el único motivo? Mi madriña como están las cabeciñas. O sea que esto es como los trenes. Que el usuario debe adaptarse al horario de los maquinistas. Pues aqui el horario del centro lo marcan las empresas de autobuses porque el mismo autobus no puede estar a la vez en varios centros o institutos. Vale, de acuerdo. Pero que pongan mas autobuses, mas choferes, o que saquen otra concesión para otra empresa, digo yo.
Porque no me parece una buena forma de educar a los chavales entrando a esas horas. Estas cosas solo pasan en Carballino.

Os datos publicados pola Dirección Xeral da Vivenda e O Solo do Ministerio de Fomento non deixa lugar a dúbidas: continuúa en picado o número de transaccións inmobiliarias no municipio do Carballiño, ata caer a mínimos históricos que non se recordan dende que existen datos estadísticos.
Do balance relativo a 2017 despréndese que sigue descendendo a compra-venda de pisos e casas no municipio carballiñés, cun novo retroceso do 7,78% menos que no ano 2016.
O número total de transaccións de vivenda no ano 2017 no concello do Carballiño foi de 83.
Unha tendencia á baixa que pareceía ter tocado fondo, pero que outro ano máis sigue sendo negativo en relación ao ano anterior. Lonxe vai quedando a última época dourada do sector inmobiliario no municipio carballiñés, entre os anos 2006 ao 2008, cando chegaron a alcanzarse as 400 transaccións inmobiliarias anualmente.
Nos últimos días ou mellor dito meses ou anos, nos atopamos cumha certa inseguridade na comarca tanto do Arenteiro coma no do Ribeiro, a falta de efectivos está facendo merma cada ano mais e nos útimos meses podese comprobar como vai en aumento, roubo a militar, roubos en restaurantes, en gasolineras do ribeiro a mau armada así coma certos hurtos pequenos que non deixan indiferente a ninguén.
O caso é que as corporacións municipais non son capaces de transmitirnos, os cidadans, certa seguridade, levan anos dicindo que van incorporar efectivos pero a realidade e diferente tanto no ribeiro coma na comarca do arenteiro, a garda civil e competencia do estado pero a policia municipal non, é local pero parece que esto se lle esquece os gobernantes que con promesas e parches intenta pasar os anos que por certo xa son moitos, no concello de Ribadavia hay unha merma de uns catro policías e posiblemente sexan maís e todo apunta que o goberno non ten pensado facer nada, ,o Carballiño son catro e apenas dan cuberto os servizos menos ainda dedicarse a vixiar a seguridade das persoas. Enparticular o ayuntamiento fai uns meses saíu dicinto que ia convocar catro plazas pero...onde como e cando ten pinta de que non vai ser así e con maís oleadas de roubos que nunca, cal será o parche que saia dicindo que vai facer o goberno de turno, en fin coma sempre os persudicados comos nos os veciños e veciñas.
Gustariame que se lle preguntara os concelleiros responsables que teñen facer o respecto, cal serán as medidas a tomar ou cal, coma xa dixen,vai ser o seguinte parche.
Moitas grazas

Sr. concelleiro de cultura do Carballiño déixolle aquí o artigo 70 da Lei reguladora das Bases do Réxime Local.
Artículo 70 bis
1. Los ayuntamientos deberán establecer y regular en normas de carácter orgánico procedimientos y órganos adecuados para la efectiva participación de los vecinos en los asuntos de la vida pública local, tanto en el ámbito del municipio en su conjunto como en el de los distritos, en el supuesto de que existan en el municipio dichas divisiones territoriales.
Como pode ver, calquer cidadán ten dereito a participar nos asuntos públicos locais ¿Quén é vostede para cuestionar a motivación democrática nun asunto público?
E quen o lexitima a vostede para creerse con dereito a participar nos asuntos públicos e negarllo ao resto ¿Algún familiar?
De ser deste xeito farían mellor en gastar os recursos públicos que gastan na prensa para o autobombo e adicalos a cultura, que tanto en Maside como no Carballiño deixan moito que desexar con partidas orzamentarias miserables
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/o-carballino/2017/05/01/le...

As cinco Asociacións de Nais e Pais dos centros educativos carballiñeses veñen de remitir tanto ao goberno municipal como aos grupos da oposición no concello do Carballiño un escrito " para mudar as políticas realizadas neste pobo nos últimos anos, baseadas no bacheado, asfaltado e ensanchado de beirarúas como prioridade".
Unhas políticas "caducas" que está provocando un retroceso en moitos aspéctos, incluido a perda poboaciónal dos últimos anos, que se manifesta no descenso que nos catro últimos anos se pon de manifesto no descenso do padrón municipal de habitantes, afirman, e que está provocando que moitos veciños teñan que desprazarse a outras localidades en busca de oportunidades que non encontran no Carballiño.
"Esta situación está a afectar nos propietarios, pequenos empresarios e emprendedores, pois unha vila sen servizos perde o seu atractivo para emprender novas iniciativas ou consolidar as xa existentes. Aquelas persoas que andan a procura dun lugar para establecerse, mercar a súa vivenda e criar aos seus fillos teñen moi en conta a precariedade de servizos que na actualidade existen no Carballiño", reflexionan.
As ANPAS solicitan tanto do goberno municipal como dos grupos da oposición que deseñen políticas que reviertan esta situación, e facer do Carballiño unha vila atractiva e moderna.
Enumeran no seu escrito unha relación de carencias e mesmo propoñen algunhas iniciativas, como mellorar a accesibilidade e mobilidade tanto no casco urbano como nos accesos aso centros escolares e as zonas con instalacións deportivas.
Tamén solicitan medidas a favor da sostibilidade e os servizos públicos, tales como creación de novas escolas deportivas e escolas municipais con prezos asequibles., asi como a creación de espazos culturais e de ocio e lúdicas.
Para o parque municipal demandan pistas de skate, actividades e prais fluviais, iluminación e circuíto con marcación kilométrica para a practica deportiva. Tamén que se actualicen as concesións municipais, na zona dos muiños, antiga casa sindical, estacións de autobuses, centro comarcal ou antiga fábrica de papel.
Nesta relación de carencias tamén fan referencia ao deterioro do parque infantil da Alameda e piden unha piscina pública climatizada.
Son algunhas das propostas que entenden "serían imprescindibles para acadar os obxetivos necesarios nunha vila en progreso e en comunión coas súas veciñas e veciños".
O escrito está asinado polas ANPAS A Uceira, Vila do Arenteiro, Sagrado Corazón, IES Chamoso Lamas e IES nº 1.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 491
- 492
- 493
- 494
- 495
- 496
- 497
- 498
- 499
- …
- seguinte ›
- última »