3, Xullo 2017

O concello do Carballiño procederá nas próximas semanas ao acondicionamento e reforma da praza-mirador da piscifactoría. Este espazo, situado ao final da avenida do Parque, fronte ao Instituto Chamoso Lamas, fora construido hai moitos anos pola primeira escola-taller do Carballiño, e o obxectivo é mellorar a accesibilidade así como a seguridade e a propia praza, o mobiliario e a varanda.

O orzamento desta reforma é duns 60.000 euros, que serán concedidos mediante unha subvención a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos, cofinanciada co Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia. A concesión desta subvención foille comunicada á alcaldía a finais da semana pasada.

O proxecto consistirá na creación dun acceso empedrado con lousas de granito que facilitará o acceso autónomo das persoas con problemas de moblidade. Tamén se restaurará a varanda de madeira existente que rodea a zona do mirador, mellorando a seguridade. A praza central do mirador tamén irá enlousada con granito, e se modificarán os elementos ornamentais vexetais, setos e arbustos. Trátase dunha ampla reforma que convertirá este espazo natural nun lugar agradable de lecer. Dase ademáis a circunstancia de que esta praza-mirador atópase no final do paseo da Avenida do Parque e zona residencial, que é moi frecuentada por moitas persoas, sobre todo durante este tempo de verán.

O proxecto será adxudicado nestas próximas semanas, co obxectivo de que poida ser executado no menor tempo posible. Precisamente, esta mañá o alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira da área económica, Rita Soto, desprazáronse ata o mirador para ver a limpeza que se levou a cabo no entorno, mentres non cometen as obras. A iniciativa do proxecto partiu do alcalde, que considerou unha prioridade reformar este mirador natural sobre o río Arenteiro, que está enclavado nunha zona de gran relevancia turística, no camiño entre o parque municipal, a parte alta da piscifactoría e o conxunto formado polo parque etnográfico do Arenteiro, a Pena dos Namorados, a fábrica de papel da Lavandeira e o camping municipal.

O pasado ano, tamén mediante unha subvención semellante, procedeuse á construcción doutra praza-mirador sobre o sendeiro do río Arenteiro, na rúa Río Avia, a carón do Gran Balneario, co que con este tipo de proxectos estanse poñendo en valor os recursos turísticos do Carballiño. Por todo isto, a alcaldía transmitiu o agradecemento á Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, pola súa colaboración tanto neste proxecto como noutras iniciativas de promoción turistica do Carballiño.

30, Xuño 2017

O Concello de Cea organiza un ano máis a súa tradicional celebración gastronómica en homenaxe ao seu produto estrela, o Pan de Cea, produto elaborado en forno de leña seguindo un proceso artesanal que se transmitiu de xeración en xeración.

A presentación desta festa gastronómica tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan de Cea", Carlos Rodríguez.

Manuel Baltar destacou a importancia de continuar a celebrar esta festa que "xira entorno a un produto fundamental da nosa gastronomía e da nosa alimentación, un produto do que os ourensáns debemos presumir grazas ao labor que realizan hoxe os panadeiros dos fornos de San Cristovo de Cea e tamén o que desenvolveron os das xeracións anteriores, entre todos contribuíron a facer do pan de Cea un produto único, cen por cen ourensán, e que supón unha homenaxe as nosas tradicións".

A Deputación de Ourense apoia a "promoción e a exaltación deste festexo entorno ao Pan de Cea, onde o protagonista é un produto exclusivo, non hai ningún outro pan que teña esta consideración e que dure tanto en tan boas condicións", sinalou o presidente do goberno provincial. Carlos Rodríguez, quen explicou a programación prevista para a XXVI edición da Festa do Pan de Cea, sinalou que o programa de actividades deu comezo o pasado domingo coa celebración dunha andaina solidaria, e proseguirá o sábado, 1 de xullo, coa celebración da cuarta edición da Ruta dos Fornos, unha experiencia gastronómica por cinco antigos fornos de pan en Cea.

En cada un deles, os visitantes poderán degustar xunto co pan, dun viño pertencente a algunha das cinco Denominacións de Orixe galegas. A ruta estará amenizada por unha charanga e grupos de música tradicional. Ao día seguinte, o 2 de xullo, será a xornada grande da celebración, na que a IXP prevé vender arredor de 3.000 pezas deste produto.

Os actos comezarán ás 10.00 horas cun pasarrúas a cargo de charangas e, ás 12.00 horas, será a recepción de autoridades para continuar co coa lectura do pregón ás 12.30 horas, que nesta edición correrá a cargo da reposteira Merchi Rodal e o cociñeiro Carlos Parra, do programa televisivo Larpeiros.

Ao igual que aconteceu en anteriores edicións, o acto central da celebración estará seguido pola homenaxe aos panadeiros xubilados do municipio de Cea, para seguir con música da man de Troula Group-Pandereteiras de Cea, actuación que dará paso ao tradicional xantar popular. Pola tarde, as actividades continuarán ás 20.15 horas cunha degustación popular de mexillóns, doados por Amegrove SC, xunto co Pan de Cea, para rematar coa actuación dunha orquestra.

Pola súa banda, José Luis Valladares agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense, "para poder desenvolver esta celebración que ten por obxectivo dar a coñecer o produto estrela que temos en Cea porque o noso pan é un manxar en tódalas mesas nas que está presente". Na actualidade hai "17 fornos no rexistro de elaboradores da IXP, aínda que dentro de pouco tempo vaise a incorporar un forno máis", dixo Carlos Rodríguez.

En canto á produción, o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida asegurou que "no ano 2017 roldamos as 700.000 pezas, dos cales un 45% da produción vai para fóra de Galicia, aínda que hai algúns fornos que venden o 90% fóra de Galicia". O proceso artesanal de elaboración do Pan de Cea consta de seis fases: amasado, repouso, división da masa, reamasado, enfornado, cocción e rever.

27, Xuño 2017

Os socialistas veñen de rexistrar una Moción para que sexa debatida en Pleno do Concello, sobre o deterioro que presenta a “Ponte das Poldras” que se encontra en medio da Zona de Recreo O Salgueiral.

Esta ponte utilizábase na Idade Media para transportar o viño desde Ribadavia ata Santiago, e tamen une os núcleos de Leiro e San Clodio, aparte de que e unha monumental ponte de trece piares, que esta encadrada nunha paisaxe bucólica de gran beleza; foi construida arredor de 1850 para enlazar coa daquela nova estrada Ribadavia –O Carballiño, que cruzaba o Avia pola Ponte San Clodio e non pasaba por Leiro.

Os socialistas recordan que o nome de “poldras” designa en Galicia a unha serie de pasos formados por pequenas pedras despostas unha seguida de outras.

En Leiro non son exactamente “poldras” pero e posible que no seu orixen así o foran, comentase que a ponte e de orixen románico o cal nos iríamos os bos tempos do Mosteiro de San Clodio e sería por este acceso o cenobio para que os veciños viñeran de esta zona de Leiro.

Os pilares da ponte fan de base para suxeitar as grandes lousas que unen estos pilares e serven de calzada para salvar o rio, aparte de que rompen a forza da corrente e reparten a agua con igualdade a ambos lados. Ten unha lonxitude de casi trinta metros e unha altura que non supera os dous metros.
Agora resulta que un de estos pilares se esta a esmorecer, xa que ten unha grandes grietas tanto no pilar como tamen nas lousas que suxeta o mesmo.

Por eso,os socialistas pídenlle ao Grupo de Goberno con esta Moción que se tomen as medidas oportunas para o seu arranxo que ven sexa o propio Concello con fondos propios e senón ten competencias para facelo, se dirixa tanto a Confederación Hidrografica do Miño Sil, Xunta de Galicia ou a Deputación de Ourense.

25, Xuño 2017

O Arenteiro xa é oficialmente equipo da 3ª división dende a tarde deste domingo, o club do Carballiño regresa á elite do fútbol galego.

O ascenso do Rapido de Bouzas á 2ª división B do futbol español, propicia que o Arenteiro faga boa a promoción de ascenso gañada ante a Agrupación Estudiantil e volva, 23 anos despois, a competir na máxima categoria do fútbo galego na vindeira tempada 2017-2018.

Trátase do terceiro ascenso do Arenteiro á 3ª división nos 59 anos de historia do club. O primeiro fora no ano 1964, tamén tras gañar unha promoción de ascenso ante o Calvo Sotelo de As Pontes. O segundo e ata o de agora último ascenso na historia do Arenteiro remóntase a fai 37 anos atrás, en 1980, e daquéla tras quedar como 7º clasificado da "Serie A Regional" e producirse unha reestruración de categorias, ao pasar a ter carácter autonómico á 3ª división.

A última participación do Club Deportivo Arenteiro na categoria á que agora accede de novo foi na tempada 1993-1994, agora 23 anos despois regresa á terceira división do fútbol español.

24, Xuño 2017

"A Festa do Pulpo está preto de conseguir que sexa declarada de interese turístico internacional",así o dixo o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda en Nuremberg no acto de presentación e promoción da LV Festa do Pulpo do Carballiño e 25 Festa do Pulpo do Centro Galego desta cidade alemá.

Nesta presentación participaron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal; os concelleiros Argimiro Marnotes e Bernardo García, do PP e Alternativa Veciñal, respectivamente; o secretario xeral de Emigración, Antonio Miranda; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o cónsul xeral de España en Baviera, Ricardo Zalacain e un concelleiro de Nuremberg en representación da Alcaldía desta cidade.

O concello do Carballiño tamén levou dous pulpeiros, Plácido Justo e Carmen González, que coceron varios centenares de kilos de pulpo que se serviron a varios miles de persoas baixo unhad carpas instaladas polo Centro Galego nunha rúa pechada ao trafico para a ocasión.

O Presidente do Centro Galego de Nuremberg, Gerardo Arias, abriu o acto cun discurso de lembranza ás orixes da Festa do Pulpo de Nuremberg e do Carballiño, e agradeceu o apoio das autoridades e a dedicatoria da 55 Festa do Pulpo ao Centro Galego de Nuremberg.

No acto tamén intervíu o alcalde do Carballiño, que fixo unha cronica histórica da tradición pulpeira do Carballiño e convidou a todos os presentes a acuidir a O Carballiño para gozar da festa no vindeiro mes de agosto.

23, Xuño 2017

O PSdeG-PSOE de San Cristovo de Cea vén de rexistrar un escrito esixíndolle ao goberno do PP que faga pública a autorización pola cal deixou colocar un transformador de enerxía eléctrica ao pé da estrada que vai a Fondo de Cea, co perigo considerable que supón para os usuarios.

Afirman que "as imaxes do transformador e da plataforma correspondente non deixan lugar a dúbidas do incomprensible da decisión adoptada polo goberno municipal ao permitir ubicar esta estrutura case a cabalo da vía municipal".

"Os veciños alertados por esta decisión expresáronlle aos socialistas numerosas queixas polo agravio comparativo que supón esta decisión en comparanza coas esixencias que se aplican coa cidadanía en xeral. Sábese que o transformador se colocou para subministrar enerxía eléctrica ao polígono industrial do concello pero non se coñecen as razóns de permitir que fose nese emprazamento en concreto", manifestan.

A este respecto, Guillermo F. Dopazo, portavoz socialista no Concello de Cea, sinala que: “Ao común dos mortais non lle deixan facer obra ou colocación de ningún tipo sen o debido retranqueo que respecte unha mínima distancia de seguridade por iso non sorprende que dende o concello se permita a construción dun transformador case enriba da estrada que vai a Fondo de Cea. Debido a que a vía é municipal, o permiso tamén ten que selo polo que lle esiximos ao alcalde que nos ensine as autorizacións e os informes para saber en base a que se permite isto”.

Dende o PSOE agardan que pronto lle dean acceso ao expediente de autorización para coñecer de primeira man os criterios que levaron ao goberno do PP a autorizar esta instalación, co perigo que supón para as persoas que empregan esa estrada a diario.

A devandita estrada é estreita e une a nacional co núcleo de Fondo de Cea polo que para os socialistas é preocupante que se coloque un transformador eléctrico a carón dunha vía por onde xa pasan dous vehículos con dificultade. A plataforma está tan pegada á estrada que pode ocasionar máis dunha situación de risco para os usuarios e máxime se temos en conta que se trata dunha instalación eléctrica. Preocupados pola situación de perigosidade, dende o PSOE esixen que se dean as explicacións axeitadas a respecto desta decisión difícil de comprender dende o senso común. Asemade agardan que esta obra conte con todos os permisos requiridos como sempre se lle esixe ao resto dos veciños á hora de obrar nos seus terreos ao pé das estradas.

23, Xuño 2017

Quero denunciar que dita máquina só pode circular autonómamente en vías urbanas para realizar as súas funcións de limpeza pero este tipo de vehiculos ten terminantemente prohibdo circular por vías interurbanas como son por exemplo a N-541 e a rotonda da Fontela (que por certo xa non e territorio do municipio do Carballiño), donde xa se viu repetidamente dito vehiculo causando un gran perigo, xa que aparte de non alcanzar más dos 10 km/h carece de intermitentes e calquera outra sinalización luminosa para cumprir as normas de trafico. Que dito vehiculo leve unha matricula non quere dicir que poida circular por onde queira, Dita matricula e soamente de control como as que levan os dumpers ou miniretroexcavadoras de obra, e polo tanto deben ser trasladados en remolque as zonas de traballo onde entón si poden ser descargadas para realizar o seu traballo. Ver todolos dias circular dito vehiculo as 6 da maña dende o antigo recinto da feira do cabalo de Corzos dando toda a volta por corzos, a fontela e a rua ourense produce unha sensación de inseguridades moi grande para os conductores de vehiculos. As normas son para respetalas todos.

22, Xuño 2017

Comezamos unha campaña de recollida de produtos de hixiene e sanitarios de primeira necesidade para axudar aos nosos veciños de Portugal. Adxuntamos imaxe e agradecemos a promoción da mesma nas redes sociais whatsapp, facebook, etc... GRAZAS A TODOS POLA VOSA SOLIDARIDADE

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS