
A comarca do Carballiño sumaba na década dos anos sesenta do século pasado unha poboación de 44.943 habitantes no conxunto dos 9 concellos que a integran, cincuenta anos despois e tras a última actualización dos datos do padrón municipal de habitantes nos respectivos concellos, a cifra da poboación comarcal quédase en 26.765 habitantes.
O descenso de poboación é dende fai medio século imparable e constante en todos os municipios, coa excepción da capitalidade comarcal, xa que o concello do Carballiño -a pesar de levar tamén os catro últimos anos consecutivos de retroceso- asi e todo é o único que conseguíu aumentar o seu número de habitantes nos últimos cincuenta anos. O "efecto" cabeceira de comarca fixo que O Carballiño aumentase a súa poboación en algo máis de 4.000 persoas, en relación aos datos de medio século atrás.
No resto dos oito concellos da comarca -Cea, Piñor, O Irixo, Boborás, Maside, Punxín, San Amaro e Beariz- a sangría demográfica é manifesta, das algo máis de 35.000 persoas que residían nestes municipios fai medio século atrás, apenas quedan 13.000. O dato é absolutamente demoledor.
A decadencia do rural, a emigración, e o desplome da natalidade, provocan esta situación de auténtico drama demográfico, unha realidade que leva á comarca a súa potencial extinción a unhos anos vista.
Porque, ademáis, o envellecemento da poboación comarcal está xa nunhos niveis que serían impensables fai tan so unhos anos, e o número de pobos que van quedando abandoados no territorio comarcal aumenta cada ano.
Por exemplo, o municipio do Irixo, dos seus 1519 habitantes (con trampa, porque moitos deles aínda que empadronados no Irixo, residen no Carballiño) resulta que o 50% dos mesmos son maiores de 65 anos, e entre eles, máis de 300 son maiores de 80 anos. Os menores de 10 anos apenas son 35 en todo o municipio, e algunha das súas parroquias `-por exemplo Reádigos- será moi probablemente unha das primeiras entidades parroquiais en desaparecer como tal, ao quedarse sen veciños.
Los socialistas de Leiro estamos viendo que, con el paso del tiempo nos estamos quedando sin servicios, sin población, sin transporte público deficitario y sin el principal motor económico de nuestro Ayuntamiento como fue el Camping de Primera Categoría que teníamos y todo ello debido a la desidia y dejadez de este Grupo de Gobierno.
Desde la Agrupación Municipal queremos alertar que corremos “un riesgo de exclusión financiera” de quienes no pueden acceder a los servicios bancarios. Ya que va continuar en los próximos años de que nos quedemos en el Ayto sin la única entidad bancaria de la cual disponemos en estos momentos ”porque la banca esta en pleno proceso de reestructuración y de concentración de sucursales”.
Esta falta de Oficinas bancarias lo que hace es mermar tanto el empleo, como también obliga a desplazarse a muchos vecinos a otros núcleos de población para acceder a los servicios financieros. Por estás razones los grandes afectados de la exclusión financiera son las personas mayores que en el caso concreto de Leiro la media de edad es de 65 años hacia arriba, con lo que nuestra población es muy envejecida y los vecinos de estos pequeños núcleos rurales, que están claramente discriminados frente al resto de ciudadanos de las grandes villas como es el caso de Ribadavia, Carballiño y del propio casco urbano de Leiro y como no podría ser de otra manera excluidos de los servicios bancarios.
A muchos vecinos al perder servicios “se les hace difícil y en algunos casos imposible, poder desplazarse a otras localidades, y siempre que lo hacen, con coste añadido que tienen que soportar”. Los socialistas de Leiro queremos destacar un dato muy elocuente que “los bancos con anterioridad a la crisis buscaban el dinero de los ahorradores para poder dar préstamos y hacer negocio. Esta forma de funcionar requería de proximidad y cercanía al ahorrador.
Ahora mismo los bancos obtienen todo el dinero que necesitan del Banco Central Europeo, a precio barato, por lo que no requieren de la proximidad de antes. Por eso que los socialistas requerimos del Grupo de Gobierno del Partido Popular que se ponga las pilas, para no seguir con esta sangría de perdida de servicios que cada vez se esta acrecentando, ya que o mucho cambia el panorama en nuestro Ayto o le auguramos en un presente próximo la perdida de más servicios, lo que significaría la muerte de nuestro Ayuntamiento.
O día 6 de xaneiro denunciaba a chapuza da calle Pousiña de Maside. Afortunadamente o sentido común fixo que o día 8 o Concello puxérase a obra. E xa que estamos a tempo, non estaría de máis que se fixera o posible pra facer as cousas con "sentidiño".
A máquina parou o mesmo día que comezou o arranxo. Se a excusa de que a máquina pare é o mal tempo, non ten sentido que empezase ese día, porque o tempo non era moi bo.
Entendo que ao "Sr. Alcalde" como o chama o flamante novo candidato da oposición, non lle resulte cómodo ver este tipo de fotodenuncias que lle fastidian o seu marketing propagandístico, pero non estaría de máis que se aclarase porque cando fixo a súa propaganda o 21 de setembro, estas obras viñan da Deputación (Plans Provinciais), http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/maside-invierte-82000-euro... e na nova propaganda de onte semella que é a Administración europea a que corre con todos estes gastos (como lle gusta falar de Europa...) http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/maside-prepara-asfaltado-p...
Pero deixémonos de politiqueos, cando fas unha obra aínda que sexa con cartos públicos, hai que fiscalizar con dilixencia os traballos da empresa adxudicataria. Se asfaltas, e produces un desnivel entre o asfaltado e as alcantarillas, dunhos sete centímetros, cada vez que as rodas dos coches pasen polas alcantarillas, vanse queixar as rodas e o coche. Por non falar do desastre cando se acumule lixo, e as alcantarillas deixen de absorver as pluviais.
E outra cousa, a valla que protexe a excavadora, estaría mellor a unhos metros, cunha cinta reflectiva, se o que se quere é protexer a un coche que veña despistado, pero se se quere protexer a excavadora do impacto do coche, está ben onde está.
Como pedirlle a oposición que mire por estas cousas é moito pedirlles tendo en conta de que andan moi ocupados deliberando sobre a ignominia do Sr. Alcalde de non poñerlles os plenos os mércores, teremos que ser os veciños os que miremos se en Aldeiñas, Reguenga, Lobada, Ribiñas, Ribas, Dacón, Faquín y Sueirexa, estas obras foron tan chapuceras.
Agardando que esta excavadora non bote dous meses como a plancha metálica que agochaba o buraco, reiterar que aínda se está a tempo pra que a empresa adxudicataria corrixa os vicios ocultos tanto desta calle, como dos que podan existir no resto de núcleos de poboación.

A Consellería do Medio Rural achegará un total de 53.724 euros no ano 2018 ao Concello de Boborás para mellorar as súas infraestruturas agrarias. Esta é a dotación contemplada no Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal para este concello, tal e como lle confirmou hoxe a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, ao alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, nunha xuntanza de traballo en San Caetano.
Esta cantidade é idéntica á recibida polo municipio ourensán no pasado exercicio e destinarase a sufragar diversas obras de adecuación e posta en valor de pistas no seu territorio. Dende o ano 2009 Boborás recibiu un total de 487.538 euros para esta finalidade, o que permitiu actuar en máis dunha vintena de puntos, mediante o arranxo, afirmado e reposición do firme de diversos camiños do seu territorio municipal.
A conselleira e o alcalde destacaron que este tipo de actuacións teñen unha repercusión moi positiva na contorna, xa que ademais de facilitar a mobilidade dos veciños propician un transporte e unha distribución máis áxiles e rápidas dos produtos do agro cara os diferentes mercados.
Ademais de abordar estas melloras, a titular de Medio Rural e o rexedor municipal avanzaron tamén na colaboración entre ambas institucións en materia de prevención e loita contra os incendios forestais. Boborás recibiu nos anos 2016 e 2017 un total de 80.470 euros da Consellería para financiar estes labores, tanto no que atinxe ás infraestruturas preventivas como a tratamentos silvícolas e á dotación das brigadas de prevención e extinción.
Na reunión de hoxe sentáronse as bases para continuar con esta cooperación no futuro.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, ven de encargar aos servizos técnicos do concello un estudio sobre a viabilidade dunha rebaixa do coeficiente que se aplica no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para os próximos exercicios, así como a aplicación dalgún tipo de bonificación, ademáis das legalmente establecidas, polos atrasos.
Pese a que o concello do Carballiño aplica un coeficiente baixo do IBI, pois é do 0,6 cando o tramo establecido oscila entre o 0,4 e o 1,10, a recente actualización catastral decretada polo Goberno central provocou a regularización de moitas vivendas que levaban anos sen contribuir, o que supón un incremento da recadación municipal por este concepto, e de aí que dende a alcaldía se encargase este estudio co obxectivo de valorar unha posible rebaixa do IBI, así como algunha bonificación polos atrasos.
Para este pagamento pode solicitarse un plan de pago, de maneira que en vez de efectualo dunha soa vez, se faga por mensualidades ao longo do ano. A última revisión catastral realizouse no ano 1990, polo que O Carballiño atópase entre os 1.296 municipios españoles nos que se produciu un incremento do valor catastral.
Destes 1.296 municipios, aqueles que revisaron por última vez o catastro antes do 2004 verán incrementada a valoración das vivendas, cun coeficiente que varía entre o 1,08 para os anteriores a 1991 e do 1,03 para os que o fixeron entre 2001 e 2003.
Esta actualización non implica que varíe o tipo do imposto, xa que é de carácter municipal e o fixa cada concello-, pero sí o fai a valoración do inmoble, que é a base imponible sobre a que se aplica.

O Partido Popular quere que a corporación municipal traslade este debate á Mesa do Comercio.
A celebración da feira-mercado quincenal do Carballiño adiántase sempre que coinciden os dias 16 e derradeiro de mes en domingo ou festivo. O Partido Popular abre o debate sobre a idoneidade de manter a súa celebración nesas datas
Para acceder á proposta do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

O Plan Integrado de Emprego, CARBAEMPREGA 2018 do Concello do Carballiño seleccionou aos primeiros 40 alumnos.
A Concellería de Promoción Económica, dirixida por Adolfo Nogueira, segue a emprender todo tipo de iniciativas que fomenten a formación co obxectivo de inserir no mercado laboral a todas as persoas desempregadas do Carballiño que sexa posible.
Nos vindeiros días completarase esta selección con 45 persoas máis ata acadar o total dos 85 previstos para esta segunda iniciativa. Todos os interesados que cumplan os requisitos marcados pola Dirección Xeral de Emprego teñen que dirixirse á Oficina de Emprego do Carballiño.
Este ano, ademáis das formacións troncais como informática, prevención de riscos laborais, etc. inclúese tres posibles itinerarios profesionais: soldadura, atención sociosanitaria e servizo de restaurante-bar. Todos eles, considerados por ter potencialmente demanda de persoal formado e profesionalizado. O orzamento, financiado pola Xunta, é de 204.000 €, case o dobre que no ano anterior.
O PIE do 2017 foi todo un éxito xa que atoparon traballo 42 dos 60 desempregados que o comezaron, moi por riba das previsións para este tipo de plans que inicialmente esixía a inserción laboral de 27. Estes plans teñen como compoñente máis atractivo un compromiso de contratación para parte do alumnado.
Así pois, o Concello ten acordos con empresas locais do sector do metal, do sector hostaleiro e de atención sociosanitaria para a realización de prácticas e, no seu caso, a contratación da meirande parte posible dos participantes. Na provincia de Ourense, só a capital e O Carballiño desenvolven este tipo de plans de emprego.
Estas iniciativas inflúen moi positivamente nas cifras de desemprego do noso concello, que pecharon este pasado ano 2017 por debaixo dos 1.000 parados por primeira vez dende hai 8 anos e coa perspectiva de continuar mellorando.
Para eses que se decican a repetir o latiguillo do PXOM de Maside, e que non foron capaces de levalo adiante en 16 anos de goberno do PP nin nos posteriores 10 anos e medio de nefasta oposición voulles deixar unhas recomendacións.
Moito mellor que fantasmear sobre un PXOM que nin tiveron o interese de desenvolver, nin teñen a capacidade nin a vontade real de que sexa unha realidade, o que deberían facer pra ter un mínimo de credibilidade, sería amosar a máis básica capacidade pra facer oposición.
Esta é a calle Pousiña en Maside. Fai menos de seis meses foi "arranxada" cunha capa de asfalto con cargo aos plans provinciais Este é o estado actual dese gran "arranxo"·. Unha auténtica chapuza. A chapa metálica que agocha este buraco, leva aí máis de dous meses. Como a chapa metálica foi desplazada polo tránsito rodado, nosos dilixentes dirixentes municipales tiveron a deferencia de poñer estes hitos de plástico que levan aí unha semana. Non se lles pode pedir moito, e non sinalizaron o perigo pra os que veñen da curva.
Entendo que a oposición está moi ocupada en plantexarse recabar auxilio ante as "autoridades competentes" porque o "Sr. Alcalde de Maside" non lles pon os plenos os mércores. Como ciudadano de Maside, se non é moito pedirlles, cando recuperen o resuello de tanto deliberar sobre esta innominia de non poñerlles os plenos os mércores, sexa cando sexa que teñan un pleno, non estaría de máis que fiscalizasen a acción do goberno, e preguntasen qué empresa fixo esta desfeita, e se van a solicitarlle a esta empresa o arranxo dos vicios ocultos desta auténtica chapuza.
Amor con amor se paga, e o deleite que produce a literatura de tan alto nivel, debe ser correspondido cunha recomendación feita de boa fe.
Hai que ter a cara de cemento armado pra vir agora coa eterna cantinela do PXOM.
Recapitulemos: Un partido que estivo no poder durante 16 anos, o PP, non foi quén de desenvolver o PXOM. O actual goberno, o PSOE, prometeu que faría o PXOM en seis meses, e resultou ser un conto chino.
Pero o máis simpático é que o PP foi, é, e será o mellor cómplice para que o PXOM de Maside non acabe de chegar. Estes que se queixan das modificacións puntuais, votaron a favor delas nuns casos, noutros casos abstivéronse, e noutros votaron en contra. É dicir, o PP foi a tarabela o son do vento do PSOE. Participou no cambio de estampiñas que lle propuso o PSOE pra votar a favor de certas modificacións puntuais, polo tanto, vir a queixarse delas, é ter unha cara de cemento armado, ou non ter nin idea do que se fala.
Por suposto que o PXOM é unha norma fundamental pra o desenvolvemento de Maside. Pero é ridículo e patético que quenes tiveron 16 anos pra desenvolvelo, e preto de outros 12 de oposición acaudillada polos mesmos que non foron capaces de desenvolvelo, veñan agora coa cantinela do PXOM, tendo en conta que votaron a favor de moitas das modificacións puntuais das que tanto se queixan. Se non crees nas modificacións puntuais e crees nun PXOM, o que marca o sentido común é votar sempre en contra das modificacións puntuais e traballar a favor do PXOM. Pero pouco sentido común se lle pode pedir a aqueles cuxa máxima preocupación é que o Sr. Alcalde non lle pon os plenos os mércores, por moito que se disfracen de coplistas ou copleros de escasa calidade literaria.

Ante a última previsión meteorolóxica, que anticipa unha mellora do tempo a partir das 5 da tarde, o concello informa que os Reis Magos efectuarán un recorrido, a partir das 17,30 h., polas principais rúas da vila nas súas carrozas máxicas. Noutronte, os resposables municipais acordaran suspender a cabalgata ante a previsión de mal tempo para esta tarde de venres.
Este recorrido da cabalgata comezará no barrio da Uceira e seguirá pola rúa Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón, Ribeiro, Cruce de Ribadavia. Rúa do Paseo e Curros Enríquez, e finalizará no auditorio municipal, ondeterá lugar a recepción dos Reis.
A chegada das carrozas ao auditorio está prevista para as 18,30 h, aproximadamente. Durante o recorrido, haberá música en directo do dúo Canela Cafuné, e repartiransemilleiros de golosinas aosnenos e nenas que presencien a caravana e se acheguenao auditorio.
Así mesmo, haberá unha actuación especial da escola municipal de danza.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 504
- 505
- 506
- 507
- 508
- 509
- 510
- 511
- 512
- …
- seguinte ›
- última »