31, Xaneiro 2018

Os socialistas carballiñeses aprobaron por unanimidade a composión da nova executiva local do partido, na que Adolfo Nogueira Campo pasa a ser o novo Secretario Local, en substitución do alcalde Francisco Fumega, que agora será "Presidente" da agrupación local, un cargo de nova creación no organigrama local do PSdeG-PSOE.

Érika Paza continuará ao fronte da secretaría de de organización, a responsable de política municipal será Charo González, mentres que da secretaría de igualdade e política social ocuparáse Iolanda Otero.

Tal como destacou o novo secretario local, Adolfo Nogueira: “Seguindo cos procedementos de renovación orgánica, tocaba escoller unha nova executiva que dese novos azos ó proxecto político no Carballiño, centrado en afianzar todo o labor que se fai dende o grupo municipal e procurando medrar e sumar máis persoas a un modelo de gobernanza que se centra no benestar e no progreso. Queremos asentar o que xa fomos alcanzando e proxectarnos cara ao futuro para ter unha base social máis ampla aínda e medrar en termos electorais. Para isto é imprescindible ter un partido forte, unido, cunha militancia activa e sermos unha organización viva, presente nas rúas, desenvolvendo actividades e accións de grande calado social”, dixo.

Do mesmo xeito, Paco Fumega, agora escollido coma presidente do partido e, polo tanto, da asemblea fixo un balance positivo do seu paso pola secretaría local destacando que : “fixemos un gran labor nestes últimos catro anos, por suposto o máis destacado foi conseguir o goberno municipal pero, ademais, non deixamos de medrar coma organización, asentando unha gran base de militancia que nos fai ser a 2ª agrupación da provincia só por detrás da cidade de Ourense. O noso obxectivo é ir a máis”, remarcou.

30, Xaneiro 2018

A nova liña ferroviaria da alta velocidade ten o seu percorrido polas parroquias de A Piteira e Seoane, a apenas dous kilómetros de distancia do casco urbano carballiñés. A pesar desta circustancia, O Carballiño parece vivir alleo ao aproveitamento do paso da nova vía polo seu territorio, todo o contrario do que acontece en Lalín.

O Ministerio de Fomento elaborou un estudo no que considera viable a posible contrucción dunha estación na liña da alta velocidade ao seu paso polo municipicio dezano, incluso cifra en 4,5 millóns de euros o coste desta infraestructura, aínda que esta cantidade podería aumentar según a ubicación que se elixise.

Asi se recolle nunha resposta dada polo goberno a unha pregunta dun senador do PNV, a petición do actúal alcalde de Lalín, Rafael Cuiña.

A resposta, con data do 23 deste mes de Xaneiro, indica que do estudo de viabilidade, dedúcese que técnicamente é viable a construcción dunha estación na liña de alta velocicidade entre Ourense e Santiago de Compostela.

Mentres en Lalín siguen dando pasos para poder contar cunha estación na liña da alta velocidade, o certo é que no Carballiño en ningún momento se plantexou formalmente esta posiblidade nin por parte do concello, nin de ningún dos grupos políticos municipais.

Na actualidade, os trens de media distancia que circulan por esta via entre Ourense e Santiago fan o recorrido en 38 minutos.

29, Xaneiro 2018

Son un veciño de San Félix de Varón e gustariame matizar a denuncia do Sr. Concelleiro de Leiro en relación a devandito monumento. Como veciño e cidadán que paga os seus impostos lamento o estado de deterioro e abandono de dito monumento tanto como que a marquesina que hai na parada de autobuses leva anos sen teito e sen algunha das suas paredes de cristal ou metacrilato. É certo que este monumento xa levaba tempo presentando defectos visibles na sua estructura polo paso do tempo a intemperie e que este último temporal acabou por facelo torcer notablemente con risco visible de poder caer o chan no seguinte temporal. Se un vai en coche e ve este monumento como se mostra na imaxe, pode pensar o que nos conta o señor concelleiro, pero a realidade non e así. É de supoñer que a foto non a fixo dende un coche en marcha e polo menos se baixou fora a facela. Calquera que vexa a imaxe dase conta que non hai burato algún diante dos ferros que fan de base, se o monumento fose deitado  pola forza do aire caeria para un lado ou para outro pero sempre quedarían os pes do monumento metidos no burato, zapata ou elemento utilizado para a sua colocación. Na foto tamén se poden ver rodaduras de maquinaria pesada na zona. A realidade é que a empresa Extraco está desbrozando todos os taludes e camiños de servicio da carretera e foron eles os que vendo como estaba o monumento o baixaron a terra. Confio en que sexa restaurado como merece e volto a colocar no seu sitio.

Por politicos así a xente deixa de creer na politica, sempre buscando o mal para tratar de conseguir algún rédito politico. É lamentable que un politico sabendo o estado do monumento non faga nada ata que o ve no chan e se inventa unha noticia para sacar beneficio personal ou partidista. 

Por certo, o monumento de Vieite xa leva uns anos con un lixeiro pero apreciable desplome na sua estructura dende a base, non espere vostede ou desexe que vaia o chan para volver facer unha denuncia. E mellor facer un informe con anterioridade e comunicarllo as autoridades competentes. Se despois diso cae e non se fixo nada, ahi vostede pode poñer a caer dun burro o partido ou conselleiro que lle corresponda, pero non antes, e poderá ter un beneficio politico porque a xente valora as cousas ben feitas.

Hoxe o que queda retratado é vostede. 

29, Xaneiro 2018

Unha gran parte das terrazas continúan instaladas na vía publica a piques de rematar o mes de xaneiro ,contravindo o Artigo 4 da Ordenanza reguladora de Ocupación de Dominio Público Local que di “ “ A tempada anual(11meses) abarca dende o 1 de febreiro ao 31 de decembro” ,e máis adiante , “os titulares das autorizacións disporán dun prazo de sete días naturais para retirar as terrazas e demais elementos auxiliares”.

Esta é a normativa vixente na actualidade e que os responsables de que se efectivice están permitindo que se incumpla intencionadamente, o que pode supor un caso de prevaricación. Incumplense outras moitas disposicións desta ordenanza como pode ser a de recoller diariamente o mobiliario da terraza durante as horas que o establecemento permanezca pechado ao público , a limpeza da superficie ocupada, os horarios de apertura e peche (de 10.00 a 24.00 horas no inverno;1.30 sábados e festivos), lei de ruidos,amoreamento de máis mesas das autorizadas na vía publica e en lugares non autorizados, deixar libres espazos para o paso de viandantes ,entre outras moitas.E incluso non se tramitan sancións imposatas pola Policía Local .

A convivencia ciudadana e a boa imaxe do concello cara os visitantes , requiren o cumplimento das normas consensuadas e establecidas para acadar este obxectivo.É responsabilidade dos cargos do goberno municipal garantir isto e dos funcionarios da policía local actuar de oficio cando observen anomalías. Ninguén quere pechar as terrazas nin perxudicar ao sector hosteleiro .Só pretendemos que se garantice a convivencia na ocupación do espazo público.

Asinado: Bernardo García. Concelleiro de Alternativa Veciñal.

27, Xaneiro 2018

Este é o estado que presenta a espectacular obra do escultor Acisclo Manzano sita no pobo do Varón, no concello do Carballiño, á beira do denominado Eixo do Ribeiro, na estrada OU-210 Ribadavia-Cea.

A escultura sufríu dano na súa estructura durante o último temporal deste inverno e amosaba unha inclinación que xa presaxiaba o que ocorrería de non mediar actuación algunha para evitálo.

Pois xa está no chan, aínda que o deterioro é notable, semella non ser irreversibel. 

É hora de que algúen ova o cu e poña a salvo un ben público.

Esdta obra instalouse no momento da inauguración desta estrada, sendo conselleiro de Ordenación do Territorio Xosé Cuíña, e forma conxunto con outra ubicada en Viete (Leiro), denominada polo artista "O Patrón do Ribeiro".

Asinado: Manuel Rodríguez Vázquez. Concelleiro do PSdeG-PSOE no concello de Leiro.

26, Xaneiro 2018

O Entroido e a Festa da Cachucha contarán este ano con máis grupos de animación de rúa, concursos, desfiles e verbenas. De feito, entre o concello e a hostelería repartiranse preto de 8.000 euros en premios, o que supón un récord nesta festa de inverno.

Ambos eventos foron presentados esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega, e os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Por vez primeira, ademáis do concurso de disfraces infantil e do concurso do desfile do Martes de Entroido, haberá un concurso para grupos organizado polo sector hosteleiro, que é una das novedades deste ciclo festivo que comezará o venres 9 de febreiro, e rematará o domingo 18 coa XXIV Festa da Cachucha.

Gastronomía, obradoiros, animación de rúa, desfiles, concursos e verbenas, configuran o extenso programa elaborado polas concellerías de Cultura e Turismo, en colaboración coa hostelería e o Centro Comercial Aberto.

Así, a Ruta das Tapas do venres, 9; a festa e concurso infantil do sábado, 10; as coplas da murga Os Liborianos do domingo, 11; o concurso de disfraces da hostelería do luns, 12; o gran desfile-concurso de comparsas do martes, 13; o enterro da sardiña do mércores, 14; e os desfiles de folións, comparsas e charangas do domingo, 18, son os principais alicientes do Entroido e da Festa da Cachucha que este ano celebra a XXIV edición, e na que van participar uns 23 restaurantes e mesóns, ofrecendo un menú a base de cacheira, codido e postres de entroido.

Francisco Fumega agradeceu o traballo levado a cabo polas concellerías implicadas na elaboración do programa, e a colaboración do sector da hostelería, resaltando a importancia de dinamizar a vila para atraer aos visitantes ofrecendo un programa moi atractivo.

Manuel Dacal e Diego Fernández expuxeron o programa, asegurando que estaba pensado para ofrecer actividades, espectáculo e divertimento tanto para os máis pequenos como para os maiores, e que esperaban que tivesen moita aceptación e resultase atractivo para atraer visitantes.

25, Xaneiro 2018

Dezanove establecementos hosteleiros do Carballiño únense para promover o luns de entroido, 12 de febreiro, un gran concurso de peñas. Esta iniciativa, denominada “A RUTA DOS MIL”, vai dirixida a animar a tarde e a noite nesa víspera do martes de entroido, que é festivo na vila. Así mesmo, o concello contribuirá a crear un bo ambiente de entroido tanto nos locais como nas rúas contratando a tres charangas que actuarán dende as oito da tarde ata a unha da madrugada, no mesmo horario do concurso.

A organización do concurso corre a cargo destes locais hosteleiros que repartirán 1.500 euros en premios. Haberá un 1º premio de 1.000 euros, un 2º premio de 200 euros, un 3º premio de 100 euros, e un accésit de 200 euros para a peña máis numerosa. O xurado estará formado polos representantes destes mesóns, bares e cafeterías, e o resultado darase a coñecer no facebook do Centro Comercial Aberto a partir das 12 do mediodía do martes de entroido. Así mesmo, os gañadores deberán recoller os premios durante a entrega de premios do Gran Desfile do Martes, na Praza Maior.

As peñas deberán inscribirse en calquera dos locais participantes, aportando o nome da peña, a persoa responsable, DNI e teléfono. Ademáis, o requisito para concursar é que as peñas teñan un mínimo de oito integrantes e que visiten, cando menos, sete dos locais que forman parte da iniciativa.

Hai dezanove locais organizadores, que son: Little Galicia, Estate Quieto, A Fcuehela, Roraima, Copetín, Soldado, Lecer, Os Portales, San Andrés, Don Paco, Ningures, Loft, El Caserío, Plaza, Peñasco, Esquina, Fass, Moon 93 e O Fiadeiro.
O prazo para poder inscribirse neste concurso remata o domingo, 11 de febreiro, ás doce da noite.
Tanto dende o sector da hostelería como das concellerías de Cultura e Turismo, que organizan o programa do Entroido e da Festa da Cachucha, que se presentará este venres, anímase aos veciños do municipio, da comarca e de calquera outro lugar, a xuntarse e formar peñas para pasar unha tarde e noite de luns de entroido dun xeito divertido, e poder obter algún dos premios deste concurso.

24, Xaneiro 2018

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o municipio de Leiro, dentro da rolda que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense, para visitar obras dos ámbitos medioambiental e viario, levadas a cabo co apoio da Deputación de Ourense.

Na vila de Leiro, foi recibido na Casa Consistorial polo alcalde, Francisco José Fernández, con quen analizou temas en materia de infraestruturas viarias e medioambientais. Tamén estivo presente o primeiro tenente de alcalde de Leiro, Ramón Álvarez.

Despois, o presidente da entidade provincial achegouse á senda fluvial do río Avia na que, por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Leiro, se levou a cabo un proxecto de recuperación dun tramo do camiño peonil da marxe dereita do río Avia.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS