18, Xaneiro 2018

Patrimonio natural, termal, histórico-artístico e gastronómico, son os principais alicientes do Xeodestino O Carballiño-O Ribeiro, que foi presentado este xoves en Fitur.

Ao acto asistiron o presidente da mancomunidade turística do Carballiño-Ribeiro, Francisco Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, e a concelleira de Boborás, Patricia Torres. Tamén asistiu a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira.

Fernández Referiuse á creación da mancomunidade Terras do Avia no 2006 como iniciativa moi positiva para promover o desenvolvemento turístico do Carballiño e do Ribeiro, e destacou os puntos fortes da oferta dos concellos que a conforman.

Fumega, que estivo acompañado polos concelleiros de Turismo, Manuel Dacal, e Cultura, Diego Fernández, resaltou os grandes eixos do turismo no Carballiño, especialmente, os balnearios, o entorno natural e a gastronomía, sobre todo o pulpo e a Festa do Pulpo.

A esta celbración festivo-gastronómica tamén se referiu a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira, nomeándoa como unha romaría multitudinaria.

18, Xaneiro 2018

Dúas alumnas do IES Nº1 do Carballiño, Eugenia González Seijas e Lúa Rodríguez Alegre, gañan o concurso "Verba Volant", do programa radiofónico “No es un día cualquiera” de RNE.

A sección Verba Volant presentada polo catedrático e latinista Emilio del Río amosa como a cultura grecorromana segue viva nos nosos días e polo tanto tense que coidar e potenciar. O alumnado do I.E.S. nº1 leva catro anos participando no concurso e xa é o terceiro ano que resulta gañador.

Todalas semanas tras escoitar na aula de latín dito programa se contesta á cuestión plantexada no concurso.

A semana na que resultou gañadora Eugenia a pregunta foi”Como se di con anterioridade?” e a resposta era “ a priori”. Lúa contestou á pregunta “Como é a frase que dixo Xulio César ao pasar O Rubicón coas lexións en formación?” e a resposta foi "Alea iacta est”.

Os premios foron Odas e Épodos, dúas obras de Horacio.

16, Xaneiro 2018

O presidente da Mancomunidade Turística "Terras do Avia" Francisco José Fernández avanzou no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio o que será a presentación do Xeodestino Turístico O Ribeiro-O Carballiño, no marco de FITUR 2018, este próximo xoves dia 18 en Ifema-Madrid, a partir das 14:30 horas.

O novo xeodestino turístico impulsará a comercialización de paquetes termais biosaludables, que incluirán hoteis, balnearios e o SPA do viño de San Clodio, e que ademáis incorporará o enoturismo como nova experiencia.

Ademáis de termalismo, natureza, patrimonio, gastronomia e festas, son os grandes piares deste xeodestino que abrangue os 20 concellos das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

Editaráse un catálogo de recursos turísticos, asi como un mapa de rutas culturais, entre outras iniciativas que serán presentadas en FITUR, no Stand de Turismo de Galicia.

O proxecto de promoción turística conta co apoio da Dirección Xeral de Turismo, a súa titular, Nava Castro asinaba un convenio de colaboración co presidente da Mancomunidade, polo que ven de aportar 80.000 euros para a posta en marcha deste Xeodestino Turístico, que inclúe tamén a creación dunha nova páxina WEB.

Fernández tamén confirmou a presenza da Mancomunidade Turística en Xantar, o salón gastronómico que na súa edición de 2018 celebraráse entre o 31 de Xaneiro e o 4 de Febreiro.

15, Xaneiro 2018

Di o ínclito alcalde de Maside nunha desas propagandas nas que volve a mentir sen ningún tipo de vergonza, que o superávit de Maside permite unha baixada do tipo impositivo do IBI.

Entremos a analizar esta tomadura de pelo. O primeiro que se lle debería pedir á xornalista que traslada a propaganda do alcalde é un chisco máis de rigor. Que se lle cole unha foto dun edificio eclesiástico que nin pertence a Maside, é o de menos (todos cometemos erros). Pero que non supervise o que escribe xa é outro falar. Según a xornalista, o alcalde dixo que o 31 de decembro de 2017, domingo, fixeron unha revisión dos orzamentos, e decatáronse do superávit ¿Cándo? ¿No momento en que comían as uvas? http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/superavit-maside-permite-r...

Bromas aparte, e tomaduras de pelo do alcalde e a xornalista, é preciso analizar o catastrazo masidao porque é un tema especialmente serio habida conta que a valoración colectiva anterior á renovación  databa do ano 86 (anterior ponencia de valores), e a renovación ou catastrazo fai que o incremento da base reguladora sobre a que se aplica o tipo impositivo sexa entre o 13% e o 20%.

"Sr: alcalde de Maside": Cando o Concello envíe as contas ao Consello de Contas, xa veremos o hipotético superávit. Mentras tanto, o que acontecerá neste ano 2018, é que os veciños de Maside irán recibindo a información da renovación catastral, que rematou o 30 de novembro de 2107, Facenda irá informando do aumento das bases... E van flipar.

Non, non digo que sexa a súa culpa, porque non é súa culpa (é cousa do chupasangue Montoro, que tivo a feliz idea de que sexan os penitentes os que paguen a festa de politiquillos despilfarradores e amantes dos sobres B, e outros amantes de cambalaches, clientelismo, e despilfarro a conta dos cartos públicos). O que é culpa súa é o sistemático afán de enganar e tomarlle o pelo á xente.

O que irá acontecendo neste 2018 (e non fai falla ter unha bola de cristal como a vostede lle gusta repetir nos plenos) é que o incremento da base reguladora repercutirá no IBI, pero tamén, no Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e no Imposto de Sucesións e Donacións. Os penitentes, aos que vostede pretende enganar coa súa burda propaganda, van flipar cando lle chegen os atrasos da parte que non prescribe nos derradeiros catro anos. E as construcciións que terán que pagar por rústica (0.3 sobre o valor catastral de rústica): establos, naves, alpendres ou invernaderos, daralles a risa cando escoiten que vostede vai baixar o tipo impositivo (cando antes non pagaban), porque además terán que pagar os atrasos.

Maside aplica un 0.6 sobre o valor catastral de urbana. Di vostede que baixará o tipo impositivo entorno a un 20%, o que deixaría un 0.48. E condicionao vostede a unhos gastos de luz e bla,bla, bla... (O que non invita ao optimismo porque mantén o alumeado público de día). Se baixa o tipo impositivo un 20%, pero a base aumentou un 20%, quedo mais ou menos como estou (se non fora porque terei que pagar os atrasos sobre o que antes non pagaba). Polo tanto, vaia co conto do superávit a outro lado.

O dito, estaremos pendientes da suposta baixada do tipo impositivo que terá que ser aprobada en Pleno nunha nova Ordenanza Fiscal. E xa veremos cando se aplica o novo tipo impositivo. Mentras tanto, recordarlle que a mentira ten as patiñas moi curtas.

¿E qué di a oposición? Faga o favor, póñalle os plenos os mércores, polo ben de Maside.

12, Xaneiro 2018

A comarca do Carballiño sumaba na década dos anos sesenta do século pasado unha poboación de 44.943 habitantes no conxunto dos 9 concellos que a integran, cincuenta anos despois e tras a última actualización dos datos do padrón municipal de habitantes nos respectivos concellos, a cifra da poboación comarcal quédase en 26.765 habitantes.

O descenso de poboación é dende fai medio século imparable e constante en todos os municipios, coa excepción da capitalidade comarcal, xa que o concello do Carballiño -a pesar de levar tamén os catro últimos anos consecutivos de retroceso- asi e todo é o único que conseguíu aumentar o seu número de habitantes nos últimos cincuenta anos. O "efecto" cabeceira de comarca fixo que O Carballiño aumentase a súa poboación en algo máis de 4.000 persoas, en relación aos datos de medio século atrás.

No resto dos oito concellos da comarca -Cea, Piñor, O Irixo, Boborás, Maside, Punxín, San Amaro e Beariz- a sangría demográfica é manifesta, das algo máis de 35.000 persoas que residían nestes municipios fai medio século atrás, apenas quedan 13.000. O dato é absolutamente demoledor.

A decadencia do rural, a emigración, e o desplome da natalidade, provocan esta situación de auténtico drama demográfico, unha realidade que leva á comarca a súa potencial extinción a unhos anos vista.

Porque, ademáis, o envellecemento da poboación comarcal está xa nunhos niveis que serían impensables fai tan so unhos anos, e o número de pobos que van quedando abandoados no territorio comarcal aumenta cada ano.

Por exemplo, o municipio do Irixo, dos seus 1519 habitantes (con trampa, porque moitos deles aínda que empadronados no Irixo, residen no Carballiño) resulta que o 50% dos mesmos son maiores de 65 anos, e entre eles, máis de 300 son maiores de 80 anos. Os menores de 10 anos apenas son 35 en todo o municipio, e algunha das súas parroquias `-por exemplo Reádigos- será moi probablemente unha das primeiras entidades parroquiais en desaparecer como tal, ao quedarse sen veciños.

12, Xaneiro 2018

Los socialistas de Leiro estamos viendo que, con el paso del tiempo nos estamos quedando sin servicios, sin población, sin transporte público deficitario y sin el principal motor económico de nuestro Ayuntamiento como fue el Camping de Primera Categoría que teníamos y todo ello debido a la desidia y dejadez de este Grupo de Gobierno.

Desde la Agrupación Municipal queremos alertar que corremos “un riesgo de exclusión financiera” de quienes no pueden acceder a los servicios bancarios. Ya que va continuar en los próximos años de que nos quedemos en el Ayto sin la única entidad bancaria de la cual disponemos en estos momentos ”porque la banca esta en pleno proceso de reestructuración y de concentración de sucursales”.

Esta falta de Oficinas bancarias lo que hace es mermar tanto el empleo, como también obliga a desplazarse a muchos vecinos a otros núcleos de población para acceder a los servicios financieros. Por estás razones los grandes afectados de la exclusión financiera son las personas mayores que en el caso concreto de Leiro la media de edad es de 65 años hacia arriba, con lo que nuestra población es muy envejecida y los vecinos de estos pequeños núcleos rurales, que están claramente discriminados frente al resto de ciudadanos de las grandes villas como es el caso de Ribadavia, Carballiño y del propio casco urbano de Leiro y como no podría ser de otra manera excluidos de los servicios bancarios.

A muchos vecinos al perder servicios “se les hace difícil y en algunos casos imposible, poder desplazarse a otras localidades, y siempre que lo hacen, con coste añadido que tienen que soportar”. Los socialistas de Leiro queremos destacar un dato muy elocuente que “los bancos con anterioridad a la crisis buscaban el dinero de los ahorradores para poder dar préstamos y hacer negocio. Esta forma de funcionar requería de proximidad y cercanía al ahorrador.

Ahora mismo los bancos obtienen todo el dinero que necesitan del Banco Central Europeo, a precio barato, por lo que no requieren de la proximidad de antes. Por eso que los socialistas requerimos del Grupo de Gobierno del Partido Popular que se ponga las pilas, para no seguir con esta sangría de perdida de servicios que cada vez se esta acrecentando, ya que o mucho cambia el panorama en nuestro Ayto o le auguramos en un presente próximo la perdida de más servicios, lo que significaría la muerte de nuestro Ayuntamiento.

10, Xaneiro 2018

O día 6 de xaneiro denunciaba a chapuza da calle Pousiña de Maside. Afortunadamente o sentido común fixo que o día 8 o Concello puxérase a obra. E xa que estamos a tempo, non estaría de máis que se fixera o posible pra facer as cousas con "sentidiño".

A máquina parou o mesmo día que comezou o arranxo. Se a excusa de que a máquina pare é o mal tempo, non ten sentido que empezase ese día, porque o tempo non era moi bo.

Entendo que ao "Sr. Alcalde" como o chama o flamante novo candidato da oposición, non lle resulte cómodo ver este tipo de fotodenuncias que lle fastidian o seu marketing propagandístico, pero non estaría de máis que se aclarase porque cando fixo a súa propaganda o 21 de setembro, estas obras viñan da Deputación (Plans Provinciais), http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/maside-invierte-82000-euro... e na nova propaganda de onte semella que é a Administración europea a que corre con todos estes gastos (como lle gusta falar de Europa...) http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/maside-prepara-asfaltado-p...

Pero deixémonos de politiqueos, cando fas unha obra aínda que sexa con cartos públicos, hai que fiscalizar con dilixencia os traballos da empresa adxudicataria. Se asfaltas, e produces un desnivel entre o asfaltado e as alcantarillas, dunhos sete centímetros, cada vez que as rodas dos coches pasen polas alcantarillas, vanse queixar as rodas e o coche. Por non falar do desastre cando se acumule lixo, e as alcantarillas deixen de absorver as pluviais.

E outra cousa, a valla que protexe a excavadora, estaría mellor a unhos metros, cunha cinta reflectiva, se o que se quere é protexer a un coche que veña despistado, pero se se quere protexer a excavadora do impacto do coche, está ben onde está.

Como pedirlle a oposición que mire por estas cousas é moito pedirlles tendo en conta de que andan moi ocupados deliberando sobre a ignominia do Sr. Alcalde de non poñerlles os plenos os mércores, teremos que ser os veciños os que miremos se en Aldeiñas, Reguenga, Lobada, Ribiñas, Ribas, Dacón, Faquín y Sueirexa, estas obras foron tan chapuceras.

Agardando que esta excavadora non bote dous meses como a plancha metálica que agochaba o buraco, reiterar que aínda se está a tempo pra que a empresa adxudicataria corrixa os vicios ocultos tanto desta calle, como dos que podan existir no resto de núcleos de poboación.

10, Xaneiro 2018

A Consellería do Medio Rural achegará un total de 53.724 euros no ano 2018 ao Concello de Boborás para mellorar as súas infraestruturas agrarias. Esta é a dotación contemplada no Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal para este concello, tal e como lle confirmou hoxe a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, ao alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, nunha xuntanza de traballo en San Caetano.

Esta cantidade é idéntica á recibida polo municipio ourensán no pasado exercicio e destinarase a sufragar diversas obras de adecuación e posta en valor de pistas no seu territorio. Dende o ano 2009 Boborás recibiu un total de 487.538 euros para esta finalidade, o que permitiu actuar en máis dunha vintena de puntos, mediante o arranxo, afirmado e reposición do firme de diversos camiños do seu territorio municipal.

A conselleira e o alcalde destacaron que este tipo de actuacións teñen unha repercusión moi positiva na contorna, xa que ademais de facilitar a mobilidade dos veciños propician un transporte e unha distribución máis áxiles e rápidas dos produtos do agro cara os diferentes mercados.

Ademais de abordar estas melloras, a titular de Medio Rural e o rexedor municipal avanzaron tamén na colaboración entre ambas institucións en materia de prevención e loita contra os incendios forestais. Boborás recibiu nos anos 2016 e 2017 un total de 80.470 euros da Consellería para financiar estes labores, tanto no que atinxe ás infraestruturas preventivas como a tratamentos silvícolas e á dotación das brigadas de prevención e extinción.

Na reunión de hoxe sentáronse as bases para continuar con esta cooperación no futuro.

10, Xaneiro 2018

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, ven de encargar aos servizos técnicos do concello un estudio sobre a viabilidade dunha rebaixa do coeficiente que se aplica no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para os próximos exercicios, así como a aplicación dalgún tipo de bonificación, ademáis das legalmente establecidas, polos atrasos.

Pese a que o concello do Carballiño aplica un coeficiente baixo do IBI, pois é do 0,6 cando o tramo establecido oscila entre o 0,4 e o 1,10, a recente actualización catastral decretada polo Goberno central provocou a regularización de moitas vivendas que levaban anos sen contribuir, o que supón un incremento da recadación municipal por este concepto, e de aí que dende a alcaldía se encargase este estudio co obxectivo de valorar unha posible rebaixa do IBI, así como algunha bonificación polos atrasos.

Para este pagamento pode solicitarse un plan de pago, de maneira que en vez de efectualo dunha soa vez, se faga por mensualidades ao longo do ano. A última revisión catastral realizouse no ano 1990, polo que O Carballiño atópase entre os 1.296 municipios españoles nos que se produciu un incremento do valor catastral.

Destes 1.296 municipios, aqueles que revisaron por última vez o catastro antes do 2004 verán incrementada a valoración das vivendas, cun coeficiente que varía entre o 1,08 para os anteriores a 1991 e do 1,03 para os que o fixeron entre 2001 e 2003.

Esta actualización non implica que varíe o tipo do imposto, xa que é de carácter municipal e o fixa cada concello-, pero sí o fai a valoración do inmoble, que é a base imponible sobre a que se aplica.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS